Ames Novo - Solicitude dun debate na Radio Municipal

Ames Novo pediu hoxe un debate na radio pública municipal entre tódolos candidatos á Alcaldía. A candidata de AN, Pilar Candocia, demandou hoxe que a emisora pública municipal cumpra o seu papel de información plural á cidadanía a convoque a tódolos candidatos ao Concello a un debate plural.

Segundo explicou Candocia, é un dos obxectivos da radio municipal suscitar este tipo de espazos de debate e información á cidadanía, de xeito que todos os amesáns e amesás coñezan “de primeira man pola emisora de radio que financian cos seus impostos” as propostas e programas coas que os partidos concurren ás eleccións municipais.

Ames Novo reclama polo tanto que a radio municipal convoque este debate nun espazo público do Concello no que podan ademáis asistir e participar todos os veciños e veciñas que o desexen.

Ningún comentario: