Santiago - Concerto da Real Filharmonía co pianista Luís Fernando Pérez e o director Paul Daniel

La Real Filharmonía de Galicia toca hoy Santiago, en el Auditorio de Galicia a las 21:00 horas. En ambas actuaciones llevará la batuta el director titular y artístico de la agrupación, Paul Daniel. 

En estas citas la orquesta le rendirá homenaje al compositor romántico alemán Felix Mendelssohn (1809-1847). Los conciertos comenzarán con la Obertura La bella Melusina, una obra cargada de poesía musical basada en los cuentos fantásticos de Melusina, una princesa-hada que una vez a la semana era mitad serpiente o sirena. De origen muy remoto, se cree que celta, se trata de un mito medieval que aparece en el siglo XIV a través de la novela de Jean D’Arras. 

El pianista Luis Fernando Pérez

A continuación la RFG acercará al público el Concierto para piano nº 2 de Mendelssohn, interpretado en esta ocasión por el pianista madrileño Luis Fernando Pérez. Se formó en la Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid y se perfeccionó en Alemania y en Barcelona. A lo largo de su carrera profesional ha sido galardonado en diversos certámenes internacionales. Imparte clases magistrales en Hungría, Francia, Portugal, Japón y en varias ciudades españolas. Además, es profesor de la Cátedra de Música de Cámara en la Escuela Reina Sofía, profesor de piano en el Centro Superior Katarina Gurska (Madrid), en la Academia Marshall en Barcelona y en la Universidad Europea de Madrid. Ha tocado en multitud de escenarios de Europa, Asia, America y Estados Unidos y sus discos han recibido prestigiosos premios internacionales en la campo de la música. 

el broche final del concierto lo pondrá la Sinfonía nº 3 “Escocesa” de Mendelssohn, fruto del viaje del compositor a Escocia y dedicada a la Reina Victoria.

Charla previa del director y el pianista con el público

Antes de la celebración del concierto los asistentes a la cita musical tendrán la oportunidad de participar en un encuentro previo con el director Paul Daniel y con el pianista Luis Fernando Pérez. La charla se celebrará a las 20:15 horas en la Sala Mozart del Auditorio de Galicia. Esta iniciativa se enmarca dentro de la experiencia “CONvers@ndo con”, que promueve la RFG antes de cada actuación, con la finalidad de acercar la música al público de manera informal y distendida. Se podrá asistir a este encuentro presentando la entrada del concierto.

Ordes - Fin de semana de Zumba

O Concello de Ordes convertirase a vindeira fin de semana, 27 e 28 de febreiro, en parada obrigatoria para os profesionais e afeccionados ao Zumba. Unha das modalidades deportivas que maior número de seguidores arrastra nos últimos anos, e que mestura coreografía e deporte con ritmos do máis pegadizos. A convocatoria para ambos días contará cunha das profesionais e monitoras de formación de maior recoñecemento e prestixio nos circuítos internacionais a día de hoxe, Diana Serena. 

O cita principal terá lugar o domingo 28 cunha Master Class que se celebrará no pavillón Castelao I. Unha cita que ademais terá un fin benéfico xa que todas e todos os participantes deberán entregar un quilo de alimentos non perecedeiros destinados a Cáritas. Ademais dos 2 € que custa a entrada boa parte deles irán a parar á delegación ordense da Asociación Española Contra el Cáncer. Nesta sesión Diana Serena estará acompañada de recoñecidos profesionais con titulación oficial Zumba como Lucía Gómez, Blanguer Yanyimira, Figuera, Alberto García, Margaret Vilas, Lidia Redondo ou Mónica Corral. Con todos eles estará tamén Noelia Moledo, coorganizadora do evento xunto co Concello de Ordes. Ademais da sesión propiamente dita, que se estenderá máis aló das dúas horas, tamén está prevista unha exhibición Zumba Kids, na que se porá de manifesto o beneficio e o ben que o pasan os menores nesta actividade, a cal forma parte do programa deportivo deseñado polo Concello de Ordes. 

As entradas poderán adquirirse ese mesmo día no pavillón, ou ben xa previamente no bar Saloon, Escola ConTalento, piscina Iván Raña, Cáritas Diocesana Ordes, da man da monitora Noelia Moledo ou a través da concelleira Ana Soneira.

Participación do comercio local

Para levar a cabo este programa cóntase co patrocinio e colaboración de firmas comerciais como: Escola ConTalento, FitLine, A Bolera Burguer, M&F Deporte, farmacias de Ordes, asesoría fiscal Núñez Sánchez, Comercial Viqueira, Robell centro de belleza, Krav Maga Kapap, Vinilo, Sparky's, Buda Gold, LP 45, Maral café bar, O Mercado, Abbaco Café, Cervexería o 27, Tasmania, Alfonso joyeros, Aurelio joyería, Rubí relojería, Yolanda Cándido consultora de belleza e Puntadas.

Previamente, o sábado 27, a xornada estará especialmente dirixida a instrutores de Zumba. As instalacións deportivas do complexo deportivo de Iván Raña acollerá os cursos de formación para Zin Members exclusivos da escola Zumba Fitness. Así de 8.30 a 17.30 horas terá lugar a sesión formativa para a modalidade Aqua Zumba e de 17.30 a 21 horas a de Aqua Boot. Media hora antes de ambas sesións manterase aberta a inscrición para todos os asistentes.

BNG Ordes - O BNG acusa ao alcalde de pretender estragar a festa do lacon con grelos

O Concello de Ordes pretende suprimir a tradicional exposición de gando do programa da festa do lacón con grelos que terá lugar os días 12 e 13 de marzo.

O concelleiro nacionalista, Pablo Vidal Ríos, considera que “é un erro suprimir a tradicional exposición de gando, agardamos que o alcalde rectifique na súa intención”.

Vidal afirma que, “esta decisión do goberno municipal está a xerar malestar entre a veciñanza da parroquia de Ardemil”.

Para o voceiro nacionalista, Pablo Vidal, “o que debería facer o alcalde é potenciar a festa, mellorando as súas actividades e mesmo engadíndolle novos atractivos, e non desmantelar as súas raíces e os aspectos que a diferencian co resto de festas”.

Desde o grupo nacionalista recordase que “na parroquia de Ardemil ten lugar o Mercado Agrario Comarcal de Ordes, chegando a inaugurarse no 2001 unha nave para albergar dito mercado cun orzamento de execución de 120 millóns das antigas pesetas”. Ademais consideran “errado esquecerse do sector primario, un dos sectores estratéxicos deste concello”.

Silleda - Presentase a III Kedada Solidaria de BTT Trasdeza

O Clube BTT Trasdeza, en colaboración co Concello de Silleda ven de presentar a III Kedada Solidaria en BTT, actividade que terá lugar o vindeiro domingo día 20 de marzo. A cita partirá do campo de fútbol do Outeiriño de Silleda, ás 09.30 e contará cun percorrido de aproximadamente 45 kilómetros, de dificultade media-alta, tendo como novidade este ano unha ruta alternativa de 36 kms. co fin de unificar as chegadas. 

O traxecto discorrerá por enclaves naturais como a Fervenza do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, ou o roteiro do baixo Deza, que comeza na parroquia de Abades. 

Están previstos tres avituallamentos.

Cada un dos participantes da kedada entregará un quilo de alimentos non perecedoiros, que a organización doará, coma en anos anteriores, integramente ó Banco de Alimentos do Programa Municipal Silleda Solidaria, e tamén deberá aportar 5€ en concepto de inscrición.

A recollida de dorsais previa á ruta poderase facer no pavillón municipal César González Fares de Silleda ese mesmo día ás 08:15. Tamén nese mesmo emprazamento contarase con duchas, parquin, e lavado de bicicletas ao remate da proba.

As persoas que desexen participar poden anotarse ata o vindeiro xoves día 16, na páxina web www.rgbikes.com, ou de forma manual na tenda RG Bikes de Silleda. Por motivos de organización, limitase a inscrición a 300 persoas.

A ruta está organizada polo colectivo BTT Trasdeza, creado hai tres anos e que conta socios que veñen participando os domingos en distintas saídas polo territorio silledense.

Dende a organización quere agradecerse a colaboración e apoio das firmas colaboradoras, así como dos participantes que colaboran ano tras ano nesta iniciativa.

Así mesmo, dende o Concello o alcalde, Manuel Cuiña, reitera o agradecemento aos organizadores e patrocinadores “por continuar apostando, por esta cita que une deporte e solidariedade, contribuíndo a axudar a moitas familias de Silleda co aumento de fondos do Banco de Alimentos”, engade.

Teo - Remata o prazo para propostas de sendas peonís

Remata o prazo para que calquera persoa interesada poida facer as súas propostas de sendas peonís a través do programa de participación cidadá Teo decide: Camiños seguros. Calquera colectivo ou individuo pode achegar as súas ideas ou prioridades de sendas para Teo a través dunha ficha que se pode descargar da web municipal e enviar a teodecide@concellodeteo.com ata mañá venres 26 de febreiro. 

As propostas achegadas serán avaliadas públicamente nun Foro veciñal que se celebrará o sábado 12 de marzo no Centro Sociocultural da Ramallosa entre as 10:30 e as 13:30 horas. Nestes días estívose mantendo comunicación coas asociación do Concello para animalas a achegar as súas ideas. A ficha ten varios campos para cubrir: a proposta de senda, a utilidade da mesma explicando a que servizos da acceso, as persoas usuarias, ademais dos datos de contacto.

O Concello de Teo pon en marcha este programa de participación veciñal para facer partícipe á cidadanía da xestión pública. E o primeiro tema sobre o que se traballa son as sendas peonís por considerar que se trata dun asunto que preocupa á veciñanza. A mellora da seguridade viaria e a necesidade de espazos para poder facer circuítos a pé é unha demanda social cada vez maior.

Santiago - Corenta expositores venderán as súas pezas na III Feira de Antigüidades de Santiago

O Palacio de Congresos e Exposición de Galicia acolle ata o domingo a III Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 40 expositores de España e varios países europeos. O evento foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

Marta Lois destacou "a proxección para toda Galicia e mesmo comunidades veciñas e o norte de Portugal" desta Feira de Antigüidades. O feito de que a organización repita por terceiro ano en Santiago, dixo, "é a mellor mostra de que efectivamente a nosa cidade ten un atractivo especial para os eventos que se celebran aquí". Neste sentido, a concelleira agradeceu a aposta por celebrar a Feira en febreiro, "un mes de temporada baixa no que, non obstante, a cidade segue tendo atractivo para as empresas e entidades que queiran desenvolver os seus eventos e actividades en Compostela".

Na presentación en rolda de prensa do evento, Marta Lois estivo acompañada por Ángel Moix e Mari Cruz Madrid, organizadores da Feira, e pola directora do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Belén Montero.

Pezas para todos os gustos 
A Feira de Antigüidades diríxese tanto aos coleccionistas como a calquera persoa interesada nas antigüidades, que pode atopar pezas curiosas ou cun valor sentimental. Os expositores terán unha ampla variedade de pezas, como máquinas de escribir antigas, radios, teléfonos, gramófonos, mobles, discos, xoguetes, ferramentas… Tal como destacou Ángel Moix, haberá artigos "para todos os gustos e de todos os prezos".

O evento ofrece tamén a oportunidade de que os asistentes poidan levar as súas pezas antigas para que os anticuarios participantes poidan facerlle unha taxación precisa. Inclúese tamén a posibilidade de que vendan eles mesmos esas pezas, que quizais teñen máis valor do que o propio propietario pensa.

Horario, prezos e sorteo 
A Feira abrirá o venres 26 de 17:00 a 21:00 horas. O sábado 27 e domingo 28 terá un horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas. O prezo da entrada, que será valida para os tres días da feira, é de tres euros, aínda que se rebaixará a aquelas persoas que presenten os vales que se están repartindo en folletos por toda a cidade. Estes vales, con descontos de 0,50 euros, poden descargarse tamén na páxina en Facebook do Palacio de Congresos.

O domingo sortearase unha peza antiga entre os asistentes.

USC - campUSCulturae reflexiona sobre a relación cultural entre España e Italia a través das viaxes

O simposio internacional ‘Viaxes e camiños: relacións interculturais entre España e Italia’ proporá unha reflexión sobre a viaxe como tema recorrente ao longo dos séculos tanto para descubridores ou aventureiros como para creadores e investigadores. Esta é unha actividade proposta polo proxecto campUSCulturae en colaboración coa Área de Italiano da Facultade de Filoloxía, para a que o prazo de presentación de comunicación rematará o próximo 29 de febreiro. Pola súa banda, a data límite de inscrición rematará o 5 de marzo.

Ao longos dos días 16, 17 e 18 de marzo, están programadas unha serie de intervencións de investigadores e investigadoras de diversas universidades españolas e italianas que reflexionan sobre como a literatura e estudos diversos teñen reflectido o concepto das viaxes ou as peregrinacións en distintos momentos das tradicións culturais dos dous países.

Ames - O Circuito Trail Galaica pecha a inscrición con 227 participantes

Este domingo, 28 de febreiro, Ames acollerá a primeira etapa do circuíto Trail Galaica. O prazo de inscrición para tomar parte nesta proba rematou onte á media noite. En total 227 homes e mulleres inscribíronse nesta proba que comeza na Ponte Maceira e remata nas instalacións do Real Aero Club de Santiago, na Ameixenda. Esta será a primeira carreira dun circuíto que levará a amantes do atletismo e da natureza a percorrer, ao longo de varios meses, sete concellos diferentes, cada un dos cales acollerá unha etapa.

A meirande parte dos inscritos e inscritas corren de forma individual, sen adscribirse a un club, aínda que tamén se apuntaron á proba amesá 77 corredores en equipos e pertencentes a clubs. Moitos destes clubs e equipos achéganse dende concellos da contorna amesá, como Negreira, Santiago de Compostela e Teo, e sete dos corredores son veciños e veciñas de Ames. Non obstante esta carreira contará tamén con participantes chegados de distintos puntos das catro provincias galegas, como Pontevedra, o Barco de Valdeorras ou Vilalba. 

Nesta etapa poden participar todos os e as deportistas maiores de 18 anos ou que os cumpran o mesmo día da etapa. Os e as corredores serán divididos por categorías segundo a súa idade e sexo; podendo competir de forma individual ou formando equipos. O custe da inscrición é de 14 euros por persoa. 

Esta primeira etapa ten un percorrido de preto de 20 quilómetros, habendo dous postos de avituallamento ao longo da proba e un máis na meta. Os participantes contarán con servizo de duchas e dun fisioterapeuta. Ás 8:30 horas sairán autobuses dende o Real Aero Club de Santiago para levar ás e aos corredores ata a liña de saída, situada na Ponte Maceira. 

Trala entrega de premios, prevista para as 13:30 horas, o Real Aero Club de Santiago ofrece aos corredores un menú nas súas instalacións por un prezo de 15 euros por persoa. O menú consiste nun cocido, unha sobremesa e café. Para o xantar é necesaria a reserva previa, que se pode facer chamando ao teléfono 981 888 276, pechándose o prazo de reserva este venres, 26 de febreiro, ás 14:00 horas.

Teo - Entrega mapas actualizados nos coles

Durante a mañá de onte, coincidindo coa semana dedicada a Rosalía de Castro, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, xunto coa concelleira de Educación, Salomé Beiroa, percorreron os tres CEIPs municiapais (Calo, Os Tilos e A Ramallosa) para participar xunto cos escolares nunha acción de normalización lingüística, un intercambio de cartografía antiga e deturpada por novos mapas cos actuais topónimos.

Foron os propios centros os que reclamaban este material e o Concello quen xestionou a súa compra e entrega neste día. O propio alcalde, Rafael Sisto e Salomé Beiroa, concelleira de Educación, visitaron os centros de ensino da Ramallosa, Os Tilos e Calo para realizar este intercambio de cartografía e compartir o seu tempo cos escolares. 

Nos centros, os e as escolares, que previamente tiñan traballado xunto co profesorado na procura dos mapas con topónimos actualmente incorrectos, compartiron unha charla con profesores e políticos na que se abordou a importancia do bo uso que se lle debe dar aos nomes de lugar, adaptándoos á realidade lingüística de cada lugar. Estas revisións toponímicas son habituais e constantes na historia xa que a onomástica topográfica é unha ciencia viva que muda con certa constancia, ben pola adaptación dos topónimos a cada unha das linguas, ben pola mudanza nas fronteiras xeográficas, ben pola creación de novos lugares, ben pola necesidade de nomear novos puntos xeográficos, etc. O alcalde, Rafael Sisto, tamén aproveitou para entregarlle ao alumnado a toponimia oficial do propio Concello e lembrarlles a importancia de nomear axeitadamente o máis próximo, os nomes de lugares e parroquias do propio Teo. 

Os novos mapas que se entregaron son os máis empregados nas aulas e solicitados pola comunidade escolar: os mapas físico e político de Galicia, España e Europa.

Esta acción, realizada desde o Servizo de Normalización Lingüística, trátase dunha nova actividade desta área, que desde a última lexislatura depende directamente da Alcaldía municipal coa idea de traballar transversalmente con outros departamentos municipais e con grupos sociais como o é neste caso a comunidade educativa.

O Servizo de Normalización Lingüística, nesta nova etapa no seu funcionamento e co fin de mellorar e aproveitar ao máximo os recursos, participa, así mesmo, en actividades de ámbito supramunicipal en colaboración con outros concellos como o foi durante a época de Nadal coa actividade de Cartas de Nadal, xuto cos concellos de Ames e Santiago de Compostela; o Club de Debate, que actualmente está en fase de preparación por parte dun equipo do IES Cacheiras, organizado en conxunto por diferentes concellos das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, e a recente inclusión no programa Apego, de dinamización lingüística na etapa infantil, que está en fase de desenvolvemento e que axudará as familias á hora de poder empregar recursos en lingua galega para a educación das súas fillas e fillos.

USC - Relacionan o fenómeno de El Niño coa emerxencia de enfermidades transmitidas pola auga

Existen evidencias que vinculan os brotes de infeccións de Vibrio –un xénero de bacterias entre as que se atopa a que produce o cólera– na costa oeste de centro e Sudamérica con eventos de El Niño. Novas ferramentas nos campos da xenómica microbiana e percepción remota están axudando a comprender o papel que este fenómeno pode representar ao actuar como un transmisor de enfermidades transmitidas pola auga, facilitando a súa extensión polo Océano Pacífico, dende Asia a América.

El Niño é un patrón climático que describe o quentamento inusual de augas superficiais no Pacífico ecuatorial e que acostuma ocorrer cada 3-7 anos, pero que non se poden predicir de forma precisa. A súa manifestación máis evidente é o desprazamento de augas quentes dende a marxe Occidental ao Este do Pacífico. O impacto deste fenómeno é moi grande e afecta os patróns meteorolóxicos locais, pesqueiras, eventos extremos e o clima mundial no seu conxunto. 


Nas últimas tres décadas, e coincidindo cos tres eventos de El Niño máis significativos (1990-1991, 1997-1998 e 2010), novas variantes de patóxenos apareceron na marxe oriental do Pacífico. Unha delas inclúe unha variante de Vibrio Cholerae (1990) e dúas de Vibrio Parahaemolyticus (1997&2010). A primeira causou un brote devastador de cólera en Perú, mentres que as demais produciron enfermidades relacionadas co consumo de marisco.

Transporte a América

Nun recente artigo en Nature Microbiology, un grupo de científicos no que se inclúe oinvestigador do Laboratorio de Sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC Joaquin A. Triñanes, apuntan indicios de que El Niñopode xogar un papel importante no transporte de estes patóxenos ao continente americano. Nesta colaboración, na que ademais participana Universidade de Bath e o CEFAS no Reino Unido, NOAA, FDA e a Universidade de Miami en Estados Unidos, móstrase que os resultados da secuenciación xenómica de variedades de patóxenos en América, especialmente en Perú e Chile,están moi ligados a variedades asiáticas. 

Os autores do estudo, liderado polo ex investigador da Universidade de Santiago e actualmente profesor da Universidade de Bath Jaime Martinez-Urtaza, indican que as bacterias responsables das infeccións poden ligarse a organismos maiores como ozooplankton e moverse con eles longas distancias. Así,El Niño pode representar “un mecanismo detransporte biolóxico que permita a chegada de organismos mariños de áreas distantes”, apunta Triñanes.

Nesta investigación, o equipo da Universidade de Santiago traballou na monitorización e estudo dosparámetros medioambientais responsables dos brotes, empregando para iso datos de satélitesque permiten acadar unha cobertura repetitiva e a alta resolución especial, spectral e radiométrica da zona obxecto de estudo.

Cámara de Comercio - Curso de Comunnity Manager e Social Media

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inaugurará o vindeiro 7 de marzo dous cursos formativos de community manager e social media e loxística de aproveitamento.

O curso de community manager permitirá aos participantes comprender as características da web 2.0 e aproveitar as súas potencialidades para o seu sector de negocio. Celebrarase nas aulas formativas da Cámara entre o 7 e o 17 de marzo en horario de 20:00 a 22:00 horas e estará impartido polo responsable do Instituto de Medios Sociales, José Sixto. “A web 2.0 permite aos usuarios interactuar e colaborar como creadores de contido en Internet. Os usuarios deixaron de ser meros receptores e convertéronse en distribuidores e xeradores de contidos e mensaxes” –indica–.

José Sixto explica que actualmente o usuario comparte na rede a súa opinión dun produto ou servizo, mesmo antes de usar ese servizo precisa que a compañía proveedora lle informe con detalle e resolva as súas dúbidas. O experto sinala que as presenzas, estratexias e accións comunicativas no eido dixital deben ser as axeitadas.

“Saber xestionar correctamente as redes sociais resulta imprescindible tanto para os profesionais que queiran dedicarse a iso como para os empresarios e autónomos que desexan obter a máxima rendibilidade do seu negocio grazas aos recursos que ofrece Internet” –resalta Sixto–. Para alcanzar este fin, o alumnado do curso recibirá nocións básicas sobre as técnicas e coñecementos necesarios para materializar unha presenza activa e ben xestionada nas novas esferas virtuais de obrigada interacción social, sobre todo nas redes sociais. 

A Cámara iniciará tamén o día 7 un curso de loxística de aprovisionamento, que impartirá ata o 18 de marzo nas instalacións camerais a asesoría Quelqum, en horario de 20:00 a 22:00 horas. A formación está enfocada a directivos e responsables de empresas que desenvolven funcións de xestión de compras, aprovisionamentos, distribución física, loxística inversa, xestión de residuos e seguridade na cadea de suministros y que deben tomar decisións nestas áreas para mellorar os resultados económicos da compañía.

O curso pretende que os asistentes coñezan os conceptos básicos y obxectivos da loxística empresarial, ademais de aprender as principais características dun sistema de transporte e de aprovisionamento e como implantar un plan loxístico integral. Explicarase tamén a importancia dunha correcta planificación de compras, de produción, ou do servizo de atencón ao cliente.

Psoe A Baña - Moción demandando redución fiscais para a revisión catastral

O procedemento de revisión catastral impulsado dende o Ministerio de Facenda co obxectivo de aumentar a recadación e intentar sanear as contas dos concellos, vai a ocasionar un impacto importante sobre os habitantes do medio rural en xeral e sobre todo sobre as explotacións agrarias e gandeiras. 

Esta revisión da resposta a aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro de setembro de 2013, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo dita actualización. Este proceso consiste fundamentalmente en que se están a catastrar todas as fincas do rural, así como a dar de alta bens como instalacións rústicas que son catalogadas como almacéns ou vivendas. Isto ten como consecuencia que as instalacións agrarias inclúense no Imposto de Bens e Inmobles, é dicir, pasan a pagar instalacións que ata agora estaban exentas de facelo. 

Tal como recolle o artigo 74 da Lei Xeral Tributaria que permite as bonificacións potestativas, e establece que “os concellos mediante unha ordenanza poderán regular as bonificacións de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor dos inmobles nos cales se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por darse circunstancias sociais, culturais, históricas, artísticas ou de fomento de ocupación. Do mesmo xeito a normativa permite ó Concello decidir o coeficiente a aplicar sobre o valor catastral entre o 0,3% e o 0,9%. Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE Por todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista de A Baña, dado a importancia que o sector agrario representa neste Concello, como dinamizador fundamental e base da nosa economía produtiva e polo tanto de especial interese municipal, insta ó Pleno municipal a adopción dos seguintes ACORDOS: 

Establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras. 
Para as explotacións agrícolas e gandeiras ó coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral será de o 0,3%.

Oroso - A "Liña Verde" recibiu 276 consultas

O servizo Liña Verde do Concello de Oroso atendeu un total de 276 consultas de veciños e veciñas do municipio no seu primeiro ano e medio operativo, o que demostra a boa acollida que ten entre a veciñanza. Un servizo que permite que os orosáns e orosás poidan comunicar calquera incidencia que observen no equipamento urbano e resolver consultas medio ambientais, favorecendo así un desenvolvemento sostible do municipio.

A maioría destas comunicacións estiveron relacionadas co alumeado público, seguida por parques e xardíns, beirarrúas e calzadas e limpeza viaria. Desas 276 comunicacións, o 100% recibiron unha resposta inmediata, máis do 75% xa foron solucionadas satisfactoriamente e o resto está en tramitación, ben porque se presentaron recentemente, ben porque o seu prazo de execución é máis longo.

O concelleiro de Parques e Xardíns, Antonio Leira, amósase moi satisfeito coa participación cidadá, “pois e demostra a implicación da veciñanza na consecución dun concello máis sostible e facilita en gran medida a nosa xestión diaria, pois axiliza os tempos de reacción e dá a coñecer situacións de mellora que, de non ser pola colaboración cidadá, posiblemente o Concello non tería constancia ou o coñecería máis tarde”. 

Utilización

O servizo de Línea Verde implantouse en probas en Oroso no verán de 2014 e está accesible a través da páxina web municipal (www.concellooroso.com). Para utilizar o servizo a través do Smartphone ou tableta, basta con descargar a aplicación Línea Verde. Para elo o usuario conectase a Play Store ou APP Store e, dunha forma sinxela e intuitiva, descarga a aplicación. Unha descarga que é completamente gratuíta.

Unha vez aberta a aplicación no dispositivo móbil, o usuario pode plantexar consultas ou comunicar unha incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar o tipo de categoría. Por xeolocalización, a APP Línea Verde encargase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se ubica a mesma. Posteriormente, pódese axuntar unha fotografía da incidencia cunha breve descrición. 

Unha vez enviada, o responsable nomeado polo Concello de Oroso recibe notificación da mesma. A partir deste momento inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán coñece en todo momento o estado no que se encontra a súa consulta grazas ás notificacións que recibe no seu dispositivo móbil. 

Ademais, para poder resolver calquera consulta a nivel medioambiental tamén se pode acceder á web www.lineaverdeoroso.com. A través deste dominio, o cidadán pode plantexar calquera consulta medioambiental en un prazo máximo de 24 horas terá resposta por un equipo de expertos na materia. Neste enlace, tamén existe unha ampla información de consulta sobre guía de boas prácticas, recursos de educación ambiental, lexislación básica, noticias ambientais etc… Un extenso contido personalizado do propio municipio.

Melide - Pavimentación de 5 pistas no rural

As obras incluídas neste proxecto afectarán a viais da parroquia de Folladea, A Veiga e Alvite en Campos, Romeau e Sobradelo en San Cosme. Trátase dunha actuación cuxo importe ascende a 117.670 euros e que incluira a limpeza de cunetas en todos os viais rurais, a pavimentación, rebacheo e sinalización horizontal en todas as pistas afectadas. 

Actualmente estánse a levar a cabo os proxectos de limpeza de cunetas e acondicionamento previos á execución da pavimentación que se realizará unha vez melloren as condicións metereolóxicas. Por outra banda, a brigada de obras do concello está a facer con medios propios traballos de acondicionamento na pista que comunica o Folicheiro – Furelos para dar un mellor servicio de acceso ás fincas e á EDAR melidense. 

O goberno popular valora moi positivamente estas actuacións e sigue coa liña anteriormente marcada de pavimentar as principais vias de comunicación ás parroquias en aglomerado en quente por considerar que son unha aposta clara pola calidade de vida no rural.

Axenda e tempo do xoves 25 de febreiro - Teatro, charlas, exposicións

Santiago - Numax 

Boqueixón - Charla sobre rehabilitación de vivenda 

Santiago - Casa das Crechas - Teatro "O contrabaixo"

Santiago - facultade de económicas - 3 ecosistemas dixitáis

Santiago - Sonar - Festa do pixama

Santiago - Numax - Margarita Ledo presenta un libro sobre Manuel María

Santiago - A Nave de Vidan - NerdNites sobre Viños, megálitos e hobbits

Santiago - Facultade de Xeografía e Historia - exposición sobre o 150 aniversario das fronteiras con Portugal



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Numax - Margarita Ledo presenta na Libraría «Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra»

A cineasta, catedrática e académica Margarita Ledo Andión achegarase oxoves 25 de febreiro ás 20:30 á Libraría NUMAX para presentar a edición en formato libro-DVD do filme Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, cuxo deseño correu a cargo do Laboratorio NUMAX. No acto de presentación intervirán, amais da propia directora, o escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello e o tamén escritor e co-fundador de Nós Produtora Cinematográfica,Nemesio Barxa.

A curtametraxe Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra data do ano 2005 e artéllase a xeito de aproximación íntima á figura de Manuel María, poeta chairego que, neste 2016, será homenaxeado co Día das Letras Galegas. O filme bebe de múltiples fontes audiovisuais recollidas de arquivos privados e institucionais que corresponden a diferentes épocas da vida do poeta, combinándose as imaxes coa voz do propio Manuel María.

Tal e como sinala Ledo Andión no texto de presentación incluído no libro, «entre o filme de montaxe de imaxes de diferentes fontes, motivos e épocas, e máis o filme de rodaxe por entre espazos alegóricos que realizan a posta en imaxe da personalidade de Manuel María, o documental pénsase coma un eco interior, con elementos moi próximos ás técnicas de filmar o íntimo».

A edición agora presentada de Manuel María foi deseñada polo Laboratorio NUMAX e inclúe no libro que acompaña ao filme, diversos textos que rodean a figura do poeta de Outeiro de Rei, a cargo de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Darío Xohán Cabana, M.M. Campo Vidal e a propia autora do filme, Margarita Ledo Andión.

USC - Nova NerdNites sobre Viños, megálitos e hobbits

Este xoves 25 ás 21.30 horas chega á Nave de Vidán unha nova sesión das NerdNites SCQ con tres charlas con suxestivos títulos.

'In vino veritas... (no viño está a verdade); pero... ¿no branco ou no tinto?' será a intervención da profesora do departamento de Química Analítica da USC Marta Lores Aguín, mentres que o profesor de dereito do traballo e da Seguridade Social da USC José María Miranda fará o propio con 'Hobbits e dereito'. Por último, o director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e presidente da Asociación Europea de Arqueólogos, Felipe Criado, impartirá a charla 'Megálitos misteriosos, misterios megalíticos?'.

USC - Unha exposición en Xeografía e Historia rememora o 150 aniversario das fronteiras entre España e Portugal

O Tratado de Lisboa de 1864 que fixaba as fronteiras vixentes actualmente entre Portugal e España, é o tema dunha conferencia e unha exposición na Facultade de Xeografía e Historia que rememorará o 150 aniversario da súa vixencia. A partir das 12.00 horas na Sala de Profesores do centro compostelán, o presidente do Consello da Cultura Galega e profesor Ramón Villares Paz e o docente da Universidade Carlos III Jacobo García Álvarez impartirán a conferencia ‘O Tratado de Lisboa 1864-2016. Máis de século e medio da delimitación cartográfica do territorio. A entrada será libre.

Paralelamente, o claustro acollerá a exposición cartográfica ‘Debuxando a liña (1864-2016): 150 anos do Tratado de Límites entre España e Portugal’. É unha mostra que chega agora a Santiago procendente de Ourense e logo de pasar por varias cidades da rexión norte de Portugal, partindo de Braga en 2014.

A exposición xurde dun proxecto de investigación sobre a delimitación moderna da Raia que foi desenvolvido dende 2012 cunha axuda do Ministerio de Economía e Competitividade e conta coa colaboración de diferentes entidades, entre elas a Fundación Centro de Estudos EurorrexionaisGalicia-Norte de Portugal (CEER) e os grupos de investigación de Análise Territorial (ANTE) e de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra) da USC.

Unha selección de quince documentos, a maior parte deles mapas e planos inéditosprocedentes dos fondos do Arquivo Cartográfico e de Estudos Xeográficos do Centro Xeográfico do Exército, conforman o relato da mostra. Esta cartografía, elaborada entre mediados do século XVIII e finais do XIX, refírese integramente ao sector galaico-portugués da Raia. Como explican os seus promotores, a súa presentación permitemostrar a evolución das representacións xeográficas dende o Antigo Réxime ata a súa demarcación definitiva e entender algunhas das claves definitorias da organización espacial da fronteira hispano-portuguesa ao longo deste período. Ademais, esta iniciativa reivindica e dá a coñecer o “orixinal e valioso patrimonio documental (xeográfico e cartográfico) derivado do labor das Comisións Mixtas de Límites luso-españolas que prepararon e executaron o Tratado de 1864”, engaden os promotores.

O relato expositivo estrutúrase en tres partes, ademais dunha introdución, referidas, sucesivamente, á fronteira hispano-portuguesa a fins do Antigo Réxime; as preparacións e negociacións do Tratado de Límites de Lisboa e os seus anexos (1854-1866); e ao proceso de demarcación da Raia delimitada por devandito Tratado, desenvolvido entre 1866 e 1906.

Melide - O goberno municipal amosa a súa sorpresa pola ineficacia do PSOE á hora de facer oposición

O goberno de Melide mostra o seu asombro ante as novas publicadas nos medios de comunicación pola falta de veracidade das informacións vertidas polo PSdG-PSOE de Melide sobre os dous proxectos que estos días foron presentados no Concello por ambas empresas. 

Por unha banda, en canto ao a biomasa, deuse cumprida información do proxecto por parte dos enxeñeiros redactores así como se respostaron todas aquelas dúbidas que se plantexaron ao entre o público asistente. A empresa interesada en levar a cabo un proxecto de rede de calor en Melide escolleu a vila polas características poboacionais e orográficas que presenta, polo que dado o seu interés procedeu a plantexar o proxecto ao Concello e a veciñanza para poder levar a cabo a implantación da biomasa como enerxía medioambientalmente sostible. 

No caso do proxecto de implatación de gas cidade en Melide trátase dunha actuación que estivo exposta ao público como esixe a lei e foi publicada en prensa a resolución favorable por parte da Consellería de Industria ao que calquera puido facer alegacións. A alcaldesa de Melide, Dalia García, non entende cal é o obxectivo que pretende acadar a oposición socialista xa que donde eles pretenden escurantismo non hai máis que transparencia, como así se pode comprobar na cumprida información que se lle deu a todo aquel que a solicitou tanto por parte das empresas promotoras como por parte do equipo de goberno. En todo caso, o goberno local recorda que son as empresas as encargadas de informar dos seus proxectos e o Concello limítase a cumprir a lei.

Frades - Monicreques para conmemorar o Día de Rosalía e o Da Muller Traballadora

O multiúsos de Frades acollerá o sábado 5 de marzo, ás 11:30 horas, o espectáculo de monicreques “A viaxe de Rosalía”, organizado polo programa de dinamización lingüística FalaRedes en colaboración co Concello de Frades. A función está pensada para un público a partir dos seis anos de idade. A entrada é totalmente libre e de balde.

O espectáculo, que combina monicreques de mesa e música, está inspirado na figura de Rosalía de Castro e coa súa programación o Concello de Frades pretende conmemorar tanto o Día de Rosalía (24 de febreiro) como o Día da Muller (8 de marzo), ademais de sumarse a outras actividades organizadas dende o Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes.

“A viaxe de Rosalía” é un espectáculo de 45 minutos que ten como fío condutor a Francisca Campo, que conta a historia da súa afillada: Rosalía de Castro. Da súa man, os presentes coñecerán as vivencias cotiás e entrañables que foron conformando a personalidade da que máis tarde se convertería na escritora máis recoñecida da nosa literatura. 

A obra xira arredor dos monicreques de Larraitz Urruzola, da música e da súa propia interpretación actoral. Pero A viaxe de Rosalía vai moito máis aló. Estamos diante dun coidado espectáculo no que traballou un recoñecido elenco artístico e técnico galego. Ademais da propia Larraitz (produtora, actriz e construtora dos monicreques), este espectáculo é posible grazas a un equipo composto por Lucho Penabade (autor e director); Luís Javier Iglesias (cabezas dos monicreques de Rosalía e aderezo); Olga Viéitez (vestiario e corpos de Rosalía); Mirari Urruzola (escenografía); José Luís do Pico (espazo sonoro); Juan Luís Rúa (fotografia) e Xosé Bocixa (vídeo).

Psoe Ordes - Verónica Gómez continuará coas xestións para o nomeamento como filla predilecta de Isabel Zendal

A concelleira socialista Verónica Gómez continuará coa instrucción do expediente para o nomeamento como filla predilecta do Concello de Ordes, a título póstumo, de Isabel Zendal Gómez, veciña da parroquia de Parada e que foi un dos piares da expedición filantrópica contra a viruela que entre 1803 e 1814 distribuíu polo mundo a primeira vacina da historia contra esta enfermidade. Unha decisión tomada no pleno de onte martes e despois de que ningún concelleiro do Grupo de Goberno quixera proseguir co traballo iniciado na anterior lexislatura pola daquela tenente de alcalde, Silvia Marín.

Verónica Gómez lamentou que o grupo de Goberno non quixera facerse cargo deste expediente, así como o atraso que acumula esta cuestión, pois en xaneiro de 2015 a proposta socialista decaera porque se argumentara que o Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ordes especificaba que a proposta tiña que nacer dun expediente tramitado polo propio Concello. “Nós seguiremos traballando para que se recoñeza o papel desta veciña da Grela, a única muller que participou na Expedición Filantrópica do doutor Balmis para distribuír de xeito gratuíto a primeira vacina contra a viruela por todo o mundo e que ten recoñecementos da Organización Mundial da Saúde e de países como México, onde viviu os seus últimos anos, pero que non ten recoñecemento ningún da súa vila de orixe”, apuntou a concelleira socialista.

Os socialistas aceptaron retirar a súa moción na que pedían que a Xunta asumira a titularidade da estrada de Mercurín logo de que o alcalde asegurase que non era preciso porque xa fora aprobado nunha sesión plenaria anterior, a pesar de non contar co apoio do actual Grupo de Goberno, e que xa se contemplaba no proxecto que manexa a Xunta. A que si saíu adiante foi a moción para instar á Xunta a programar para este ano 2016 un plan especial e inmediato para dar resposta á demanda de todas as persoas que precisen acceder ao carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de nivel básico, toda vez que dende o 25 de novembro pasado só se poden vender estos produtos a titulares dun carné de aplicador-manipulador.

Rogos

Na quenda de rogos, os socialistas lamentaron que o alcalde evitase referirse ao deber do Concello de Ordes de protexer a confidencialidade e a privacidade de todos os documentos e fotos que estean no seu poder, en referencia a casos recentes. Os socialistas lembráronlle ao alcalde que a lei obriga ás Administracións Públicas a que estes datos de carácter persoal teñen que estar debidamente protexidas.

Así mesmo, Verónica Gómez lamentou as evasivas e malas formas do alcalde durante a sesión plenaria e, en especial, durante a resposta ao rogo sobre a defensa dos intereses laborais dos traballadores do municipio. “Celebramos que se sume á petición que fixemos os socialistas dun plan estratéxico para o sector téxtil de Ordes, a pesar de que tivo varias ocasións para facelo en anos anteriores e sempre se abstivo. Pero máis vale tarde ca nunca”, asegura Verónica Gómez, quen insiste que “no caso do conflito coa empresa Pellejero e Hijos SL o noso alcalde preferiu agocharse detrás da Mancomunidade por razóns puramente partidistas e que nada teñen que ver co interese dos traballadores”.

Ames - Novos cursos na aula CEMIT

Cinco novos cursos impartiranse durante o vindeiro mes de marzo na aula CeMIT de Ames, catro en horario de mañá e un en horario de tarde. Haberá un obradoiro de iniciación á navegación na Internet, un curso sobre o uso do correo electrónico, dous obradoiros diferentes centrados no programa de presentacións LibreOffice Impress e no programa de folla de cálculo LibreOffice Calc, e un derradeiro centrado no programa de edición de imaxes con GIMP. As encargadas da Aula CeMIT informan de que permanecerá pechada durante a Semana Santa, entre os días 21 e 28 de marzo, ambas datas incluídas. 

O primeiro curso que se impartirá durante o mes de marzo é un curso de iniciación, neste caso á navegación na rede. Entre o 1 e o 17 de marzo, os martes e os xoves, en horario de 10:00 a 11:30 horas, os interesados e interesadas aprenderán a empregar o correo electrónico, a procurar información pola web ou a contratar ou reservar un servizo: entradas para asistir a un espectáculo ou reservar unha cita no centro de saúde.

O segundo curso titúlase "Anímate co Impress", un programa de software libre empregado habitualmente para crear presentacións animadas, pero no que se poden idear dende álbums de fotografías dixitais ata creativos currículos vitae. O curso terá lugar do 2 ao 30 de marzo, luns e mércores en horario de 10:00 a 11:30 horas. 

O terceiro obradoiro centrarase no uso do GIMP, un programa libre de edición fotográfica. Entre o 2 e 30 de marzo, os luns e mércores, en horario de 12:00 a 13:30 horas, os usuarios e usuarias aprenderán a retocar ou mellorar as súas fotografías, facer fotomontaxes ou deseñar carteis. 

"Bota contas con calc" e o cuarto curso ofertado pola aula CeMIT e está dirixido a aquelas persoas que, para o seu traballo ou por interese persoal, queiran aprender a realizar contas de forma automatizada, facturas, orzamentos ou levar de forma máis organizada as contas da casa. As persoas anotadas neste obradoiro aprenderán a empregar o programa de folla de cálculo LibreOffice Calc. Levarase a cabo entre os días 9 e 30 de marzo, os mércores e os venres, de 19:00 a 20:20 horas. 

O último obradoiro e, tamén, un curso de iniciación, desta volta centrado no uso do correo electrónico. Impartirase o martes 29 e o xoves 31 de marzo, de 10:00 a 11:30 horas da mañá. Trátase dunha actividade para a adquisición de coñecementos moi básicos sobre como crear un enderezo electrónico e enviar correos electrónicos. 

Aula Aberta

Cando non se están realizando cursos, a aula CeMIT conta cun servizo de aula aberta no que se poden utilizar os equipos de xeito libre. O horario é de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas, sempre que non existan actividades planificadas. Hai que lembrar que nos ordenadores da Aula CeMT está instalado o programa Ktouch co que se pode aprender mecanografía. Ademais, os alumnos/as e exalumnos/as dos cursos poden acudir a repasar os contidos realizados nas clases.

A inscrición en calquera das actividades pode facerse na propia Aula CeMIT, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a través do teléfono 662 371 511, ou a través da web https://cemit.xunta.es/gl/centro/9

Sileda - Declaracións do alcalde sobre as fusións de concello

“Sen entrar a valorar as fusións de outros concellos, en Silleda non nos plantexamos, nin agora, nin nun futuro, unha posible integración con outro concello. E non por capricho, senón porque somos o concello número 66 dos máis de 300 que hai en Galicia, con respecto a poboación, co cal estamos nunha situación tipo medio-alta da comunidade.

Consideramos tamén que tampouco temos concellos limítrofes aos que nos poidamos asociar. Pola nosa situación, na vila da Bandeira prestamos servizos a parroquias dos concellos de A Estrada e de Vila de Cruces.

Silleda limita con Lalín, A Estrada, e Vila de Cruces, e aínda que Cruces sexa o concello máis pequeno, cremos que ten entidade suficiente por si mesmo, por extensión e poboación, como ata o de agora o veu demostrando”

Ordes - O Concello dotará de desfibriladores as instalacións públicas máis importantes e concorridas

O Concello de Ordes dotará paulatinamente de desfibriladores externos automáticos as instalacións públicas máis importantes e concorridas. Así se aprobou por unanimidade no pleno celebrado onte en base a unha moción presentada polo BNG. Un aspecto que o Goberno Local leva abordando dende hai xa tempo e que a día de hoxe está a analizar detidamente para saber se a fórmula máis rendible pasa polo alugamento ou pola compra dos aparatos. A casa da cultura, pavillóns e campos de fútbol, escolas municipais ou o mesmo Concello serán algúns dos inmobles nos que se instalarán caixas de urxencias e desfibriladores, elementos imprescidibles para actuar correctamente ante unha parada cardiorrespiratoria e que no caso de Galicia chega a 800 nun ano. O texto tamén inclúe unha solicitude para instar á Consellería de Educación para que dote aos centros educativos deste equipamento. Seguindo no ámbito formativo tamén se solicita que a posesión dun título de primeiros auxilios sexa un mérito a ter en conta á hora de puntuar para acadar o posto de profesor. Por outra banda o Goberno Local confirmou a súa coordinación con Cruz Vermella Ordes á hora de fomentar e facilitar este tipo de formación á cidadanía. 

Ademais o Concello de Ordes contará cunha nova comisión de seguimento da contratación de persoal por parte do Concello integrada por membros de todos os grupos. Unha demanda formulada polos nacionalistas que coincide co interese de todas as forzas políticas, que mostraron o seu apoio. Aínda así o PP viuse obrigado a absterse debido a un aspecto na redacción dun dos puntos do texto que os nacionalistas se negaron a corrixir. Concretamente esíxese que o alcalde “comunique inmediatamente os procesos de selección e remita toda a documentación”, algo que contradí o marco base da Lei de Réxime Local, tal e como explicou o secretario municipal. Aínda así o alcalde manifestou a súa predisposición para “facilitar toda a información e documentación requirida na correspondente comisión, tal e como se ven facendo ata o de agora”.

Maior accesibilidade

Na sesión tamén se informou da habilitación de espazo no auditorio da casa da cultura para persoas con algún tipo de discapacidade que lles obrigue ao uso de cadeiras de rodas e elemnetos similares. Ante a moción presentada pola bancada nacionalista deuse conta da eliminación de oito asentos da primeira fila para gañar espazo. Aínda así a solicitude someteuse a votación acadando o consenso de todos. 

O pleno ao completo estivo de acordo tamén en continuar con programas e iniciativas formativas para a obtención do carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios Básico, tal e como reclamou Verónica Gómez, voceira do PSOE. Neste punto Susana García, voceira municipal, informou da convocatoria dun curso destas características organizado polo Concello de Ordes o próximo 14 de marzo, e no que xa están inscritas 40 persoas. Susana García tamén concretou o plan formativo continuo de 2015 levado a cabo pola Xunta de Galicia neste eido e mostrou o seu apoio para “continuar con programacións deste tipo en 2016”. Un programa que inclúe cursos e liña polos que se pretende seguir apostando. Pola súa banda o BNG presentou unha emenda de engado para a homologación dos máis de 3.000 carnés expedidos por outras Comunidades Autónomas a titulares galegos. 

O mesmo consenso se acadou para continuar coa tramitación do expediente de xustificación de méritos e circunstancias para nomear a Isabel Zendal filla predilecta do concello de Ordes. Tras a renuncia de Silvia Marín neste labor a partir de agora será Verónica Gómez a instrutora para lograr a concesión do dito nomeamento a título póstumo. Un proceso para o que o alcalde de Ordes lle brindou todo o seu “apoio e axuda” naquilo que lle requira.

O Goberno tamén conseguiu o respaldo dos demais partidos para solicitarlle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a autorización que lle permita o uso e desfrute da escola unitaria de Santa Cruz de Montaos para servizos de carácter local. Unha petición que se estende tamén á casa do conserxe do CEIP Campomaior para dedicala a labores e proxectos educativos.

Apoio laboral

En relación ao rogo socialista no que se lle solicitaba ao alcalde maior defensa dos intereses laborais para os traballadores do municipio José Luis Martínez Sanjurjo defendeu a súa postura de reclamar un plan estratéxico para o sector téxtil de Ordes, aspecto que tal e como concretou xa abordou en varias ocasións con altos representantes da Xunta de Galicia. Tamén concretou que as reclamacións dunha saída negociada para solucionar o conflito dos transportistas da empresa Pellejero e Hijos S.L. fíxose a nivel mancomunado “porque foi o que os mesmos traballadores nos pediron”. Martínez Sanjurjo tamén puntualizou que “tanto as reunións como o que delas transcendeu nos medios de comunicación foi o que eles nos pediron, sen que este Goberno Local aproveitara a ocasión para colgarse medallas nin proxectar ningunha imaxe nos xornais”. Por outra banda tamén se concretou que tanto o arranxo da vía que vai entre a rúa Coruña e a estrada DP 5903 de cara ao tanatorio do Valado xa está incluída no PAS 2015, algo que similarmente tamén ocorre coa ponte na vía que vai de Guntín a Mercurín e que está previsto incluír nun plan da Deputación.

Continuando con obras e vías ao BNG informóuselle que actualmente xa existen dous proxectos e memorias dirixidos a Patrimonio e Augas de Galicia para o arranxo da Ponte de Pereira, cortada ao tráfico pola súa evidente deformación e danos na estrutura. O Concello está á espera de que ambos os entes indiquen o xeito máis adecuado e correcto para poder proceder pola vía de emerxencia. Na medida do posible o BNG solicitou a maior separación entre o viaduto e a ponte medieval existente neste emprazamento “para poder revalorizar este elemento patrimonial”. Tamén se deu conta que o abastecemento da Brea aínda non funciona porque a empresa Espina e Delfín, encargada do servizo, necesita recepcionar a obra e concretar as posibles deficiencias. En canto o tempo o posibilite tamén se procederá co arranxo dos danos causados pola mala execución das obras realizadas na rúa Campeiras, con cargo á empresa responsable. O Goberno Local tamén informou do traballo que se está a realizar en materia de accesibilidade urbanística na vila de Ordes, e que concretará os puntos nos que é necesaria unha intervención máis inmediata. Este é o caso de pasos de peóns con presenza de bordos tal e como indicou o voceiro do BNG, “zonas nas que ademais son precisas tarefas de pintado e unha mellor sinalización vertical” según concretou José Luis Martínez Sanjurjo.

Oroso - Primeiro memorial Fernando Abad en Oroso este sábado

O Concello de Oroso informa de que este sábado 27 de febreiro, entre as 16:00 e as 18:00 horas, estarán pechadas ao tráfico as estradas polas que discorrerán os participantes no primeiro Memorial Fernando Abad de ciclismo: rúa Camiño Inglés, rúa da Cultura, avenida da Grabanxa, Penateixa e polos lugares de Penateixa, Igrexa, Oroso de Abaixo, Oroso Pequeno, polígono industrial (rúas Trazo e Ordes) e avenida Álvaro Cunqueiro. Así mesmo, estará prohibido estacionar vehículos na rúa Inglés, na rúa da Cultura e na avenida da Grabanxa (entre os números 29 e 35; e 40 a 46) entre as 7:00 e as 19:00 horas.

O Concello de Oroso informa de que nas rúas Pablo Iglesias, Deporte, Pontevedra, Vigo e Campo só se permitirán pasos intermitentes e sempre no caso de que o discorrer da proba así o permita, polo que se recomenda que aqueles veciños que precisen saír ou entrar cos seus vehículos o fagan antes do inicio da proba. 

Desenvolvemento da proba

O I Memorial Fernando Abad é unha carreira ciclista organizada polo club ciclista Tambre Bike e polo Concello de Oroso para homenaxear ao presidente e fundador do club orosán, tristemente falecido en 2015. A proba, avaliada pola Federación Galega de Ciclismo, está dirixida unicamente a ciclistas federados máster (30, 40 e 50/60) e terá un percorrido de 64,8 quilómetros, con saída e chegada na rúa da Cultura de Sigüeiro.

As inscricións custan 10 euros e faranse o propio sábado 27 de febreiro, a partir das 15:00 horas, no Centro Cultural de Oroso. No momento da anotación pedirase a licenza Máster e se entregará o dorsal. As licencias federativas devolveranse aos participantes no momento que estes devolvan o dorsal á organización. O percorrido da proba transcorre integramente polo Concello de Oroso. Trátase de dar 12 voltas a un circuíto de 5,4 quilómetros sobre asfalto, con saída e chegada na rúa da Cultura (Sigüeiro). 

Antes do inicio da proba, o presidente do Tambre Bike, Amancio Espiñeira, fará entrega dunha placa conmemorativa do evento aos pais de Fernando Abad Roca. O evento conta coa colaboración de Restaurante Cristof, Eulogio Viñal, Bar Tapas, Sigüeiro Hotel, Restaurante Mariñaos, Anova Maquinaria, Ekaté, Mi Vestidor Azul, Café Bar Tordoia, Muebles Rivera, Talleres Viss Sport, Concello de Oroso, Ambore Café Bar, Ferdonor, Centro Deportivo Sigüeiro, Decoraciones Rodríguez, Xestisegur, Frutería A Nosa Horta, Forestal Rial, Bicicletas Oliveira, Deportes Equípate, Grupo Caeiro Automóviles, Autos Grabanxa e Rotulaciones JA Veiga.

Lalín - Xuntanza Galega de Augas Bravas

Lalín será durante esta fin de semana o centro galego do piragüismo, coa celebración nos ríos do concello e da comarca da Xuntanza Galega de Augas Bravas, que concentrará a ducias de kayakistas na vila. O evento, de carácter non competitivo, celébrase os días 26, 27 e 28, por varios treitos dos ríos Deza, Arnego e Ulla. A organización deste encontro corre a cargo dos propios afeccionados coa colaboración de varias asociacións de piragüismo e do Concello de Lalín. A inscrición na xuntanza, ten un prezo de 30 euros, que inclúe unha cea, e camisetas conmemorativas para os participantes. A recadación tamén servirá para colaborar na defensa do piragüismo recreativo e potenciar o traballo de AEPIRA (Asociación en Defensa del Piragüismo y Usos Recreativos del Agua).

Os deportistas terán o centro de concentración no pavillón municipal. Estas instalacións cedidas polo Concello servirán como refuxio para que os piragüistas chegados desde todos os puntos de Galicia poidan pasar as noites do venres e do sábado, así como realizar todas as tarefas de hixiene e aseo necesarias. 

Os participantes descenderán varios treitos de ríos ao seu paso por Lalín e por outras zonas pouco afastadas do municipio, como son o alto Arnego, o tramo medio do Arnego, que atravesa os sobreirais, o alto e medio Deza, ou o Alto Ulla, entre outros. Os deportistas afrontarán nestes cauces descensos de clase 2, 3, 4 e 5. 

O concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, amosou a súa satisfacción pola acollida de Lalín a este evento, “que ademais de atraer a gran número de persoas á vila durante toda a fin de semana, non deixa de mostrar as enormes posibilidades que o noso concello e, en xeral a nosa contorna, teñen para o desenvolvemento de todo tipo de deportes de aventura e natureza”

Ames - Elaboración do Plan de transparencia

O goberno municipal levará ao pleno ordinario deste mes de febreiro, que se desenvolverá este xoves 25 de febreiro, unha proposta para a aprobación inicial da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e a reutilización de datos do Concello de Ames. Esta ordenanza enmárcase dentro dun plan de transparencia, que se está elaborando, e a través do cal se dará cumprimento á Lei e aos compromisos acadados no acto de investidura e no programa de goberno. Un paso máis no plan de transparencia é a realización dun código ético e de bo goberno, que se está a redactar, e onde se recollen as bases de bo goberno polas que se deberá rexer a corporación e o goberno municipal.

O plan de transparencia, que puxo en marcha o goberno municipal, comezou coa elaboración do Portal de Transparencia ao cal se pode acceder a través dun banner que está colocado na web municipal. A súa creación obedece, fundamentalmente, a dous dos propósitos da Lei de transparencia: facilitar á cidadanía o acceso á información de interese público e incrementar a transparencia da actividade dos organismos administrativos locais e do seus responsables. O goberno de Ames dá conta así dos seus actos, especialmente no referido ao uso do diñeiro público, e permite coñecer mellor o funcionamento interno da institución. 

A información preséntase agrupada en tres bloques diferenciados: información institucional, organizativa e de planificación; información de relevancia xurídica e información económica, orzamentaria e estatística. Para o alcalde, José Miñones, “o programa de goberno dos grupos municipais apostaba por facer pública toda a información interna, e deste xeito cumprimos co compromiso adquirido para a investidura como alcalde no pasado mes de xuño”. 

Outra das liñas de actuación enmarcadas dentro do plan de transparencia foi establecer unha axenda pública dos concelleiros de goberno a semana vista. Deste xeito, dáse conta ante á veciñanza do traballo realizado polo alcalde e concelleiros/as do goberno municipal cada semana. Tamén hai que destacar a transparencia en programas de contratación e a posibilidade de coñecer a orde do día dos plenos, xunto coas actas de todas as reunións plenarias, comisións e xuntas de goberno. Toda esta información recóllese dentro do Portal da Transparencia.

Ordenanza sobre a transparencia

En materia económica e de transparencia, o goberno aprobou a exposición das retribucións dos concelleiros/as, así como a declaracións de bens de toda a corporación municipal. O goberno municipal segue avanzando na mellora da transparencia e segundo explica o rexedor municipal “queremos que Ames sexa un Concello de referencia neste eido. Queremos instaurar a mentalidade de transparencia na administración e nos traballadores municipais, e para iso o Concello deu un segundo paso coa realización dunha ordenanza sobre a transparencia que levará ao pleno deste mes de febreiro”.

Esta ordenanza recolle seis capítulos nos que se fai referencia ás disposicións xerais; aos principios xerais da información publica; a publicidade activa da información; ao procedemento de acceso á información pública; á reutilización da información; e ás reclamacións e réxime sancionador.

A concelleira de Mocidade e Transparencia, Silvia Dapena, destaca que "este plan xa dou comezo coa posta en marcha do Portal de Transparencia e Ames xa cumpre coa Lei, pero queremos ir mais alá e por iso temos deseñadas toda unha batería de propostas como a realización desta ordenanza que levaremos ao pleno deste xoves".

Elaboración dun código ético e de bo goberno

Un paso máis no plan de transparencia é a realización dun código ético e de bo goberno que se está a redactar e onde se recollen as bases de bo goberno polas que se deberá rexer a corporación e o goberno municipal.

Miñones tamén salienta que “outra das accións nas que se está traballando é aprobar o acordo de adhesión á rede de entidades locais para a transparencia e a participación cidadá da FEMP que no vindeiro mes de marzo trataremos de levar a pleno”.

Non rematan aquí as accións do goberno municipal xa que en breve se asinará un contrato coa Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC), para desenvolver unha metodoloxía de diagnose que, ademais de “medir”, permita xestionar a transparencia do Concello e poder realizar unha revisión viva e non estática da documentación e trámite sobre transparencia cun asesoramento directo para o persoal e políticos.

Por último, o rexedor municipal indica que "Ames será un referente en transparencia e por iso facemos unha aposta firme por este plan de implantación de transparencia que queremos levar a cabo no menor tempo posible. Esperamos que falar de transparencia na administración non sexa unha nova senón algo cotiá e instaurado na nosa administración".

Santiago Futsal - O equipo ten futuro, descarga a imaxe da canteira

A familia do Santiago Futsal reuniuse o pasado fin de semana para realizar dous dos actos máis esperados por todos aqueles que forman parte deste club: a fotografía oficial da tempada 15-16 e a presentación da base do Santiago Futsal.

Todos os xogadores e xogadoras que conforman os 17 equipos do Santiago Futsal desfilaron, cos seus respectivos equipos, pola pista central do Multiusos Fontes do Sar durante o descanso da que foi a gran festa do fútbol sala, o partido que enfrontou ao Santiago Futsal ao FC Barcelona. Baixo a atenta mirada dos máis de 4000 seguidores que encheron o Fontes do Sar. 
Pincha na foto para descargala

As escolas do Santiago Futsal contan con equipos en todas as categorías formativas dende o conxunto de psicomotricidade, con nenos de 3 a 5 anos. Un equipo Prebenxamín de 1º ano e outro de 2 ano, tres equipos na categoría Benxamín e dous equipos en cada unha das categorías Alevín, Infantil e Cadete, estes últimos cun equipo en liga local e outro en liga autonómica. Tamén en categoría xuvenil o Santiago Futsal conta con dous equipos, ambos en Liga Nacional; os mesmos equipos que hai na sección feminina Santiago Futsal A Gaiola, un en liga provincial e outro en liga local. Por último, o filial Santiago Futsal B, que compite na Terceira División Autonómica, pecha a lista dos 17 equipos que forman a canteira celeste.

A familia do Santiago Futsal xa se reunira a tarde do venres no pavillón da capital galega, onde tivo lugar a fotografía oficial do Santiago Futsal Tempada 15-16, así como tamén se tomaron diversas fotos de todos os equipos cos seus respectivos padriños (xogadores do primeiro equipo) e imaxes individuais de todos e cada un dos xogadores da base. A sesión fotográfica correu a cargo de Estudios Fotográficos La Diapo e cando finalizou, os xogadores do club puideron disfrutar dunha merenda no hall do Fontes do Sar cortesía de Airas Catering.

Desde o club queremos manifestar o noso agradecemento a todos os xogadores da base, e aos pais dos xogadores da base, que colaboraron a que estes dous días de convivencia se desenvolveran baixo un clima festivo e agradable.

Sentímonos moi orgullosos de que o noso club siga crecendo ano tras ano e de poder compartir cos nosos xogadores os seus progresos e alegrías como deportistas e compañeiros.