Pacto X Ames - Pleno de setembro

Os nacionalistas de Ames Novo rompen o compromiso cos veciños e con PxA de acadar a unidade de acción no tema do Polígono de Pegariños e do IBI (contribución), tal e como se pactara en Xuño do 2014, presentando unha moción urxente pactada co PP. O PSOE baixou a orella, demostrando que non son de fiar. O goberno caeu, unha vez máis, na trampa polas graves carencias. A moción é unha copia xenérica que distribúe o partido Compromiso por Galicia aos seus afines.

PxA presentou unha emenda "in voce" para solicitar a REVISIÓN CATASTRAL COMPLETA DO CONCELLO DE AMES co fin de rebaixar a contribución (IBI) a moción de AN que simplemente pedía o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo sobre o "Recurso de casación en interés de la ley. Impuesto sobre Bienes Inmuebles. Calificación catastral de inmueble sito dentro del perímetro de suelo urbano, pero clasificado como suelo urbanizable sectorizado sin instrumento urbanístico de desarrollo." Votaron en contra nunha decisión que dificilmente poderán explicar aos veciños de Ames.

Sucesión de feitos:

En Xuño de 2014, e despois de unha reunión que membros de PxA mantiveron con representantes da asociación de Trasmonte, acordouse dar traslado ao resto dos grupos municipais co obxecto de conseguir o máximo consenso para intentar solucionar un problema que xa ven dende o ano 2002 e que provoca que estes veciños estean pagando un IBI excesivo e inxusto polas súas propiedades.

Unhas semanas máis tarde, membros de PxA, PSOE e AN celebran unha reunión no Pazo da Peregrina con representantes veciñais co fin de presentar conxuntamente iniciativas plenarias para intentar que o goberno tomara en serio este problema, facendo un COMPROMISO ante os veciños de levar adiante a unidade de acción como fórmula máis axeitada para conseguir os obxectivos.

Este xoves 25 de setembro, día do pleno ordinario, os nacionalistas de AN, rachan ese compromiso coa cidadanía e con PxA, o PSOE baixa a orella e asinte. 

As 20:00 horas da tarde do pasado xoves, daba comezo o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro, a voceira de AN acercouse as bancadas de PxA para facerlle entrega dunha suposta moción de urxencia. O máis esperpéntico foi que o Goberno, ao medio dia, concretamente as 14:15 horas, facíanos chegar unha emenda a unha moción que para os membros de PxA non existía e que, posteriormente, se presentaría de urxencia SEIS horas máis tarde. Cómo é posible que se entregue unha emenda a unha moción que non existía? 

Este patético paripé sucedeu en Ames e tiña a súa escenificación no pleno da corporación, o que se supón que é o órgano máis alto de representación das persoas que vivimos en Ames. Logo laiámonos de que a política está denostada e mal valorada, con actuacións deste tipo que superan o imaxinable, e que o único que pretende é o beneficio partidista por encima do da cidadanía, comezaba un pleno esperpéntico e lamentable.

O máis patético aínda estaba por acontecer, na moción que supostamente era de "urxencia" pero que estaba pactada co PP, de aí a emenda entregada pola mañá, era un copia e pega de unha moción xenérica facilitada polo partido Compromiso por Galicia (tal e como ao final recoñeceu o voceiro dos nacionalistas) e que distribuíu aos seus afines que estaba lonxe de analiza o problema de ames e simplemente solicitaba:

Ø "Instar á Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda e Administracións públicas a aplicar a sentenza do Tribunal Supremo de 30 de Maio de 2014 (recurso de interese e lei 2362/2013) e se revise a cualificación das parcelas como urbanas que non estean urbanizadas."

Ø "O concello proporcionará a documentación oportuna para facer esa revisión, de cara a que todas as parcelas pague no seguinte exercicio co valor acorde ao que se deriva desa sentenza." Unha vez máis caeu na trampa debido ao seu descoñecemento da situación en Ames

Estas resolucións, eran exactamente as mesmas que as que propoñía o goberno e na súa exposición de motivos facían referencia ao "polígono de Pegariños, entre outras moitas parcelas de ames". 

Ante semellante chapuza pola cantidade de lagoas, imprecisións e falta de rigor xurídico e contido que presentaba a moción, os concelleiros de PxA, optaron por facer unha emenda "in voce" para intentar subsanar, na medida do posible, a incoherencia da suposta moción de urxencia facilitada polo partido Compromiso por Galicia.

A proposta de PxA foi incluír dous puntos á moción para dotala de contido e conseguir un obxectivo imprescindible e básico para os que vivimos en Ames; REVISAR O CATASTRO CO FINDE BAIXAR A CONTRIBUCIÓN (IBI), a proposta foi a seguinte:

Ø Instar a Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, our organismo competente, a REALIZAR A REVISIÓN JCATASTRAL COMPLETA.

Ø Abrir un período de consultas e información para que os veciños de Ames poida informarse sobre esta cuestión.

De igual xeito, o voceiro de PxA deixou claro que engadir estes puntos a moción, sería o máis beneficioso para os intereses das persoas que viven en Ames co fin de conseguir un abaratamento da contribución e axustar este imposto as condicións das valoracións actuais, xa que este imposto vai seguir subindo nos seguintes anos, lonxe da realidade das valoracións actuais das fincas e inmobles.

De igual modo, o voceiro de PxA fixo un repaso a subida do IBI nos últimos tres anos o que supuxo un incremento de entre o 16% e o 18,9% segundo a zoa do concello recordando unha moción presentada o 8 de novembro de 2013 e que o goberno negouse a incluír na orde do día plenaria.

O voceiro de AN, nunha actitude irresponsable sen precedentes, xustificou o seu voto en contra argumentando que era incompatible coa moción . Esta irresponsabilidade foi seguida nun acto de submisión e fé por parte do voceiro do PSOE.

O único grupo que aportou datos, e realizou un exame minucioso da situación foi Pxa, os demais grupos, fixeron un paripé para intentar colar unha moción que non ten repercusión algunha para os veciños, todo o contrario, crea confusión e incertidumbre, facendo que a unha vez máis, os políticos sexan máis un problema que unha solución.

Chama a atención como nos últimos meses, tanto nacionalistas como socilistas, están ensaiando o exercicio do bipartito na oposición, intentando, con técnicas propias de outro tempo acadar en exclusiva temas que sempre estiveron pactados como aconteceu con casos tan sensibles como o caso do monitoraxe dos comedores escolares, e agora con algo tamén sensible como é o elevado prezo do imposto da contribución (IBI) que pretenden monopolizar provocando gravísimos prexuízos económicos para os veciños.

En canto a actitude do goberno, simplemente limitouse a facer seguidismo dun tema que descoñece totalmente, intentando provocar para evitar o debate e substituílo por crispación, tendo como único obxectivo buscar o enfrontamento con PxA, cuestión que non conseguiu.

Ningún comentario: