RETOMÁNSE OS CONCERTOS DE NADAL NO CONCELLO DE MELIDE
Onte tivo lugar ás 20,30 h unha cita obrigada na Igrexa parroquial
para escoitar a orquestra, banda e grupo folk do conservatorio de
Melide da man do director do mesmo, Fernando Arias.
A innovación deste ano foi o grupo folk do conservatorio que deleitou
aos presentes con seis pezas folk dirixidas por Daniel Rodríguez
Meriño combinando o folk con notas clásicas.
Melide, 24 de decembro de 2011.-Onte celebrouse na Igrexa parroquial
do Concello de Melide os concertos de Nadal da man da orquestra, da
banda e do grupo folk do conservatorio de Melide. Este era un clásico
do Nadal que se viña celebrando habitualmente e do que os veciños e
veciñas de Melide desfrutaban arreo, e que deixou de ser unha cita
obrigada durante os catro anos de bipartito BNG-PSOE. O goberno do
Partido Popular decidiu retomar este evento dado que é unha plataforma
para os alumnos e alumnas do conservatorio para que estes mostren os
seus traballos ademais de celebrar o Nadal cun programa de pistas
propias destas datas.
Os alumnos do conservatorio de Melide da man do seu director, Fernando
Vázquez Arias representaron con gran éxito varias das pezas clásicas
do Nadal nos diversos formatos, orquestra, banda e a innovación que
supón para o conservatorio o grupo folk, levando a cabo unha mezcla de
tendencias musicais que deleitou aos asistentes á cita.O concerto que
durou aproximadamente dúas horas tivo tres partes. A primeira da man
da orquestra do conservatorio dirixida por Rosa Vázquez Arias
interpretou tres pezas clásicas, seguidas da innovación do grupo folk
e pechou a banda do conservatorio cun relatorio propio de Nadal.
Este concerto de Nadal 2011 é un escenario para mostrar os traballos
dos alumnos do conservatorio á todo o pobo, aproveitando ademais para
celebrar o Nadal con música feita en Melide para todos os seus veciños
Melide – concertos de nadal
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario