A piscina municipal de A Telleira organiza este venres 30 de decembro unha xornada de xogos acuáticosA partir das 16:30 horas, os rapaces e rapazas de Ames poderán gozar dunha tarde pasada por auga. A piscina cuberta municipal A Telleira acollerá unha xornada de xogos acuáticos. Esta actividade está enmarcada dentro da programación do Nadal 2011 que cada ano organiza o Concello de Ames. Os nenos e nenas entre 3 e 15 anos que desexen participar deberán inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 981 884 991 antes das 14:00 horas do xoves 29 de decembro. As persoas que estean interesadas nesta actividade deben darse présa porque xa hai inscritos 54 nenos/as polo que só quedan 16 prazas libres. Aínda que o frío non da tregua nesta época, os cativos e cativas teñen unha ampla gama de actividades para non quedar na casa durante as vacacións. Como parte do programa de Nadal, este venres a piscina municipal organizará unha tarde de xogos acuáticos para esquecerse da friaxe e promover a práctica de deporte. | O Concello de Ames da vía libre ao campo de golf do Real Aero Club de Santiago Ames, 27 de decembro de 2011. A Xunta de Goberno Local da vía libre ao novo proxecto do campo de golf que está construíndo o Real Aero Club de Santiago na parroquia amiense de San Mamede de Piñeiro. Segundo o proxecto a superficie do terreo supera os 600.000 metros cadrados. A decisión tomada na Xunta de Goberno Local conta coa autorización autonómica do Servizo de Urbanismo, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 10 de outubro de 2011 para actividades de carácter deportivo. As instalacións cumpren tamén coas esixencias establecidas no regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades creativas e conta cos informes favorables dos servizos xurídicos e técnicos dos distintos departamentos. O futuro campo de golf cumpriu todos os trámites de información pública, tal e como dispón o Real Decreto 2816/1982 do 27 de agosto. O expediente estivo exposto nas oficinas de urbanismo do Concello de Ames e saíu tamén publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Ninguén presentou alegacións. Proxecto de vangarda para Ames As instalacións do proxecto que o Real Aero Club de Santiago realizará en Ames abarcarán unha gran cidade deportiva onde se practicarán múltiples disciplinas deportivas, pero onde tamén haberá moita actividade social. No que se refire ao campo de golf, o proxecto contempla un campo de dezaoito buratos, creado por Alfonso Vidaor, un especialista neste tipo de superficies e tamén golfista profesional. Estas instalacións conforman unha obra moi importante que vai axudar a dinamizar o Concello de Ames. O terreo de actuación son 62 hectáreas e, o monte que está rústico, será unha verdadeira alfombra verde, con 18 buratos, par 72, que é o par moderno. Haberá restaurantes, cafetarías, spa, tenis, pádel, campo de fútbol e o campo de golf. Para desenvolver este proxecto o Real Aero Club de Santiago chegou a un acordo coa empresa Green Proyect, que capitanea o enxeñeiro Alfonso Vidaor. A Xunta de goberno local tamén aprobou varias segregacións de parcelas. Dúas en Carballido, que se segregaron cada unha en tres parcelas, e outras dúas en Lapido, das cales resultaron dúas novas parcelas. Tamén se deu unha licenza de obra maior para a modificación dunha vivenda. |
Ames – vía libre o campo de golf do Aero Club
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario