O CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ACOLLERÁ UN CONCERTO DE PANXOLIÑAS COA PARTICIPACIÓN DE SEIS AGRUPACIÓNS LOCAIS
29 de decembro de 2011.- O auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá venres 30 de decembro un concerto de panxoliñas organizado polo Concello de Oroso dentro do seu Programa de Nadal 2011. Un concerto que terá lugar a partir das 20:30 horas e cuxa entrada é libre e gratuita.
O concerto contará coa participación de seis grupos locais, cinco de adultos e un infantil, que interpretarán dúas ou tres panxoliñas cada un. Así, polo escenario do centro cultural pasarán os integrantes da asociación cultural Santa Catalina (primeiro cun grupo de rapaces e despois cun de adultos), a agrupación folclórica Buxos Verdes (de Senra), a asociación cultural Amigos do Acordeón (de Sigüeiro), a asociación de mulleres labregas “As Medorras de Oroso” e o grupo Néboas, que serán os encargados de pechar o concerto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario