Plataforma Preferentes - Nova convocatoria diante dos Xulgados este venres

Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Compostela e Comarca.

A Plataforma de Afectados por Preferentes de Compostela continúa respaldando e apoiando aos membros da plataforma nos xuizos contra NovaGalicia Banco.

A Plataforma de afectados por preferentes e subordinadas de Compostela continúa a mobilizarse con unha nova concentracións diantedos Xulgados de Compostela, con motivo da vista oral de outro xuízo contra NovaGalicia Banco (agora ABANCA), nesta ocasión pola demanda presentada por Matilde Fernández-Pintado Pinilla, que reclama 10.000 euros correspondentes á quita obrigatoria decretada polo goberno central tralo canxe por accións non cotizables. O xuízo será ás 11:00 h. do venres 24 de outubro.

CONVOCAMOS A TODOS OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
Venres 24 de outubro, ás 10:30 h. diante do edificio dos Xulgados de Santiago de Compostela
(Rúa Viena, 1 - Polígono Fontiñas)

Tralas numerosas sentenzas favorables aos afectados por xuízos contra NGB que se viñeron celebrando en Compostela durante os meses de setembro e outubro, e que non están sendo recorridas pola entidade bancaria, a Coordinadora Galega de Plataformas de Afectados continua e continuará activa ata que se resolva totalmente o conflito xerado pola estafa masiva das preferentes e subordinadas, se recupere o 100% do aforro roubado e os responsables sexan levados ante a xustiza.

Non pararemos ata que se retiren ou arquiven todas as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a membros das mesmas por participar en actos pacíficos de protesta, e que ascenden a perto de 20.000 euros. Neste sentido anunciamos un “novembro quente” no que se intensificarán as mobilizacións de apoio diante dos xulgados con motivo da celebración dos xuízos polos recursos presentados contra as sancións a integrantes das plataformas represaliados polas distintas administracións públicas gobernadas polo Partido Popular.

En relación coa polémica desatada polas declaracións do director de cine Pedro Almodovar sobre a estafa das preferentes en Galicia e en referencia aos culpables, a Plataforma de Compostela quere manifestar o seguinte:

No se debe desviar a atención para que as arbores impida ver o bosque: estase a xulgar polos gastos coas tarxetas negras aos principais responsables, financieiros e políticos, Blesa e Rodrigo Rato, dunha estafa de 23.000 millóns de euros nas antigas caixas madrileñas logo bancarizadas e xa como BANKIA sacada a bolsa. Esta estafa é moito maior que a das caixas galegas nacionalizadas (1.831 millóns de euros) das que a día de hoxe e de xeito singular e a diferencia do resto do o Estado lévase recuperado perto dun 90% do aforro grazas as movilizacións dos afectados durante o últimos anos con grande repercusión a nivel de toda España.

É posíbel que a imaxe trasladada polos medios de comunicación fose sesgada como ven sendo habitual, buscando casos extremos, menores de idade, contratos sen sinatura ou con pegadas dactilares, ...e que sexa esa información sobre os estafados a que se trasladou, posiblemente sen ánimo de menosprecialos ou ofendelos, tal como acaba de expresar Pedro Almodovar nas súas disculpas públicas.

Atentos aos xuízos aos responsábeis, as Plataformas de Afectados esperamos que se destapen as tramas urdidas para esta gran estafa masiva das preferentes, e das declaracións de Almodovar quedámonos coa última frase “moi galega“ por certo: “... vou e córtolle o ghañote”, que seguramente é o que están pensando moitos estafados polas preferentes, por suposto en sentido figurado.

Ningún comentario: