CINCO VECIÑOS DE FRADES OBTEÑEN O CARNÉ DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
26 decembro de 2011.- Cinco veciños de Frades, tres homes e dúas mulleres, veñen de obter o carné de manipulador de alimentos, despois de participaren nun curso formativo organizado polo Concello de Frades o pasado xoves. Un obradoiro de tres horas de duración que tivo lugar no centro multiusos José Botana, en Cimadevila.
Un curso dirixido a todos aqueles veciños interesados en conseguir ou en revonar este carné, que facultan aos alumnos para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, comedores escolares... Ao longo deste obradoiro, os alumnos adquiriron coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene e a manipulación dos alimentos. Ademais, analizaron os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que conleva a súa alteración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario