Axenda e tempo do martes 15 de xullo - Concertos, exposicións

Santiago - Chocolate - Curioso Periplo

Santiago - Vía sacra Peregrina Festival

Santiago - Soledad Vélez

Santiago - vive o verán

Santiago - Via Stellae - Anonymous 4


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Xente de Rois - Estado ruinoso do parque infantil de Lamego

O COLECTIVO XENTE DE ROIS DENUNCIA O ESTADO RUINOSO DO PARQUE INFANTIL DE LAMEGO
O deplorable estado das instalacións do Parque Infantil de Lamego, na parroquia de Seira, é patente. Segundo a Asociación Cívica Xente de Rois, non se trata só de que non se corte a herba e se faga o mantemento pertinente: ir a este parque é perigoso para a integridade física dos nenos e tamén dos adultos, e calquera día pode producirse un accidente. 

As instalacións necesitan unha reparación de urxencia, especialmente o telladiño que hai no tobogán, que está a piques de caer. En calquera caso, afirman desde Xente de Rois, o estado actual do parque de Lamego simboliza o abandono xeneralizado que se dá en moitos lugares do concello.

Psoe Teo - Mantemento do rexistro civil no concello

O PSOE DE TEO SOLICITA O MANTEMENTO DO REXISTRO CIVIL EN TEO

Os Socialistas de Teo veñen de presentar unha moción a fin de defender no próximo Pleno ordinario o mantemento do rexistro civil en Teo, no ámbito municipal, xa que conforme ao Real decreto 8/2014 de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, con data máxima o 15 de xullo de 2015, ou antes se se adianta a vixencia da norma, a competencia para o rexistro civil será dos rexistradores que teñan ao seu cargo as oficinas do rexistro mercantil. 

O Rexistro Civil de Teo expide unha media de 300 certificacións rexistrais ao mes, case 4.000 certificacións ao ano. A maior parte delas solicítanse na súas dependencias directamente polos cidadáns do concello, a quen se lles entregan no momento, é dicir, o servizo préstase de xeito directo e inmediato (agás aquelas que precisan ser apostilladas polo Tribuna Superior de Xustiza, ou aquelas outras que se estenden sobre documentos doutros países). 

A entrega do Rexistro Civil aos rexistradores mercantís supón que os cidadáns do concello de Teo, como os doutros moitos concellos, terán que desprazarse a outra cidade a facer os trámites relativos aos expedientes rexistrais así como para solicitaren calquera certificación que precisen.

O Ministro de Xustiza sostén que o servizo continuará sendo gratuíto, sen embargo no Real Decreto lei 8/2014 se establece que o réxime de aportación polos rexistradores se determinará sobre o principio de distribución dos gastos entre os rexistradores, en proporción ao número de operacións rexistrais realizadas polos mesmos. É dicir, que por cada operación rexistral os rexistradores percibirán unha cantidade (de momento indeterminada), polo que será o número de operacións que realicen as que determinen a súa aportación ao mantemento do sistema.

Así mesmo, Uxía Lemus, concelleira do PSdeG de Teo, sinala que “esta medida significa outra nova privatización dun servizo público: os rexistradores son funcionarios públicos cun réxime especial que lles permite cobrar por arancel e contratar traballadores para a prestación do servizo, polo que o seu obxectivo é o de maximizar o beneficio e o tratamento dos datos queda en mans privadas.



O acceso a todos os datos relativos a nosa identidade, estado civil, enderezo… engadidos aos que estes rexistros xa posúen en relación as persoas xurídicas, convérteos nun “gran irmán”, con control sobre a nosas vidas e xestionado por traballadores que responden a intereses privados, sen ningunha responsabilidade pública”.



Esta medida únese a outras que supoñen a destrución do servizo público da Xustiza, ante as cales o PSOE amosou o seu total rexeitamento. Primeiro, coa Lei de Taxas e os recortes no dereito a Xustiza Gratuíta, impediuse o acceso a centos de miles de cidadán á Xustiza. Así mesmo, a nova Lei Orgánica do Poder Xudicial arrasará coa Xustiza de Proximidade e finalmente, coa modificación da regulación e as competencias do Rexistro Civil, saqueará a millóns de cidadáns en favor dun pequeno colectivo de privilexiados: os Rexistradores mercantís, aos que agora hai que engadir os Notarios. 



Stop Desahucios - Parada dun desafiuzamento en Aríns

Stop Desahucios Compostela está acompañando á familia nesta noite previa ó desafiuzamento.

Hoxe imos parar o lanzamento desta familia. 

A actividade empresarial pola que podemos atopar a Rachid Messaudi na rede é alugueres por conta propia. Casualmente un destes alugueres é o desta familia que herdou o terreo da súa familia e levantou a casa coas súas propias mans e que por unha diversidade de situacións legais pero non xustas e con enganos e o que entendemos unha estafa, atopouse sen a propiedade. Cantas familias máis perderon a vivenda así?

O xulgado ten que escoitar á familia. Presentar o escrito fora de prazo non é razón suficiente para deixar a unha familia sin a súa vivenda; 5 persoas ficaran sen vivenda por unha cuestión de "forma" e pola pouca sensibilidade xudicial ante estas situacións.

Inténtase que quen é de aplicar a xustiza teña a sensibilidade á hora de facelo e teña en conta de resolver a denuncia por estafa presentada por esta familia antes de botalos da súa casa.

Hoxe 15 de xullo toda a veciñanza de Aríns vai estar diante da porta da casa parando este inxusto desafiuzamento.

Ordes - Aprobada a conta xeral do 2013

Ordes aproba as contas xerais do ano 2013
O documento sinala un superávit darredor de 1.400.000 euros e un remanente en Tesourería de 1.180.000 euros. Marín califícaas de “reais e equilibradas, cumprindo así cos obxectivos de estabilidade orzamentaria”

Onte o Concello de Ordes aprobou a súa conta xeral do exercicio 2013. “Unhas contas reais e equilibradas que veñen a demostrar que se están a facer ben as cousas ao conseguir reducir a débeda do municipio e cumplir cos obxectivos de estabilidade orzamentaria”, según a tenente de alcalde Silvia Marín. A voceira do goberno local tamén engadiu que con respecto a anos anteriores a débeda por habitante descendeu nun 16% ata situarse nos 581 euros. Dende o departamento de Intervención municipal falan dunhas contas “que indican unha mellora notable nos indicativos de situación económica do Concello”. En base ás cifras reflexadas no documento actualmente o superávit ascende a arredor de 1.400.000 euros mentres que o remanenente de Tesourería acada o 1.180.000 euros. 

Unha perspectiva positiva que tamén se contempla así dende a bancada dos socialistas, quenes ademais de destacar o descenso no tempo medio á hora de formalizar os pagos por parte do Concello, tamén pediron explicacións do abono da factura presentada por SOGAMA cun incremento do 34%. Neste punto Manuel Regos asegurou a apertura dun proceso xudicial de recurso contra esta medida adoutada de xeito unilateral polo organismo dependente da Xunta, “xa que temos asinado un convenio vixente ata o ano 2019 con eles, polo que estamos seguros de que eses cartos nos serán devoltos”. 

O PP calificou as contas de irreais e perxudiciais para o municipio polas diferencias sinaladas en materia de ingresos e nos investimentos previstos nun principio. Tamén foi enérxica a súa crítica “pola suba de imposto saos cidadáns” e “por non levar a cabo un plan de reactivación da economía local”.

O BNG abordou “a falta de investimentos a causa da situación económica herdada do pasado”, dando a entender que “a débeda redúcese grazas á non ofrecerlle servizos aos cidadáns”. No turno de réplica foi novamente Marín quen puntualizou que “o descenso de investimentos é unha constante xeneralizada en calquera municipio debido á situación económica actual”. Marín non deixou pasar por alto que “grazas á bonanza económica de anos anteriores e á boa sintonía entre os membros da coalición que gobernaba anteriormente (UXO, PSOE, Terra Galega, e o independente Manuel Astray) a lexislatura 2007-11 foi o periodo de maior investimento no Concello de Ordes, polo que hai que telo moi en conta á hora de realizar unha análixe comparativa”. Neste punto o goberno criticou a falta de apoio por parte de organismos de índole autonómica á hora de cumplir coas súas obrigas para a realización de obras no eido rural, ou noutros puntos concretos como a polémica estrada de Mercurín.

Ames - Peche do roupeiro municipal ata setembro

Pecha o roupeiro municipal ata o 15 de setembro por reestruturación do servizo

Entre o 15 de xullo e o 15 de setembro o roupeiro municipal non recollerá roupa co fin de poder ordenar e limpar as súas instalacións de cara ao vindeiro curso e tamén por descanso do persoal voluntario que traballa de xeito desinteresado neste servizo. A pesar diso, en todo momento seguirase entregando roupa a todas aquelas persoas que así o solicitaron. Este servizo creouse co obxectivo de facerlle fronte á necesidade básica de roupa e calzado do colectivo de poboación amiense menos favorecido.

Dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro o roupeiro municipal do Concello de Ames terá pechadas as súas instalacións para un mellor acondicionamento de toda a roupa que foi entrando durante este ano. Aínda así, seguirase facendo entrega de todos aqueles paquetes de roupa que teñen maior urxencia. Durante estes meses, o persoal voluntario que, de forma desinteresada, traballa neste servizo tomarase un merecido descanso.

O roupeiro está situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldea nova. Neste lugar almacénase a roupa recollida nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro e fanse os paquetes que posteriormente se distribúen. As persoas voluntarias son as principais responsables do funcionamento deste servizo que está en marcha dende o ano 2003. O roupeiro municipal de Ames leva funcionando once anos para atender as necesidades das persoas con menos recursos do concello grazas ao esforzo e ao traballo de persoas voluntarias que xestionan este servizo.

A roupa recóllese nos centros socioculturais tanto de Bertamiráns coma do Milladoiro, entre o luns e o venres, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Alí pódese achegar toda a veciñanza a doar a roupa que desexen, incluíndo calzado, roupa de cama, toallas, carriños e roupa de bebé e mesmo colchóns, mantas e cortinas. Dende alí, a brigada municipal traslada todo o material acumulado ata o depósito do roupeiro municipal situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldea Nova.

As voluntarias son as encargadas de recibir as pezas de roupa, facer a escolla das que estean en bo uso, almacenalas no roupeiro e entregalas ás familias máis desfavorecidas do concello, sempre baixo a supervisión do técnico da Oficina de Voluntariado. Cando chega unha petición por parte dalgún usuario ou usuaria, as voluntarias seleccionan a roupa que mellor se axeite ao caso correspondente e elaboran un paquete adaptado ás características e demandas do/a solicitante.

A oficina de voluntariado tramita as solicitudes de roupa

As familias que desexen solicitar paquetes de roupa terán que achegarse ata a Oficina do Voluntariado e alí o persoal que xestiona este departamento realizará unha ficha cos datos da súa solicitude. Este departamento está situado na Casa da Cultura de Bertamiráns, pero tamén atenderá as necesidades da veciñanza na Casa da Cultura do Milladoiro os luns e os mércores en horario de 9:00 h a 12:00 horas da mañá.

Por outra parte, todas as persoas que queiran botar unha man e prestar axuda ás voluntarias e ás persoas que máis o precisan ou resolver calquera dúbida, poden informarse de xeito presencial na Oficina Municipal de Voluntariado, situado na Casa da Cultura de Bertamiráns, chamando ao número de teléfono 662 377 044, ou a través do Facebook (voluntariado de Ames).

Teo - retén nocturno de protección civil ata setembro

o concello de Teo pon en marcha un retén nocturno de protección civil ata mediados de setembro
A medida funcionará no período de maior risco de incendios forestais 
Os servizos de emerxencia lembran a recomendación de avisar ao 112 en canto se vexa un lume 

O Concello de Teo pon en marcha un retén nocturno de Protección Civil que funcionará durante o período estival, no momento de maior risco de incendios forestais. Dende hoxe o persoal do Servizo Municipal de Emerxencia fará gardas localizadas pola noite para poder dar unha resposta rápida a calquera aviso de incendio forestal. 

Trátase dunha medida dirixida especificamente a atender os avisos en materia de lume. As incidencias non urxentes atenderanse como é habitual en horario diurno, entre as 08:00 e as 22:00 horas. O retén nocturno funcionará dende mediados de xullo a mediados de setembro e atenderá os aviso do 112, o encargado de mobilizar os servizos de emerxencias. 

O Servizo Municipal de Emerxencias de Teo conta con sete membros financiados con fondos propios municipais e cubren o servizo en quendas de dúas ou tres persoas. Este servizo nocturno “faise cun esforzo económico e persoal extra por parte do persoas e do Concello conscientes da necesidade de ter unha rápida resposta diante dun incendio” explica o concelleiro responsable de seguridade, Rafael Sisto. 

O SME conta cunha autobomba forestal cunha capacidade de 3.500 litros de auga, unha autobomba urbana cun depósito de 2.000 litros e un vehículo de primeira intervención, moito máis lixeiro ca os anteriores con 400 litros a alta presión. Normalmente nos avisos por incendio saen dous ou tres vehículos, o primeiro case sempre o de intervención rápida que ten un tempo de resposta menor. 

Protección Civil lémbralle á cidadanía que a rapidez é fundamental á hora de minimizar as consecuencias do lume, polo que se ven algún incendio deben avisar o antes posible ao 112.

Coordinadora Galega pola Paz - Concentración en contra do ataque israelí

La Coordinadora Galega pola Paz convoca concentraciones en contra del ataque israelí a la población palestina, delante de todos los Concellos de Galicia mañana martes, a las 20:00 horas
Demanda declaraciones de condena por parte del Parlamento Galego, del Estado y de Europa

“Hacemos un llamamiento a la solidaridad con el pueblo palestino y de apoyo a sus justas demandas de autodeterminación y creación de un Estado propio”

La Coordinadora Galega pola Paz hace un llamamiento a la solidaridad de la sociedad civil y la ciudadanía para condenar las acciones violentas del ejercito israelí contra la población palestina de la franja de Gaza. El acto, encabezado por cinco representantes de la Coordinadora Galega pola Paz, se celebró en el salón Rahid del hotel Eurostars Araguaney de Santiago, sede de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas (miembro de la Coordinadora Galega pola Paz). 

La Coordinadora Galega pola Paz manifiesta públicamente su rechazo más absoluto a las acciones “genocidas” del gobierno sionista de Israel en contra del pueblo palestino, particularmente, en contra de la población civil de la franja de Gaza. El presidente de la Asociación Galaico Árabe Jenin, Sami Ashour, solicitó el apoyo de la sociedad gallega al pueblo palestino asediado por la ofensiva isrelí, que ha causado la muerte de más de 160 personas en los últimos días, más de 1.000 heridos y la destrucción de más de 400 viviendas.

Según el comunicado leído por la red, por su portavoz Manuel de Dios, este conflicto constituye la “enésima violación de la legalidad internacional y de los derechos humanos más elementales” por parte del gobierno israelí, en esta ocasión, “contra un territorio ilegalmente aislado y bloqueado” en el que viven millones de personas, “un auténtico campo de concentración sometido periódicamente a acciones militares unilaterales y desproporcionadas por parte de un Estado terrorista que provoca numerosas víctimas inocentes, especialmente, mujeres, ancianos y niños”.

En su intervención, los representantes de la Coordinadora Galega pola Paz destacaron que además de los ataques de la “poderosísima maquinaria de muerte”, a través de todos los medios militares –misiles, aviones, drons, asesinatos selectivos–, ahora se abre la posibilidad de una nueva intervención militar “terrestre” israelí, saltándose una vez más las resoluciones de Naciones Unidas y el derecho humanitario, extendiendo la amenaza de generalizar la violencia en toda la región.

Para la Coordinadora Galega pola Paz resulta imprescindible la presión de la sociedad civil y de los ciudadanos delante de sus propias instituciones y de las del gobierno israelí, con la finalidad de impedir esta nueva matanza. “Hacemos un llamamiento a la solidaridad con el pueblo palestino y de apoyo a sus justas demandas de autodeterminación y creación de un Estado propio” –expresan–. 

Demanda declaraciones de solidaridad y condena por parte del Parlamento Galego, del Estado y de Europa, así como de los Concellos gallegos, para remitir al gobierno, a la embajada y los consulados de Israel en España. Igualmente solicitan el respaldo de la comunidad internacional, con especial hincapié en la Unión Europea, animándola a no permanecer más tiempo callada y a luchar por la mediación y el diálogo entre las partes, además de imponer sanciones económicas y políticas contra el gobierno israelí.

La entidad asegura también que convocará y apoyará todas las acciones pacíficas y democráticas que se realicen para dar fin a la escalada militar, con el objetivo de conseguir el alto al fuego y el estricto cumplimiento de la legalidad internacional, según las resoluciones de la ONU y los derechos humanos, así como una resolución negociada al conflicto. En concreto, la Coordinadora Galega pola Paz convoca concentraciones unitarias delante de todos los Concellos de Galicia mañana martes, día 15 de julio, a las 20:00 horas.

La Coordinadora Galega pola Paz es una red de la sociedad civil nacida con motivo de la guerra de Irak en 2001, formada por ONGs, fundaciones, partidos políticos y sindicatos, de carácter abierto y plural. Está compuesta por: 

Adega, Altermundo, Amarante, Anova, Asociación Chambo, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Recandea, CC.OO de Galicia, Colectivo Encontro Benestar, Comunidad Palestina Galaico-Árabe JENIN, Compromiso por Galicia, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, Equo, Espazo Ecosocialista Galego, EU-IU, Federación Ecoloxista Galega, Fete- Ugt, Foro Galego da Inmigración, Fundación Araguaney-puente de Culturas, Fundación 10 de Marzo, Fundación para a Igualdade María Xosé Arcos, Fundación Internacional Baltasar Garzón, Fundación Luís Tilve, Grupo de Obxección Fiscal Galega, INTERED- Galicia, INTERMON-OXFAM, Mocidade Nacionalista Galega, Movemento Rural Cristián, Mulleres Cristiás Galegas, Pola Esquerda, PSOE, Seminario Galego de Educación para a Paz, STEG, SLG-CC.LL, Solidariedade Internacional, UGT, Unión de Estudiantes Árabes, UU.AA., Voluntariado Social ROGAS, Verdegaia, XCG, XX.SS.

BNG Compostela - Rexeitamento da intervención da policía local nun desafiuzamento

O BNG rexeita a intervención da Policía local no desafiuzamento producido en Concheiros
Presentaralle unha pregunta ao alcalde para coñecer quen deu esa orde cando hai un acordo plenario, impulsado polo BNG, para evitar estas intervencións

O Goberno local de Santiago incumpriu o acordo plenario, impulsado polo grupo municipal do BNG, destinado a que a Policía local teña instrucións expresas de non intervir nos casos de desafiuzamentos que se poidan producir na cidade. En concreto, o BNG preguntaralle ao alcalde quen deu a orde para que a Policía local de Santiago participase o pasado xoves 10 de xullo ás 9:15 horas nun desaloxo dun estabelecemento comercial na rúa dos Concheiros, a pesar de que o grupo municipal do PP argumentara no Pleno que este corpo de seguridade carece desa competencia.

“A iniciativa aprobada no Pleno de novembro de 2012 ía destinada, ademais, a modificar a Lei Hipotecaria para frear os desafiuzamentos”, explicou o concelleiro Rafael Vilar, “porque significan a cara dramática da crise; son un problema social que supera o ámbito do individual”.

O BNG conseguiu un acordo por unanimidade, cunha transacción do PP, para instar ao Goberno galego e ao Goberno do Estado, nos seus respectivos ámbitos de competencias, a amosar sensibilidade na paralización dos desafiuzamentos e a avanzar na defensa dos debedores hipotecarios vulnerábeis, para consolidar e mellorar o novo marco xurídico da Lei Hipotecaria á vez que se facilitan vivendas de aluguer social para quen perdan os seus fogares.

Cómpre lembrar que o BNG defendeu a modificación da Lei Hipotecaria e a dación en pago no Congreso xa en marzo de 2011 e no Pleno do Concello de Santiago en novembro de 2011, en febreiro de 2012 e en novembro de 2012, cando se acadou este acordo. Considera o BNG que “tanto o decreto aprobado polo PP como a modificación posterior son insuficientes porque deixan fóra a maior parte das persoas afectadas e non propón modificacións lexislativas básicas, como aconteceu neste caso na rúa de Concheiros”, sinalou o concelleiro Rafael Vilar.

Festigal - Obradoiros e contacontos para os máis pequenos

Obradoiros e contacontos amenizarán a zona infantil do Festigal 2014
Poderán ver os espectáculos “O galo Quirico”, da compañía Seis Dedos, e “A música as árbores”, de Anxo Moure

Nenas e nenos contan con espazo de seu para xogar e aprender no Festigal 2014. Despois do xantar do Día da Patria terán oportunidade de participar en obradoiros de música, danza, teatro e maquillaxe, ademais de contacontos, títeres e xogos tradicionais galegos para o seu entretemento.

Entre as actividades relacionadas co folclore tradicional, destacan os obradoiros de construción de xoguetes sonoros e instrumentos vexetais, guiados por Pablo Carpinteiro coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos.

O tempo para mover o esqueleto ao ritmo da música será a partir das 17:30 horas, co obradoiro de bailes, cancións tradicionais e de xogos bailados, tamén coa Asociación de Gaiteiros Galegos, desta vez da man de Olga Kirk.

Haberá tamén obradoiros de globoflexia e de maquillaxe, coa Asociación Lusco-Fusco de Lugo, onde farán as formas máis divertidas e imaxinativas que ademais contribuirán a fomentar a creatividade das crianzas.

Para quen prefira contacontos, dende as 16:30 horas poderán escoitar “O neno e a estrela”, coa colaboración do colectivo Fabaloba; e o espectáculo “A música das árbores” presentado polo Cabalo con botas, con Anxo Moure, ás 17:00 horas. A arte de contar historias, concibida como un elemento da tradición oral de cada pobo que se transmite de xeración en xeración para compartir unha mensaxe, será un dos atractivos para os máis pequenos e pequenas neste Festigal 2014, ao tempo que exercitan a narración oral, aprenden a escoitar e a interpretar unha explicación máxica para resolver a trama de cada conto.

Para as nenas e os nenos máis teatreiros, ás 18:30 a compañía Seis Dedos exhibirá o espectáculo “O galo Quirico”; e as crianzas máis buligueiras teñen unha cita coa compañía de danza Cisma que presentará ás 19:30 “Entre nanas e cascallos”.

Trátase, pois, dun amplo programa de lecer e de aprendizaxe para cativos e cativas, que terán na sesión de tarde da celebración do Día da Patria no campus sur de Santiago de Compostela un espazo para o seu entretemento.

Santiago - Clausura do Vía Stellae con Anonymous 4

Un concerto de Anonymous 4 clausura o festival Via Stellae en San Paio de Antealtares

O Festival Via Stellae que comezou o pasado 20 de xuño chega mañá ao seu fin cun concerto de clausura protagonizado por Anonymous 4. Con dous millóns de discos vendidos en todo o mundo e máis de 25 anos de carreira xuntas, o cuarteto vocal feminino norteamericano preparou para a ocasión un programa moi especial, resumo da súa exitosa traxectoria. Esta antoloxía inclúe unha peza de cada un dos seus discos gravados para Harmonia Mundi USA (incluído Miracles of Sant’Iago)… Unha ampla panorámica dos cantos medievais e polifonías de Inglaterra, Francia, España ou Alemaña e pezas expresamente escritas e dedicadas a estas catro mulleres que forman parte da historia da recuperación da música da Idade Media. Será hoxe martes ás 21.00h en San Paio de Antealtares e a entrada é de balde previa retirada de convites no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18.00 a 21.00h)

Antoloxía de Anonymous 4... máis de 25 anos cantando xuntas
Cando catro mulleres novas se reuniron para interpretar uns cantos medievais e polifonía na primavera de 1986, tratouse do mesmo que moitos pequenos grupos de músicos fan cada día en busca dunha aventura artística e dunha autonomía que as súas actividades musicais habituais non lles poden proporcionar. Igual agora como antes, as propias persoas e a unidade da súa música intentan facer clic... prodúcese esa química... e naceu un longo período de relación musical. En colaboración con cada unha delas e con Harmonia Mundi USA e a produtora Robina Young, tivemos o privilexio de poder gravar case todos os nosos programas de concerto. En Anthology, creamos un concerto especial para celebrar os nosos máis de 25 anos xuntas. Contén un obra de cada un dos nosos discos con HMU, así como unha peza escrita para nós por Richard Eihnom, o compositor de Voices of Light, máis unha nova composición do célebre neoiorquino David Lang. É o noso regalo para vostedes, para aqueles que nos escoitan, que axudaron a facer todo isto posible. Anonymous 4

ANONYMOUS 4
Ruth Cunningham 
Marsha Genensky
Susan Hellauer
Jacqueline Horner-Kwiatek

Con case dous millóns de copias vendidas mundialmente en Harmonia Mundi USA, Anonymous 4 presentouse en moitos dos máis prestixiados festivais e escenarios. Os seus programas musicais incluíron pezas do ano 1000; música e poesía da mística abadesa do século XII, Hildegarda de Bingen; do século XIII e XIV cantos e polifonía de Inglaterra, Francia, España; vilancicos medievais das Illas Británicas; cancións e obras escritas recentemente para o grupo. Estas gravacións recibiron prestixiosos premios como Diapason d'Or de Francia, Classic CD's Disc of the Year, Classic FM's Early Music Recording of the Year, varios premios Gramophone Editor's Choice, premio Antonio Vivalidi en Italia, o premio Le Monde da Musique's Choc, tivo xa dúas veces o máis alto número de votos como un dos Billboard's Top Classical Artists. Recentemente volveron ás listas do Billboard co lanzamento da súa produción Secret Voices (2011), música do século XIII, o códice español Las Huelgas.

Novena edición do Via Stellae
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia organizan e promoven a novena edición do Festival Via Stellae, un certame esencial no verán compostelán que, a piques de cumprir os seus dez primeiros anos de vida, vén avalado por unha consolidada traxectoria e que sempre contou co respaldo do público e co recoñecemento da prensa especializada. O festival celebrouse do 20 de xuño ao 13 de xullo contando, nesta edición, cun total de 23 concertos.

A Baña - Curso de ocio inclusivo

El Concello da Baña organiza por primera vez un curso de Ocio Inclusivo que tendrá lugar los días 28 y 30 de julio y 1 de agosto en horario de 9.30 a 13.00 horas. 

Esta iniciativa pionera trata de ahondar en el ámbito del ocio, de la educación no formal y en la intervención con personas en riesgo de exclusión y colectivos de especial vulnerabilidad, centrándose en la discapacidad. 

La concelleira de Educación e Cultura da Baña, Alicia Blanco, recuerda que “está aberta a todos os interesados” y que trata de abrir la oferta de ocio “a todos, sin ningunha distinción”. Pueden apuntarse quien desee ampliar su formación en el campo de la inclusión. Los interesados pueden recabar más información en la Axencia de Desenvolvemento Local y en los siguientes teléfonos: 981.886.777-607.559.348-981.886.501.

Ordes - Xornada sobre a potencialidade do grelo

Produtores de grelos de Ordes celebran unha xornada sobre a potencialidade hortícola da zona

Centrouse na comercialización do grelos baixo a fórmula cooperativista e contou coa colaboración da Mancomunidade. Organizada pola Rede Eusumo e a Consellería de Traballo, terá continuidade o vindeiro mércores 

O Concello de Ordes acolleu a celebración dunha xornada informativa para analizar e divulgar a potencialidade produtiva hortícola no contorno rural. Unha cita orientada específicamente aos produtores de grelos da zona. Nela se inscribiron máis de 20 persoas, contando coa colaboración da Oficina de Fomento ao Cooperativismo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. 

No encontro que tivo lugar no centro da Rede Eusumo, ubicado nos baixos da Alameda, falouse das ventaxas e posibilidades que presentan as distintas tipoloxías cooperativistas agrarias, de traballo asociado e de explotación comunitaria da terra. Unha análise que se centrou na produción, distribución e comercialización do grelo e que se seguirá a abordar mañá mércores 16 de xullo dende primeira hora da mañá.

Entre os ponentes que asistiron á xornada e que tamén aportaron información audiovisual e gráfica en referencia ao tema figuraron: Carmen Valiño, socia de Milhulloa; Fernando Veiga, xerente de Horsal; José López Pérez, xerente de Melisanto e Loli Couso e Ruth Rodríguez como técnicas de AGACA organizadora do encontro conxuntamente coa Consellería de Traballo.

BNG Compostela - Demanda de apertura da cafetería da estación de autobuses

O BNG reclama axilizar as xestións para pór en marcha a cafetaría da estación de autobuses
Pese á necesidade existente de viaxeiros e viaxeiras de usar a cafetaría da estación de autobuses e ao compromiso adquirido cos traballadores, non se coñecen avances do Goberno local cara á recuperación deste servizo

O grupo municipal do BNG demandará no vindeiro Pleno que se axilice a solución para restabelecer na estación de autobuses o servizo de cafetaría e de restauración en condicións que permitan a continuidade dos traballadores.

En rolda de prensa, o portavoz explicou que se trata dunha demanda recorrente do BNG “porque é un servizo importante nunha cidade como a nosa, na que diariamente fan uso da estación un elevado número de persoas e teñen na cafetaría un espazo acaído para as esperas máis ou menos prolongadas”.

Ademais, o peche do servizo, en marzo deste ano, deixou sen traballo un colectivo de profesionais que levaba moitos anos a desempeñar a súa actividade e cos que o anterior concelleiro responsábel da área, Luís Bello, adquirira o compromiso de velar pola súa continuidade. No Pleno de febreiro deste ano o BNG presentou un rogo no mesmo sentido e a acta recolle o compromiso de que, así como se fixera nos primeiros pregos de condicións, nos vindeiros tamén se recollería a subrogación dos traballadores. Aínda que non se fixo exactamente así, incluíuse neles a relación de persoal coas circunstancias de cada un. Pese a que as condicións variaran significativamente á baixa entre o primeiro concurso e o segundo, este, como é sabido, tamén quedou deserto.

O primeiro concurso iniciárase en setembro de 2013; a el presentárase unha única empresa que se retirou en decembro; logo de pechar o servizo en marzo iniciouse outro proceso para a contratación, con condicións máis suaves, pero non se presentou ningunha empresa. Até a actualidade, pese á necesidade existente de viaxeiros e viaxeiras de usar a cafetaría da estación de autobuses e ao compromiso adquirido co persoal, non se coñecen avances cara á recuperación deste servizo.

“Estamos, xa que logo, diante dun triplo problema: a estación sen servizo de cafetería e restaurante, o persoal sen traballo e o Concello de Santiago, a través de Tussa, sen recibir as contribucións económicas derivadas desta concesión”, concluíu.

Touro - Inversión na mellora das vías municipáis

Touro invertirá 200.000 euros en la reparación de una parte de su infraestructura viaria

El Concello de Touro invertirá cerca de 200.000 euros en la reparación de una parte de su infraestructura viaria. Técnicos de la Deputación da Coruña y el concejal de Obras de Touro, Eugenio Montero, visitaron las vías que afrontarán mejoras en las próximas semanas. Levantaron acta de replanteo y dieron ‘luz verde’ al inicio de las obras. Esta inversión llega a Touro a través de un convenio firmado entre el propio Concello y la Deputación da Coruña. El Concello de Touro también afrontará otras inversiones a través de diferentes programas formalizados con Xunta y Deputación da Coruña.

La inversión prevista en las obras visitadas suma 187.000 euros y entre las obras previstas está la reparación y asfaltado de la vía de la AC-960 a Porcariza (Vilar), la carretera de Casas Novas a Vilaperre, el camino de la iglesia de Prevediños al límite con Loureda, la carretera de la Iglesia de Foxás a Vilar, y la pavimentación de vías en Pena y Lago, entre otras. Las obras también incluyen la construcción de algunos muros de contención y en casi todas se afronta la apertura de gabias y la limpieza de salvagabias para el correcto drenaje de la insfraestructura.

El concejal de Obras destacó en la visita a las obras que éstas comenzarán en las próximas semanas una vez se formalicen todos los trámites. El Concello de Touro confía en que el grueso del proyecto se acometa en los meses de buen tiempo para que con el inicio del invierno estén listos y en condiciones los viales que deberán repararse.

Pacto X Ames - Problemas nas parrquias de Eirapedriña e Framán

Os veciños deEirapedriña e de Framán, na parroquia de Bugallido,seguen sen poder ver a televisión porque o repetidor ten carencia técnicas. Os veciños levan máis de 8 meses reclamando a solucióndeste problema e o goberno do PP non sabe/non contesta.

No caso de Cerdeiras, na parroquia de Ames, o problema é que os rapaces non poden xogar no parque infantil porque está cheo de maleza, as beirarrúas están ateigadas de maleza. O goberno quedou de limpalo polas festas, pero pasaron e seguen igual.

Veciños da zona de Eirapedriña e Framán polo tema da televisión e de Cerdeiras, polo tema do parque infantil, puxéronse en contacto con concelleiros de PxA para que intercedesen ante concello, unha vez máis, co fin de solucionar as deficiencias, de unha vez por todas, despois de esperar pacientemente meses para que alguén do concello tomara a decisión de arranxar os problemas do repetidor da televisión e o parque infantil de Cerdeiras que se encontra cheo de maleza.

Os problemas do repetidor da televisión xa foran tratados no pleno da corporación en repetidas ocasións polos concelleiros de PxA, e ata o de agora, os membros do goberno do PP nin arranxaron o problema nin chamaron aos representantes dos veciños para darlle unha explicación.

En canto ao parque de Cerdeiras, en repetidas ocasións, os veciños da zona e no seu nome, os concelleiros de PxA, solicitaron ao goberno que librara de maleza a zona do parque infantil que se atopa cheo de herbas e maleza que impiden aos cativos xogar nel.

En canto as beirarrúas de Cerdeiras, están cheas de arbustos e herbas que impiden andar por elas e teñen que baixar a calzada, co perigo que pode ocasionar para os viandantes.

PxA acaba de presentar por rexistro de entrada sendos escritos reclamando a solución destes problemas xa que non se fixo caso aos rogos que se presentaron nos distintos plenos da corporación.

No caso dos repetidores quedaron en dar unha resposta xa fai máis de 8 meses e como ven sendo habitual, o goberno do PP da a calada por resposta.



En canto ao parque infantil, o goberno do PP quedou de facer a limpeza antes das festas, pero pasadas estas, seguen sen limpar.

PP Ordes - Rexeitamento da conta xeral

O PP de Ordes rexeita a Conta Xeral de 2013 pola improvisación e a falta de rigor que caracteriza a xestión presupostaria municipal 
Os ingresos reais foron un 31% inferiores aos orzamentados, o que revela falta de rigor na elaboración das contas 
O Concello destinou a investimentos reais tan só un terzo do previsto en 2013, o que explica a caída do investimento por habitante, que pasou de 338€ en 2009 e tan só 141€ en 2013 
Sen embargo, os veciños pagan cada vez máis impostos municipais, pasando de 226,88€/veciño en 2007 a 355,36€ en 2013 

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes votou hoxe en contra da Conta Xeral de 2013 deste Concello por estar en desacordo coa improvisación e a falta de rigor que caracterizan a xestión económica do Goberno local, pero tamén polo elevado endebedamento, que cun total de 6,6 millóns de euros de débeda vida (entidades bancarias) as que hai que engadir débedas a curto prazo, supón unha carga absoluta de 581,46€ de débeda por habitante, moi superior á media da comarca.

No pleno extraordinario celebrado para someter á Corporación a Conta xeral do Concello de Ordes correspondente ao exercicio de 2013, o portavoz do PP local, José Luis Martínez, cuestionou a nula planificación presupostaria do municipio, caracterizada por constantes desaxustes. Como exemplo, apuntou que os ingresos reais do Concello de Ordes en 2013 foron un 30% inferiores aos presupostados, acreditándose así a falta de rigor na elaboración das contas municipais, aprobadas por UXO, PSOE e CdG.

Só un terzo dos investimentos previstos
O voceiro do PP criticou que fronte á previsión inicial de destinar 4,4 millóns de euros a investimentos reais, previsión incrementada posteriormente ata os 5,4 millóns de euros, o exercicio de 2013 rematou cun investimento real de tan só 1,8 millóns de euros, é dicir, a terceira parte do presupostado. 

Estes datos explican o intenso retroceso experimentado polo investimento municipal medio por habitante en Ordes nos últimos anos, ao pasar de 338 euros no ano 2009, a tan só 141€/habitante en 2013. Unha caída que, segundo avanzou o portavoz do Partido Popular, se manterá no exercicio de 2014.

Sen embargo, os impostos que os veciños de Ordes pagan ao Concello aumentaron un 56,63% desde 2007, ao pasar dunha media de 226,88€/veciño en 2007 a 355,36€/habitante no pasado exercicio; e continuarán a facelo nas mans de Regos e Silvia Marín ata o ano 2022 se non se toman medidas importantes de contención do gasto corrente e refinanciación da débeda bancaria.

A situación descrita (brusca caída dos investimentos e crecente presión fiscal) é unha consecuencia directa do elevado endebedamento xerado polo Goberno de Regos desde comezos da pasada lexislatura e que se traduce nunha débeda viva de 6.689.499,23 euros a 31-12-2013, cunha media en termos absolutos de 581,41€/habitante. “Unha herdanza envelenada que Regos lle lega a todos os veciños a cambio de nada”, afirmou Martínez Sanjurjo.

O alcalde debe explicar as irregularidades
O portavoz popular reclamou tamén ao alcalde que explique as irregularidades que pon de manifesto o informe do interventor municipal, como a ausencia de fiscalización dunha factura por traballos que deberían ter sido licitados, o pagamento indiscriminado de complementos de produtividade e gratificacións sen xustificación concreta e a subvención outorgada e pagada polo Concello a un festival que nunca se celebrou.

Sen cartos para arranxar buratos, pero sí para festivais inexistentes

“O Concello afirma non ter cartos para arranxar os buratos das rúas e nas estradas, pero sorprendentemente paga facturas de festivais que nunca se chegaron a celebrar, cousas dun alcalde que afirma non ser covarde, pero cada día acumula máis razóns para escapar dos veciños aos que teme tanto como ignora”, conclúe Martínez Sanjurjo.

Axenda luns 14 de xullo - Música, circo, exposicións

Santiago - Cirque du soleil

Santiago - Vía sacra Peregrina Festival - Narf

Santiago - vive o verán

Santiago - Via Stellae 2014.


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Podemos Ames - Asamblea aberta

O Círculo Podemos de Ames convoca á cidadanía a participar na súa asemblea aberta que terá lugar hoxe 14 de xullo ás 20:30 na sala do piso de arriba do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Ca seguinte orde do día.

Orde do Día

1 Presentación

2 Lectura da acta anterior

3 Proposta de Ames Novo

4 Exposición de propostas de Compromiso Ético

5 Exposición de propostas de organización interna do Círculo

6 Rogos e propostas. ¿Tes dúbidas?

Concello de Ames a 13 de xullo do 2014

Casa das Crechas - Concerto de NARF no Vía Sacra Peregrina Festival

concerto de NARF no Via Sacra Peregrina Festival
A maioría dos temas que interpretará pertencen ao seu último traballo, ‘Nas tardes escuras’ (2013) sobre poemas de Rosalía

Continúa na praza da Vía Sacra o Via Sacra Peregrina Festival organizado polos tres locais que dan a este espazo emblemático: Cervantes, Albaroque e Casa das Crechas. Esta programación de xullo está patrocinada pola cervexa artesá compostelá A Peregrina e acolle hoxe luns ás 19.30 horas un concerto do cantautor galego NARF.

Recentemente recoñecido nos Premios Galegos da Música “Martín Códax” como mellor intérprete na categoría de de Rock e Blues, Fran Pérez NARF continúa coas súas presentacións en solitario, aparte dos concertos co seu novo grupo, o NARF TRIO. O variado repertorio do seu espectáculo recolle as mellores cancións dos seus últimos traballos discográficos, así como temas inéditos nacidos da intensa relación deste músico viaxeiro con artistas de países do ámbito da Lusofonía, especialmente Mozambique e Guiné Bissau. 

Lugar especial neste concerto terán algúns dos temas de “Nas Tardes Escuras” (2013) , o novo disco de NARF sobre poemas de Rosalía de Castro. Editado en formato “libro-disco” por El Patito Editorial, conta coas ilustracións de Fausto Isorna, e a produción musical de Antonio Vázquez.

Neste novo traballo Narf explora os poemas de “Follas Novas” e de “Cantares Gallegos” dende a linguaxe eléctrica do rock, cunha visión enérxica e contemporánea, totalmente diferente doutros tratamentos musicais e versións que xa se teñen feito anteriormente por diversos intérpretes.

Unha oportunidade única para vivir as aventuras que propicia a nosa lingua nunha viaxe musical que parte da beiramar bravía do Atlántico e da voz da Rosalía máis contundente ata chegar ás cálidas praias do océano índico, cantando as palabras de poetas como José Craveirinha.


Ames Novo - I Romería de Ames Novo

I Romaría de Ames Novo

Ames Novo quere convidar a toda a sociedade de Ames a unha festa o sábado 19 de xullo. A romaría aberta a toda a veciñanza inclúe un concerto conxunto de Uxía e Narf, un xantar de confraternidade, unha serie de actividades de lecer para crianzas e adultos, un coloquio coas diversas forzas da esquerda política e o acto de apertura: Construíndo unha candidatura cidadá aberta.

O próximo sábado 19 de xullo Ames Novo organiza unha romaría no Parque do Ameneiral en Bertamiráns que pretende ser un lugar de encontro da veciñanza de Ames e un lugar de encontro de todos os movementos que apostan por un tempo novo na política municipal. A xornada vai estar chea de actividades para a diversión nun entorno moi agradable, pensadas para todas as idades, e tanto para poder vir só, en familia ou en grupo. 

Cinco son os elementos que detallamos no programa, do que queremos resaltar a actuación de Uxía e Narf (Uxía Senlle e Fran Pérez) co seu concerto As baladas da Galicia imaxinaria, que ven de colleitar un enorme éxito na súa xira por diversos países latinoamericanos, xunto ao xantar de confraternidade e aos xogos e divertimentos variados que haberá ao longo da tarde para grandes e pequenos/as. No plano máis político teremos pola tarde un coloquio sobre o novo escenario das eleccións municipais na confluencia das forzas de esquerdas, e pola mañá, á unha do mediodía, terá lugar o acto de inicio que será a presentación social da proposta de Ames Novo de candidatura cidadá aberta, trasladada recentemente a Anova, Bloque Nacionalista Galego, Compromiso X Galicia, Equo, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida e Podemos. 

O programa da Xornada vai ser:

  • û 13:00h Acto: Construíndo unha candidatura cidadá aberta, coa intervención de Pilar Candocia e dos representantes das organizacións políticas (AGE en Europa, Anova, Compromiso x Galicia, Equo, Espazo Ecosocialista e Esquerda Unida)

  • û 14:30h Xantar. Temos unha zona de xantar, con mesas, á sombra das árbores. A idea é que cada quen traia a súa comida, e para quen queira haberá unha polbeira e unha barra de bar con bebidas, café, xeados... Non haberá comida organizada, con menú.

  • û 16:00h Comezo das actividades lúdicas: Teremos música tradicional, xogos para pequenos/as e grandes (brilé, chave...), actuacións para a rapazada, talleres...

  • û 18:00h Para quen teña ganas de debater, celebraremos un coloquio sobre o papel dos concellos na transformación política, coa participación dos representantes das forzas políticas presentes.

  • û 20:30h Remataremos a festa con un concerto realmente excepcional: Uxía e Narf tráennos as súas "As Baladas da Galicia imaxinaria"

Ames Novo esta promovendo un tempo novo para o noso concello no que a cidadanía sexa a protagonista. Sabemos é posible construír unha alternativa maioritaria que reúna a pluralidade das forzas da esquerda e que asuma a alcaldía como unha forma de facer partícipe á cidadanía no goberno de Ames. Queremos compartir a nosa ilusión e esperanza comezando por compartir a alegría da festa con toda a xente de Ames.

Psoe Negreira - Os veciños levan un mes sen a posibilidade de renovar o paro

O Grupo Municipal Socialista de Negreira quere denunciar que os veciños de dita localidade levan mais dun mes sen o servizo de renovación da tarxeta do paro.

Si unha característica define ao goberno municipal de Negreira esa é a desidia.

O pobo de Negreira conta cun goberno municipal caracterizado pola súa apatía, polo seu pasotismo e polo pouco que lle importa o estado dos servizos públicos que ofrecen aos seus administrados.

Isto é algo que non nos cansamos de repetir, e sempre que o facemos, o facemos apoiándonos en datos e probas palpables.

Esta vez facemos público que o servizo de renovación da ficha de desempregado do INEM leva mais dun mes inoperativo, no noso municipio sen que o Alcalde e os seus camaradas de goberno tomen medidas para solucionar isto. E non o fan simplemente por que nin lles importa, nin lles preocupa que isto suceda.

Calquera veciño que se achegue ás dependencias municipais poderá ver coma a máquina que sirve para renovar a tarxeta do paro non funciona, tendo pegado un papel que di “ fora de servizo “.

E esta situación se ven producindo dende fai mais dun mes, provocando que os veciños e veciñas que precisen facer uso deste servizo se teñan que desprazar ata A Baña, Ames ou Brión.

Pero claro aquí temos un Alcalde que está moi por riba dos problemas dos nosos veciños e que lle importa o mais mínimo que unha persoa se teña que desprazar uns cantos kilómetros para facer uso dun servizo que o noso Concello posúe. Por que si realmente tivera intención de solucionar esta problemática, tería a máquina en cuestión posta ao día dende fai tempo.



Por iso o noso Grupo Municipal quere por unha parte denunciar esta situación e por outra parte esixir ao Alcalde de Negreira que poña en funcionamento o servizo de renovación da tarxeta do INEM dunha vez.

Ordes - Grábase o Lipdub de Ordes coa participación das asociacións

Ordes demostra o seu talento e humor no programa televisivo ‘Galicia Lipdub’ a ritmo de Boney M 

O corazón da vila de Ordes transformouse no día de hoxe nun improvisado set de rodaxe. Centos de veciños e veciñas participaron na gravación dunha divertida coreografía ao ritmo do tema ‘Daddy Cool’, de Boney M. Todo elo para participar no programa da televisión autonómica ‘Galicia Lipdub’, que se emitirá ao longo das vindeiras semanas. Integrantes de equipos deportivos como o Club de Hockey A. C. Órdenes, ou o Club de Tiro con Arco,

asociacións como as de Camiño Real de Poulo ou Sementes do Arte, a Banda de Música de Ordes e outros moitos grupos e veciños de xeito individual demostraron o seu talento, poñendo unha vez máis de manifesto o bo humor e o talento artístico do que se goza no municipio.

PP Ordes - O concello ten unha débeda de 581.46 € por veciño

O Concello de Ordes aprobou facturas en 2013 de traballos sen fiscalización previa e non avisou á intervención para comprobar a execución 
· O Concello subvencionou un festival nunca celebrado: suspendeuse catro días antes da data prevista

· Nos reparos da Intervención á Conta Xeral de 2013, que somete a aprobación do Pleno o próximo luns, tamén se cuestiona o pagamento indiscriminado de complementos de produtividade e gratificacións sen xustificación concreta e motivada

· O PP local cuestiona o absoluto abandono no que están sumidos os equipamentos públicos, malia que desde 2009 o Concello incrementou nun 55% os recursos por taxas e outros ingresos (cap. III) e nun 32% os ingresos impositivos (cap. I e II)

· Ordes acumula unha débeda municipal de 581,46 €/habitante

Falcatruadas de xestión presupostaria en Ordes. É o que advirte a intervención municipal na relación de reparos que acompaña a Conta Xeral do Concello de Ordes correspondente ao exercicio de 2013 e que será sometida ao Pleno o vindeiro luns. 

Así, a Intervención advirte da existencia de ordes de pagamento sen fiscalización previa nin licitación, malia que o importe e as características do traballo (dotación de equipamento nos locais municipais do Mesón do Vento por importe de 25.410 euros) así o esixían para cumprir coa normativa en vigor, Do mesmo xeito, a Intervención repara en que non foi avisada para a recepción, polo que non puido levar a cabo a comprobación material requirida neste tipo de procedementos.

Do mesmo xeito, desde o Concello de Ordes, e así o pon de manifesto a Intervención, “véñense concedendo no exercicio complementos de produtividade e gratificacións (algúns fixos no tempo) sen que conste xustificación concreta e motivada”.

Outro dos reparos denunciados no documento da Intervención cuestiona a concesión dunha subvención nominativa á denominada “Asociación Cultural polo Benestar”, aboada sen fiscalización previa da Intervención. Pero o máis grave é que o propio interventor “entende” que “non se efectuou a finalidade para a que foi concedida ´celebración do Festival Brincadeira´”. 

O PP de Ordes seguirá a pista desta subvención en vindeiros plenos, como xa o fixo no pasado sen obter resposta do equipo de Goberno, dado que o Festival Brincadeira 2013 nunca se chegou a celebrar en Ordes. Estivo anunciado, pero foi cancelado catro días antes da data prevista para a súa celebración. “¿Con qué cara pode o alcalde de Ordes subvencionar un festival que nin sequera chegou a celebrarase, mentres as carencias dos veciños van a máis cada día e Regos escapa deles –das carencias e dos veciños- sempre que ten ocasión?”, pregunta José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes. 

581 euros de débeda per cápita
O voceiro do PP de Ordes apunta que a Conta Xeral de 2013 reflicte os efectos da xestión temeraria de Regos, que xerou unha débeda millonaria que se traduce arestora en 581,45€ de débeda por cada habitante Ordes ata sumar un total de 7.523.797,69€; aos que resta engadir os xuros financeiros pendentes ata xullo do ano 2022, co cal nos levan a un montante total de mais de 9 millóns de euros.

Con todo, ningún dos créditos solicitados polo Concello desde que Regos asumiu a Alcaldía se traduciu en vantaxes ou mellores equipamentos e servizos para os veciños. Pola contra, o derroche implicou notables subidas de impostos dos que tamén se fai eco a conta xeral: os ingresos impositivos do Concello de Ordes (cap. 1 e 2) medraron un 32,037% entre 2009 e 2013; e os ingresos correntes liquidados netos do cap. III (taxas e outros ingresos) aumentaron un 55,93% nese mesmo cuadrienio.

Ames - Comeza a sustitución do colector de saneamento da rúa Alcalde Lorenzo en Bertamiráns



Hoxe luns, 14 de xullo, comezan os traballos de substitución do colector de saneamento da rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns

Estes traballos, que están financiados pola Deputación da Coruña, foron adxudicados á empresa Espina & Delfín SL por un importe de 120.000 euros. O colector será reposto en 408 metros que comprenden as rúas Alcalde Lorenzo, avenida da Maía e o enlace das mesmas.

Estas obras supoñen unha importante actuación para o núcleo de Bertamiráns, debido ao estado no que se atopa este colector, sobre o que se debía actuar hai anos. De feito, o proxecto orixinal tivo que ser modificado, xa que en xaneiro de 2012 o Concello de Ames tivo que realizar unha obra de emerxencia nesta rúa que supuxo a reposición de 30 metros do colector.

O Concello de Ames iniciará o hoxe luns, 14 de xullo, as obras de substitución do colector de saneamento situado na rúa Alcalde Lorenzo, de Bertamiráns. o pasado venres venres, 11 de xullo, asinouse a acta de replanteo, para que a vindeira semana poidan dar comezo os traballos deste proxecto. Esta obra, que está financiada pola Deputación da Coruña, foiadxudicada á empresa Espina & Delfín SL por un importe de 120.000 euros. O colector será reposto en 408 metros que comprenden as rúas Alcalde Lorenzo, Avenida da Maía e o enlace das mesmas. Trátase dunha importante obra para a localidade de Bertamiráns debido ao mal estado no que se atopa este colector.

As obras de substitución do colector de saneamento na rúa Alcalde Lorenzo, situada en Bertamiráns, que executará a empresa Espina & Delfin SL, están incluídas no Plan de Obras e Servizos 2012 da Deputación da Coruña. O colector será reposto en 408metros que comprenden as rúas Alcalde Lorenzo, Avenida da Maía e o enlace das mesmas.

Concretamente estas obras realizáranse en tres tramos diferentes. O primeiro tramo de 288 metros de lonxitude executarase na rúa Alcalde Lorenzo (dende o cruce que vai cara Cantalarrana ata o cruce coa avenida da Maía); o segundo treito de 96 metros de lonxitude executarase na avenida da Maía; e o terceiro e último tramo de 24 metros e lonxitude realizarase atravesando a avenida da Maía.

Debido a estas obras o Concello de Ames informa que desde hoxe quedará cortado o carril dereito daestrada CP 0205, que discorre entre Bertamiráns e Osebe, ao seu paso pola rúa Alcalde Lorenzo (punto quilométrico 0,200). Este carril manterase cortado ao tráfico (día e noite) durante un mes, aproximadamente. A circulación do tráfico rodado regularase coa colocación de semáforos de obra, que permitirán a circulación alternativa de vehículos. Deste xeito, recoméndase evitar, na medida do posible, a circulación de vehículos por estas zonas para e evitar atascos e non dificultar a execución destes traballos.

Actuacións previstas

O proxecto destes traballos recolle o conxunto de actuacións necesarias para levar a cabo a substitución das tuberías de formigón, que compoñen parte da rede de saneamento do núcleo urbano de Bertamiráns. Os traballos que se realizarán inclúen o levantamento das beirarrúas e vías afectadas para introducir a canalización. Ademais, procederase á substitución de canalizacións e pozos, un paso que inclúe a escavación en gabia, a colocación das tuberías e o tapado das mesmas con capas de area e material axeitado, así como a execución dos novos pozos de rexistro. Por último, acometerase a reposición de pavimentos e de beirarrúas afectadas. As canalizacións afectadas están situadas baixo a rúa Alcalde Lorenzo e a avenida da Maía.

Estes traballos supoñen unha importante actuación para o núcleo de Bertamiráns, debido ao estado no que se atopa este colector, sobre o que se debía actuar hai anos. De feito, o proxecto orixinal tivo que ser modificado, xa que en xaneiro de 2012 o Concello de Ames tivo que realizar unha obra con carácter de urxencia nesta rúa e que supuxo a reposición de 30 metros do colector que leva as augas residuais á EDAR de Sisalde. Nese momento, o estado do colector facía que non fose capaz de recoller toda a auga, producíndose filtracións que deixaron ocos baixo a beirarrúa provocando perigo de derrubamento.