Silleda - Celebración do Olimpower, unha xornada deportiva e social, na rúa Cartaxena

A iniciativa, con 5 probas, celebrarase este sábado 25 e o 8 de novembro. Para a inscripción aportaranse ademáis de 10 euros alimentos non perecedeiros que se destinarán ao programa municipal Silleda Solidaria

O vindeiro sábado arranca o Silleda Olimpower, un evento deportivo e social para medir a forza e a maña dos participantes. A sesión, que continuará o sábado 8 de novembro, celebrarase na rúa Cartaxena e está aberta, ademáis de deportistas a todo o público en xeral.

A cita chega organizada por A Lareira Bike Bar, de Silleda, Nutriplus Sport e MTX Active Nutrition. A xornada constará dun total de 5 probas, con levantamento de pesos e outros exercicios, nos que ademáis de forza os participantes deben amosar a súa maña e rapidez.

As persoas que queiran inscribirse deben de aportar 10 euros, ademáis de dous kilos de alimentos non perecedeiros que se destinarán ao programa municipal Silleda Solidaria. 

Os premios repartirán a recaudación das inscricións, polo que dende a organización se anima a xente a sumarse a este evento para disfrutar dunha . Así, o primeiro premio consistirá no 50% da recadación, o segundo no 35% e o terceiro o 15%.

Os 50 primeiros inscritos serán agasallados con unha camiseta. Tamén se outorgarán outros premios cedidos por firmas colaboradoras (Autos Cuiña, Restaurante Pino, A Troula e A Moa). A xornada contará coa participación e colaboración do lalinense Carlos Blanco, de Nutriplusport, campión galego de Fisioculturismo, e de Juan Costa, de Silleda, tamén campión galego de Culturismo.

Para obter máis información e inscribirse os interesados poden facelo xa na rúa Cartagena 18 ou chamando ao teléfono 630 559815.

Dende o Concello de Silleda agradécese aos organizadores e colaboradores a súa aportación para o programa municipal Silleda Solidaria.

Ningún comentario: