O Grupo Municipal Socialista de Negreira solicita ao equipo de goberno local que utilice os mesmos criterios para con tódolos empregados municipais.
Con data 29 de xullo o Alcalde do Concello de Negreira asina un Decreto mediante o cal autoriza o pago da cantidade de 1.791,20 euros en concepto de horas extras a un funcionario municipal.
O noso grupo no pleno municipal de setembro, xa preguntou ao Alcalde si ese é o criterio que se vai seguir con tódolos aqueles traballadores que realicen traballos fora da súa xornada laboral.
O noso grupo está de acordo en que a administración local retribúa economicamente as horas traballadas de mais, pero sempre e cando dita posibilidade se lle ofreza a tódolos empregados municipais, non soamente aos amigos e afíns politicamente.
Temos que recordar que o funcionario ao cal se lle acaba de autorizar o pago de 1.721,90 euros, xa cobrou en base ao mesmo concepto unha cantidade preta a 1.500 euros.
Por iso o noso Grupo solicita que o Alcalde de Negreira informe a tódolos traballadores do Concello que, todos aqueles que, dentro das súas funcións, realicen horas de traballo fora da súa xornada laboral, teñen a posibilidade de solicitar o pago de ditas horas extras.
De non actuar deste xeito, entenderíamos que o Alcalde e o seu equipo de goberno trata e actúa cos traballadores municipais de distinta maneira, en función do grado de amizade e simpatía política do traballador en cuestión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario