BNG Frades - O concello está nunha situación caótica

O BNG advirte que o Concello de Frades está nunha situación caótica

O BNG de Frades sinala que o Concello está “nunha situación cáotica”, cunha débeda recoñecida polo equipo de goberno no peche de ano 2013 de máis de 440.000 euros e cunha poboación de menos de 2.500 habitantes.

Segundo explica o BNG, o equipo de goberno leva co PXOM máis de 5 anos coas administracións (Concello e Xunta) “pasándose a pelota entre eles, pero sen chegar á súa aprobación”. Isto leva á mocidade a mercar vivenda fóra do noso concello.

A veciñanza de Frades paga uns “impostos abusivos” tanto no recibo do lixo, uns 68 euros por vivenda coa excepción no casco de Pontecarreira que pagan máis, e algúns negocios chegan a pagar 300 € por recoller o lixo dos días de traballo.

Este ano aprobaron, cos votos do PP e PSOE, unha ordenanza reguladora de inicio de actividade que vai dificultar a actividade agraria, xa que a construción de cortes, silos, alpendres e pozos de purín, entre outros, terán que pagar unha taxa, así como a apertura de negocios ou reformas.

Desde o BNG de Frades, consideran que neste momentos de crise non é a fórmula mais axeitada de promover negocios. “Isto só ten fan recadatorio”, asegura a formación nacionalista.

Ningún comentario: