Brión – as copas do mundo e de Europa de futbol estiveron en Brión

CENTOS DE VECIÑOS E VECIÑAS FOTOGRAFÁRONSE COS TROFEOS DA COPA DO MUNDO E A EUROCOPA

NA CASA DA CULTURA DE BRIÓN

26 de decembro de 2011.- Os veciños e veciñas de Brión disfrutaron dun agasallo de Nadal por adiantado pois, durante a mañá de Noiteboa, puideron achegarse aos trofeos da Copa do Mundo gañada no Mundial de Sudáfrica 2010 pola Selección Española dirixida por Vicente del Bosque e á Eurocopa de Austria-Suiza, gañada en 2008 polos pupilos de Luís Aragonés. Ao longo de toda a mañá do sábado, centos de persoas, especialmente nenos e nenas, pasaron pola sala de exposicións da casa da cultura de Brión para ver de preto os trofeos máis importantes acadados polo fútbol español.BRION - COPA DO MUNDO NADAL 2011

O Concello de Brión dispuxo o trofeo sobre unha pequena mesa na sala de exposicións, cuxas paredes estaban cubertas cos gravados da artista Yolanda Carbajales. Durante as catro horas que estivo exposta ao público, todos os veciños e veciñas que o desexaron puideron achegarse a ambos trofeos, tirar fotografías e mesmo tocar as copas, especialmente a Copa do Mundo (que sorprendeu a todos polo seu peso).

Aos trofeos achegáronse centos de veciños, tanto de xeito individual como en grupo. Cámaras de fotos, móbiles, consolas... todo servíu para inmortalizar o momento. Especialmente emocionados estaban os máis cativos que, se ben se achegaban con moito respecto ao trofeo, alegrábanse moito ao saber que mesmo podían tocar a copa para facerse a foto.

Ningún comentario: