Paula Fernández lamenta a grave irresponsabilidade do PP e do seu socio do BNG na votación da Conta Xeral do exercicio de 2010
-O PSOE aprobou en solitario o documento, evitando así a perda de subvencións para o vindeiro ano
-A alcaldesa de Silleda reproba aos concelleiros do PP e do Bloque pola “postura fácil” da abstención
Silleda, 29 de decembro de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, lamenta o acontecido no pleno de hoxe coa votación da conta xeral do exercicio de 2010, que ao final saiu adiante por maioría símple, cos votos a favor dos seis edís socialistas do goberno municipal, fronte á abstención do PP e do concelleiro do BNG membro do executivo.
“As contas non as fixemos nós. O máis doado era absterse todos pero o gran perxudicado sería o pobo de Silleda”, di Fernández Pena, lembrando que a Lei de Subvencións de Galicia estabrece como requisito indispensable para que un Concello opte a calquera axuda a rendición de contas aos órganos de control externo. “O sentido do noso voto sí que foi coherente e responsable, tendo en conta o que estaba en xogo. Outros falan de coherencia, pero de cara á galería esquecendo que ás veces hai que deixar a un lado certos orgullos polo ben e interese común”, dí a alcaldesa.
“¿Ou cre alguén que aos concelleiros socialistas e a esta alcaldesa en particular lles fai gracia ter que votar a favor dunhas contas feitas por un goberno tránsfuga con todo o que pasou na anterior lexislatura?. Temos que facelo, pero por unha cuestión de coherencia a nivel social, por responsabilidade”
Sobre a abstención do concelleiro do BNG, a alcaldesa lamenta que non comunicara antes do pleno o sentido do seu voto ao resto do grupo de goberno e que “utilice o atril do pleno para facer propaganda política alegando, aínda por riba que é un exercicio de coherencia, cando en realidade o que fai é esquecer a súa responsabilidade como membro do goberno municipal”.
A alcadesa sostén que o concelleiro é libre de amosar a súa opinión –“xa estamos acostumados a que faga os seus propios pronunciamentos”, engade-, pero advirte que “neste caso non emiteu o voto sobre unha proposta do goberno, senón que se posicionou indo en contra dos intereses de Silleda, que é o máis grave”
En canto á postura do PP, Paula Fernández sostén “que neste caso a abstención xa non ten nin nome, por ter a desfachatez de non dar aprobado unhas contas e unha xestión feitas por concelleiros do seu propio grupo na anterior lexislatura, algo case surrealista”.
Paula Fernández engade así mesmo que o informe de Intervención recolle un dos artigos da Instrucción de Contabilidade da Administración Local, que dí textualmente que “a aprobación da Conta Xeral é un acto esencial para a fiscalización desta polos órganos de control externo, que non require a conformidade coas actuacións reflexadas na mesma, nin xenera responsabilidade algunha”.
“Polo tanto está ben claro que se trata só dun trámite ben simple, que non entra no fondo nin contido da Conta Xeral, por iso non se entende a actitude de PP y BNG”, sentencia Paula Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario