Ordes – éxito dos obradoiros de decoración navideña

Máis de 40 rapaces e rapazas ordenses participaron onte nun obradoiro de decoración navideña promovido polo Concello

Outros tantos pequenos participarán hoxe no segundo dos obradoiros

Ordes, 27 de decembro de 2011: O Concello de Ordes segue adiante co seu programa de actividades organizado con motivo do Nadal.

Onte, tocáballe o turno aos máis pequenos coa celebración dun obradoiro de decoración navideña realizado con material de refugallo. Un obradoiro no que participaron máis de 40 nenos e nenas repartidos en dous grupos por idades, no que a través de latas, cartóns, e todo tipo de material caseiro realizaron diferentes adornos típicos desta época do ano.

Esta iniciativa terá continuidade hoxe pola tarde coa celebración doutro obradoiro, neste caso, de elaboración de xoguetes tamén a través de material de refugallo. Outros 40 rapaces e rapazas do municipio participarán nesta actividade.

A programación navideña do Concello de Ordes pecharase o 5 de xaneiro coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis que percorrerá, a partir das 17 horas, as principais rúas do municipio repartindo caramelos aptos para celíacos e diabéticos. Tralo pasarrúas os Reis Magos serán recibidos nunha carpa instalada na Alameda, onde os rapaces poderán visitalos e facerlles as súas derradeiras peticións para esa noite máxica.

Ningún comentario: