SOS Compostela - Outra victoria da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, congratúlase de que a Xerencia do CHUS esixa dos centros concertados que “completen o proceso de atención aos doentes que son derivados da Sanidade Pública a Sanidade Privada”. Proceso polo que cobran da Sanidade Pública.

No mes de outubro de 2015, a Plataforma SOS Compostela, ante as denuncias que estabamos a recibir de doentes atendidos nos centros concertados, enviamos un escrito á xerencia do CHUS, para que clarificase o seguinte:

“A Plataforma SOS Sanidade Pública, quere saber: onde empeza e onde acaba un proceso clínico, cando se deriva un/ha paciente da Sanidade Pública a privada. Os temas de Rehabilitación posterior, seguimento de posibles infeccións, etc. quén ten que atendelo? Isto pasa sobre todo nas derivacións a privada de Traumatoloxía e Oftalmoloxía (operacións de cataratas, etc.). Si a administración, contrata ca sanidade privada por proceso, deberá ser atendido @ doente, ata que se lle de o alta definitiva, e non pasalo a Sanidade Pública si se complica”.

Pois ben: transcorrido este tempo a Xerencia do CHUS envía esta comunicación as/os profesionais:

“Os procesos derivados a Centros Concertados deben finalizar en ditos centros, é dicir, deben incluír todas as revisións.
Estes Centros están obrigados a prestar todos os servizos necesarios ata a alta d@s pacientes que o Sergas lles teña derivado.
Mentres a alta non se produce, o Sergas non asume de novo a responsabilidade sobre os pacientes. 
Por este motivo, cando no Centro Concertado se lle indique ao paciente a necesidade dunha revisión do proceso polo que foran atendidos en dito Centro, a citada revisión debe ser realizada no Centro Concertado.
Prégovos que informedes ao persoal médico do Servizo que, nestes casos, o facultativo debe informar ao paciente de que para dita consulta debe dirixirse ao Centro Concertado”

Dende SOS Compostela, agardamos que se acabe co envío de doentes a centros privados, mentres se reduce a actividade na sanidade pública.

Unha vez máis ponse de manifesto que a Sanidade Pública é a que resolve de xeito integral todas as doenzas da poboación.

A Plataforma SOS Sanidade Pública, defende e defenderá sempre unha Sanidade Pública sen privatizacións.

Obradoiro CAB - Sar espera ya por el Partido PostCopadoiro y del Federado ante el Montakit Fuenlabrada

El Rio Natura Monbus Obradoiro vuelve a la liga regular tras disputar un #Copadoiro histórico por el que quiere premiar a sus abonados con una promoción de entradas.

Pensando ya en clave de permanencia en Liga Endesa, viajará durante dos semanas seguidas, visitando al Baloncesto Sevilla (domingo, 12.30 horas) y al ICL Manresa (domingo 6 de marzo, 19.00 horas).

Será la siguiente semana cuando Sar vuelva a abrir sus puertas para recibir al Montakit Fuenlabrada (sábado 12 de marzo, 20.00 horas), Partido del Federado que ya tiene sus entradas a la venta.

Todos los federados con licencias de la Federación Galega de Baloncesto podrán comprar su entrada tanto online como en oficinas a 9 euros en Tribunas 2 o a 14 euros en Tribunas 1. Además, en oficinas podrán adquirir por el mismo precio entradas para sus familiares directos.

Por otra parte, el club también quiere agradecer su apoyo a todos los abonados que lo hayan acompañado en el #Copadoiro, y lo hará con una promoción única: presentando ambos abonos en oficina como prueba, podrán comprar un máximo de 4 entradas a 9 euros en cualquier sector del pabellón.

Los precios generales para el encuentro son de 19 euros en Tribunas 2 y Fondos, 25 euros en Tribunas 1 y 29 euros en Tribunas Retráctiles. Los menores de 18 años, estudiantes menores de 25, parados desde hace más de 6 meses y mayores de 65 años tendrán Precios Reducidos: 15 euros en Fondos y Tribunas 2 o 19 euros en Tribunas 1.

Las entradas se pueden comprar ya mismo mediante la página web del club o en las oficinas situadas en el propio pabellçón, con horario de lunes a viernes de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 horas.

Axenda e tempo do luns 22 de febreiro - Música, concentracións, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Ateneo - Os luns do Ateneo - Os Faros de Galicia

Santiago - Teatro Principal - Uxía canta a Manuel María 

Santiago - Paraninfo da Universidade - XVIII Ciclo de novos interpretes 

Santiago - Reunión informativa na porta de urxencias do CHUS

Santiago - Casa da Troia - Homenaxe de antigos alumnos da USC



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Ames - Prazas libres nas clases de reforzo educativo

A concellaría de Mocidade informa de que os alumnos e alumnas dos cursos de 1º ou 2º da ESO aínda se poden inscribir no programa de reforzo educativo. Das 96 prazas que se ofertaron, 48 por cada centro de secundaria, quedan libres 12 no IES do Milladoiro e 20 no de Bertamiráns.

A actividade de reforzo iniciouse o pasado mes de xaneiro e prolongarase até o remate do curso escolar, no mes de xuño. En total impártense cada semana catro horas de formación, a cargo de dous docentes, divididas por cursos- 1º e 2º da ESO- e por áreas formativas. Os alumnos e alumnas poderán escoller entre asistir ás aulas de competencias básicas na área de Letras ou ás de Ciencias. Os horarios de cada competencia son alternos segundo os alumnos e alumnas sexan do primeiro ou do segundo ano, de 16:30 a 17:30 ou de 17:30 a 18:30 horas. A cada hora de reforzo educativo poden asistir até 12 alumnos ou alumnas. 

Esta actividade destínase ao alumnado do primeiro ciclo da ESO por ser este un dos colectivos con maior demanda de formación. Dende a concellería de Mocidade inciden na importancia de acompañar aos e ás estudantes no paso da Educación Primaria á Secundaria. Así mesmo destacan o fundamental de establecer, ao longo desta etapa de adaptación, uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos estudos, buscando ademais prever comportamentos relacionados co fracaso ou o abandono escolar. 

As leccións estrutúranse seguindo o método de "aprender facendo", evitando que sexan unha extensión das clases regulares. Con elas quérese fomentar a comprensión das ideas adquiridas nos centros de secundaria a través da práctica dos contidos traballados nas aulas. As actividades de reforzo foron ideadas para completar lagoas de coñecemento, repasar contidos concretos traballados en clase ou, naqueles casos nos que os alumnos ou alumnas o requiran, facilitar a recuperación de destrezas instrumentais básicas que dificultan ou mesmo imposibilitan ao alumnado atender o desenvolvemento ordinario das clases nos IES. 

O alumnado interesado en solicitar algunha das prazas vacantes debe cubrir as follas de inscrición, dispoñibles na web municipal, nas secretarías dos centros educativos, na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura de Bertamiráns (os luns, mércores ou xoves) ou no Punto de Información Xuvenil (PIX) situado na Casa da Cultura de Milladoiro (os martes ou venres).

Ordes - O IES Maruxa Mallo está a preparar o lanzamento dunha sonda

O alumnado de 3º da ESO do IES Maruxa Mallo está a levar a cabo un proxecto que achegará Ordes un pouco máis ao ceo. ‘Cos pés no chan e os ollos nas estrelas’ consiste na construción e o lanzamento a máis de 30.000 metros de altura dunha sonda estratosférica destinada á recollida de información co obxectivo de coñecer un pouco máis sobre a atmosfera e o espazo. Os promotores desta iniciativa científica teñen previsto o lanzamento dende Ordes e a súa emisión en directo a través de Internet o próximo 20 de maio. 

O alumnado leva traballando nesta iniciativa arreo dende hai xa algún tempo. A día de hoxe xa tiveron tempo de instaurar unha caseta meteorolóxica para a recollida de datos atmosféricos, labor para o que contan coa colaboración de compañeiros e compañeiras do primeiro curso. Para dar a coñecer o dito proxecto e facilitarlle á veciñanza o seguimento de todo o realizado ata o de agora a sección de Comunicación ten creadas varias plataformas dixitais de fácil acceso. Este é o caso de redes sociais como Facebook (Maruma Sat), Twitter (@marumasat) ou Instagram (@marumasat). Tamén se ten publicado o blog marumasat.blogs.sapo.pt no que se ofrece información e datos de maneira exhaustiva sobre o proxecto, ademais dun vídeo promocional e de presentación a través de Youtube (https://www.youtube.com/watch?v=mSNOgTiFQXM). No caso de querer establecer comunicación directa cos participantes desta iniciativa habilitouse o seguinte correo electrónico: marumasat.ordes@gmail.com.

Ademais tamén se levou a cabo unha campaña de captación de fondos destinados á adquisición do material preciso para a construción da dita sonda. Unha iniciativa que contou cunha resposta altamente satisfactoria por parte do comercio local e de moitos particulares, o que garante a continuidade do proxecto. Neste sentido alumnos, alumnas, profesorado e directiva do centro agradecen publicamente a colaboración e axuda brindadas. 

Formación complementaria

Para complementar todo o proceso de aprendizaxe tamén se visitou o observatorio astronómico de Forcarei e o centro de MeteoGalicia. Charlas e conferencias sobre astronomía e temáticas relacionadas, como a ofrecida polo investigador da USC Pedro Pablo Campos, complementan o programa desenvolvido ata o día de hoxe. 

Como é habitual o Concello de Ordes vén de confirmar a súa colaboración directa cunha iniciativa académica desta índole. Un apoio que se levará a cabo nas áreas de comunicación, loxística e financiamento para darlle a maior repercusión posible. Así se acordou tras a xuntanza mantida coa concelleira de Educación, Susana García.

Mancomunidade de Ordes - Programa de Prevención de Drogodependencias

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acaba de poñer en marcha un novo servizo orientado a diminuír a problemática da drogadicción. A nova técnica especializada na rama da psicoloxía e responsable dos programas de prevención de drogodependencias, emprendidos dende o ente supramunicipal, orientará o seu labor de cara a casos concretos xa rexistrados como á poboación en xeral. Especialmente traballarase no ámbito dos sectores máis sensibles, como é o caso dos mozos e mozas ou os nenos e nenas en idade escolar. 

A primeira iniciativa que se levará a cabo tivo lugar o pasado venres  dende as 23.30 ata as 3 horas. O Campo da Feira de Ordes acolleu un punto informativo sobre o consumo de drogas neste tipo de espazos destinados ao ocio nocturno. Este programa 'Creative' vai especialmente dirixido a mozos e mozas entre os 14 e 24 anos, cos que tamén se falará doutros aspectos asociados ás noites de festa como o ruído, a sucidade nos espazos públicos, o vandalismo etc. Todo isto baixo a perspectiva de redución de riscos, baseándose a concepción do traballo preventivo no respecto á autonomía das persoas e na liberdade persoal. Iso si, deixando ben claro que aínda que a decisión de consumir é tomada por cada persoa o mellor é non facelo, baseando o dito razoamento en información obxectiva e veraz e cun asesoramento desinteresado. 

Para promover condutas responsables fomentaranse encontros entre os mozos e mozas no posto que se instalará especialmente para a ocasión. Dende este punto distribuirase material gráfico e folletos informativos, ademais de manter contactos e comunicación directa co público que ata alí se achegue.

O programa 'Creative' ten carácter gratuíto ao estar subvencionado pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública (Consellería de Sanidade).Cada fin de semana sitúase en diversos puntos da movida galega para contactar co maior número de persoas posible, para o que se soen situar nas zonas habituais de botellón. Ademais de aplicarse nas grandes cidades tamén se desenvolve en pobos e vilas que os equipos de prevención de drogodependencias consideren puntos de interese, tal e como decidiu a Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública no caso da Mancomunidade de Ordes.

Ames - O alumnado do IES Milladoiro realizou un obradoiro de televisión

Un grupo de alumnos e alumnas do IES de Milladoiro rematou un obradoiro de TV para a formación en valores, impartido neste centro grazas á colaboración entre a Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a asociación Agareso Reporteiros Galegos Solidarios. Esta actividade, enmarcada na proxecto da ACPP "Escolas sen racismo", que conta co apoio da Xunta de Galicia.

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade Luísa Feijóo enviou os seus parabéns "tanto ao IES como a Asemblea de Cooperación pola Paz e a AGARESO por esta magnífica iniciativa" e por promover "a educación en valores". A concelleira engadiu que "fomentar a participación social, a tolerancia, a solidaridade e la interculturalidade fará que a nosos mozos e mozas adopten unha posición máis activa na defensa dos Dereitos Humanos."

O obradoiro desenvolveuse ao longo de seis semanas. Os once alumnos e alumnas comezaron analizando os medios de comunicación que elas e eles consumen habitualmente, determinando o seu papel na sociedade e aprendendo un pouco máis de como se producir información e construír relatos en radio, prensa ou televisión. Algúns dos vídeos feitos durante o curso pódense ver na páxina web de AGARESO.

A análise de noticias foi tamén un dos temas tratados durante o obradoiro. O acoso escolar foi centro de debate entre rapaces e rapazas, do tratamento que a este problema lle dan os medios e de como se podería mellorar. As aulas levaron a teoría sempre a un terreo práctico. Todo o aprendido sobre a linguaxe televisiva, os tipos de planos, o uso da voz en off, a fala na pequena pantalla ou o emprego dos rótulos serviron aos rapaces e rapazas para a montaxe e construción dos seus propios traballos.

A cooperación social e a solidariedade vertebraron todas as sesións nas que a televisión serviu como ferramenta e soporte das historias narradas polos alumnos e alumnas. Unha delas tivo como escenario a exposición "Influír no local dende o global", que se pode visitar actualmente na Casa da Cultura de Bertamiráns; outra situouse no punto limpo do concello. 

Este obradoiro de TV trata de ensinar a rapaces e rapazas a crear as súas propias noticias e relatos, a conseguir artellalos e difundilos por si mesmos. Foméntase así a súa participación social, o uso dunha mirada crítica, así como a adquirir mellores aptitudes para o traballo en equipo. Grazas a labor das dúas asociacións que os acompañaron ao longo do obradoiro o alumnado adquiriu unhas pautas de uso da linguaxe inclusiva, do tratamento de colectivos en risco de exclusión e de análise crítica do discurso mediático.

Esta actividade non é a única do programa Escolas sen Racismo que está a acoller o IES do Milladoiro. A exposición "Mira Ti" traballa contra os prexuízos e a discriminación, no teatrofórum preséntanse conflictos cotiáns cuxa solución ten que ser representada por alumnos e alumnas, buscando fomentar a empatía e a autoestima. Este ano introducíronse ademais novos obradoiros relacionados coa temática da igualdade de xénero, como a iniciativa "De profesión cidadás e cidadáns" ou o obradoiro de prevención da violencia de xénero.

Ordes - Curso de fitosanitarios



O Concello de Ordes mantén aberto o prazo para formar parte do curso de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios. Unha convocatoria dirixida a todas as persoas que teñan que mercar ou utilizar este tipo de produtos. As clases darán comezo o vindeiro 14 de marzo e terán unha duración de 25 horas de carácter presencial. 

As persoas que queiran apuntarse poden facelo na Axencia de Emprego de Desenvolvemento Local, no primeiro andar do Concello, ou ben no Servizo de Orientación Laboral da Mancomunidade de Ordes, situado nos locais da rúa Xoxardo. Tamén se pode solicitar máis información chamando aos teléfonos 981680002 ou 981680679.

USC - Novas claves xenéticas para explicar o retraso do crecemento

Un traballo de doutoramento do Departamento de Pediatría amplía o espectro de mutacións a nivel xenético vinculado á talla baixa, ademais de describir unha nova síndrome caracterizada por hipocondroplasia e acantosenigricanse que se asocia a unha nova mutación no xen FGFR3. Estes son algúns dos achados máis relevantes sobre o estudo das bases xenéticas moleculares do retraso de crecemento que abordou na súa tese de doutoramento Lidia Castro Feijóo e cualificada con sobresaliente cum laude.

Como explica a doutora Castro Feijóo, o retraso de crecemento é un dos principais motivos de consulta pediátrica e, en consecuencia, unha área de investigación prioritaria en endocrinoloxía pediátrica. Neste senso, a investigadora destaca que nos últimos anos os avances en xenética molecular permitiron abrir novas liñas de traballo co obxectivo de investigar a etiopatoxenia dos trastornos de crecemento. 

A tese de investigación estudou os xenes PROP1, POU1F1, KAL1, GH1 e GHR en pacientes con hipopituitarismo e na talla baixa idiopática, identificando novas mutacións causais.A talla baixa idiopática fai referencia a todas aquelas condicións nas que se descoñecen as causas e que ademais cumpren cunha serie de requisitos, entre eles como son a lonxitude e peso do recén nacido normal para a idade xestacional, proporcións corporais ou ausencia de enfermidade crónica ou orgánica, entre outros. 

Tamén no relativo á talla baixa disarmónicaa investigadora estudou os xenes PHEX, NPR2 e FGFR3, contribuíndo así cos resultados obtidos á ampliación do espectro mutacional coñecido ata agora.

No seu conxunto, Lidia Castro mostrou como os avances en xenética molecular “non só permitiron abrir novas liñas de investigación co obxecto de estudar a etiopatoxenia do hipocrecemento senón que, tal como demostramos, ten posibilitado confirmar xeneticamente unha sospeita diagnóstica ao final dun longo proceso exploratorio, partindo da caracterización do fenotipo cara o xenotipo”.

En opinión da doutora Castro Feijóo, o traballo desenvolvido demostra que “na investigación das bases xenéticas do retraso de crecemento resulta imprescindible o traballo colaborativo entre os diferentes especialistas, tanto da área clínica como básica, integrados en equipos de medicina translacional”. Considera que “só desta maneira se pode realizar unha adecuada valoración clínica que favoreza a confirmación diagnóstica das entidades estudadas, ampliar o coñecemento de diferentes patoloxías, abrindo novas vías de investigación para a súa comprensión e, incluso, para o deseño de estratexias terapéuticas no futuro. Dirixiron a tese de doutoramento os profesores Manuel Pombo e Manuel Castro Gago e a doutora LourdesLoidi Fernández de Trocóniz.

Lalín - O alcalde inicia esta semana unha rolda de visitas ao rural

O alcalde de Lalín inicia esta semana unha rolda de visitas a diferentes parroquias do Concello para coñecer “de primeira man e sobre o terreo” as actuacións necesarias para seguir avanzando no obxectivo de recuperación do rural e na mellora da calidade de vida das súas veciñas e veciños. Este programa, “no que iremos case porta a porta”, servirá para complementar o calendario de reunións que xa se levar a cabo en todas as parroquias do Concello dende o pasado verán e que “están a ser moi participativas e útiles para facermonos unha composición de lugar das principais demandas de cada zona”. 

Con todo, Rafael Cuíña explica que hai necesidades de mellora que “non chegan a nós a través desta vía e das que só nos podemos decatar estando constantemente a pé de obra e vendo de maneira directa o estado da enorme rede de pistas que hai no municipio de Lalín”. O rexedor -que dedicará as tardes a desenvolver este programa de recoñecemento `in situ´- indica que entre os seus obxectivos tamén está o de “comprobar o estado das fontes do municipio para deseñar un plan específico para a súa recuperación”. 

“Desta maneira”, engade Cuíña, “contaremos coa máxima información posible para poder desenvolver algunhas das prioridades que contempla o pacto de goberno para este mandato”. Refírese o alcalde, por unha banda, á elaboración dun plan de recuperación integral para o rural lalinense. Ese plan estratéxico debe aportar un diagnóstico sobre a situación do rural e marcar a súa planificación e os obxectivos a medio e longo prazo. Entre as prioridades máis urxentes deste plan está, precisamente, a recuperación de camiños e fontes, ademais da dotación de servizos dignos a todo o rural lalinense, mellorando, entre outras infraestruturas, as de saneamento.

Por outra banda, grazas a esta iniciativa o Concello tamén poderá avanzar na posta en marcha dun plan de mantemento viario do rural. O rexedor sinala que “aínda que nos últimos meses estamos cubrindo as principais necesidades de asfaltado e bacheado, cómpre planificar o mantemento das vías asfaltadas do rural de maneira que se poida facer unha programación estable de control e mellora sen favoritismos”. “O que non imos facer nunca”, alega, “é levar a cabo traballos de mellora en época de choiva como se facía na etapa do Partido Popular, porque está máis que demostrado que nese caso é peor o remedio que a enfermidade”.

O terceiro dos grandes obxectivos deste programa de visitas é manter un contacto e directo e fluído coa veciñanza. “Para min”, di Cuíña, “é imprescindible cambiar esa imaxe distante que a xente ten dos políticos debido á súa actitude noutros tempos. A cidadanía debe saber que agora o alcalde e o Goberno están ao seu servizo e que a nosa principal función é atender as súas demandas.” 

O alcalde indica que ese foi “o xeito de facer política que aprendín do meu pai e o que máis lle gusta á xente”. Ao tempo, amosa o seu convencemento de que este programa de visitas “servirá para mudar a percepción da política e os políticos que aínda se ten en moitos lugares, ao igual que o está a facer unha das iniciativas das que me sinto máis orgulloso: a elección democrática dos alcaldes de barrio, na que están a ter un enorme peso os mozos e as mulleres”.

USC - E fixemos a luz!, segundo número da colección ‘Biblioteca de Divulgación, Serie Científica'

“Contribuír a xerar curiosidade na xente” é o obxectivo que o profesor da Facultade de Física da USC Salvador Bará se propón co seu libro E fixemos a luz!, segundo número da colección ‘Biblioteca de Divulgación, Serie Científica'que recolle a historia científica da luz, coas controversias que provocou, sesgos biográficos das persoas que se dedicaron ao seu estudo, as aplicacións máis recentes e os problemas e interrogantes que o seu uso suscita. 

O volume presentouse no Colexio de Fonseca nun acto no que ademais do autor participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés e os co directores da colección, Francisco Díaz-Fierros e Jorge Mira, que destacou do autor a “extraordinaria capacidade que ten de explicar para todos os públicos complicados conceptos da física”.

A serie científica de divulgación quere contribuír con este libro ás actividades que con motivo do Ano Internacional da Luz 2015 se desenvolveron en Galicia organizadas por un comité do que o autor formou parte. Deste xeito, o volume faise eco das accións e das científicas e científicos que axudaron a comprender a historiae natureza da luz e as múltiples aplicacións que dela xurdiron. A velocidade da luz, o seu poder curativo ou o seu lado escuro, a fórmula luz máis luz igual a escuridade ou a composición química das estrelas son algúns dos temas que centran os dez capítulos da publicación.

Persoas, acontecementos, descubrimentos, invencións e controversias que explican, dunha maneira áxil e comprensible –“cun punto de diverciencia e chispeante literatura”, engadiu Juan L. Blanco–, un fenómeno físico esencial nas nosas vidas.Para a vicerreitora, parafraseando ao autor, o volume é “o reflexo dun obxectivo da ciencia como é a comunicación”

A colección

Creada en 2011, a Biblioteca de Divulgación. Serie Científica publica textos que, se ben son resultado da máis rigorosa investigación en cada campo, están presentados de forma divulgativa, pensados para o público xeral e non estritamente especialista. O primeiro volume foi Antimateria, magia y poesía, de José Edelstein e Andrés Gomberoff.

Médicos e medicamentos. Qué nos receitan e por qué ou A maxia dos números son algúns dos títulos dos vindeiros números da colección que verán a luz en breve.

Ames - Colaboración co programa Vacacións en Paz

O Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio poden acoller durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís que viven nunha situación complexa nos campamentos de refuxiados de Tindouf en Alxeria. Ames colabora na quinta edición da cea solidaria en apoio ao programa Vacacións en Paz, que se desenvolverá o próximo día 5 de marzo, ás 21:00 horas, no Hotel Congreso, que está situado no concello de Teo. Para asistir á cea pódese contactar con Esther Ybarra, portavoz na zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45.

Os fondos recadados a través desta iniciativa destinaranse integramente ao financiamento dos billetes de avión dos nenos/as saharauís que veñen a Galicia da man do Programa Vacacións en Paz. Deste xeito inténtase que veñan a Galicia o maior número posible de rapaces e rapazas do Sáhara. Grazas a esta iniciativa o ano pasado un total de 17 rapaces e rapazas foron acollidos por familias de Ames, Brión, Teo e Santiago.

Este ano a cea estará incluída nos actos conmemorativos do 40 aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática e dende Sogaps esperase a asistencia de persoas moi importantes na loita do pobo saharauí. 

O Concello actúa de mediador entre as familias e a asociación

O Concello de Ames colabora un ano máis co programa Vacacións en paz, que leva a cabo a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e volverá a sufragar os billetes de avión (ida e volta) de varios nenos/as saharauís para que poidan pasar os meses de verán con familias amesás. O Concello actúa de mediador entre as familias e esta asociación para xestionar a estadía dos nenos/as saharauís en Ames. 

Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase de ofrecerlles a estes cativos, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa, a súa formación. 

A colaboración e a achega económica que realizan os concellos é moi importante, pero ademais a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí pretende recadar a maior cantidade posible de diñeiro nesta cea co obxectivo de que sexan moitos os nenos e nenas que poidan vir a Galicia durante este verán e pasar unhas vacacións en paz.

Santiago - A concelleira de Facenda reunirase mañá coa Asociación de Familias Numerosas

A ordenanza para 2016 é moito máis vantaxosa que a de cidades como Vigo e A Coruña. Ademais, este ano existe a oportunidade de bonificar entre o 65 e o 90%, bonificación que o ano anterior non se contemplaba.

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, reunirase o vindeiro martes ás 16.30 horas coa Asociación de Familias Numerosas para aclararlle o cálculo con respecto ás bonificacións fiscais de 2016, que por primeira vez incorpora criterios de renda. Trátase dunha bonificación fiscal aprobada por todos os grupos políticos do Concello de Santiago.

A ordenanza incluída este ano é moi vantaxosa para este colectivo, xa que incorpora por primeiro ano unha bonificación en función da renda e non só atendendo ao valor catastral das vivendas. Ademais e, con respecto a outras cidades como Vigo, o importe para acceder ao máximo legal de bonificación do 90% é case o dobre, situándose nos 14.910 euros brutos anuais con respecto aos 6.155 euros da ordenanza olívica.

As persoas que en Santiago se poderán beneficiar dunha bonificación de entre o 30 e o 75% no Imposto de Bens Inmobles non teñen dereito á mesma noutras cidades galegas.

A concelleira trasladará esta información polo miúdo á Asociación de Familias Numerosas o próximo martes para que se acollan a esta bonificación atendendo aos cálculos correctos.

Silleda - Entradas para a obra Xamón Xamón

O vindeiro sábado, día 27 de febreiro, a compañía estradense Tirinautas volta a actuar no municipio silledense coa recen estreada comedia Xamón, xamón. A actuación terá lugar ás 21:00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira. As entradas podernse retirar no Concello de Silleda dende hoxe luns, en horario de 8 a 3, e tamén estarán á venda en taquilla o mesmo día da obra. En ámbolos casos, terán un custe de 5 euros.

A actuación, programada dende a Concellería de Cultura de Silleda, ven precedida do enorme éxito desta comedia de enredo, con ritmo televisivo e parodias musicais intercaladas, que conta cun elenco no que figuran, ademais do coñecido Isi; Chelo do Rejo, Gonzalo Valcárcel, Saly Torres, Chus Sánchez, Begoña Sánchez; Xosé Lueiro e Toño Pena. 

A comedia conta a historia de Primi, unha monxa que tamén é adiviña e que vive dende pequena nun convento. Sae a buscar unha irmá que non coñece e atopa o amor.

PP Santiago - Valoración comparecencia concelleiro de educación

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, cualificou esta mañá a “non comparecencia” do concelleiro delegado de Educación, Manuel Dios, un “desprezo” aos pais e nais que reclaman explicacións pola tramitación do servizo de comedores escolares. “O concelleiro empregou dez minutos de relato e cero minutos de explicacións”, denunciou Agustín Hernández, quen lamentou, ademais, a falta de autocrítica por parte do responsable de goberno e a súa insistencia por botar balóns fóra. 

Tal e como sinalou o voceiro popular, segundo Manuel Dios, “a culpa da nefasta tramitación do expediente foi, primeiro, da Xunta de Galicia, por ser a que debería ter a competencia deste servizo; segundo, dos funcionarios, por atrasar o proceso; terceiro, dos medios de comunicación, por poñer o foco nesta cuestión e crear alarmismo; e, cuarto, dos grupos da oposición, por pedir explicacións”. Agustín Hernández recordou que, co fin de poñer luz a todo o proceso, o concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete formulou cinco preguntas concretas, das que non obtivo ningunha resposta, polo que hoxe seguimos sen saber:

- por que a Xunta de Goberno non se pronunciou sobre se resultaba ou non indebida a retirada da oferta de Serunión no primeiro procedemento;

- os prezos aos que vai a facturar a empresa Serunión pola prestación do servizo entre mediados de novembro e principios de febreiro;

- por que o Goberno invitou a Serunión a un terceiro procedemento –cun prezo incrementado nun 25% respecto ao prezo da primeira licitación-, despois de que deixara tirado ao concello no primeiro procedemento e non suscitaba, ademais, a confianza dos pais e das nais;

- por que en xaneiro se restrinxiu a publicidade do novo procedemento de contratación e a posibilidade temporal de presentar ofertas; e

- se o goberno local ten pensado seguir cubrindo a diferenza entre o que viñan pagando os pais ata o de agora e os novos e máis altos prezos da prestación contratada. 

“O goberno deulle carpetazo en 10 minutos a un asunto que preocupou aos pais e nais durante máis de cinco meses”, lamentou o portavoz popular, quen amosou a súa sorpresa ante a negativa do concelleiro de Educación a facer uso da súa segunda quenda para evitar así dar explicacións e responder as preguntas formuladas polo resto de grupos. Tras o pleno de onte, “o concelleiro de Educación quedou inhabilitado para seguir dirixindo o departamento de Educación”, subliñou.

Falta de iniciativa do goberno 

Agustín Hernández lamentou, unha vez máis, a falta de iniciativas do goberno nos plenos e o seu posicionamento de perfil ante os problemas de Santiago. “É o goberno ausente. O goberno das cero propostas e o goberno da abstención”, subliñou o portavoz popular, quen informou de que nos seis plenos que van do actual mandato Compostela Aberta tan só presentou 10 iniciativas –fronte as 26 presentadas polo goberno de Agustín Hernández no mesmo período- e que elude posicionarse, a través do voto de abstención, en determinados asuntos de interese local. “É un goberno que non está centrado no concello. A cidade nin lle ocupa nin lle preocupa. Mentres o concello se deteriora, pretende arranxar o mundo con mocións que son alleas á competencia municipal”, destacou o representante do PP. 

Fronte ao aletargo do goberno, Agustín Hernández fixo especial fincapé no traballo da oposición e nas propostas formuladas: “Estamos ante unha oposición que leva a iniciativa e un goberno que vai a remolque”. Do mesmo xeito, o portavoz popular recordou que todas as proposicións e mocións presentadas polo Grupo Municipal do PP saíron adiante -un novo plan de acción de promoción turística para Área de Santiago; un programa cultural conmemorativo para este ano denominado ‘2016: Ano da Irmandade Cultural’; creación dun bono, dunha tarxeta única, de acceso á rede museística; ampliación das frecuencias de autobús urbano ao Polígono do Tambre; definición do modelo de xestión do aparcadoiro de Pontepedriña e arranxo dos problemas de iluminación e de sinalización; dar conta do grao de execución do Programa Urbana Norte Santiago; e iniciar unha consulta pública e aberta para definir o modelo da Nave 5 e tamén avanzar nos trámites para que no primeiro semestre saia a licitación o concurso para a concesión dos postos vacantes-; polo que incidiu que o grupo popular “estará vixiante para o cumprimento de cada un dos acordos”.

Boqueixón - Reunión informativa coa veciñanza sobre as axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago

O Concello de Boqueixón levará a cabo o día xoves 25 de febreiro de 2016 ás 20:00h. no Centro Sociocultural Pedro Barrié de la Maza de Sergude unha charla informativa sobre as axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago. 

As axudas da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha axuda do 35 por cento do orzamento protexible, axuda que pode acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda. Poden beneficiarse das mesmas todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño. 

A charla informativa, que será impartida por unha arquitecta especialista neste tipo de proxectos, vai dirixida aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa, que no Concello de Boqueixón son os propietarios das vivendas das parroquias de Sergude e Lestedo xa que por elas pasa o Camiño da Prata II.

PP Oroso - Sobre os orzamentos do concello

O portavoz do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, asegurou hoxe que o alcalde, Manuel Mirás, pretende incrementar nun 21% o orzamento municipal para o 2016 “saqueando” o peto dos veciños con ingresos previstos en concepto de plusvalías próximos aos 165.000 euros.

Os populares, que se abstiveron na votación das contas municipais para este ano, aprobadas nun pleno extraordinario celebrado este xoves, califican de “inxusto e innecesario” que sexan os veciños, con máis impostos, os que soporten o incremento do orzamento previsto polo goberno local. 

Así mesmo, o portavoz dos populares en Oroso criticou que no documento económico se recolla só unha partida de 15.000 euros para o programa de Emerxencia Social Municipal e outros 15.000 para as subvencións ás asociacións de veciños.

“Éncheselles a boca falando de servizos sociais e de axudar aos veciños, pero logo, á hora de plasmar esa preocupación, vemos que non se corresponde”, subliñou Doval, quen criticou que, pola contra, o goberno municipal destine 21.000 euros para actos protocolarios.

Gasto en persoal

Por outra banda, o portavoz popular tamén fixo fincapé nos 163.515 euros que sairán das arcas municipais para facer fronte ás retribucións do goberno e do persoal de confianza.

“Cremos que é unha partida excesiva comparada con outros municipios similares a Oroso”, subliñou Doval, quen denunciou os 18.000 euros que o señor Mirás destinará á “propaganda institucional” e ao gabinete de prensa externo que ten contratado o concello.

Noutra orde de cousas, os populares mostráronse “completamente de acordo” co programa de obras proposto polo goberno municipal para este ano, tendo en conta que, tal e como explicou Doval, a maioría figuraban no programa electoral do seu partido.

Por último, o portavoz do Partido Popular instou o señor Mirás a atender os consellos recollidos no Informe de Intervención, que afectan á forma de pago da Conta Xeral do ano anterior, así como a afondar nas amortizacións dos créditos que ten pendentes o municipio.

“Estaría ben ter en conta este tipo de asuntos para non ter problemas máis adiante cos contratos menores e os concursos públicos”, concluíu Doval.

Axenda e tempo do domingo 21 de febreiro - Música, turismo, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Día Internacional do Turismo

Santiago - SCQ Bar - Tango con Apalabrando

Santiago - Casa das Crechas - Sumrrá

Santiago - Beerlab - Rocking Callos



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Ateneo de Santiago - Os Faros de Galicia nos Luns do Ateneo

Mañá luns 22 de febreiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Os Faros en Galicia. Dende a historia, a enxeñería, a paisaxe e a arte”, que estará impartida por D. Carlos Nárdiz, Dr. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Profesor Titular da Universidade da Coruña.

Carlos Nárdiz Ortiz é Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1977) pola Universidade Politécnica de Madrid, obtendo o Doutoramento en 1991. Entre 1985 e 1997 foi Profesor de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola de Arquitectura da Coruña e dende 1993 de Transporte e Territorio, Paisaxe na Enxeñería e Ordenación do Territorio e Urbanismo na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Coruña, sendo dende 1994 Profesor Titular de Urbanística e Ordenación do Territorio da Universidade da Coruña. 

É Director da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Deputación da Coruña dende o ano 2004 e coordinador do Plan Estratéxico da Provincia da Coruña 2007-2013. Traballou en Plans de Urbanismo, proxectou numerosas obras de urbanización, pontes e estradas e rehabilitou obras de enxeñería histórica. Ten publicados libros como El Territorio y los Caminos en Galicia. Planos Históricos de la Red Viaria (1992), El ferrocarril en el Noroeste de España (1996) ou La construcción de los bordes de las carreteras en Galicia. El proyecto y la ordenación de las villas carretera en la provincia de A Coruña (2008), así como numerosos artigos en revistas. Foi Vogal da Asociación de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1999-2007) e da Axencia da Legalidade Urbanística de Galicia (2008-2014) e Decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia (2006-2014). Actualmente é membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega e dende 2009 Vogal Asesor do CEHOPU (Ministerio de Fomento). No ano 2014 recibiu a Medalla ao mérito profesional do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia e en 2015 a Medalla de Honra do Colexio Nacional de Enxeñeiros de Camiños.

Santiago - Uxía canta a Manuel María no Teatro Principal este luns

Uxía canta a Manuel María é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción. Publicouse un CD resultado da gravación "ao vivo" do concerto celebrado na Casa-Museo do escritor (Outeiro de Rei) o 6 de outubro de 2015, día no que Manuel María cumpriría 86 anos. Agora poderemos escoitar os temas ao directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela este luns 22 de febreiro ás 20:30 horas.

O espectáculo é o gozo sinxelo dun canto ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser humano. Un home que andou esta terra parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face. Seguindo o seu exemplo, Uxía arroupa a súa poesía coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón, e o "latexar sincero da emoción" que emana dos seus poemas e amando cada palabra, cada verso e cada nota para pór en valor o seu valiosísimos e prezado legado.

O traballo musical vai percorrendo os diversos camiños e temáticas poéticas do escritor, desde a amorosa e intimista, á paisaxística e popular, á máis transcendente e metafísica, até a defensa da natureza ou a defensa da lingua.

O traballo presenta 15 cortes entre os que, ademais das novas composicións, se inclúen adaptacións de temas tan emblemáticos como "O Carro", cantada no seu día por Fuxan os Ventos, e o "Manual do Señorito", por María Manuela.

Como di a propia Uxía, "Manuel María é o gozo de vivir e eu fixen un pacto con el no disco anterior e que agora manteño, para completar a tarefa urxente, fermosa, nidia e necesaria de gastar o meu corpo e a miña voz nos camiños até ser pó, seixo ou silveira".

A publicación de Uxía canta a Manuel María é, sen dúbida, unha das máis orixinais novidades que a Casa-Museo Manuel María vén de editar nos últimos tempos dentro dun amplo e diverso catálogo de publicacións que ten por obxectivo aproveitar a oportunidade que representa 2016 como ano no que se dedican as Letras Galegas ao autor chairego, para que a súa obra se lea e acade a máxima difusión posible entre todos os públicos: do infantil ao adulto.

Asociación Galega da Lírica - XVIII Ciclo de Novoso Interpretes

Chega ao seu ecuador (quinto concerto) a edición nº 18 do Ciclo de Novos Intérpretes coa actuación de dous novos pianistas, Laura López Rodríguez e Manuel Alejandro Varela Bravo, no Paraninfo da Universidade de Santiago o lunes 22 de febreiro.

A primeira en actuar neste quinto concerto do ciclo é a lucense Laura López Rodríguez, inqueda pianista que compatibilidad os seus estudos no grao profesional de piano cos de medicina na universidade compostelá, e que interpretará un variado programa que inclúe obras para piano de Mozart, Mendelssohn, Adolf Jensen, Scarlatti, Grieg e Ennio Morricone.

Nado en Caracas hai 18 anos, Manuel Alejandro Varela Bravo trasladouse a Galicia hai dez anos. Aos 12 anos ingresa no conservatorio de Lugo, onde cursa actualmente o grao profesional de piano. Manuel Alejandro Varela Bravo seleccionou tamén un heteroxéneo programa que inclúe, entre outras obras, unha rapsodia húngara de Liszt, una sonata de Mozart, un nocturno de Chopin, un estudo de Jensen e unha nana do xaponés Yoshihisa Hirano. 

Chega á súa edición número dezaoito o Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica, o certame galego dedicado a novos intérpretes máis antigo en activo. Este ciclo que a Asociación Galega da Lírica organiza en colaboración coa Universidade de Santiago, constará de nove concertos que se celebrarán até o mes de marzo. Máis de trinta novos músicos galegos e residentes en Galicia intervirán nestes concertos que comezarán ás oito do serán e nos que a entrada, como sempre, será libre. Novos músicos de toda Galicia intervirán nun ciclo no que a música de cámara será a protagonista e na que se poderán escoitar intérpretes dunha gran variedade de instrumentos (piano, violín, violoncello, clarinete, viola, etc.), canto e grupos de cámara (cuarteto de cordas; trío de frauta, violoncello e piano, etc.).

Como desde a súa primeira edición, o ciclo está especialmente adicado ós máis novos intérpretes galegos e residentes en Galicia para que comecen a adquirir a experiencia necesaria nun escenario. Entre os obxectivos está achegar tamén a música ó público máis novo, que pode achegarse con facilidade a uns concertos nos que a entrada será gratuita. Dezasete anos de historia e máis de seiscentos participantes avalan sen dúbida xa unha sólida trayectoria dunha convocatoria pensada en prol da difusión da música e para prestar un pequeno pero imprescindible apoio ao futuro da música en Galicia, aos nosos novos valores.

Concerto nº 5
LAURA LÓPEZ RODRÍGUEZ  piano
MANUEL ALEJANDRO VARELA BRAVO  piano 
obras de MOZART, MENDELSSOHN, SCARLATTI, GRIEG, MORRICONE, LISZT, GURIDI, CHOPIN, JENSEN e HIRANO
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela
luns 22 de febreiro de 2016 – 20:00h.

Silleda - O Concello continúa os contactos para a posta en marcha do Centro de Desenvolvemento Agrario

O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández, acompañado polo edil de medio rural, Jesús Taboada Lázara, e o técnico de Quorum, a empresa vinculada á USC, que traballa na posta en marcha do Centro de Desenvolvemento Agrario, visitaron a firma silledense Culinaria, nunha cita concertada dende xa fai uns meses polo rexedor.

O obxectivo deste encontro foi unha primeira toma de contacto enmarcada na creación de canles de distribución para os posibles produtos que se cultiven nas terras nas que se levarán a cabo as plantacións do Centro de Desenvolvemento Agrario.

“Esta reunión é un paso máis de futuro neste gran reto do goberno con respecto ó desenvolvemento do rural” – explica o alcalde.

“Despois da creación do mapa agrario, que ofrecerá un diagnóstico detallado sobre os cultivos que se dan mellor en cada zona do municipio, o seguinte paso será atopar maneiras de darlles saída a estes produtos. E neste sentido qué mellor que sexan empresas do lugar as que poidan aproveitarse destes recursos.“ – continúa o rexedor.

Tanto o alcalde e os técnicos, coma o xerente da empresa Culinaria, Manuel Colmenero, intercambiaron informacións sobre os produtos máis demandados, nunha primeira toma de contacto de outras que irán tendo lugar segundo vaia avanzando o proxecto do Centro Agrario.

Esta iniciativa, xurdida como proposta do goberno municipal como medida para revitalizar o rural e o sector primario, base da economía local, busca un mellor aproveitamento do sector agrario, sen deixar de apoiar a un sector tan castigado ultimamente, como é o sector lácteo. Actualmente os traballos avanzan a bo ritmo, e posiblemente en poucos meses a elaboración do mapa agrario, (a primeira das medidas a tomar dentro do Centro de Desenvolvemento Agrario), estará xa rematado.

USC - Antigos Alumnos da USC homenaxea o museo Casa da Troia

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) homenaxea o museo Casa da Troia pola súa “destacada contribución cultural e museística” á Universidade de Santiago, á propia cidade e a Galicia, segundo di a acta da súa xunta directiva. “Recoñecemos o compromiso altruísta e continuado por manter viva unha tradición tan universitaria e compostelá vencellada á emblemática pensión de estudantes que reflectiu Alejandro Pérez Lugín na súa popular novela homónima, cuxo centenario se celebrou en 2015”, tal como engade a entidade, que fai extensivo o recoñecemento ao Padroado da Casa da Troia e á Asociación de Antigos Tunos Composteláns, sobre os que recae a xestión do museo.

A homenaxe concretarase na colocación dunha placa conmemorativa do centenario do relato costumbrista na fachada do inmoble, mañá luns ás 19 horas, co seguinte texto:

“Lo cual aconteció (…) el memorable día en que el señor Roquer y Paz, don Gerardo, se fue a vivir a la casa de locos que regentaba en la calle de la Troya, de la ciudad de Santiago, la bondadosa señora Doña Generosa Carollo”. 

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC á memoria de D. Alejandro Pérez Lugín, que inmortalizou esta casa na súa novela La casa de la Troya.

No centenario da primeira edición, Compostela, a 22 de febreiro de 2016. 

Está previsto que asistan ao acto a presidenta de Alumni USC, Benita Silva; o presidente da Antigos Tunos Composteláns, Benigno Amor; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o concelleira de Cultura, Branca Novoneyra, e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.





Benigno Amor agradece esta homenaxe e lembra que Pérez Lugín estudou Dereito nas aulas compostelás. O grupo de pulso e púa da Casa da Troia intervirá na propia rúa ao final das intervencións que fagan as autoridades.

Cámara de Comercio - A Cámara axudou a máis de trescentas empresas en 2015

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofreceu en 2015 multitude de servizos profesionais de innovación. No apartado de formación en innovación e competitividade, a Cámara de Comercio potencia desde 2010 a Feira do Coñecemento, un programa que busca a transferencia de coñecemento entre as empresas e os centros tecnolóxicos, financiado polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral. En 2015 realizáronse tres xornadas, ás que asistiron 75 empresas e pecháronse 17 preacordos de colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos. 

Un dos programas de innovación máis activos en 2015 foi InnoCámaras, un plan que axuda a autónomos e pemes a innovar mediante o asesoramento gratuíto e as axudas directas á innovación, con financiamento dun 80 por cento do plan de apoio á innovación. O programa ofrece un diagnóstico da empresa e o desenvolvemento e implantación do proxecto innovador. Foron admitidas para a convocatoria 2014-2015 127 empresas. 

Outra alternativa para innovar é o programa TicCámaras. Ten por obxecto impulsar a incorporación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas competitivas claves na estratexia das pemes participantes. Na convocaroria 2014-2015 participaron no programa 106 empresas.

Outro servizo que ofrece o departamento de innovación son os certificados de Carmerfirma. “O certificado dixital é unha ferramenta indispensable para mellorar a competitividade da empresa porque aforra tempo e imprescindible para as empresas nos seus trámites coas Administracións Públicas” –explica o técnico Anselmo Díaz–. En 2015, a Cámara emitiu 17 certificados dixitais.

En canto á información comercial, a Cámara de Santiago asinou un convenio con Carmerdata para ofrecer ás empresas da demarcación ficheiros de empresas españolas, bases de datos internacionais, novas empresas, rankings empresariais ou informes sectoriais, comerciais e de mercado xeoposicionados.

A web corporativa recibiu unha media mensual de 41.307 visitas no último ano 

A Cámara de Comercio afianza a súa presenza en Internet a través da súa páxina web, redes sociais, boletín informativo ou por medio do blog da Cámara. A web corporativa – www.camaracompostela.com – é un escaparate sempre visible desde calquera punto do mundo que permite informar aos interesados das novidades camerais. O número de visitantes e visitas incrementouse progresivamente desde a creación da web, situándose actualmente nunha media mensual de 41.307 visitas en 2015 e unha media de 4.004 visitantes distintos mensuais. 

Ademais, a Cámara de Comercio estende a súa información polas redes sociais, con máis de 1.640 contactos en Facebook e 2.483 seguidores en Twitter. O establecemento da marca Cámara neste tipo de canles interactivos permite achegar a entidade ás empresas da demarcación coa finalidade de presentarlles os servizos, proxectos, programas e coñecer as súas necesidades dunha forma organizada. Inclúe nos seus muros información relativa a eventos e actos da organización, cursos e xornadas de formación ou actividades de internacionalización.

Outras das ferramentas on line que emprega a Cámara de Comercio de Santiago é o boletín informativo, do que se enviaron 32 versións no último ano. Realízanse envíos de comunicacións a través de correo electrónico ás persoas interesadas en recibir información sobre cursos de formación ou accións de internacionalización que programa anualmente a entidade cameral compostelá. Na actualidade, reciben o boletín 4.704 inscritos.

Lalín - Ruta BTT do Cocido

O concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, recordou esta mañá que segue aberto o prazo para inscribirse na Ruta BTT do Cocido 2016, que se celebrará o día 6 de marzo, organizada polo Club Ciclista Alambike en colaboración co Concello de Lalín. As anotacións deben realizarse a través das páxinas web www.emesports.es, ou www.alambikelalin.com, antes do día 2 de marzo. O prezo por participante é de 10 euros para ciclistas federados, debendo aboar 15 euros máis os non federados ao ter que pagar o seguro por un día. Este prezo inclúe a cronometraxe, unha camiseta conmemorativa, os servizos de mecánica, os servizos médicos e de seguridade, así como o avituallamento tanto sólido como líquido. 

A Ruta BTT do Cocido 2016 percorrerá unha distancia de 45 quilómetros de dificultade media-alta. A saída da proba terá lugar dende o Lalín Arena a partir das 09.00 horas, con recollida de dorsais dende as 07.45 ás 09.00. Ao rematar, os que o desexen terán a oportunidade de degustar un cocido no restaurante La Estación de Botos a un prezo de 25 euros. As inscricións para participar no xantar deberán facerse antes do29 de febreiro.

A ruta partirá de Lalín en dirección á Fraga de Catasós, tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza. Logo deste apracíbel inicio, a ruta cruza o principal afluente do Deza, o Asneiro, e, tras pasar o Pozo Negro e subir a Puxallos, percorrerá un treito da Vía da Prata. Por camiños de vello e corredoiras enfiará cara o val do río Seixas, parte del xa no veciño concello de Dozón. Un agradábel paseo a carón deste río, nunha das paraxes máis fermosas da comarca dezá, servirá para afrontar a subida a Seixas e encamiñar a volta cara a Lalín, pola parroquia da Xesta, onde de novo se cruza o Camiño de Santiago.

Ordes - A galiña e o galo de Mos, protagonistas do Feirón do Mesón do Vento

No Feirón da Adina que se celebrou hoxe no Mesón do Vento as galiñas e galos de Mos foron os protagonistas indiscutibles. Os exemplares destas aves que se puxeron á venta despertaron un gran interés entre o númeroso público que acudiu á nave de gando da localidade. Tamén causaron sensación as galiñas araucanas, orixinais de Latinoamérica, e sobre todo os seus chamativos ovos de cor verdoso polos que non pararon de preguntar maiores e nenos. 

Pero o ambiente non só se concentrou na nave de gando e nas inmediacións, onde ademais de porcos e gando vacún tamén se puido adquirir carnes e embutidos, roupa, churros e doces, prantas ou sementes entre outras cousas. A degustación do galo de Mos e de tortillas feitas con ovos de galiña de Mos encheron os establecementos da zona de xente con ansias de probar estas receitas.

Santiago Futsal - El partido se escapó en la segunda parte


  • · Se adelantó en el marcador el conjunto celeste y llegó al descanso con una ventaja de 3-2
  • · En la segunda parte, los blaugranas lograrían igualar y darle la vuelta en el marcador 
  • · Record de asistentes en el Fontes do Sar con una entrada estimada de 4500 personas
Rugía el Fontes do Sar para recibir a los suyos tras el parón de Liga. En un pabellón que llegó a los 4500 asistentes, cifra record en partido de Liga para ver al conjunto santiagués y que no se lograba desde la final de Copa de 2010, los ‘guerreiros da terra’ no defraudaron sobre la pista y, pese a rozar la proeza, el partido se escapó en la segunda parte.

Se adelantó el Santiago Futsal por medio de Diego Quintela a los 6 minutos tras una recuperación en tres cuartos y una magnífica finalización en el 1x1 ante Cristian. Sin embargo, Marc Tolrá pondría la igualada tan sólo un minuto después. 

El Santiago Futsal seguía mandando en la pista y la combinación Catela-Diego Quintela reluciría en una jugada desde su propia campo para que el gaditano rematara a portería y pusiera el 2-1 en el luminoso.

La alegría reinaría de nuevo en el Fontes do Sar gracias al tanto de Iván Rumbo, que aumentaba la distancia en el marcador y daba alas a los suyos ante uno de los equipos grandes de la categoría.

Con un conjunto celeste cargado de faltas y que llegó con cinco faltas a los instantes finales, la sexta acumulativa conllevó al tiro de 10 metros de Aicardo y el tanto blaugrana antes del descanso, al que se llegaría con el 3-2.

Tras la reanudación, y cuando tan sólo transcurrieran 3 minutos, Tolrá igualaría el encuentro. Pese a los arreones celestes por darle la vuelta al marcador, aparecería Batería para anotar en dos acciones consecutivas el 3-4 y el 3-5, este muy discutido por la plantilla celeste por una posible falta sobre Hugo Sánchez en la acción del gol. 

Sólo un minuto después Tolrá pondría el partido complicado para los intereses celestes con el 3-6 tras anotar en una jugada a balón parado al borde del área. 

Ya con Álex Diz como portero jugador, Dyego haría el 3-7 a falta de 3 minutos para el final.

En los instantes finales, Antonio Diz finalizaría al segundo palo una jugada con portero jugador haciendo el definitivo 4-7.

Ficha del partido

Santiago Futsal: Marocs Vara, Pablo Mel, Pablo Tallónm , Catela y Diego Quintela –cinco inicial –Iván Rumbo, Antonio Diz, Álex Diz, Hugo Sánchez y Santi

FC Barcelona Lassa: Cristian, Aicardo, Dyego, Lin y Wilde – cinco inicial- Tolrá, Gabriel, Batería y Saad

Incidencias: Partido correspondiente a la 21ª jornada de Liga celebrado en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia aproximada de 4500 personas

Árbitros: Del Pozo Garcíay Munez Carpintero. Amonestaron con tarjeta amarilla a Antonio Diz y Diego Quintela por parte del Santiago Futsal; y a Lin por FC Barcelona Lassa.

Goles: 1-0 min.6 Diego Quintela, 1-1 min.7 Tolrá, 2-1 min.8 Catela, 3-1 min.11 Iván Rumbo, 3-2 min.18 Aicardo, 3-3 min.23 Tolrá, 3-4 min.29 Batería, 3-5 min.Batería, 3-6 min.36 Dyego, 4-7 min.38 Antonio Diz