Melide - Acondicionamento do campo da feira

A XGL de Melide aproba por procedemento de subasta o asfaltado en quente do aparcamento do Campo da feira de Melide

· O pasado xoves a XGL de Melide aproba por procedemento de subasta o asfaltado e acondicionamento da principal explanada do Campo da feira de Melide. 

· Se acondicionara igualmente unha área para aparcamento de camións de gando, coches con remolque, coches comúns, autobuses e autocarabanas. 

O presuposto ascende a 64.397,87 €. A previsión é que esteña finalizado antes de rematar o ano dando así unha mellora substancial de servizo de parking anto a veciños como a visitantes. Habilitanse espazos perfectamente delimitados para coches, camións, autobuses e autocaravanas. Con esta mellora amplíase o número de prazas de estacionamento de autobuses con 12 prazas de 12 m de longo x 4 m de ancho; 30 prazas de coches con 7 reservadas para persoas minusválidas. Debido á proximidade da explanada coa nave da feira da gando considerouse necesario a delimitación de parcelas para coches con animales e coches con remolque diseñándose para tal fin 14 prazascun ancho especial; 7 delas cunha medida de 11,50 m de longo e 9,50 m respectivamente sendo o ancho de 4 metros. Tamén se contemplan 5 prazas para autocaravanas. O prazo de execución será de dous meses dende a adxudicación. As propostaspoderán presentarse na secretaría xeral da Casa do Concello hasta ás 13.00 h do día 7 de outubro de 2014. As bases están disponibles no perfil de contratante.

Ningún comentario: