BNG Val do Dubra - Presentación da candidatura

O BNG-Asembleas Abertas de Val do Dubra convoca un acto público hoxe xoves 14 de maio no que presentarán o seu programa e a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Será ás 21.00h na Casa da Cultura de Bembibre e nel intervirán Judith Viqueira, candidata nº 2; Rafael Mouzo, ex-alcalde de Corcubión; Adrián Dios, membro da Executiva Nacional do BNG; e Hadrián Grille Negreira, Candidato á alcaldía de Val do Dubra.

Desde o BNG-Asembleas Abertas de Val do Dubra propoñen como ideas claves para o goberno do Concello fomentar un Val do Dubra mellor valorado, cunha veciñanza orgullosa do seu concello; con vida propia e actividades de dinamización social; un concello de todos e todas, transparente, democrático e participativo e no que se poida convivir, con espazos públicos atractivos e tamén con riqueza, centrándose no seu agro e monte e con medidas de apoio para que a xente poida seguir vivindo destes sectores.

Para iso, para levar a cabo un programa con eses eixes básicos, presenta unha candidatura renovada, que combina xuventude e experiencia e que ten ganas, ilusión e forza para transformar o concello.

A candidatura é a seguinte:

HADRIÁN GRILLE NEGREIRA 
JUDITH VIQUEIRA DÍAZ 
ANA GARCÍA GARCÍA 
XOSÉ MANUEL IGLESIAS IGLESIAS 
MARÍA DO CARME GRILLE NEGREIRA 
NEL VIDAL BARRAL 
MÓNICA PINTOS MARTÍNEZ 
ÁLVARO PUENTE GRILLE 
MARGARITA OTERO GONZÁLEZ 
XOSÉ MANUEL CORNES SUÁREZ 

SUSANA GRILLE NEGREIRA

Ningún comentario: