CHARLA SOBRE OS BACHES DA LACTANCIA MATERNA: crises de crecemento, folgas de lactancia, rechazo do peito, falso destete... situacións que case todas as nais experimentan nalgún momento da súa lactancia, e un dos principais motivos de consulta a Teta e Coliño. Nesta charla falaremos de cada unha destas situacións, e resolveremos dúbidas.
Martes 10 de xaneiro en Milladoiro. Máis información aquí: http://tetaecolo.blogspot.com/2011/12/crises-e-folgas-de-lactancia.html
CHARLA DE INICIACIÓN Ó PORTEO: moitas familias de Teta e Coliño usan portabebés na súa vida diaria... e é frecuente que as novas familias se interesen por esta forma de criar e de desprazarse cos nenos. Realmente é toda unha experiencia para todas as partes implicadas, pero... cales son os motivos e os beneficios de portear? que tipos de portabebés existen, cal é a mellor maneira de utilizalos?
Aclararemos todo isto o xoves 12 de xaneiro en Bertamiráns. Máis información: http://tetaecolo.blogspot.com/2011/12/charla-de-iniciacion-o-porteo.html
Lembrámosvos que seguimos recollendo as vosas propostas e intereses para organizar futuras charlas. Se hai algún tema concreto que vos interese sobre maternidade, lactancia, crianza e aspectos relacionados... xa sabedes: escribídenos!! a este correo, ou no noso perfil en facebook.
FELIZ ANO E FELIZ CRIANZA!!!!
Teta e coliño – próximas actividades
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario