Obradoiro CAB - El Palcazo Luckia, otra manera de disfrutar de los partidos del Rio Natura Monbus Obradoiro

El Rio Natura Monbus Obradoiro ha estrenado en la primera jornada de Liga Endesa el Palcazo Luckia, un nuevo rincón donde disfrutar de los partidos de otra forma, con más emoción, cercanía y entretenimiento, si cabe.

La empresa gallega de apuestas deportivas, Betting Partner Oficial del club, ha invitado en esta primera ocasión a Marcos Pereiro, popular cómico y conductor junto a Federico López del acto de presentación del Rio Natura Monbus Obradoiro 15/16. El actor disfrutó de la victoria ante Baloncesto Sevilla en el sofá a pie de pista Luckia, acompañado por tres amigos y con servicio de catering y masajista en el descanso incluidos.

Para ser el siguiente en disfrutar de la experiencia Palcazo Luckia en Sar, solo es necesario hacer un depósito de 5 euros en la cuenta Luckia y enviar un mail a promociones@luckia.com con nombre de usuario y el asunto "Palcazo Luckia". Así, se entrará directamente en el sorteo de las cuatro próximas plazas en el Palcazo.

Luckia sigue mostrando así su buen hacer en el sector del juego. Prueba de ello es el III Premio a la Excelencia Empresarial que José González Fuentes, presidente de EGASA, recibirá hoy mismo de manos del Presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo y tras el fallo del jurado compuesto por el Consejo de Administración del Club Financiero de Santiago.

Moncho Fernández y Jesús Chagoyen, entrenador y capitán del Rio Natura Monbus Obradoiro, han querido felicitar al nuevo miembro del Club de Empresas Obradoiro por el logro.

Vídeo de Moncho Fernández y Jesús Chagoyen: https://youtu.be/-loXadi_S-A

Forum Fairway - I Xornada do Fairway

FairWay abre as súas portas a catro xornadas de reflexión, traballo e comercialización en torno ao Camiño de Santiago
Ata o domingo daranse cita en Compostela máis de 50 relatores, turoperadores e expositores procedentes de 19 países neste evento para todos os públicos que xunta por vez primeira congreso e feira profesional

Na inauguración estiveron presentes Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Rafael Sánchez Bargiela, xerente de Xacobeo, entre outras autoridades

A organización facilita o acceso á feira, que se celebra na Cidade da Cultura de 10:00 a 19:30 horas, a través de autobuses lanzadeira que unen cada media hora a Praza de Galicia co Gaiás

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a apertura oficial de FairWay, o I Forum do Camiño de Santiago, que reúne dende hoxe e ata o vindeiro domingo os principais expertos na Ruta Xacobea e noutras rutas de peregrinación nun novo formato de congreso-feira no que tamén se dan cita un gran número de empresas vinculadas cos seus produtos ou servizos ao Camiño de Santiago procedentes de ata 19 países.
Na apertura deste I Forum do Camiño de Santiago participaron Martiño Noriega, alcalde de Santiago; Rafael Sánchez Bargiela, xerente de Xacobeo; e os codirectores de Fairway Ana Trevisani, Manuel Oreiro e Ton Mugico, entre outras autoridades, que destacaron o éxito desta primeira edición, chamada a consolidarse como a cita anual co Camiño de Santiago. O Congreso, que se celebra en horario de mañá e tarde con relatorios e mesas redondas que abordan o Camiño de Santiago desde unha perspectiva global contou esta mañá cos primeiros relatores do total de máis de 50 que se han de dar cita en #FairWaySantiago ao longo destas catro xornadas. 
Intervencións que se estruturaron arredor de catro paneis temáticos cuxa programación discorre paralela durante estas xornadas: Camiño Outsites, no que se ofrecen visións doutros aspectos do Camiño vinculados á seguridade, a infraestrutura ou o marketing; After Way, o panel máis experiencial, dedicado a coñecer as vivencias de diferentes peregrinos, anónimos e coñecidos, unidos pola experiencia da Ruta Xacobea; Other Ways, que estará centrado noutras rutas históricas e máis Camiño Insights, que achegarase á xestión  do Camiño. En todos eles, xestores, escritores, comunicadores e empresarios que vincularon ao Camiño a súa iniciativa empresarial, así como responsables das administracións públicas que abordaron aspectos tan importantes como o da seguridade no Camiño.

Éxito de FairWay Market

Esta mañá tamén abriu o espazo comercial  adaptado tanto para dar visibilidade aos máis de 50 expositores participantes e ofertar os seus servizos ao público xeral, como para acoller un workshop no que están concretados máis de 1.200 encontros comerciais que e que vai permitir pechar acordos de colaboración con turoperadores a nivel internacional que operan con grupos ou persoas que queren facer o Camiño de Santiago en todo o mundo.
Tanto as citas comerciais como os relatorios e as máis dun cento de exposicións do Pitch Show desenvolveranse ao longo de toda a xornada, na que se prevé que pase algo máis dun milleiro de persoas, que poden acceder ao recinto mediante autobuses lanzadeira que trasladarán aos participantes cada media hora entre a Praza de Galicia e a Cidade da Cultura.

Actividades paralelas, FairWay City
FairWay complétase, ademais, cun programa paralelo de actividades agrupadas baixo o epígrafe de FairWay City e no que se poderá gozar con catas, música e exposicións en torno ao fenómeno Xacobeo. Así, a gastronomía será a protagonista a través tanto do Espazo Gastro de FairWay, onde se ofrecerá un menú diario especialmente creado para a ocasión e degustacións de produtos galegos, como con Gastroway, que ofrece durante estes días propostas especiais en 14 restaurantes da cidade baseadas en distintos puntos das rutas xacobeas.
Tampouco faltarán as exposicións como a da Galería Sargadelos ou a fotográfica que une no Hostal dos Reis Católicos o traballo de dous profesionais da fotografía, Luis Ocaña e Luis Gago, con cuxo traballo irmanáronse o Camiño de Santiago e o xaponés Kumano Kodo, que tamén é o protagonista da exposición fotográfica de Koji Kusumoto que se poderá gozar na Cidade da Cultura. Sen esquecer O Camiño do Encaixe, que recolle creacións de Camariñas vinculadas ao Xacobeo. Outra mostra fotográfica, na Cidade da Cultura, é Rexistro 108, de Germán Limeres.
Finalmente, a música virá da man do concerto de música antiga de Resonet na Catedral, mañá venres 16 a partires das 21 horas; mentres que na xornada de clausura correrá a cargo da unión do Coro da Rá & Enocións by Ribeiro, unha iniciativa na que se une a enoloxía, a música e as emocións do Camiño de Santiago.
Toda a información sobre esta cita está dispoñible no portal web www.fairwaysantiago.com  

Martín Codax - I Festival Premios Martín Códax

O sector musical galego a debate na apertura do I Festival Premios Martín códax da Música: ser emprendedores e loitar unidos

Ø Sumrrá e Cuarteto Caramuxo estrearán disco hoxe no Teatro Principal dentro da segunda xornada do festival na que tamén fará unha proposta singular a rapeira Wöyza, cunha posta en escena a cabalo entre o hiphop e o gospel.

A Zona C de Bonaval converteuse esta tarde nun ágora onde representantes da industria musical galega e os propios artistas intercambiaron as súas impresións sobre a situación da música ao vivo en Galicia nestes momentos. Na palestra, moderando o coloquio, Alfonso Espiño, músico da banda ‘Los Chavales’ e autor dun exhaustivo estudo sobre a musica en Compostela que aínda está completando. Canda el, Alberte Mena, representando Festigal, gañadores do premio Organistrum ao mellor festival galego; Víctor Cabaleiro, da Sala Aturuxo, gañadora do Premio Organistrum á mellor sala de concertos; e Xaime Fandiño director do Master en Industria Musical. Entre os asistentes moitas caras coñecidas no mundo da música en Galicia, expoñendo distintas problemáticas que conflúen na situación de precariedade que vive nestes momentos o sector e na necesidade de xuntarse para artellar unha fórmula que permita tanto á industria como aos artistas traballar cuns mínimos de dignidade profesional, involucrando e integrando a sectores tan potentes pero tan distanciados neste momento como as orquestras de música de verbena, unha categoría musical que os Premios Martín Códax da Música contemplaron desde a súa primeira edición, conscientes do peso específico que teñen na industria musical do país. Tamén se falou de emprendemento, de facera os músicos e músicas conscientes da importancia de entender as súas propostas artísticas como ‘empresas creativas’ que traballen con profesionalidade no plano da comunicación e a xestión, esixindo sempre os mínimos de contratación polos que a Asociación de Músicos Ao Vivo leva loitando desde a súa fundación hai agora sete anos.

Unha maridaxe entre o mellor albariño e as músicas do mundo ‘made in Galicia’
Ao remate do coloquio, os asitentes desprazáronse ata a Cantina do CGAC para gozar dunha maridaxe musical entre o albariño Martín Códax e o repertorio dos gañadores da categoría de Músicas do Mundo, Dos Fíos Invisibles chegan as Cores, que sorprenderon cun concerto de tradición revisitada en clave de viño e outras pezas populares que se cantan non so nas vendimas senón noutras moitas labores do campo. Os concertos de Cró! e Sub Rosa, gañadores nas categorías de Rock e Electrónica respectivamente, foron os encargados de pechar a primeira noite do festival na Zona C de Bonaval con momentos de moita potencia sonora.

Grandes estreas e sorpresas hoxe no Teatro Principal
A segunda xornada do Festival, hoxe venres 16 de outubro, desenvolverase integramente no Teatro Principal a partires das 20:30 horas cos concertos de Wöyza, Cuarteto Caramuxo e Sumrrá, gañadores nas categorías de Hip Hop e Músicas Urbanas; Folque; e Jazz e Músicas Improvisadas, respectivamente. Tanto Sumrrá como Cuarteto Caramuxo van presentar os seus novos traballos en primicia nesta xornada na que o Restaurante Resas estará ao cargo da barra do ambigú do teatro ofrecendo os seus petiscos de cociña internacionalista en versión pop-up e unha carta de tragos na que destaca un cóctel a base de albariño Martín Códax, creado especialmente para o festival ao que bautizaron como ‘Moralba’ e que integra perfectamente o branco insignia das adegas con puré de mora e xarope de limón. Pola súa parte, a rapeira viguesa Wöyza aterriza no festival cunha proposta escénica diferente ao seu habitual repertorio, xa que xuntará temas de hip hop con arranxos de gostpel, a súa outra faceta musical como directora do V-Go! Negro Son Coro.

Última xornada frenética
Para o sábado 17 de outubro está preparada unha intensa actividade que comezará ás doce da mañá cun concerto para público familiar a cargo dos gañadores na categoría de Música Infantil, Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc. De seguido, na Praza de Abastos, sesión vermú cos gañadores na categoría de Orquestras e Músicas de Verbena, Los Satélites; e xa pola noite o redobre final na Sala Capitol a partires das 20:00 horas con Ataque Escampe, Cats and Monkeys, Zamaramandi e Nao, gañadores nas categorías de Pop e Indie; Blues, Funk & Soul; Reggae, Ska e Mestizaxe; e Metal, respectivamente.

O novo calendario do certame
Este festival naceu como etapa de transición entre a segunda e a terceira edición do certame para cubrir o baleiro que supón pasar do inverno á primavera. Agora, en vista da boa da gran expectación e da calidade da proposta, tanto organizadores como parocinadores apostan por darlle continuidade. Sobre o cambio de datas do certame, a presidenta de MAV, Iria Piñeiro, explicou que, “na primeira edición, con moita ilusión e cos prazos moi xustos foi case un imperativo situar a axenda dos premios contra o final do ano”. Agora, tras dúas edicións, o certame quedará fixado na primeira metade do ano, dentro dunhas datas que a directiva de MAV considera “máis propicias para os músicos” e que colocan estes premios no calendario dos demais premios sectoriais da cultura galega. Segundo explicou Piñeiro, deste xeito “imos facilitar a participación dos músicos que terán a posibilidade de inscribir todos os proxectos desenvolvidos durante o ano natural anterior”. Ademais “os gañadores poderán facer valer os seus galardóns de cara as contratacións do verán”; e xa por último os que entren a formar parte de MÚSICOS AO VIVO para poder execer o seu voto “poderán rendibilizar a súa cota de socios durante un ano enteiro e non so durante un par de meses como sucedía ata o de agora”. 

A nova edición dará comezo o luns 15 de febreiro coa presentación do certame a apertura do prazo de inscricións que rematará o luns 29 de febreiro. Entre o martes 1 de marzo e o domingo 27 de marzo estará aberta a primeira rolda de votacións para escoller aos finalistas. O xoves 7 de abril faremos públicos os finalistas durante a tradicional cea nas Adegas Martín Códax. Entre o venres 8 de abril e o mércores 20 de abril desenvolverase a segunda rolda de votacións. E o xoves 28 de abril coñeceremos aos gañadores durante a terceira gala dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, que se celebrará no Pazo de Congresos de Pontevedra con música en directo e novidades escénicas.

Axenda e tempo do mércores 14 de outubro - Música, tertulias, exposicións

Santiago - Numax

Vedra - Vedra de tapas

Santiago - Literarios - Tertulia de artistas

Santiago - Santo Domingo de Bonaval - Vértixe Sonora 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Ames - Apertura de inscricións para o Nadal Lúdico

O Concello de Ames, a través da concellería de Educación e Servizos Complementarios, abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Nadal Lúdico. Este servizo municipal desenvolverase tanto en Bertamiráns como no Milladoiro durante os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016. Nestas xornadas levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e á aprendizaxe dos máis pequenos. O horario será dende as 7:30 ás 16:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto entre o 13 e o 31 de outubro.

O Nadal Lúdico é unha iniciativa que lle facilita aos pais e nais conciliar a súa vida laboral coas vacacións dos seus fillos, mentres estes, ocupan o seu tempo libre dunha maneira educativa e divertida. Os beneficiados serán os nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria que estean empadroados no concello de Ames. 

Os nenos/as para os que se solicita o programa deberan pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude. Ademais, haberá que acreditar a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar por ambos dous proxenitores/titores.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que dende o Concello de Ames estase facendo unha aposta clara por reforzar todos os servizos de conciliación laboral e familiar. Deste xeito, animamos a todos os pais e nais a que inscriban aos seus fillos/as neste servizo municipal durante as vacacións escolares de Nadal”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro

O prazo de inscrición estará aberto entre o 13 e o 31 de outubro. As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as neste servizo municipal poden recoller os impresos no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina , ou na Oficina Municipal do Milladoiro.

A entrega da documentación deberá facerse no departamento de Educación, no Rexistro Xeral do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os sábado tamén está aberto o rexistro Xeral da Casa do Concello.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos na que tamén se indicarán os lugares das actividades por grupos. Esta listaxe poderase consultar nos taboleiros do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org do departamento de Educación.

Melide - Dalía Garcia Couso nova alcaldesa

El secretario del Partido Popular en la provincia de A Coruña, Diego Calvo, se mostró convencido ayer de que Dalia García Couso será una “gran alcaldesa” en sustitución de Ángeles Vázquez al frente del consistorio de Melide.

Calvo, que ha calificado a la nueva regidora como una persona “preparada, cercana y gran conocedora de la realidad de Melide”, aseguró que Dalia García sabrá continuar con la “extraordinaria labor” llevada a cabo por su antecesora, Ánxeles Vázquez, a quien le agredeció el “compromiso” y la “dedicación” mostrada durante estos años como alcaldesa. 

“Cuenta con el respaldo de toda la dirección provincial y, lo que es más importante, con el apoyo de sus compañeros ,que son los que la han elegido”, apuntó el secretario provincial, quien concluyó diciendo que Melide “sigue estando en buenas manos” para mantenerse como uno de los municipios de “referencia” de la comarca.

Frades - I Xornadas micolóxicas

O Concello de Frades organiza as súas primeiras Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o sábado 14 de novembro. Unhas xornadas abertas a todos os públicos, se ben os veciños e veciñas empadroados en Frades terán prezos especiais: 15 euros adultos e 7 euros menores de 12 anos, fronte aos 22 euros adultos e 14 euros menores non empadroados. As inscricións deberán realizarse antes do 4 de novembro no Concello de Frades (981 695 567).

As I Xornadas Micolóxicas comezarán ás 9:00 horas do sábado 14 de novembro cunha charla de introdución á micoloxía a cargo de Martín Souto, biólogo da USC, que lles ensinará aos presentes as diferenzas entre comestibles e tóxicas. Tras un pequeno refrixerio, os participantes sairán a un monte cercano a recoller cogomelos.

Ás 14:30 horas terá lugar un xantar-degustación nun restaurante do concello e pola tarde, ás 17:00 horas, o multiúsos de Frades acollerá unha sesión de identificación e exposición dos cogomelos apañados durante a mañá. 

O número de prazas é limitado, tendo preferencia os empadroados no Concello de Frades. Para levar a cabo a actividade será preciso xuntar un mínimo de 15 participantes e os menores de idade deberán ir acompañados por un adulto.

USC - A universidade renova o seu acordo institucional co Banco Santander

O reitor Juan Viaño e o conselleiro delegado de Banco Santander, José Antonio Álvarez Álvarez, asinará este mércores 14 o convenio de colaboración que renova a colaboración que a institución académica e a entidade bancaria manteñen de xeito ininterrompido dende 1999, a través de Santander Universidades. A sinatura protocolaria celebrarase nunha sesión ás 10.15 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

O acordo, que amplía os ámbitos de colaboración entre ambas partes, inclúe a cooperación no apoio aos programas de xestión e captación de talento, incluíndo programas de mobilidade ou accións de divulgación científica; apoio ao emprendemento e a programas de innovación docente, con especial atención ás novas tecnoloxías; apoio á administración electrónica ou a promoción internacional da USC. 

O documento a asinar tamén contempla colaboración tecnolóxica-operativa, fundamentalmente no relativo ao desenvolvemento da tarxeta intelixente universitaria. Por este acordo, a entidade bancaria achegará á USC 1,8 millóns de euros anuais por un período de catro anos.

Brión - Obradoiros de outono sobre ecoloxía e saude

O Concello de Brión organiza catro Obradoiros de Outono sobre ecoloxía e saúde, que terán lugar entre os meses de outubro e novembro. Uns cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición, que poderá realizarse ata unha semana antes do comezo de cada obradoiro na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.

O primeiro obradoiro será “Micoloxía e aproveitamento forestal”, que terá lugar este sábado 17 de outubro no centro social polivalente. Un obradoiro gratuíto que se desenvolverá en dúas partes: unha teórica (de 10:00 a 14:00 horas) e outra práctica, con saída, recollida e cociñada de cogomelos entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Mazás e saúde
Para os dous primeiros venres de novembro está programado o obradoiro “Aproveitamento das mazás”, que terá lugar de 18:30 a 21:30 horas no centro social polivalente de Brión. Nas clases, o alumnado aprenderá a elaborar marmelada, marmelo e sidra. A cota de inscrición é de 30 euros.

Os outros dous obradoiros terán un custe de 15 euros cada un. O primeiro será o venres 20 de novembro e versará sobre “Saúde, fogar e aseo sen químicos”. O segundo, titulado “Froita e verdura creativa”, é un obradoiro de cociña para nenos e maiores que terá lugar o venres 27 de novembro. En ambos casos, o horario será de 18:30 a 21:30 horas no polivalente.

Para a realización de cada un destes obradoiros será precisa a inscrición dun mínimo de 10 persoas. O curso está aberto a todos os interesados, tendo preferencia a veciñanza de Brión.

Ordes - V Comida baile Solidaria da AECC Ordes

Ata o vindeiro xoves poderán adquirirse no bar Saloon as entradas para poder asistir á V Comida Baile Solidaria que a AECC Ordes ten organizada para o próximo domingo18 de outubro. Os interesados en participar deberán darse presa xa que tan só quedan dispoñibles 60 delas. O lugar escollido para a ocasión é o restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, que ofrecerá un total de 400 cubertos, estando comprometidos a día de hoxe máis de 330 deles. A cita dará comezo a partir das 14.30 horas. 

Dos 30 euros do seu custo 5 destínanse integramente para a investigación contra a enfermidade. Ademais tamén haberá un servizo gratuíto de autobuses que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Álvarez.

O acto contará coas actuacións do grupo local Ritmo galego e da cantante Tania Veiras, que coa súa música e de xeito totalmente gratuíto queren contribuír na recadación de fondos. Como de costume tamén se realizarán sorteos de agasallos graza á colaboración dos comerciantes do municipio ordense. Macoga; S.D. Club Órdenes; Discoteca LP 45; as casas rurais Antón Veiras, Casal Dezaoito, Casa da Escola (Trazo), e Casa da Torre Blanca (Santiago); Concello de Ordes, ademais de numerosas perruquerías e ferraxerías, non perderon a ocasión de contribuír coa causa. 

Entre os asistentes figuran nomes ben coñecidos do eido cultural, empresarial, comercial, deportivo e social do mesmo municipio e doutras zonas próximas. Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como Elena Vituno e Marcos Calvo, presidenta e psicólogo da asociación na zona da Coruña, xa teñen confirmada a súa asistencia.

Ames - Obradoiro "convertendo mazas en sidra"

A concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organizou o obradoiro “Convertendo mazás en sidra”, que está dividido en tres xornadas. As dúas primeiras xornadas desta actividade desenvolveranse durante esta fin de semana (o venres 16 e o sábado 17 de outubro). A última sesión será o sábado 5 de decembro. Este obradoiro, que está dirixido a un público xuvenil e adulto, desenvolverase dende as 16:30 na sede da Aula da Natureza. Trátase dunha actividade na que se lle dá un uso alternativo ás mazás. Este obradoiro está incluído dentro da programación do outono 2015 e dentro das actividades ofertadas dende a Aula da Natureza. 

A concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García, explica que “coa organización desta actividade preténdese que as persoas que teñen maceiras nas súas hortas poidan darlle un uso alternativo ás mazás. Ademais, esta actividade está dirixida á todas aquelas persoas que teñan a inquedanza de coñecer e aprender o proceso de elaboración da sidra. Este obradoiro estará impartido pola docente Carme Freire, que tamén lle imparte aos usuarios/as das hortas urbanas o curso de agricultura sostible, e pola coordinadora da Aula da Natureza”. 

Este obradoiro está divido en tres xornadas. A primeira levarase a cabo este venres, 16 de outubro, a partir das 16:30 horas. Na primeira sesión realizaranse labores de apañado, selección e mazado. O seguinte día, o sábado 17 de outubro, desenvolverase a segunda xornada desta iniciativa, na que se realizarán os traballos de extracción, prensado e engarrafado. Nestas sesións haberá unha parte teórica e outra práctica. A última xornada deste obradoiro será o sábado 5 de decembro. Haberá que deixar pasar máis dun mes para que a sidra fermente. Nesta última xornada realizarase a proba da sidra e finalizarase coas labores de embotellado. 

Para este obradoiro ofértanse un total de 30 prazas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas deste venres 16 de outubro.

Santiago - Real Filharmonía de Galicia este xoves dirixida por Christoph Koning

La Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dos conciertos. El primero tendrá lugar este jueves día 15 en Santiago de Compostela, en el Auditorio de Galicia a las 21:00 horas. El segundo se celebrará al día siguiente, el viernes 16, en el Círculo de las Artes de Lugo, a las 20:30 horas. En ambas actuaciones llevará la batuta el principal director invitado de la orquesta, el maestro alemán Christoph König, que en la cita de Santiago mantendrá un encuentro previo con el público asistente, a las 20:15 horas.

Los conciertos comenzarán con la Sinfonía nº 6 “La casa del diablo” del compositor y violonchelista italiano Luigi Boccherini (1743-1805), asentado en España desde los 25 años, donde desarrolló la mayor parte de su carrera como compositor. Se trata de una de sus obras más conocidas. En ella el autor presenta música ya usada en otras de sus piezas, incluyendo además material del famoso ballet Don Juan de Christoph Gluck.

La Sinfonía nº 97 de Haydn y la nº 1 de Mendelssohn
A continuación los músicos interpretarán la Sinfonía nº 97 del austriaco Franz Joseph Haydn (1732-1809), uno de los máximos representantes del período clásico, conocido como el “padre de la sinfonía”, debido a su importante contribución a este género. La número 97 es la quinta de las doce sinfonías denominadas Sinfonías de Londres, compuestas en su primer viaje a la ciudad londinense y consideradas como su mejor producción sinfónica.

Los conciertos concluirán con la Sinfonía nº 1 del compositor romántico alemán Felix Mendelssohn (1809-1847). La completó en marzo de 1824, cuando sólo tenía 15 años de edad, y se tocó por primera vez en noviembre de ese mismo año en Berlín, en una reunión privada con motivo del cumpleaños de su hermana Fanny, con el propio Mendelssohn como director.

El público de Santiago podrá mantener una charla previa con el director
Antes de la celebración del concierto del jueves en Santiago, el director Christoph König mantendrá una charla previa con los asistentes a la cita musical. Será a las 20:15 horas en la Sala Mozart del Auditorio de Galicia. Esta iniciativa se enmarca dentro de la experiencia “CONvers@ndo con”, que promueve la RFG antes de cada concierto, con la finalidad de acercar la música al público de manera informal y distendida. Se podrá participar en este encuentro presentando la entrada del concierto.

König nació en la ciudad alemana de Dresde y allí estudió dirección orquestal, piano y canto. Recibió el premio de la Fundación Herbert von Karajan (Berlín). Desde 2013 es el principal director invitado de la Real Filharmonía de Galicia. Además es el director titular y musical de la Orquesta de Solistas Europeos de Luxemburgo y entre 2009 y 2014 fue director titular de la Orquestra Sinfónica do Porto-Casa da Música. Está muy solicitado como director invitado en toda Europa y América.

FaiWay - Iniciativa I Camino

Como antesala a la celebración de FairWay, y en el marco del programa de actividades culturales y gastronómicas que se han programado de forma paralela a la celebración del I Forum del Camino de Santiago, la organización pone hoy en marcha la iniciativa I Camino, una ruta de senderismo diseñada por la organización de Fairway en colaboración con los alumnos de los módulos de turismo del Instituto Rosalía de Castro con el objeto de unir los cinco Caminos que entroncan en la ciudad de Santiago de Compostela. 

La Ruta I Camino responde, por un lado, a que los vecinos de Compostela tengan un recorrido donde se les brinde la oportunidad de tener una pincelada de sentirse, por unas horas, peregrinos, al cruzárselos por rincones o espacios poco habituales y fuera del circuito turístico. Por otro lado, aquellos turistas que visitan la ciudad sin hacer el Camino podrán tener una corta experiencia para sentir el calor de la ruta jacobea, conocer rincones, barrios y entorno rural, integrándose más en la ciudad y sus gentes. Es, en definitiva, un juego simulando la realización del I Camino, sellando credenciales y obteniendo un pequeño diploma al finalizar.

Para dar a conocer esta nueva ruta, FairWay ha organizado una quedada a la que están invitados todo aquel que quiera unirse a descubrir esta nueva ruta, que recorrerán por vez primera este miércoles, a partir de las 13 horas, los alumnos de los módulos de agencia de viajes y gestión de eventos y Guía, información y asistencia turística del Instituto Rosalía de Castro de Santiago, que han colaborado en esta iniciativa y que también colaborarán a lo largo del Congreso como voluntarios, en concreto en todo lo que tiene que ver con comercialización turística, workshop y feria. La organización quiere, de esta manera, facilitar que estos futuros profesionales puedan ver el día a día de un evento de estas características y a la vez estar en contacto directo con algunos de los grandes touroperadores del sector.

El Instituto Rosalía de Castro también colabora en el servicio de voluntariado de Fairway. 
Fairway I Forum del Camino de Santiago está organizado por las empresas Viloria, Mr. Turismo y Trevisani. Su patrocinador principal es Correos y sus patrocinadores institucionales son Turismo de Galicia y Concello de Santiago. Fairway cuenta como colaboradores especiales con Cidade da Cultura y Catedral de Santiago y, como colaborador técnico, con Pousadas de Compostela.

Casa das Crechas - Helena Goch presenta o seu primeiro disco este venres

Este venres día 16 de outubro a Casa das Crechas acolle o concerto da valenciana Helena Goch, que nos presentará o seu primeiro disco, Little tiny blue men. Esta cantante é unha das últimas apostas de Ernie Records, que foi recoñecida como a mellor artista emerxente de 2014 para os ouvintes de Disco Grande de Radio 3. 

A artista valenciana, cuxo nome real é Helena Sanchis-Guarner, comezou a subir as súas cancións a Youtube cada semana e ían converténdose en vídeos virais. Así comezou todo o que deu lugar a ‘Little Tiny Blue Men’, o seu disco de debut, no que contou coa man sabia de Julio de la Rosa á produción e coa axuda de músicos como Jaime Olmedo (Havalina), Charlie Bautista (The Sunday Drivers, Tulsa), Jorge Fuertes (We Are Standard), Cecilio Santiago (Nudozurdo, Bandini) e Ángela Rubio (J.F. Sebastian).

Con este disco está a percorrer as salas de todo o Estado. Nas vindeiras semanas estará de novo por Galicia (xa estivo este verán no Festival Con V de Valarés): O 15 de outubro en Pontevedra (Pequeño Karma), o 16 en Compostela (Casa das Crechas), 5 de novembro en Ourense (Café Pop Torgal) e o 6 en Vigo (La Casa de Arriba). 

Poden escoitar o disco aquí: 

Andaina Pro Saúde Mental - I Xornada de Tearo en Saúde Mental

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental ten organizado para o vindeiro venres, 16 de outubro, a I Xornada de Teatro en Saúde Mental. Unha cita que se desenvolverá no salón situado no centro que a asociación ten no complexo da Paxareira, no municipio de Dodro, dende as 11 ata as 19 horas.

O programa previsto inclúe as representación de 'O cazo de Sabela' por parte dos usuarios e usuarias da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; 'Contos', a cargo da Asociación DOA, na que a improvisación e a elaboración dos textos partindo dos personaxes e escenarios son o máis importante; a parte máis cómica e divertida virá da man do grupo da asociación monfortina Albores coa obra 'Ábrese o telón', na que utilizan os chistes como punto de arranque; Morea Show convidará a todas e todos os asistentes a xogar ao póker das emocións a través de 'Microencontros', unha serie de escenas inconexas que convidan á reflexión; para pechar o pano Andaina Pro Saúde Mental ofrecerá 'Romeo e Xulieta', unha versión de Francisco Rey, recentemente estreada con grande éxito na celebración do seu quinto aniversario.

Con todo isto preténdese, por unha parte, compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar estigmas e prexuízos baseados nas enfermidades mentais, mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usuarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal poñer publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións. 

Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración da Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

Silleda - O Concello outorga a primeira das axudas a emprendedores

O Concello de Silleda aprobou hoxe a primeira das subvencións concedidas con cargo ao Programa de Axudas Municipais a Emprendedores. 

Este plan, unha das apostas do executivo para esta lexislatura, foi dotado inicialmente no orzamento con 15.000 euros para este ano. As axudas son a fondo perdido, subvencionado o 50% de distintos gastos de apertura, ata un máximo de 2.000 euros cada unha.

A Xunta de Goberno Local deu o visto bo na sesión celebrada hoxe á primeira destas axudas. Trátase da proposta de B.C. Peluqueros, dun veciño de Silleda, entidade que vén de abrir unha perruquería na rúa María Colmeiro da localidade. A subvención outorgada ten unha contía de 1.578,60 euros, cantidade que se corresponde co 50% da inversión xustificada polo solicitante, sen IVE.

A concelleira de Emprego, Ana Luisa González, explica que dende a aprobación das bases deste programa de axudas, que pode consultarse na páxina web municipal, “foron varias as persoas que se achegaron ata o Concello para consultar este plan co que queremos axudar aos emprendedores, colaborar de forma activa na xeración de emprego no municipio, apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais”.

Así mesmo, a concelleira explica que a día de hoxe hai xa varias solicitudes que están pendentes de presentar a documentación. “Segundo vaian chegando as peticións dos emprendendores, no Concello estudiamos as propostas, comprobamos a documentación requerida para a súa correspondente avaliación e aprobación, se procede das axudas”, explica a concelleira. 

Segundo recollen as bases, poderán acollerse a estas axudas os empresarios/as, autónomos e as pemes de Silleda que iniciaran a súa actividade dende o pasado 1 de xullo e ata o 31 de decembro. 

As entidades deben de ter o seu enderezo no municipio, ser empresas de nova creación e como mínimo un dos promotores debe de estar en situación de desemprego ao inicio da actividade.

As axudas a fondo perdido teñen por finalidade subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. O importe das axudas será o 50% dos gastos efectuados no periodo inicial, cun máximo para cada unha das de 2.000 euros.

Poderán ser subvencionables os gastos de constitución e apertura (visado honorarios e gastos de proxectos técnicos, licenza de obra, alta no Rexistro Mercantil...); existencias iniciais de mercadorías; gastos de aluguer, vehículos de empresa, equipos informáticos.. subministros e gastos correntes…

Estas axudas serán ademais compatibles con outras concedidas por entidades públicas ou privadas, cumprindo unha serie de requisitos que recollerán tamén as bases.

Tramitación e seguimento

As solicitudes deben de presentarse por rexistro, cubrindo un formulario e anexos que están a disposición dos interesados e coa documentación que se especifica nas bases (memoria do proxecto empresarias, facturas de gastos, permisos…), e tamén se poden descargar da web municipal.

A Concellería de Emprego é encargada de elevar as propostas á Xunta de Goberno Local, órgano que resolverá sobre as axudas a conceder, e de facer un seguimento dos proxectos empresariais.

As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro (ou ata esgotar orzamento).

“Este programa de axuda a emprendedores é unha das grandes apostas deste goberno para esta lexislatura. O fomento do emprego e o apoio aos nosos emprendedores e emprendedoras é un dos grandes retos, unha aposta que xa figuraba no noso programa electoral e que agora iniciamos coa posta en marcha desta iniciativa”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Para esta primeira fase do programa, ata decembro, hai unha partida orzamentaria de 15.000 euros e as previsións pasan por ampliar estas axudas nos orzamentos de 2016.

Ao mesmo tempo o goberno municipal de Silleda está xa a negociar con distintas entidades bancarias créditos en condicións vantaxosas para axudar tamén a estes emprendedores e emprendedoras de Silleda que se acollan ao plan municipal.

PP Santiago - Demanda para que o goberno local súmese a campaña Galega 100%

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, presentou, unha moción que insta ao Goberno local a que se sume á campaña de promoción da marca ‘Galega 100%’, que está a desenvolver a Xunta de Galicia e que identifica co seu selo o leite de calidade, producido nas explotacións da nosa comunidade.

Neste senso, o representante popular informou de que na comarca de Santiago o sector lácteo segue a manter un peso importante na economía local, tal e como o testemuñan as 1.521 explotacións de gando bovino existentes, que acubillan máis de 54.000 cabezas. Dese total, ao ámbito territorial do noso concello correspóndelle 422 explotacións, das cales 57 son de leite e mixtas, cun total de 1.930 animais. “Hoxe en día, 24 desas 57 explotacións xa se poderían adherir a esta campaña”, explicou Agustín Hernández, quen destacou que o obxectivo desta iniciativa é poñer en valor “a excelente calidade do leite, impulsar o consumo e o recoñecemento deste produto”.

O representante popular recordou que no pasado pleno de setembro se aprobou unha declaración institucional de apoio ao sector lácteo. “É o momento de pasar das palabras aos feitos, para incrementar o valor do produto e os beneficios das explotacións”, salientou. Do mesmo xeito, os populares instan a que se promovan accións de forma conxunta cos colectivos sociais e empresariais do concello, para desenvolver actuacións promocionais e de concienciación coas asociacións de consumidores e co gremio hostaleiro, así coma tamén levar a cabo a entrega de leite ‘Galega 100%’ nos principais eventos lúdicos e deportivos deste concello. 

Agustín Hernández avoga por sumar esforzos de todas as administracións para avanzar nesta promoción que estimule o consumo leite e permita identificar a súa orixe, permitindo que o leite galego sexa recoñecido entre os consumidores. Para finalizar, o voceiro popular subliñou que “é unha iniciativa para sumar e estar ao carón do noso sector lácteo”.

Santiago - Vertixe Sonora Ensemble interpreta a Giorgio Netti

Vertixe Sonora Ensemble presenta o programa ‘Neccesità d’interrogare il cielo. Son # espazo # corpo # luz… un novo instrumento’ no que interpretan un programa de Giogio Netti dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Será hoxe, mércores 14 ás 20.30 h na Igrexa de San Domingos de Bonaval. A entrada para o concerto será de balde previa retirada de invitación que se pode recoller na billeteira do Teatro Principal e o mesmo día do concerto desde unha hora antes no propio recinto onde se celebra. As Xornadas chegan este ano á súa cuarta edición, logo de que se retomaran en 2012 tras 13 anos sen actividade. Coproducidas polo Concello de Santiago de Compostela, o CGAC, a USC e o Centro Nacional de Difusión Musical do INAEM, son un claro exemplo do froito do traballo e e colaboración institucional e contan tamén coa colaboración do Consorcio de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña.

O obxectivo destas xornadas é fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Neste 2015 celébranse do 10 ao 29 de outubro en diferentes espazos da cidade: Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Cidade da Cultura, Paraninfo da Universidade, Afundación e as Igrexas de San Domingos de Bonaval e a Universidade. A cidade encherase de música contemporánea, por tanto, cun total de 19 concertos, dos cales 3 están enmarcados no programa didáctico das xornadas, AdesTempo, e 3 en Off_Contemporánea!!, que engloba as propostas máis alternativas do ciclo: outras músicas, outras visións, outros espazos...

“É a especificidade do corpo do instrumento o que me interesa, o instrumento coma unha vía de saída cara á que dirixirse para realizar unha lectura do mundo a través do son. O que máis me atrae é como o son pode cambiar inesperadamente do tradicionalismo máis arraigado á máis ousada experimentación mentres o seu corpo permanece imperturbable”… o compositor milanés Giorgio Netti contextualiza así o seu ciclo necessità d’interrogare il cielo, concibido para saxofón soprano, que interpreta Pablo Coello, director de Vertixe Sonora, ensemble convertido en referente para a última xeración de compositores que atopan nas súas producións a oportunidade de desenvolver achegas musicais nunha perspectiva artística global.

OFF_Contemporánea!!

necessità d'interrogare il cielo
son # espazo # corpo # luz... un novo instrumento

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Giorgio Netti (1963)
necessità d'interrogare il cielo (1996-99)
ciclo para saxofón soprano solo

...intuire a dispiegata forma della loce... (intuír a alongada forma da luz)

...affrettandoti verso il centro della loce risonante... (apurándose cara

ao centro da luz resoante)

...silenzio dei padri... (silencio dos pais)

...sottile veicolo dell'anima... (sutil vehículo da alma)

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

PABLO COELLO saxofón soprano

OCTAVIO MAS espazo escénico / iluminación

PABLO COELLO saxofón soprano

Saxofonista e director musical de Vertixe Sonora, ensemble convertido nun referente insubstituíble para a última xeración internacional de compositores que encontran nas súas producións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global en permanente estado de convulsión, en busca da excelencia artística. Coa permanente estrea de novas obras, Vertixe Sonora fai que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. Gran contribuidor ao crecemento e desenvolvemento do repertorio do seu instrumento, o saxofón, con medio cento de estreas absolutas, incluíndo obras a solo, cámara, multimedia, ensemble ou solista, como o Concerto Homenage a Francisco Toledo para saxofón e ensemble do mexicano Víctor Ibarra estreado o 2014 dentro do festival vertixeVigo e grazas á residencia artística Ibermúsicas. Pablo Coello dirixe o ciclo Música e Arte: Correspondencias Sonoras que se desenvolve no CGAC e Espazo IXOR, conectando co seu labor docente no CSM da Coruña onde é profesor de saxofón e de música contemporánea, e coordina a realización de cAuSaL, encontro internacional de composición que leva aos centros de ensino superiores de música de Galicia gran parte dos creadores musicais cos que traballa o conxunto galego. www.vertixesonora.net.

OCTAVIO MAS espazo escénico / iluminación
Artista plástico con 26 anos de experiencia como iluminador profesional e director técnico, no ámbito nacional e internacional, en artes escénicas, ópera, concertos, teatro, danza e performance, así como en rodaxes, cine, vídeo e televisión. Octavio Mas dirixe a instalación das súas creacións, realizando o manexo destas nos directos. Os seus deseños e instalacións foron presentadas en toda a rede galega de teatros e auditorios e nun gran número de cidades (Barcelona, Madrid, Almagro, San Sebastián, Bilbao, Xixón, Vitoria, Oviedo, Palma de Mallorca, Granada, Murcia, Pinto, Salamanca, Cigales, Pamplona, Burgos, Alcalá de Henares, Valladolid, Alacante, Estarreja, Sabadell, Chiclana, Terrasa, Las Palmas) e en Venecia, París, Bruxelas, Berlín, San Petersburgo, Cidade de Panamá, Crato (Brasil), Potsdam, Lyon, Marsella, Porto, Recife, Nantes, Zúric, La Habana, Bogotá, Lisboa, Rennes, Santiago de Cuba, Roubaix, Aveiro, Montemor, Pinto, Faro, Bruxelas, Montpellier, Groningen, Monterrey, Braslia, São Paulo,etc. Ten sido recoñecido con diversos galardóns como o premio María Casares 2007 á mellor iluminación, o premio da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia pola produción O regreso ao deserto do Centro Dramático Galego dirixida por Cristina Domínguez, ou o premio María Casares 2012 á mellor iluminación pola obra Oeste solitario de Producións Teatrais Excéntricas dirixida por Quico Cadaval.

Ames - Auditoria dos parques infantís do concello

O Concello de Ames, a través da concellaría de Urbanismo e Obras Públicas, vai a poñer en marcha nos próximos días unha auditoría dos parques infantís do municipio co obxectivo de comprobar o estado no que se atopan estas áreas recreativas e solucionar os problemas que presentan. Na actualidade, existen un total de 36 parques infantís (20 de area e 16 de caucho) que están situados no Milladoiro, Bertamiráns e nas parroquias da zona rural. Paralelamente, estase traballando nun estudo para cubrir un parque infantil no Milladoiro e outro en Bertamiráns, así como para construír un parque infantil accesible no que poidan xogar nenos e nenas con algún tipo de discapacidade.

Nos próximos días vaise realizar unha auditoría dos parques infantís que consistirá nunha descrición do estado actual de cada un dos parques indicando as deficiencias detectadas conforme á normativa en vigor. Ademais, elaboraranse uns planos de situación de cada parque infantil; farase unha reportaxe fotográfica de cada parque e dos seus elementos; e determinarase a altura crítica da superficie amortiguadora mediante ensaio HIC. Por último, realizarase unha proposta para solucionar as deficiencias detectadas. 

Segundo explica o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Blas García, “este estudo faise pola preocupación que ten o Goberno municipal pola seguridade dos nenos e das nenas que son usuarios/as destas instalacións municipais. Somos conscientes de que existen varios parques nun estado precario que é necesario melloralos e arranxalos”.

Paralelamente, dende a concellaría de Urbanismo e Obras Públicas estase traballando nun estudo para cubrir un parque infantil no Milladoiro e outro en Bertamiráns de cara a temporada de inverno. Blas García, indica que “estas instalación teñen un gran uso por parte de todos os nenos/as durante todo o ano, pero en inverno están mollados e nunhas condicións que non son as máis axeitadas para o seu uso. Debido a iso pretendemos cubrir dous parques para que os rapaces poidan facer uso deles tamén durante os meses de inverno”. 

Por último, o Goberno municipal está elaborando un proxecto para construír un parque infantil accesible no que poidan xogar nenos e nenas con algún tipo de discapacidade funcional, así como o resto de rapaces e rapazas.

Obradoiro CAB - Prueba suerte en Navidades con la lotería del Rio Natura Monbus Obradoiro

El Rio Natura Monbus Obradoiro continúa con su trabajo semanal, tras la primera jornada de la Liga Endesa, saldada con victoria ante Baloncesto Sevilla gracias al esfuerzo y trabajo de toda la plantilla.

Fuera de las canchas, los compostelanos no dudan en abonarse a uno de los juegos de azar más populares: la Lotería de Navidad. El club santiagués ya tiene su número para probar suerte estas navidades con el Sorteo Nacional de Navidad del 22 de diciembre: será el 73.530. Las participaciones tienen un precio de 5 euros, de los cuales 4 son jugados y 1 es el recargo, destinado íntegramente a la financiación de las categorías base del club.

Los boletos se pueden adquirir desde ya mismo en las oficinas del club en su horario de apertura al público (de lunes a viernes, de 10:00 a 12:00 y de 17:00 a 20:00), así como los días de partido en taquilla o poniéndose en contacto con las categorías base del club. También se podrán adquirir próximamente en los locales de hostelería Socios Protectores del club.

Lalín - Reunión cos restauradores para preparar o mes do cocido

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Turismo, Tomás Vilariño, mantiveron esta tarde no concello unha reunión con profesionais da restauración participantes nas diferentes actividades de difusión e promoción do Cocido de Lalín. A xuntanza tivo como principais obxectivos avanzar na planificación do Mes e da Feira do Cocido e, sobre todo, escoitar as propostas e suxestións efectuadas polos representantes do sector, de cara a buscar unha organización conxunta e acordada das diferentes actividades.

“Aínda que se lle dará unha volta, a esencia do Mes do Cocido e da Feira do Cocido manterase, porque cremos que hai cousas que funcionaban ben”, explicou Cuíña, apuntando que os principais cambios pasan pola eliminación da Encomenda e da comida oficial, que agora pasará a ter carácter solidario. O rexedor fixo fincapé na necesidade de que a Feira do Cocido siga medrando e anunciou, neste senso, que o Goberno xa lle solicitou á Deputación, aproveitando a visita ao concello da presidenta, Carmela Silva, a colaboración para que o Cocido chegue a ser considerado como Festa de Interese Turístico Internacional. Este galardón outorgaríalle unha maior visualización a Lalín e realzaría a súa imaxe, o que finalmente redundaría en maiores beneficios para o conxunto do concello. 

Ademais das accións de potenciación convencionais de carácter publicitario que se viñan levando a cabo habitualmente, Cuíña sinalou que se porá en marcha un autobús que percorrerá a provincia dando a coñecer o concello e o seu prato estrela, buscando a chegada a Lalín do maior número de visitantes de proximidade. Así mesmo, Rafael Cuíña indicou que a Feira do Cocido terá “carices exclusivamente culturais e gastronómicos”, ao tempo que anunciou que “se potenciarán de xeito parello outros produtos da zona, especialmente o pan de Lalín”. 

Cada fin de semana do Mes do Cocido levaranse a cabo diferentes actividades de carácter cultural e gastronómico coas que se dinamizará a vila e se promocionará o prato. Ademais, potenciarase o sábado previo á Feira con actos musicais e culturais “para encher Lalín de xente durante todo o fin de semana”. O que está completamente descartado, segundo explicou o rexedor, “é levar orquestras ao Arena”. “Se as hai estarán no centro da vila”, finalizou o alcalde de Lalín. 

Pola súa parte, o tenente de alcalde e responsable de Deporte, Nicolás González Casares, interviu para explicar que as actividades deportivas paralelas ao Mes do Cocido “se celebrarán despois do entroido, por cuestións estacionais, xa que o Cocido cadra moi cedo”.

En canto ás suxestións e propostas do sector hostaleiro, de cara a organización das actividades do Cocido, tivo especial relevancia a proposición de colocar en diferentes xornadas durante a tempada de consumo do prato, unha “carpa degustación” con produtos do cocido. A iniciativa sería organizada e coordinada polos propios hostaleiros, cubrindo o Concello as necesidades loxísticas pertinentes. Os representantes do sector traballarán na idea durante os próximos días para proporlle posteriormente ao Goberno unha planificación máis firme, que se valorará e, de ser factible levarase a cabo dando o Concello todas as facilidades. 

Outras propostas escoitadas na tarde de hoxe pasaron pola posibilidade de entregar cada ano un recoñecemento a un persoeiro lalinense e a outro de fóra, nun acto que simularía a anterior Encomeda. Tamén se propuxo potenciar o cocido dende o outono, paralelamente a outros produtos, ou manter as casetas con produtos gastronómicos o día da Feira tamén pola tarde. Estas, e demais iniciativas serán valoradas polo Goberno local, que seguirá en contacto co sector durante as vindeiras semanas para seguir avanzando de cara a organización das actividades do Cocido.

Axenda e tempo do 13 de outubro - Música, documentais, exposicións

Santiago - Numax

Vedra - Vedra de tapas

Santiago - Bar Embora - Alen do Dub

Santiago - Fundación Araguaney - proxección do documental Return to Homs

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Veciños de Padrón - Intervención de nosa concelleira Teresa Rey no pleno denunciando irregularidades contables

Tras a resposta negativa do Señor Alcalde na Comisión de Contas celebrada o 30 de xullo de 2015, onde preguntei se había algún motivo que eu descoñecese e que xustificase a comisión reiterada de irregularidades que se reflicten na documentación en relación coas Contas do 2014, poño de manifesto ao Pleno da Coorporación e para que conste en acta o seguinte: 

En primeiro lugar, indicar que a conta preséntase fora de prazo e con máis de catro meses de retraso ante á Comisión (o límete era o 1 de marzo de 2015). 

En segundo lugar, queremos facer un breve resumo nada máis e nada menos que de 28 REPAROS SUSPENSIVOS feitos pola intervención municipal a unha serie de pagos efectuados e que foron levantados por Resolución da Alcaldía durante o ano 2014: 

a) O pago de facturas por contratación do asesoramento técnico urbanístico e xurídico, por importe superior a 6.000 euros (mensuais), facturas derivadas de contratos menores (de cuantía non superior a 18.000€ e cunha duración máxima dun ano) que son prorrogados irregularmente ano tras ano, nalgún caso dende o 2010. Ocorre o mesmo con outros contratos por servizos xurídicos e de xestión laboral. 

b) Facturas por servizos extraordinarios “horas extra” que incumplen os contratos asinados, onde non se recolle a posibilidade de percepción de horas extra. Ademáis, nalgún caso , sen que lle conste a Intervención os asuntos cuxa importancia fan imprescindible a realización de ditas horas extra. 

c) Irregularidades na presentación das facturas coa empresa INBISA SERVICIOS E MEDIO AMBIENTE S.A., adxudicataria do contrato de xestión do servizo público de recollida de RSU e envases lixeiros, limpeza do mercado dominical e xestión do punto limpo de Padrón. Contrato adxudicado por procedemento negociado sen publicidade, e que superada con creces na data de emisión do informe da intervención, o valor estimado esixido para este tipo de contratos. 

d) En relación coas factura das seguintes empresas ROO Montajes Eléctricos S.L e ROOMEL Service S.L; Seigal, S.L; Servizos Sociais Ulla Sar, S.L. derivadas de contratos menores e que ao longo do ano superan con creces o importe para este tipo de contratos, vulnerándose así os principios de concorrencia e publicidade. 

e) Require tamén unha especial mención a Piscina Municipal: no ano 2009 remataba a relación contractual coa empresa Gimnasios Pazos S.A, aínda así, a empresa continuou coa xestión sen ningún tipo de contratación por parte do Concello. Figura no informe da Sra. Interventora o aumento do canon concesional, recollido na cláusula 4ª do contrato, sen motivo coñecido. 

No ano 2009 destináronse a reparación de dita piscina 89.211 euros dunha volta e 140.042,61 céntimos doutra. No 2014, 229.019,24 céntimos destinados a súa reparación. En total, 458.272,85 euros, e a piscina segue sen funcionar a data de hoxe. 

O proceder é similar en relación co servizo da gardería infantil municipal.

f) Ao longo do 2014 realízanse numerosos pagos das denominadas “facturas de caixón”, recoñecidas no informe da intervención e realizadas sen consignación orzamentaria debido a inexistencia de crédito axeitado e suficiente en varios exercicios pechados (reparos suspensivos 7 e 20/2014).

g) Atopámonos cun déficit orzamentario de 95.312,96 euros e cunha débeda viva do Concello de 1.027.418,32 euros. O que demostra que o concello gasta mais do que ingresa.

Nas conclusións, no apartado segundo do informe de intervención de data 28 de abril de 2015 indícase: “Débese proceder a unha redución e contención do gasto corrente que non sexa absolutamente imprescindible para o mantemento dos servizos básicos municipais que se debería concretar sobre todo no capitulo 1 de gastos de persoal e no capítulo 2 de gastos correntes e servizos mediante a elaboración dun Plan Económico-­‐financeiro ou un plan de saneamento” e no apartado terceiro proponse o seguinte: “Débense aumentar os recursos propios mediante a revisión de tódalas ordenanzas fiscais e non fiscais, incluso valorar a procedencia de establecer novos impostos e taxas, de forma que se consiga unha porcentaxe mais alta no financiamento total do presuposto con estes recursos, de forma que se reduza a dependencia dos ingresos procedentes fundamentalmente do capítulo 4, que son fundamentalmente achegas doutras Administracións Públicas”.

Neste sentido nós somos totalmente contrarios, a que sexan os cidadáns de Padrón os que cos seus impostos financien a mala praxis de gasto do Concello de Padrón ao longo de décadas, pero sí estamos de acordo cunha revisión das taxas e ordenanzas para adecualas aos tempos actuáis, pero acompañado dun Plan Económico – financieiro ou Plan de saneamento.

Finalmente indicar que o máis grave de todo e que isto é so un pequeno resume de entre moitas outras irregularidades recollidas pola Sra. Interventora e que atopamos nesas contas. Veciños de Padrón, seguindo cos seus principios, optará pola abstención na votación ao non formar parte da Corporación Municipal no momento no que se realizaron, pero non sen denunciar, por medio de esta Concelleira, as anomalías que se están a producir. E advertindo de que a nosa formación realizará un control exhaustivo das contas municipais no presente exercicio e seguintes, mediante o exame exhaustivo da documentación que consideremos oportuna e non descartando a posibilidade da adopción de otras medidas de persistir ditas irregularidades.