Casa das Crechas - Programación especial paralela o Womex este xoves con la Musgaña

Crechas ofrece programación especial paralela ao WOMEX: La Musgaña, o brasileiro Pierre Aderne e Eliseo Parra

Ademais, haberá programación especial con DJs de world music todas as noites: DJ Chiri, DJ LordSassafras (Zaragoza), DJ Floro (Madrid) e DJ Click (Francia)

A Casa das Crechas presenta a súa programación da semana que vén paralela e compatible co WOMEX 14 que se celebra na cidade. O cartel é espectacular e internacional: La Musgaña, un dos mellores grupos folc da Península, o brasileiro Pierre Aderne e o castelán Eliseo Parra, a grande estrela da música tradicional española 

Ademais, todos os días haberá un DJ que pinchará ‘world music’: o mércores, despois da Foliada coa Banda das Crechas será a quenda de DJ Chiri (Galicia), o xoves DJ Lord Sassafras (Zaragoza), o venres DJ Floro, un dos máis coñecidos picadiscos españois, e o sábado o francés DJ Click.

Este xoves comenzará La Musgaña leva máis de 25 anos reinterpretando a música tradicional da meseta, nove discos no seu haber e xiras por EEUU, Canadá, Europa e Marrocos. Os membros fundadores -Carlos Beceiro e Jaime Muñoz- presentan en Santiago o seu novo CD ‘Entre Dos’. Momentos intensos de baile con persoais versións de polcas, mazurcas, marchas, entradillas, jotas e pasodobles, conviven neste disco con outros máis recollidos protagonizados por sons verdadeiramente evocadores. Muñoz é un mestre entre os flautistas de folc españois que posúe multitude de rexistros e matices e unha exquisita sensibilidade. Pola súa banda, Beceiro é un mestre coas cordas, tanto coa mandola como coas guitarras que inundan de harmonías e ritmos as interpretacións do dúo.

Ningún comentario: