Este próximo venres 26 de setembro rematará o prazo de inscrición para as actividades deportivas e culturais anuais organizadas polo Concello de Ordes. Fitball, pilates, ioga, combus fat, tai chi, debuxo e pintura, danza moderna, patinaxe artística, fútbol sala, fútbol, atletismo, tiro con arco, pádel e hóckey son algunhas das actividades ofertadas.
Os interesados e interesadas deberán acudir ao departamento de Cultura e Deporte para formalizar a súa matrícula. Para acadar máis información tamén poden chamar ao 981 680 002.
Ningún comentario:
Publicar un comentario