A Cámara de Comercio de Santiago celebra este xoves unha xornada sobre as oportunidades comerciais e de investimento en Colombia
Participarán representantes de empresas colombianas para informar sobre as vantaxes de internacionalizar neste destino
O prazo de inscrición gratuíta aínda está aberto para as empresas interesadas
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o xoves, día 25, unha xornada sobre “Oportunidades comerciais e de investimento en Colombia”, na que poderán participar todas as empresas interesadas en coñecer o mercado e as posibilidades de acordos comerciais con este país latinoamericano. Actualmente hai anotadas dezasete empresas, pero aínda está aberto o prazo de inscrición gratuíta.
O presidente da Cámara, Jesús Asorey, inaugurará a xornada ás 9:00 horas. O director executivo de Invest in Bogotá, Juan Gabriel Pérez, ofrecerá unha primeira charla sobre as características e as oportunidades únicas do mercado colombiano. A continuación, intervirá Juan Manuel Díaz, do Gabinete Cremades & Calvo Sotelo para falar sobre os aspectos legais do investimento en Colombia e os seus beneficios e incentivos. E finalmente, o presidente da Zona Franca Bogotá, Juan Pablo Rivera, fará unha reflexión sobre as vantaxes da zona franca de Bogotá.
O día 2 de outubro celebrarase unha segunda sesión informativa sobre o mercado exterior de Perú. O técnico do departamento de Promoción Internacional da Cámara de Comercio, Fernando Pérez-Soba, destaca que ambos países son de “máximo interese estratéxico” para as empresas españolas. Así, estas xornadas poden axudar e informar sobre os aspectos esenciais destes países e servir de base ás empresas galegas para internacionalizarse en ambos destinos.
Máis información e inscricións:
Ningún comentario:
Publicar un comentario