O CONCELLO DE OROSO HOMENAXEARÁ HOXE AO XOVEN PILOTO OROSÁN DAVID SENRA,
CAMPIÓN GALEGO DE KARTING 2011
Será distinguido polo alcalde de Oroso no salón de plenos ás 13:30
26 de decembro de 2011.- O Concello de Oroso homenaxeará mañá martes 27 de decembro ao xoven piloto orosán David Senra, que vén de proclamarse este ano campión galego de Karting. Un acto que terá lugar ás 13:30 horas no salón de plenos e que estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey.
David Senra, veciño de Sigüeiro, ten 19 anos e neste 2011 acaba de gañar con autoridade o Campionato Galego de Karting, onde conseguíu catro victorias e tres segundos postos. De cara ao futuro, o piloto orosán pretende participar no Campionato de España de Karting e, se o orzamento así llo permite, participar nalgunha carreira do Campionato Galego de Rallies.
Currículum
David Senra comezou no mundo do Karting no ano 2005, competindo na categoría junior do Campionato Galego de Karting. Quedou na terceira posición na súa primeira carreira e acadou a Pole Position e a volta rápida na súa segunda carreira do campionato. Unha competición que rematou na 3ª posición absoluta. Na tempada 2006, David Senra competiu en cinco carreiras do Campionato Galego e afrontou a primeira carreira nun Campionato Nacional: quedou no terceiro posto absoluto a falta de tres carreiras para o remate do mesmo.
Con 15 anos pasa a categoría KF- 2, onde compite no Campionato Castela-León de Karting, obtendo resultados moi destacados nas tempadas 2007 e 2008 (acadando un subcampionato e un terceiro posto, respectivamente). A finais de 2008, chega a un acordo co equipo para dar salto a categoría reina do Karting: KZ- 2, onde na tempada 2009 acada o segundo posto na xeral nun Campionato Social celebrado en Ponferrada. A mediados da tempada decide participar no Nacional de Karting, onde terminou no 12º posto na clasificación final.
David Senra adicou a tempada 2010 ao Campionato de España, quedando 9º na clasificación absoluta. Durante ese mesmo ano, gañou diferentes carreiras a nivel rexional. O ano 2011 foi tempada de éxitos para o piloto orosán, que gañou o Campionato Galego de Karting.
Ningún comentario:
Publicar un comentario