Ordes – actividades de conciliación para o nadal

O Concello de Ordes prepara unha nova edición das actividades de conciliación para os pequenos durante as vacacións de Nadal

O prazo para inscribirse estará aberto dende o 12 ata o 20 de decembro no departamento de Educación

Ordes, 1 de decembro de 2011: Coa chegada do Nadal o Concello de Ordes prepara, a través da concellería de Educación, unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido”.

Trátase de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións de Nadal, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, á vez de que os nenos e nenas participantes teñan un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.

As actividades terán lugar dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas. Poderán participar nestas actividades os nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros dos centros educativos do municipio en educación infantil ou primaria no curso 2011/2012. Haberá prazas limitadas e a inscrición deberá realizarse no departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello de Ordes, dende o vindeiro día 12 ata o 20 de decembro.

Non é a primeira vez que se leva a cabo este programa de actividades de conciliación, que ademais de celebrarse no Nadal tamén organiza o Concello de Ordes noutras épocas de vacacións escolares como a Semana Santa e o verán. Tal e como explicaron dende o departamento de Educación, con estas actividades procúrase facilitar ás familias ordenses a conciliación entre o traballo e a vida familiar nuns días nos que os pequenos teñen vacacións escolares o que dificulta aos pais o seu coidado ao ter que compaxinalo co traballo.

Para máis información pódese chamar ao teléfono do Concello 981680002 ou dirixirse directamente ao departamento de Educación do mesmo.

40 principales Santiago – el cantante de Maldita Nerea estará en el IES Antón Fraguas

ORGE RUIZ DE MALDITA NEREA COMPARTIRÁ UN ENCUENTRO-COLOQUIO CON LOS ALUMNOS DEL INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

El IES Antón Fraguas ha resultado el ganador de un pionero concurso puesto en marcha por Maldita Nerea, la Concejalía de Educación del Ayto de Santiago y 40 Principales Santiago.

Más de 400 estudiantes de diversos centros de educación primaria, secundaria y universitaria han participado en el concurso: el ganador es el centro de educación cuyos alumnos han enviado mayor número de emails solicitando el encuentro con el cantante y compositor de Maldita Nerea.

El encuentro tendrá lugar en el IES Antón Fraguas mañana, viernes 2 de diciembre, a las 12.30h, y en él participarán los alumnos de este instituto que enviaron el email.

El encuentro con Jorge Ruiz será una charla-coloquio que versará sobre educación, motivación, perspectivas de futuro, vida Fácil.

Esa misma noche Maldita Nerea ofrecerá un concierto en el Multiusos Fontes do Sar, junto a los grupos Funambulista y Lagarto Amarillo. El concierto comenzará a las 21h y aún quedan entradas a la venta.

DATOS DEL CONCIERTO:

Artistas: MALDITA NEREA + Funambulista + Lagarto AmarilloCONCIERTO MALDITA NEREA

Fecha: VIERNES 2 DE DICIEMBRE DE 2011

Ciudad/Provincia: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Recinto: MULTIUSOS FONTES DO SAR

Inicio conciertos: 21 h

ENTRADAS A LA VENTA

Entrada anticipada: 10 € (+ gastos distrib.)

Puntos de venta:

- Servicaixa.com, Cajeros Automáticos de laCaixa y 902 33 22 11

- Ticketmaster.es, FNAC, Carrefour, Halcon Viajes y 902 15 00 25

- El Corte Inglés

PRESENTA: 40 PRINCIPALES SANTIAGO | COLABORA: AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago – axenda 2 de decembro

Venres 2

11.00 h

No Cersia (San Lázaro), a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, fai entrega dos diplomas do plan de formación 2011 do Programa Acceder, xunto coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano, Eva Vera Ledo.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Praza da Quintana, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre a Pista de Xeo.

12.45 h

No IES Antón Fraguas (Fontiñas), o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, asiste co cantante de Maldita Nerea, Jorge Ruíz, ao encontro-coloquio con estudantes.

19.30 h

Na Praza da Quintana, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, inaugura a Pista de Xeo.

20.00 h

No Centro Sociocultural das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a exposición “NYC maNY faCes, maNY plaCes”, de Niti Laíño.

20.15 h

No Teatro Principal, presentación e comezo do Maratón co que se pecha Cineuropa 2011.

21.00 h

No Multiúsos Fontes do Sar, concerto de Maldita Nerea, coa participación de Lagarto Amarillo e Funambulista.

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Santiago – rexistro auxiliar en urbanismo

O Concello crea un rexistro auxiliar en Urbanismo para axilizar expedientes e trámites

30/11/2011 A concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, María Pardo, presentou en rolda de prensa unha iniciativa encamiñada a mellorar a tramitación de expedientes urbanísticos e reducir os prazos dos mesmos.

Trátase da posta en marcha dun Rexistro Auxiliar de Urbanismo atendido por dous auxiliares e un técnico do propio departamento, que asesorarán directamente ao interesado no momento de presentar a documentación. Deste xeito mellórase a información e atención aos cidadáns xa que os funcionarios poderán solucionar as dúbidas que se lles presenten, dende a liquidación da correspondente taxa ata cales son os documentos necesarios.
Segundo sinalou a concelleira, observouse que "os expedientes sofren retrasos derivados desde o rexistro da solicitude en Galeras ata a apertura do expediente ou a unión a un expediente existente da documentación presentada". Por isto, o novo rexistro auxiliar xorde coa finalidade de presentar escritos e comunicacións que se tramitan na Concellería de Urbanismo e axilizar así a xestión dos correspondentes expedientes.
Obras menores, maiores e actividades
Con esta medida búscase que as licenzas de obras menores se concedan nun prazo aproximado de tres días, sempre que non requiran informes sectoriais a maiores e que a solicitude estea correcta no momento da presentación. No caso das obras maiores, este rexistro permirtirá reducir os prazos de apertura de expediente, os prazos de requerimento de documentación complementaria, os prazos de unión aos expedientes, axilizar a información facilitada aos solicitantes sobre esta documentación, etc. A este fin, habilitarase un apartado nos impresos co obxectivo de permitir a comunicación voluntaria mediante mail, sen prexuízo das comunicacións polos medios ordinarios con acuse de recibo. Se o solicitante o desexa poderá recoller as licenzas outorgadas no mesmo rexistro.
No caso das comunicacións e declaracións responsables de actividades, que permiten o exercicio da actividade desde o momento da súa presentación no rexistro, acortaranse os prazos de supervisión polos técnicos do departamento.
Ubicación e horario
Este rexistro auxiliar estará ubicado na segunda planta do Pazo de Raxoi, á entrada do Departamento de Urbanismo, e funcionará en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. Os días 24 e 31 de decembro e os sábados, hábiles a efectos de cómputo de prazos, non funcionará, pero estará aberto o rexistro xeral situado en Galeras.
A proposta levarase á vindeira Xunta de Goberno e trala adopción do acordo procederase á súa publicación no BOP. Cumpridos estes trámites e unha vez montada a infraestrutura necesaria comezará a funcionar.

Auditorio de Galicia- Federico vladimir gaña o “novos artistas” na sétima edición

Recibiu o galardón, valorado en 6.500€ polo vídeo ‘Henry Hudson e o seu fillo’

Federico Vladimir Strate Perdizc gaña o VII Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

  • Os accésits, valorados cada un en 1.500 euros, foron para Horacio González Diéguez, Christian García Bello, Josetxu F. Cárcamo e Jacobo Bugarín.

  • Os visitantes da mostra, que estará aberta ata o 4 de marzo, poderá votar pola súa obra favorita e o gañador obterá o Premio do Público valorado en 1.200€

Santiago de Compostela, 30/11/2011.- Esta tarde ás 20.30h no Auditorio de Galicia inaugurouse a exposición do Sétimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas que recolle as obras de 40 artistas seleccionados polo Xurado de entre todos os que se presentaron. Antes da inauguración, entregáronse o premio e catro accésit sendo o premiado desta edición Federico Vladimir Strate Perdizc co vídeo ‘Henry Hudson e o seu fillo’. O galardón está valorado en 6.500 euros.

Ademais do premio principal entregáronse tamén os catro accésits valorados en 1.500 euros cada un e que recaeron en Horacio González Diéguez coa instalación ‘Sen título’; Christian García Bello, co traballo ‘Todo ardió luminoso, pero no es suficiente’; Josetxu F. Cárcamo coa obra ‘El mentiroso de mi vecino’; e Jacobo Bugarín, coa instalación ‘Sen título’.

O xurado desta edición estivo formado por D. David Chao (crítico e profesor de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago), Dna. Silvia García (profesora e vicedecana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra), D. Miguel von Hafe (director do Centro Galego de Arte Contemporánea), Dna. Agar Ledo (Responsable de exposicións do Museo de Arte Contemporánea de Vigo), D. José Víctor Carou Fernández (Director-xerente do Auditorio de Galicia) por delegación do Presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia como Presidente e Dna. Silvia Modia Ferreiro como secretaria deste xurado. Desculpou a súa ausencia D. Isaac Díaz Pardo.

Oroso – fin de semana musical

A MÚSICA CORAL E FOLK SERÁ A PROTAGONISTA DESTA FIN DE SEMANA EN OROSO

O tradicional Concerto de Corais adiántase ao sábado 3 de decembro e contará con grupos de Senra, Ordes e Teo; mentres que o venres Sigüeiro acollerá as 31 Noites de Tasca

30 de novembro de 2011.- A música será a protagonista desta fin de semana en Oroso, onde terán lugar o tradiconal Concerto de Corais e a 31 edición das Noites de Tasca. Dous tipos de música moi diferenciados pero cun denominador común: ambos recitais son de acceso totalmente libre e de balde.

A primeira cita terá lugar este venres 2 de decembro coa 31 edición das Noites de Tasca. A partir das 22:00 horas, a cafetería Che de Sigüeiro acollerá a actuación de “Sobre Rodas”, un dúo de zanfoñas integrado por Carlos do Viso e Luís Correa. Despois da actuación deste dúo pontevedrés terá lugar unha foliada na que poderán participar todos os asistentes que o desexen. As Noites de Tasca están organizadas pola Asociación Grupo de Gaitas “Os Viqueiras” de Ordes, en colaboración co Concello de Oroso e a Asociación Folclórica “Lembranzas do Tambre” (Sigüeiro).

Corais de Ordes, Senra e Teo

Un día despois, o sábado 3 de decembro, terá lugar o tradicional Concerto de Corais de Oroso, organizado pola Coral Santa Eulalia de Senra en colaboración co Concello de Oroso e a Deputación da Coruña. Un concerto que este ano adianta a súa data de celebración por motivos de loxística e no que actuarán tres formacións corais da contorna: a coral de Luou (Teo), a coral de Santa Cruz de Montaos (Ordes) e os anfitrións da Coral Santa Eulaia de Senra (Oroso).

O concerto terá lugar a partir das 20:30 horas no auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Unha iniciativa dirixida a todos os públicos e cuxa entrada é libre e de balde. Os veciños que asistan a este concerto poderán disfrutar de catro ou cinco pezas de cada unha destas formacións corais (tales como “O rodaballo”, “Maruxiña” ou “Velaivai”), así como algunha que outra peza interpretada por todas elas xuntas.

Ames – cambio de compañía de seguros

Ames aforrará máis de 9.500 euros ao ano co cambio da compañía aseguradora de vehículos do parque móbil municipal

O goberno municipal xestionou un seguro de flota para os vehículos municipais

Ames, 30 de novembro de 2011. O novo goberno local de Ames cambiou as compañías que xestionaban ata o de agora os seguros do parque móbil do Concello dentro dunha actuación enmarcada na xestión responsable de recursos económicos, pois este cambio supón un importante aforro anual para as arcas municipais. Ames dispón actualmente dun parque móbil en propiedade composto por 18 vehículos entre furgonetas, coches patrulla, motocicletas etc. que ata o de agora tiñan as pólizas de seguro en varias aseguradoras e con prezos dispares, algúns deles moi elevados, para vehículos que polas súas características técnicas e coberturas de risco deberían ter un seguro cun custe similar.

Ante a dispersión nas pólizas de seguros e os elevados importes que se estaban a pagar, o alcalde de Ames e delegado da área económica do Concello, Santiago Amor, decidiu xestionar estas pólizas dun xeito máis eficiente e cunha única axencia de seguros de xeito que os importes anuais que se viñan aboando ata o de agora pola totalidade dos vehículos ascendían a 15.381,08 euros se reduciron “drasticamente” a 5.803 euros, o que supón un aforro para as arcas municipais de 9.578,08 euros anuais. Cabe destacar que a cobertura dos seguros é practicamente a mesma.

Nalgúns vehículos o aforro supera os 1.000 euros, como é o caso dun Renault Megane polo que antes se pagaban 1.403,81 euros e agora 328 euros, ou un vehículo marca Ford Focus polo que se pagaban 1303,36 euros e agora tamén se aboan 328 euros. Na maioría dos casos o aforro é moi significativo e supera os 500 euros. Santiago Amor explica que estamos ante un caso máis que evidencia “a falla de xestión por interese ou por deixadez do anterior goberno socialista” e non se explica como “hai tantos buracos abertos nesta administración, onde Carlos Fernández despilfarrou o diñeiro de todos”.

Mancomunidade de Ordes – o programa cinensino multiplica por 4 os usuarios

O PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES “CINENSINO” DA MANCOMUNIDADE DE ORDES MULTIPLICA POR CATRO O SEU NÚMERO DE USUARIOS

O programa chegará este curso a un total de 793 rapaces e rapazas de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes e Oroso

30 de novembro de 2011.- O programa de educación en valores “Cinensino”, que organiza a Mancomunidade de Municipios de Ordes, chegará este ano a un total de 793 rapaces e rapazas de oito colexios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes e Oroso. Unha cifra que supón cuadruplicar o número de participantes na edición de 2010-2011, xa que este ano o programa chegará a máis centros escolares da comarca e incluirá tamén aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria.

Os centros educativos de Ordes (315) e Oroso (244) concentran o maior número de usuarios de “Cinensino”, algo máis do 70% dos participantes. Así, “Cinensino” chegará este curso a 135 alumnos do IES Maruxa Mallo (Ordes), a 55 rapaces do IES Nº 1 (Ordes) e a 125 nenos do CEIP Castelao (Ordes). No municipio orosán participarán 123 rapaces do IES Oroso e 121 nenos do CEIP Sigüeiro. Completan os 793 alumnos de “Cinensino” os 113 alumnos do CPI O Cruce (Cerceda), os 69 alumnos do CPI Xanceda (Mesía) e os 52 alumnos do CPI Pontecarreira (Frades).

A técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade, Mónica González López, explica que Cinensino “proporcionará a estes cativos principios, orientacións e ferramentas para o seu desenvolvemento integral como persoas, implementando actividades que permitan o desenvolvemento de habilidades sociais que permitan un cambio progresivo nos valores, actitudes e comportamentos do alumno. Uns cambios que actuarán como factores de protección fronte a futuros procesos aditivos como o alcol ou as drogas”.

Ademais, Mónica González apunta que a decisión de incluir tamén no programa a nenos de 8 e 11 anos (e non só aos de 12 a 14 anos) explícase no feito de que “esas idades son un periodo crítico na formación de crenzas e actitudes no rapaz, unha etapa na que aumenta a curiosidade e o risco para o inicio de condutas esporádicas de abuso que poden establecer pautas de comportamento que xeren trastornos aditivos no futuro”.

Colaboración esencial dos profesores

Para conseguir estes obxectivos, o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes empregará tres unidades didácticas, unha por cada trimestre escolar. “Cada unidade didáctica baséase e articúlase en función dunha película”, explica Mónica González, “pois partimos das experiencias narradas no filme, de xeito que o cinema convértese nunha ferramenta pedagóxica e no eixo dinamizador dos contidos do programa”.

Outro cambio do programa é que os filmes proxectaranse nas propias aulas dos centros educativos, en vez de facelo no auditorio da casa da cultura ordense. Deste xeito, a interacción entre os alumnos e os profesores será moito maior. De feito, a Mancomunidade de Ordes agradece especialmente a colaboración dos 44 mestres e mestras que participarán no programa e sen cuxa colaboración non podería levarse a cabo.

Para os 336 nenos e nenas de Primaria, “Cinensino” ten preparados tres filmes. O primeiro é unha película de animación, “Enredados”, que actualiza o conto de Rapunzel e é escollido como exemplo de cómo acadar as metas co propio esforzo. A película xuvenil “Grupo tigre” foi escollida como exemplo do traballo en grupo fronta a calquera adversidade; mentres que a comedia “Los pingüinos del Sr. Poper” levará o debate en torno ao valor da amizada e da familia.

A metodoloxía das clases é a seguinte. Os rapaces dispoñen duns cadernos de traballo con cuestionarios para encher e puntos para ser debatidos na clase. Uns cuestionarios relacionados co filme que se proxecta. Deste modo, e grazas á guía dos seus profesores, os rapaces non só debaten sobre as películas que ven na clase, senón sobre os valores que se agochan neles.

Alumnos de ESO

No caso dos 447 alumnos e alumnas do primeiro ciclo da ESO (é dicir, entre 12 e 14 anos) o programa “Cinensino” centrarase máis na prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos. “Pensamos que a nosa estratexia de prevención será máis efectiva se incidimos no problema antes de que se produza, axudando aos alumnos a consolidar actitudes incompatibles con condutas aditivas como o alcohol, as drogas e outro tipo de condutas”, sinala Mónica González.

Para conseguilo, o programa empregará tres películas diferentes. A primeira será “En un mundo mejor”, un filme danés que servirá como base para debatir sobre a racionalización do uso das tecnoloxías da información e da comunicación, previndo as adiccións a redes sociais e condutas relacionadas. No caso de “Diario de Greg 2: la ley de Rodrick”, o obxectivo será reducir a intensidade no consumo de alcohol en menores, fomentando unha actitude crítica fronte á publicidade. Finalmente, a exitosa “Super 8” servirá como reforzo para retrasar o inicio de conductas aditivas no colexio. Ademais, permitirá analizar o risco da busca de novas sensacións a través dunha actitude que minimiza a percepción dos riscos reais.

O programa “Cinensino 2011-2012” está incluído no Plan Nacional contra a Drogadicción. Organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, conta coa financiación da Consellería de Sanidade.

Ordes – entrega dos premios do I concurso de debuxo infantíl

O Concello de Ordes fixo entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de debuxo infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan”

A entrega dos premios tivo lugar na biblioteca municipal onde seguirán expostos os traballos presentados ao certame ata pasadas as festas de Nadal

Ordes, 30 de novembro de 2011: A biblioteca municipal do Concello de Ordes acolleu esta mañá o acto de entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de debuxo infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan” convocado polo Concello.

Ao acto asistiron, ademais dalgúns dos premiados na convocatoria libre, os alumnos e alumnas das cinco escolas unitarias do municipio que tamén participaron neste certame.

A encargada de entregar os premios foi a concelleira de Educación, Silvia Marín, que agradeceu a participación de todos os nenos e nenas así como os animou a participar neste tipo de iniciativas, que serven ademais para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ter un municipio limpo.

O certame estivo dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que presentaron debuxos que tiñan que estar relacionados coa temática “imaxina o teu pobo sen lixo nin contaminación”. En total foron 50 os traballos presentados ao certame, uns traballos que seguirán expostos na biblioteca municipal ata pasadas as festas de Nadal para todos aqueles que queiran velos.

En canto aos gañadores do concurso foron os seguintes:

- Gañadores na convocatoria libre:

Nadia Martínez (3 anos)

Diana Rodríguez (6 anos)

Eric Vázquez (8 anos)

Fátima Rodríguez (8 anos)

Miguel Ángel Boado (9 anos)

Ángel Rodríguez (10 anos)

Joel Saavedra (10 anos)

Nuria García (10 anos)

Juan Luis Boado (11 anos)

- Gañadores nas escolas unitarias:

- Escola de Parada: - Andrea Figueira

- Iker Caamaño

- Elda Graña

- Escola de Montaos: - Ainhoa Conde

- Gemma Carrillo

- Zaira Rodríguez

- Escola de Buscás: - Andrea Couto

- Andrea Nogareda

- Dani Gómez

- Escola de Merelle: - Iago David Mesías de Moura

- Iván Rial

- Laura Ríos

- Escola de Beán: - Ángela Gorgal

- Manuel Mosquera Villaverde

- Jorge Amigo Berdomás

(Na categoría das escolas unitarias premiouse aos tres mellores debuxos de cada unha das escolas)

Brión – o concello edita un libro coa experiencia dos obradoiros de maiores

O CONCELLO DE BRIÓN EDITA UN LIBRO QUE RECOLLE AS EXPERIENCIAS E A SABEDORÍA DOS VECIÑOS PARTICIPANTES NOS OBRADOIROS DE MAIORES

“Un anaco de sabedoría” recolle adiviñas, cantigas, ditos, refráns, receitas, oracións, remedios caseiros e mesmo poemas e narracións escritos polos participantes nos obradoiros de maiores

30 de novembro de 2011.- “Este libro fixémolo co traballo diario nos obradoiros e con cousas que nos apetece compartir co resto dos compañeiros. Temos moitas cousas que aportar; están na nosa memoria e non queremos que se perdan co paso do tempo”. Deste xeito comeza “Un anaco de sabedoría”, unha publicación editada polo Concello de Brión coas aportacións realizadas durante o curso 2010-2011 polos veciños e veciñas participantes nos obradoiros para maiores, en especial dos vinte maiores do Obradoiro da Memoria.

“Un anaco de sabedoría” recolle “cantigas que hai anos que sabemos pero que case estaban esquecidas. Oracións que nos ensinaron as nosas nais e avoas. Refráns e ditos populares que todos coñecemos porque xa os dicían os nosos pais e seguen sendo verdade. Tamén sabemos remedios, que xa veñen de antes, que aplicamos moitas veces aproveitando a riqueza da nosa terra”, segundo explican os maiores brioneses. Un libro que se completa con recomendacións de libros de lectura, adiviñas e mesmo poemas e escritos redactados por eles mesmos.

Un traballo conxunto

Elena Remesar, monitora dos obradoiros da memoria de Brión, explica que “a idea do libro xurdíu despois de ver o traballo do día a día no obradoiro da memoria, onde fixemos un taller de refráns. Despois pedimos a participación dos demais obradoiros de maiores e tivemos aportacións dos de ximnasia e informática, que tamén achegaron cousas”. O resultado foi tan satisfactorio que os alumnos xa pensan nun segundo tomo coas actividades que se están a realizar neste curso, pois aseguran que quedaron “moitas cousas por contar que, ás veces, os xóvenes non lles dan importancia pero que, ao estar escritas, axúdanos a darlles máis importancia”.

Ao longo das súas 43 páxinas, “Un anaco de sabedoría” inclúe moitas perlas da sabedoría popular destes veciños e veciñas. Dende todo tipo de receitas (dende postres como un biscoito de cenouras ou un flan de queixo, ata platos máis elaborados como un carpaccio de polbo e orella, pasando por distintos licores como o de café ou o licor de toxo) ata un gran repertorio de ditos e refráns (algúns deles localizados na comarca como “Co mel da Maía, se non cagas de noite cagas de día” ou “Xente de Noia, campanas de pau. Tocan misa cun corno e van a oila cun cesto”).

Ademais, inclúe unha serie de cantigas e oracións antigas, así como unha serie de poemas e narracións escritas polos maiores brioneses ben sobre a romería de Santa Minia hai 50 anos, ben sobre as súas experiencias en Brión. O libro remata cunha serie de remedios caseiros para todos os gustos e necesidades: dende cuestións fisiolóxicas/santiarias (curar o hipo, as infeccións na boca, dor de oídos, baixar o colesterol, insolación, tos...) ata cuestións culinarias (para que non se desfagan as patacas ao cocer, para que a carne se coza máis axiña ou para que o arroz quede solto) e de coidado do fogar (para combatir os malos olores, limpar a neveira por dentro ou para o coidado das prantas).

Melide - O Concello de Melide destina o 60% do POS a gasto corrente.

  • A alcaldesa de Melide lamenta non sacar 100% de inversión en obras pero cre pertinente facer fronte aos pagos máis urxentes.
  • As inversións alcanzarán un total de 142.258,17 € mentres que a partida destinada para gasto corrente será de 202.717,87 €.

 

Melide, 30 de novembro de 2011.- O Concello de Melide celebrou hoxe un Pleno extraordinario para sacar adiante o POS 2012 e destinar do mesmo un 60% do seu importe a gasto corrente. Tres serán as obras en Melide, na rúa Cantón de San Roque, rúa Monterroso e rúa Sol, mediante tratamento asfáltico en quente, sinalización e adaptación para discapacitados. No rural os viais serán a rúa Alcalde José Luis Vaamonde Fraga (xunto ás piscinas cubertas), viais da capela de San Xoán de Golán, Zaramil, Corral do Medio-As conchadas e Castiñeiroa – Orois de arriba. A determinación de non adicar o Plan de Obras e Servizos integramente á investimentos ven da necesidade de facer fronte a pagos de gasto corrente entre os que destaca a débeda de luz pendente de 500.000 € ou cantidades adebedadas a constructores de Melide de entre os anos 2009 e 2010 de a lo menos 313.066,00 €.

Silleda – constituida a mesa local de comercio

O proxecto de humanización de rúas e a campaña de Nadal do sector centran a primeira sesión da Mesa Local do Comercio de Silleda

-A entidade, obligatoria coa nova Lei do Comercio Interior de Galicia, quedou constituída hoxe con representantes do sector e da Administración

Silleda, 30 de novembro de 2011. A Mesa Local do Comercio quedou constituída hoxe en Silleda. Esta entidade, actuará, segundo fixa a Lei do Comercio Interior de Galicia, como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración Local e os axentes representativos do sector comercial. Logo da sesión constitutiva, celebrouse a primeira sesión da entidade, presidida pola alcaldesa, Paula Fernández, na que se abordaron distintas cuestións de interese. Así, a rexedora deu conta do proxecto de humanización de rúas en Silleda (con actuacións en Braña do Medio, Alfonso Trabazo e a da rúa Cartaxena, que segue en curso), un modelo “que queremos continuar con futuras actuacións nas vilas”, indicou. Estas obras, cunha inversión de 180.000 euros financiadas pola Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria e o Concello de Silleda, tamén foron destacadas na sesión polo representante da Administración autonómica, Ignacio Rial, e pola presidenta de Ecos, Fátima Costoya, para dinamizar e facer máis atractivos os espazos urbanos atraendo clientes ao comercio tradicional.

Outro dos puntos tratados foi a recén aprobada ordenanza que axilizará a obtención das licenzas de apertura de establecementos que non precisen de avaliación ambiental. Paula Fernández deu conta desta normativa, aprobada no último pleno por unanimidade, ao abeiro da figura da declaración responsable, pola que o promotor dos establecementos se comprete a cumprir no seu local coas obligatorias normas de seguridade, hixiene ou accesibilidade, entre outras. A normativa inclúe ademais unha bonificación do 50% nas taxas a todos aqueles que creen o seu propio negocio saíndo dunha situación de desemprego.

Actividades de Nadal

Por último, esta primeira sesión da Mesa Local do Comercio, tratou cuestións relativas á campaña de Nadal no sector comercial silledense. Ademais das iniciativas que porá en marcha a asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (Ecos), e que o propio colectivo presentará en días vindeiros, tamén se deu conta do XII Concurso de Escaparates de Nadal, que comezará a vindeira semana e da XII Campaña da Árbore.

O concurso de escaparates, no que poderán participar todos os comercios e empresas con cristaleiras exteriores preparadas dacordo cas condicións do concurso, establece varios premios: un outorgado polo Concello de Silleda (con 200 euros e diploma, máis unha fin de semana para dúas persoas nunha casa rural de Asturias por xentileza da cadea Oca Hotels); outro á proposta máis orixinal, con 150 euros e diploma (outorgado por Espina Delfín) así como un fin de semana no Hotel Balneario de Augas Santas, tamén por xentileza de Oca Hotels); e un terceiro galardón ao escaparate máis comercial, (100 euros máis diploma), outorgado por ECOS xunto con dous accesos ao circuito termal do Hotel Spa Oca Katiuska de Silleda.

No tocante á campaña da árbore, esta comezará o vindeiro martes día 6 de decembro, cun total de 7 estabrecementos colaboradores. Co lema Antes de cortar, pensar en repoboar, a campaña, promovida polas concellerías de Comercio e Medio Ambiente, pretende estimular a prantación de árbores nobres, evitando a súa tala e concenciando tamén á sociedade. Unha vez pasadas as datas de Nadal, o día 9 de xaneiro, Protección Civil procederá á recollida das árbores, previo aviso.

Os estabrecementos de venda colaboradores son en Silleda Floristería Carmiña, Comercial Ganadería O Castro, Eyo Flor e Decoración Floral Marbelis; en A Bandeira Comercial Agrícola José Ramón e en Lamela, Floristería Ponflor.

A esta primeira sesión constitutiva, na que se acordou remodelar a composición da mesa asistiron ademais da alcaldesa, do xefe territorial de Industria, Ignacio Rial, e da presidenta de Ecos, Fátima Costoya, o concelleiro de Industria e Comercio, Klaus Brey, Natalia del Caño (en representación do colectivo de consumidores, Fuciga); e Alfredo Abeledo, traballador municipal que finalmente ocupará o cargo de secretario da mesa (en lugar de Mónica González, que pasa a ser suplente do concelleiro de Industria).

Ames – campaña recollida xoguetes

A campaña de recollida de xoguetes para o Nadal estará aberta ata o vindeiro 2 de xaneiro

Prégase que os obxectos doados sexan novos ou se atopen en bo estado, e non teñan carácter bélico nin sexista

Ames, 30 de novembro de 20111. O Concello de Ames puxo en marcha o pasado 28 de novembro unha nova edición da campaña solidaria de recollida de xoguetes para que os cativos de familias con menos recursos poidan gozar tamén dun agasallo durante as festas do Nadal. Ao longo de todo o mes de decembro as persoas que desexen facer unha doazón poderán achegarse ás casas da cultura do Milladoiro e de Bertamiráns para deixar todos aqueles xoguetes que desexen doar. Poden facerse doazóns desde o 28 de novembro ata o 2 de xaneiro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Prégase que os obxectos doados sexan novos ou se atopen en bo estado, e non teñan carácter bélico nin sexista.

A Concellaría de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, a través da Oficina do Voluntariado do Concello de Ames (OVA), acaba de poñer en marcha a décima edición da campaña de recollida de xoguetes. Este ano, baixo o lema “En Ames todos/as xogamos”, a campaña, que durará ata o 2 de xaneiro, pretende recoller un gran número de xoguetes para entregar entre a poboación máis necesitada do concello e sensibilizar á xente de que entregar un xoguete non consiste en dar caridade, baleirar armarios ou reciclar obxectos que nos molestan na casa, senón que hai que poñer un pouco de xustiza e ofrecer solidariedade e xenerosidade de balde.

Todas as persoas que queiran colaborar coa campaña deberán depositar os seus xoguetes entre o 28 de novembro de 2011 e o 2 de xaneiro de 2012, nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00 h. a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Cómpre salientar que só se recollerán xoguetes que cumpran tres requisitos. Primeiro, teñen que ser novos ou atoparse en bo estado. En segundo lugar, non poden ter carácter sexista, xa que é preciso deixar atrás o tópico de regalar xoguetes femininos ás nenas e masculinos ós nenos, fomentando así a igualdade entre xéneros. E por último, non poden ter carácter bélico, xa que deste xeito inténtase que os nenos/as aprendan a vivir en paz e non non fagan uso dos actos violentos na Súa vida diaria.
Finalizado o prazo de entrega, a Oficina Municipal de Voluntariado será a encargada de repartir os xoguetes recollidos nesta campaña entre as familias con menos recursos. Deste xeito, todos os rapaces poderán gozar dun agasallo nun día tan especial e esperado para eles como é o día dos Reis, no que a ilusión e a diversión debe ser o que predomine en todos os nenos e nenas.
As persoas que desexen obter máis información deberán dirixirse á Oficina Municipal do Voluntariado (OVA) ao teléfono 981 883 703, ou ben ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

Santiago – axenda xoves 1 de decembro

Xoves 1

12.00 h

Na Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19), o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición “Rubens, Brueghel, Lorena. A paisaxe nórdica no Prado”, enmarcada no programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.

12.00 h

No Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á clausura do XV Congreso estatal de Voluntariado.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social e UMAD, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Parques e Xardíns, María Castelao, e de Turismo, Reyes Leis, sobre asuntos das súas áreas.

20.00 h

Na Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, inaugura a exposición “Rubens, Brueghel, Lorena. A paisaxe nórdica no Prado”, enmarcada no programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago

20.30 h

No Pazo de San Lorenzo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á Gala de Nadal da Fundación Andrea.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave con Xavier de Maistre (arpa). [Guridi, Ginastera, Dvorák]

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

(NOTA: A PISTA DE XEO INAUGURARASE O VENRES 2 DE DECEMBRO)

Brión – oitava edición do certame de pintura Novos Valores

O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA A OITAVA EDICIÓN DO CERTAME DE PINTURA “NOVOS VALORES”

O certame, patrocinado pola Fundación Feiraco, destinará 3.500 euros a premios e está aberto a artistas de toda Galicia

29 de novembro de 2011.- O Concello de Brión vén de convocar a oitava edición do certame de pintura “Novos Valores”, no que poderán participar artistas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Un certame que conta co patrocinio da Fundación Feiraco e co cal o Concello de Brión quere contribuir ao fomento das artes plásticas e á promoción dos novos valores da pintura en Galicia.

O Concello de Brión mantén as bases que permitiron relanzar o certame nas dúas últimas edicións e que permitiron que “a edición de 2011 acadase un récord absoluto de participación con 61 artistas, o que demostra que imos polo bo camiño e que estamos acertados ao apostar pola cultura”, sinala Patricia Vázquez Lamas, concelleira de Cultura. Unha cifra que aínda é máis significativa se temos en conta que en 2008 apenas se chegara á ducia de obras.

Deste xeito, a cantidade destinada a premios mantense nos 3.500 euros, que se repartirán entre as dúas categorías establecidas: de 14 a 17 anos (con dous premios de 600 e 400 euros) e maiores de 18 anos (con sendos premios de 1.500 e 1.000 euros). Uns premios que fan que “o certame sexa máis atractivo para os pintores de toda Galicia e poidamos conseguir unha semellante ou maior participación có ano pasado”, explica Patricia Vázquez.

As catro obras premiadas, así como unha selección de tódalas presentadas, conformarán unha exposición que o Concello de Brión organizará na nova sala de exposicións da Casa da Cultura e que poderá ser visitada entre o 17 de febreiro (data de coñecemento dos premiados) e o 17 de marzo.

Bases do certame

O prazo de presentación de obras abrirase o vindeiro 2 de xaneiro de 2012 e pecharase o 28 dese mesmo mes. Poderán participar mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de temática e estilo libres, e que non fora presentada noutro certame previo.

Asemade, establécense unhas dimensións máximas (de 150 centímetros) e mínimas (de 80 centímetros) en calquera dos seus lados, non admitíndose obras cubertas con cristal. Ademais, as obras poden ser entregadas persoalmente na Casa da Cultura do Concello de Brión ou a través de calqueroutro medio de transporte (a portes pagos). Deste xeito, evítanse os problemas que ocasionaba a obriga de presentar as obras en persoa.

A documentación a presentar inclúe: formulario de incrición debidamente cumplimentado, foto a cor da obra presentada, fotocopia do DNI (ou documentación que acredite ao autor como residente en Galicia) e un breve currículum vitae do artista (no que se inclúan o seu enderezo e número de teléfono). As bases e o boletín de inscrición pódense recoller na Casa da Cultura de Brión ou descargar directamente da páxina web: www.concellodebrion.org.

Na edición de 2011, participaron artistas procedentes de toda a xeografía galega. De feito, deuse a circunstancia de que ningún dos gañadores nin dos finalistas era de Brión. Así, o gañador da Categoría A (de 14 a 17 anos) foi Jairo Ramos Rey, de Chantada, coa súa obra “Noite”. O segundo premio foi para Raquel López Vázquez, veciña de Vedra, por unha obra sen titular. Na Categoría B (máis de 18 anos), o primeiro premio foi para Adrián Penido Núñez, de Silleda, coa súa obra “Sombra”. O segundo posto foi para María Cristina Fernández Bravo, de Ferrol, coa obra “Como teves, me vi”.

Frades . dia mundial da SIDA

FRADES INSTALA UNHA MESA INFORMATIVA PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA SIDA 2011

29 de novembro de 2011.- O Concello de Frades vén de instalar unha mesa informativa sobre a SIDA, que estará ubicada durante os vindeiros días nas dependencias da casa consistorial. Trátase dunha medida tomada polo Goberno que preside Miguel Prado Patiño para conmemorar o Día Mundial contra a SIDA, que se celebra este xoves 1 de decembro.

Durante estes días, os veciños e veciñas de Frades que se acheguen pola casa do concello poderán recoller e consultar distintos folletos informativos, dirixidos a todo tipo de idades. Ademais, dende os Servizos Sociais do Concello de Frades resolverán as dúbidas que se lles plantexen aos veciños sobre esta enfermidade, os seus métodos de transmisión ou o seu tratamento.FRADES - DIA DA SIDA 2011

Oroso – comeza a reurbanización rua do Portiño

O CONCELLO DE OROSO INICIA AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA REURBANIZACIÓN DA RÚA DO PORTIÑO,

QUE ESTARÁN REMATADAS EN FEBREIRO

A alegación dun veciño retrasou o inicio dos traballos e motivou a súa división en dúas fases, de xeito que estarán finalizados en xullo de 2012

29 de novembro de 2011.- O Concello de Oroso vén de iniciar as obras de reurbanización da Rúa do Portiño, en Sigüeiro. Uns traballos orzamentados en 200.000 euros e que serán financiados ao 100% pola Deputación Provincial da Coruña, grazas a un convenio de colaboración asinado polo alcalde orosán, Manuel Mirás, en setembro de 2010.

Mirás Franqueira explica que “as obras comezan con retraso debido a unha alegación presentada por un veciño diante de Augas de Galicia. Ao final o seu problema era por unha farola e non tiña que ir ao ente autonómico, pero ese trámite retrasou moito as obras e agora temos que dividir o proxecto en dúas fases”. Deste xeito, esta semana deron comezo as obras da primeira fase, que incluirán a construción de beirarrúas na marxe dereita da rúa e a ampliación da ponte, quedando para máis adiante unha remodelación de parte das beirarrúas da marxe esquerda.

Para financiar esa segunda fase dos traballos, o Concello de Oroso aprobará unha modificación orzamentaria do proxecto, que financiará dentro dos orzamentos de 2012, que se están a ultimar nestas semanas. “A nosa intención é que a primeira fase dos traballos esté finalizada a finais de xaneiro-principios de febreiro, mentres que a segunda fase estará lista nos meses de xuño ou xullo”, apunta Manuel Mirás.OROSO - REURBANIZACION RUA DO PORTIÑO

Ampliación da ponte

Os traballos de reurbanización da rúa do Portiño teñen lugar entre a ponte sobre o río Carboeiro e o enlace desta rúa de Sigüeiro coa N-550. As obras inclúen a construción de beirarrúas (de 2,50 metros de anchura) cun pavimento de lousas hidráulicas de 30x30 cm e beiras de formigón. Unhas beirarrúas que enlazarán coas que o Concello de Oroso está a construír na Avenida de Compostela (na marxe esquerda da N-550, sentido Coruña) e que permitirán que os veciños da rúa do Portiño poidan chegar a través de beirarrúas ata as instalacións da gardería municipal da Ulloa.

Tamén está prevista unha pequena zona de aparcadoiro con superficie de asfalto. En canto aos servizos básicos, o proxecto inclúe a execución da rede de pluviais e o soterramento da rede de electricidade, que na actualidade é aéreo. Esta actuación implicará tamén a instalación de diversos puntos de luz con novas luminarias.

Como obra singular incluída dentro do proxecto, vaise ampliar a ponte que cruza o Rego Carboeiro. Será ancheada cunha lousa de formigón armado que se disporá en voladizo sobre o río. Esta ampliación permitirá facilitar o tránsito de automóbiles, resolvendo a leve estreitez que presenta a ponte na actualidade e gañando tamén espazo para os peóns que usan a beirarrúa. Esta ponte sobre o río Carboeiro, así como algunhas das actuacións na renovación de beirarrúas e pavimentos, realízanse na zona de policía do río Carboeiro, polo que o Concello de Oroso tivo que solicitar a pertinente autorización de Augas de Galicia.

Todos estes traballos quedarán finalizados a finais de xaneiro ou principios de febreiro, de xeito que para finalizar a obra só quedará unha pequena actuación sobre as beirarrúas da marxe esquerda da rúa, que serán incluídas nos orzamentos municipais de 2012 e poderían estar executadas no verán de 2012.

Auditorio de Galicia – exposición Sétimo premio de novos artistas

O Auditorio de Galicia inaugura a mostra do Sétimo Premio para novos artistas

  • Antes da inauguración darase a coñecer o nome do premiado e dos catro accésits desta edición

  • 40 artistas foron os seleccionados para mostrar a súa obra nesta exposición que estará aberta ata o 4 de marzo.

Santiago de Compostela, 25/05/2011.- O Auditorio de Galicia inaugura mañá a exposición do Sétimo Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia no transcurso dun acto no que se farán públicos o nome do gañador e catro accésit deste ano. Participarán no mesmo o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou; o xurado do premio así como practicamente todos os artistas que foron seleccionados para amosar as súas obras nesta exposición, un total de 40. A mostra poderá verse ata o 4 de marzo.

Estes premios comezaron a celebrarse no ano 2001 nun momento en que os creadores do noso país tiñan escasas oportunidades de apoios económicos e institucionais que lle permitisen traballar nos seus proxectos. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011. Tiveron que presentar unha obra orixinal e inédita e de entre todos os presentados o xurado elixiu 40 que son os que poderemos ver nesta exposición. O premiado levará 6.500 euros mentres que os accésits, 1.500 euros cada un. Ademais, hai un Premio do Público que elixiran os visitantes da exposición e que está valorado en 1.200 euros.

O xurado de expertos, diferente en cada convocatoria, selecciona tanto as obras que forman parte da exposición e da publicación como os premios con dotación económica. Neste ano 2011 formaron parte do xurado: Isaac Díaz Pardo, artista e empresario; David Chao Castro, crítico e profesor de Historia da Arte, Facultade de Xeografía e Historia, USC; Silvia García, vicedecana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Agar Ledo Arias, Responsable de exposicións do Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; Miguel von Hafe, director Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

Os artistas seleccionados nesta edición son: Hugo Aldatz Alonso / Fruela Alonso / Carlos Álvarez / Begoña Ante / Misha Bies Golas / María Blanco / Jacobo Bugarín* / Miriam Cartagena / Rosendo Cid / Marcos Covelo-M8K8 / Culture Workers / Manuel Eirís / Josetxu F. Cárcamo / Tamara Feijoo / Carla Fernández Andrade / Iván Ferreiro / Marta Fortes / Iván Franco / Lúa Gándara / Christian García Bello / Ignacio García Gómez del Valle / Lucía García Rey / Amaya González / Horacio González Diéguez / Enrique Lista / Noemí Lorenzo / Carlos Maciá / Jesús Madriñán / Joan Morera / Antía Moure / Álvaro Negro / Gemma Pardo / Lois Patiño / Cillas Seyde / Federico Vladimir Strate Pezdirc / Ismael Teira / Mauro Trastoy / Edu Valiña / Juan Varela / Verónica Vicente.

Auditorio de Galicia – o cine máis transgresor en Cineuropa

Cineuropa proxecta na súa última semana o cine máis transgresor

· Na recta final do certame ofrécense as cintas máis recentes de Bruno Dumont, Bela Tarr, Bertrand Bonello ou Sokurov, o último dos ilustres irmáns Dardenne e a película-acontecemento do cinema fantástico deste ano “Attack the Block”

· A sección Panorama Audiovisual Galego péchase mañá no CGAC cun Encontro co Público e os realizadores Sonia Méndez e Lois Patiño

Santiago de Compostela, 29/11/2011.- Cineuropa proxecta na súa última semana os títulos que máis expectación teñen espertado este ano nos distintos certames internacionais. A catro días de que remate esta XXV edición de Cineuropa, os afeccionados aínda teñen oportunidade de gozar do cine máis transgresor ou extremo nas súas formas ou contidos. É o caso da última produción de Bela Tarr, "O cabalo de Torino" (Oso de Prata en Berlín) que se estrea no festival esta noite. Outros títulos agardados son tamén os dos franceses Bruno Dumont ou Bertrand Bonello, que removeron Cannes con "Hors Satan" e "L'Apollonide", respectivamente, ademais do recente León de Ouro en Venecia o controvertido "Fausto de Aleksandr Sokurov. Oportunidade aínda para saborear a última entrega dos irmáns Dardenne e "O neno da bicicleta", unha das películas mellor valoradas polo público de Cineuropa. Quedan tamén por ver dúas das películas que arrasaron no Festival de Xixón esta fin de semana: "El estudiante" e “A guerra está declarada”, ex-aequo. A primeira, ademais obtivo o premio ao mellor guión e o Premio do Público, mentres a segunda erixiuse co premio aos mellores actor e á actriz. E tamén hai aínda oportunidade de ver a fantástica “Attack the block” de Joe Cornish, unha cinta que arrasou no Festival de Sitges e que aborda unha invasión alieníxena nun suburbio de Londres.

Nesta última semana tamén se poden degustar aínda na sede da Fundación Caixagalicia e no CGAC algunhas das pequenas grandes xoias rescatadas, con motivo destes 25 anos, da Escola de Berlín. "Jerichow", "Shensucht (Morriña)" ou "Yella" son só algúns dos títulos de interese dunha ampla retrospectiva ofrecida nesta edición 2011 de Cineuropa centrada nos cineastas deste movemento, que foron quen de voltear o cine alemán trala caída do Muro.

Cineuropa non descoida tampouco o seu compromiso coa produción feita en Galicia. A sección Panorama Audiovisual Galego, que ofreceu unha selección dos autores máis arriscados na súa creatividade, péchase mañá, mércores 30, con dous Encontros co público no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O primeiro, ás 19.45 h., centrado na obra de Sonia Méndez, e que ofrece a estrea absoluta de “Conversación cunha muller morta”. A continuación, sobre as 21.45 h., Lois Patiño, un realizador xa coñecido do público do festival, manterá tamén un coloquio co público.

Fondo Galego de cooperación + Fegamp – comisión permanente de relacións exteriores

O Fondo Galego e a Fegamp reforzan a súa colaboración a prol da cooperación internacional

- A asemblea da Federación de Municipios e Provincias aprobou por unanimidade unha resolución para promover a solidariedade do municipalismo pese á crise

- No seo da Fegamp crearase unha Comisión Permanente de Relacións Exteriores onde o Fondo Galego de Cooperación terá un papel protagónico

Illa de San Simón, 29 de novembro de 2011. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais a Federación Galega de Municipios e Provincias reforzarán os seus lazos de colaboración a prol da solidariedade internacional. A asemblea xeral da Fegamp aprobou por unanimidade a pasada fin de semana unha proposta de resolución neste sentido que foi presentada pola presidenta do Fondo, Teresa París, e que recibiu unha exitosa acollida por parte dos asistentes.

Perante o novo ciclo dos gobernos locais, o texto aprobado propoñía a creación, no seo da Fegamp, dunha Comisión Permanente de Relacións Exteriores na que o Fondo Galego teña un papel protagónico, inseríndose dentro da propia vida institucional da Federación, como auténtica axencia para a cooperación internacional das entidades locais galegas. Ademais das catro Deputacións, na actualidade son socios do Fondo 94 Concellos, que representan máis do 70% da poboación galega.

Esta rede cumprirá en 2012 quince anos de traballo conxunto fronte aos inxustos desequilibrios da realidade internacional, tanto apoiando procesos de desenvolvemento nos países do Sur como promovendo actividades de sensibilización entre a cidadanía do Norte. Proponse agora consolidar este proxecto, exemplo de traballo cooperativo superador das diverxencias, axuntando esforzos e sen que o contexto de crise supoña dar pasos atrás.

O Fondo Galego aposta por enraizar a capacidade de traballo conxunta coa Fegamp, que segundo recolle a resolución presentada debe sentir como propio o éxito desta experiencia en rede solidaria, asimilando e estimulando o sentido da cooperación xerada ata o momento. O obxectivo é xerar sinerxías favorecedoras do compromiso solidario e do municipalismo galego.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.

Santiago – axenda mércores 30 novembro

9.00 h

Pleno extraordinario

Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

1. Ratificación da urxencia da convocatoria.

2. Expediente de crédito extraordinario núm. 2011-CREXT-19 para instalación de material semafórico con cambio de finalidade de remanente de tesourería afectado procedente de préstamos.

3. Expediente de crédito extraordinario núm. 2011-CREXT-18 para transferencia corrente ás entidades Forum Gastronomic, SL e Fundación Araguaney-Puente de Culturas, con cargo a baixas por anulación doutra aplicación do orzamento de gastos e modificación da base 30 de execución do orzamento municipal 2011.

10.15 h

No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á presentación do Mapa de Destinos Turísticos de Galicia Xeodestinos.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h

No Salon dos Reis do Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á recepción aos ex parlamentarios con ocasión do 30 Aniversario.

20.30 h

No Auditorio de Galicia, inauguración e entrega de premios do Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2011 coa presenza do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; o xurado do premio e os artistas participantes.

20.45 h

Na Catedral de Santiago (entrada por Praterías), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de ofrenda ao Apóstolo e presentación do proxecto “Ponte da Boga Expresión Histórica”, con motivo do 800 Aniversario da Catedral.

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Fundación Araguaney – actuación de Moneim Adwan

O cantante Moneim Adwan e o seu grupo de músicos palestinos en concerto no Teatro Principal de Santiago

- A historia de Palestina a través dos cantos e melodías de Moneim Adwan

- A voz de Moneim Adwan xunto co ritmo do laúde, o violín e a percusión axuntaranse o xoves día 8 de Decembro no Principal

Santiago de Compostela, Martes 29 de Novembro de 2011. O concerto de Moneim Adwan será o que poña o broche de ouro ao Ciclo de música Ghazal. É o terceiro e último dos concertos integrados neste ciclo. Todos eles trouxeron a Santiago de Compostela os ritmos árabes máis pegadizos e característicos da música de Oriente Medio.

O xoves día 8 de Decembro, ás 20,00 h da tarde, o Teatro Principal será o escenario do concerto do grupo de Moneim Adwan. A súa voz e o ritmo do seu laúde, xunto co son do violín de Safwane Kanani e a percusión de Samir Hamsi, conquistarán ao público, como o fixeron nos concertos anteriores Le Trio Joubran e Fayçal Salhi Quintet, os outros dous organizados pola Fundación Araguaney e AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais).

Sobre Moneim AdwanFUNDACION ARAGUANEY - Moneim Adwan

Moneim Adwan naceu en Rafah, na Franxa de Gaza, Palestina. Comezou a cantar cancións tradicionais palestinas e oracións do profeta Mahoma na súa infancia. Aos 17 anos de idade comeza a tocar o laúde na Universidade de Trípoli (Libia), onde obtén un Master en Musicología grazas aos ensinos dos profesores O-Fateh Ramiz (canto) e Abdallah Sabai (laúde).

Desde 1999 grava catro discos en Francia (BudaMusique, Accords Croisés/ Harmonia Mundi). O seu último disco é unha viaxe pola poesía de Gaza, no que participan músicos de Cisxordania e Exipto e que inclúe composicións propias: “Once upon a time in Palestine” (2005).

En xuño de 2004 participa no Festival de Fez en Marrocos e máis tarde percorre diferentes escenarios de Europa grazas á súa música: Babelmedmusic (Marsella-Francia, 2005), Cité des Sciences et de l'Industrie (París-Francia, 2004), Festival Internacional de clarinete (Glomel-Francia, 2005), Festival des Voix des Pays (Fougeres-Francia, 2005), Il Duomo Frioli (Italia, 2005), Musical Center of Vredenburg (Holanda, 2006), Theatre de la Monnaie (Bruselas-Bélgica, 2006). Moneim Adwan tamén compón música para filmes documentais e pezas de teatro.

As súas cancións están inspiradas na musica tradicional da rexión da Al-Sham (Siria, Líbano, Xordania, Palestina) e no repertorio árabe clásico. As súas composicións son un intento de manter viva a tradición nun país que oscila entre o modernismo e as tradicións ancestrais.

A cálida voz deste cantante, ás veces poderosa e ás veces tenra, é o instrumento máis fermoso para transmitir o amor e a mensaxe de tolerancia no medio da guerra e a destrución.

CONCERTO DE BALDE. PREVIA RECOLLIDA DE ENTRADAS NO HOTEL ARAGUANEY (ALFREDO BRAÑAS, 5) E NA GALERÍA CARONÍ (RÚA DO VILAR, 21). SANTIAGO DE COMPOSTELA

Silleda – restauración Muiño de Covian

O Concello de Silleda continuará coas labores de restauración e mellora no entorno do muíño de Covián, en Rellas

-Paula Fernández Pena e o concelleiro Antonio Couso, asistiron hoxe á clausura do curso de monitor/a de Educación Ambiental cuxos alumnos elaboraron un interesante proxecto sobre esta área. “Trataremos de levalo a cabo”, comprometeu a rexedora

-O concelleiro de Medio Ambiente solicitou hoxe mesmo á Xunta apoio para varios proxectos, incluída a construción dunha pasarela peonil xunto ao muíño, contrucción única polas súas características na comarca do Deza, que data do ano 1810

Silleda, 29 de novembro de 2011. O ciclo de monitor/a en Educación Ambiental, no que participaron persoas en situación de desemprego dende o pasado 1 de setembro, rematou en Silleda coa entrega de certificacións e a presentación do proxecto elaborado polos alumnos que decidiron continuar as sesións teóricas con prácticas voluntarias.

Esta segunda parte do ciclo, no que se implicaron 10 dos 13 alumnos, dando conta dun alto grao de motivación, consistiu na realización dun sendeiro interpretativo do muíño de Covián, situado na parroquia de Rellas.

Baixo o título “Os catro infernos”, en alusión ao nome popular que reciben as pezas das moas (as catro desta edificación fan do muíño de Rellas unha construcción única na comarca do Deza), os alumnos e alumnas do ciclo presentaron hoxe un interesante proxecto para atraer a atención de turistas e visitantes.

O muiño, con 82 metros cadrados de superficie e que foi construido no ano 1810, convertiríase nun centro de interpretación tanto da natureza como a nivel etnográfico, con paneis informativos sobre este fermoso entorno ao pé do río Toxa cunha flora e fauna únicas ( hai especies coma a rá pilonga, o picapeixe e mesmo nutrias) e moi preto da Vía da Prata.

A alcaldesa, Paula Fernández Pena e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Couso, felicitaron, antes da entrega dos certificados do curso, a todos os participantes polo proxecto realizado. “Esperamos poder levalo a cabo para continuar co traballo que iniciamos hai anos neste fermoso entorno”, avanzou a rexedora. O muiño de Covián, xunto ao que se adaptou unha área recreativa, foi restaurado durante o obradoiro de emprego Ponte da Pedra, iniciado no ano 2007 baixo o mandato anterior de Paula Fernández.

É mais, o concelleiro de Medio Ambiente asistía hoxe mesmo a un encontro na delegación territorial da Xunta en Pontevedra, no que presentou, entre outros proxectos, o da pasarela peoníl de madeira, sobre o río Toxa, para unir o muíño de Covián coa área recreativa aledaña, e que ten un custe estimado de 7.000 euros. “Temos xa os piares colocados e pensamos que a continuación desta obra é clave para a posta en valor deste entorno”, apunta Antonio Couso.

Outras das actuacións para as que solicitou a colaboración autonómica foron a recuperación das fontes espalladas polo rural (hai catalogadas 52 unidades), a dotación de auga da traída nas fontes de Campo (Silleda) e da Botica (no lugar de O Foxo) ou o remate do sendeiro do río da Gouxa. “Houbo moi boa receptividade e esperamos que algunha destas propostas teñan encaixe nalgunhas axudas autonómicas para poder continuar coa recuperación do noso patrimonio no rural”, engade o concelleiro.

Ordes – presentación do banco de tempo do concello

O Concello de Ordes pon en marcha o Banco do Tempo do municipio

Os veciños e veciñas poderán facerse socios e comerciar co seu tempo ofrecendo a súa axuda e coñecementos a cambio dos de outras persoas

Ordes, 29 de novembro de 2011: O Concello de Ordes presentou esta mañá un novo proxecto no municipio consistente nun Banco do Tempo mediante o cal as persoas usuarias ofrecen e solicitan servizos e actividades intercambiando o seu tempo de xeito gratuíto. Trátase dun sistema de voluntariado mutuo que anima á xente a compartir o seu tempo e habilidades entre sí utilizándoo como moeda de cambio.

No acto de presentación desta iniciativa, a concelleira de Educación, Silvia Marín, insistiu na importancia deste tipo de actividades que, neste caso, axuda a solucionar problemas da vida diaria sen ter que gastar diñeiro, serve como ferrramenta que axuda a conciliar a vida laboral e familiar, fomenta a igualdade e a cooperación entre a veciñanza e as relacións entre persoas. A concelleira mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha desta iniciativa que asegurou, ten unha gran importancia dado o momento de crise que estamos a vivir ao crear unha plataforma na que as persoas poden comerciar co seu tempo, ofrecendo a súa axuda e coñecementos a cambio dos de outras persoas de maneira puntual utilizando como única moeda de cambio o tempo.ORDES - PRESENTACION  BANCO DE TEMPO

Na presentación tamén participou o representante da empresa Deloga, Ismael Blanco, quen explicou o funcionamento do Banco do Tempo. Así, indicou que o único requisito para poder facerse socio do banco do tempo de Ordes é ter un mínimo de 18 anos. Tal e como explicou Blanco, en canto aos servizos e actividades de intercambio que se poderán realizar están de diferentes índoles como o acompañamento de persoas, conversas, masaxes, automaquillaxe, tarefas domésticas, pasar documentos a ordenador, idiomas e en definitiva calquera actividade que poida ser ofertada e demandada, iso sí os servizos intercambiados non poderán ser nunca configurados nin asimilados a relacións de traballo autónomo ou asalariado. Ademais o trato non ter porque ser directo entre dúas persoas podéndose facer tamén en grupo.

O primeiro dos intercambios deste banco do tempo do Concello de Ordes celebrarase esta mesma tarde, no que un grupo de mulleres marroquíes residentes en Ordes ensinarán gastronomía do seu país a cambio de conversas en español.

Todos aqueles que queiran participar nesta iniciativa poderán recibir máis información e facerse socio no departamento de Educación do Concello, no primeiro andar da Casa Consistorial, así como a través do teléfono 981680002 ou o correo electrónico bdt@ordes.dicoruna.es

Os viqueiras – noites de tasca este venres en Oroso

os viqueiras - noites de tasca

Silleda – comeza o programa Aurora de integración de mulleres ruráis

O programa Aurora, para a inserción laboral das mulleres do ámbito rural, comezou hoxe en Silleda con 25 alumnas

Silleda, 28 de novembro de 2011. Hoxe comezaron nas instalacións da Casa da Xuventude as sesión teóricas do programa Aurora, promovido polo Concello de Silleda e o Instituto da Muller, organismo adscrito á Secretaría de Estado para a Igualdade, e que ten como principal obxectivo promover a empregabilidade das mulleres no ámbito rural. A iniciativa, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, busca mellorar o acceso deste sector da poboación ao mercado laboral a través da participación das mulleres en itinerarios mixtos (de formación e emprego), deseñados tendo en conta as necesidades das participantes no proxecto.

En total participan 25 mulleres nun ciclo que tamén busca mellorar a autoestima, confianza e outros aspectos persoais, tales como habilidades sociales e comunicativas. O programa continuará ao longo do vindeiro ano 2012, cunha formación ad hoc, que se adecuará ás novas demandas do mercado laboral, e mesmo con módulos prácticos. De feito hai xa varias empresas, do sector servizos e de atención xerontolóxica interesadas en contratar a algunha das participantes. Todas as alumnas están inscritas na bolsa municipal de emprego de Silleda.

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, deulles hoxe a benvida durante a apertura do curso, animándoas a formarse para encarar posibles saídas laborais.

Oroso . o alcalde reunese con gandeiros e tratantes do mercado de Amio

MANUEL MIRÁS REÚNESE CON GANDEIROS E TRATANTES DE AMIO E REITERA O SEU APOIO A QUE O MERCADO PERMANEZA EN SANTIAGO OU NA COMARCA

O alcalde orosán reuníuse con membros de Astragal e Acega para amosarlles “o total apoio do Concello de Oroso para que o mercado de Amio non se mova de Santiago”

Os gandeiros denuncian que “se trata todo dun problema político no que o alcalde de Santiago di que sí a Amio diante da opinión pública pero despois estase a rir do sector”

28 de novembro de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reuníuse hoxe con representantes da Asociación de Tratantes de Gando de Galicia (Astragal) e da Asociación Galega de Empresarios de Gando (Agega) para amosarlles “o total apoio do Concello de Oroso para que o mercado de Amio non se mova de Santiago”. Mirás Franqueira explicoulles que “en Oroso queremos que o mercado permaceza en Santiago e que non se deixe marchar baixo ningún concepto”.

Manuel Mirás lembra que a permanencia do mercado de gando en Santiago “non é unha cuestión de localismos, senón de defender aos produtores gandeiros da nosa comarca e tamén ao sector hostaleiro da nosa zona, que se beneficia do movemento que xera Amio”. O alcalde orosán recordou que a aposta do Concello de Oroso é que o mercado de Amio permaneza onde estivo os últimos 130 anos pero que, no caso de que non quedase en Santiago, o sector seguirá tendo á súa disposición unha parcela de 10.598 metros no polígono San Martiño II.

Problema político

Un ofrecemento que foi agradecido polos representantes de Astragal e Agega, quen coincidiron con Mirás en que a mellor opción é permanecer en Santiago aínda que “mellor sería que estivese en Oroso que marchar”, explica Ignacio Vázquez, representante de Astragal. Vázquez considera que estamos “diante dun problema político no que o alcalde de Santiago di que sí a Amio diante da opinión pública pero despois estase a rir do sector”.

O representante de Astragal explica que “dende o sector negociamos co alcalde de Santiago e ofrecímonos a xestionar a feira. Conde Roa dixo que si para a galería, pois o que fixo foi poñernos unhas condicións imposibles de cumprir como ter que asumir unha débeda de máis de 200.000 euros da concesionaria ou gastar outros 500.0000 euros en reformar o mercado. Iso é estarse rindo de nós”. Ademais, lembra que o sector gandeiro aceptou a posibilidade de suspender a feira nalgunha semana do ano no caso de que Santiago precisase do recinto para calquer acontecemento.

Permanencia en Santiago

Os representantes de Astragal e Agega consideran que o mercado de Amio non só é totalmente viable, senón que xera beneficios. “Agora uniuse toda a comarca do Deza para reclamar esta feira, pois será porque ten interese e non é un desastre económico como din en Santiago”, sinala Ignacio Vázquez, quen opina que detrás deste gran interese da comarca do Deza polo mercado de Amio está o feito de que “o recinto de Silleda estivo mantido a base de subvencións e, agora, os cartos acabáronse polo que ven no mercado de Amio unha oportunidade para facelo rentable”.

Sen embargo, este representante de Astragal comparte a visión de Manuel Mirás de que “baixo a bandeira da austeridade, ao final imos quedar sen mercado en Santiago e en ningún outro sitio pois algúns, de tanto falar de aforrar, ao final o que están facendo é acabar con todo”. Ignacio Vázquez engade que “ao final de todo os que van pagar o pato serán os gandeiros, que non terán acceso a mercado ningún e todo quedará como no caso do leite, en man de dúas ou tres empresas que farán o que queiran”.

Os representantes de Astragal e Agega reiteráronlle a Mirás Franqueira os problemas que presenta o recinto silledense, que está moi lonxe de ser unha solución definitiva para este mercado e que é moi deficitario a moitos niveis. Como exemplo, os muelles de carga de Amio teñen capacidade para tratar ata 100 camións, mentres que en Silleda iso redúcese a seis ou sete. “Para que Silleda puidese achegarse ás condicións de Amio habería que facer unha reforma moi grande pero, se en Santiago non se quere gastar, agora se vai gastar en Silleda?”, pregunta Ignacio Vázquez.

Finalmente, o representante de Astragal defendeu tamén a actuación que está a ter Mombús no recinto de Amio. “Está investindo e facendo reparacións todas as semanas, a pesar do que digan dende o Concello de Santiago”, sinala Ignacio Vázquez.

Na reunión con Manuel Mirás asistiron Ignacio Väzquez, José Fernández, Valentín Lista Gago e Manuel Regueiro Garabal (Astragal) e Antonio Vázquez Santos e Ramiro Vázquez (Agega).

Ordes – reunión do alcalde coas asociacions Astragal e Agega

O alcalde de Ordes recibiu esta mañá a representantes e socios das asociacións Astragal e Agega

Mostrou o seu apoio a estas asociacións de tratantes e empresarios de gando para que a feira de Amio non sexa trasladada a Silleda

Ordes, 28 de novembro de 2011: O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá no Concello a representantes da Asociación de Tratantes de Gando de Galicia (Astragal) e a socios da Asociación Galega de Empresarios de Gando (Agega), a quen lles mostrou o seu apoio en referencia ao rexeitamento do traslado do mercado de Amio a Silleda.

Tal e como explicou o alcalde, o traslado da Feira de Gando de Amio en Santiago, ao recinto feiral de Silleda, sería un gran prexuízo económico para este sector en Ordes e a súa comarca. Así, engadiu, que no caso de que desaparecese a feira en Amio, gandeiros e empresarios do sector da zona non terían un lugar onde vender os seus produtos, xa que terían que facer un longo percorrido para poder ofertalos, cos gastos en traslados que isto conlevaría a maiores.

Os representantes e socios tanto de Astragal como de Agega explicaron que non están en contra da feira de Silleda, e insistiron en que “as dúas feiras son necesarias e compatibles”. Ademais fixeron fincapé no feito de que a feira de Amio é unha das mellores de toda España, e das que mellor funcionan xerando 50 millóns de euros ao ano”.

(Representando a Astragal estiveron en Ordes Ignacio Vázquez, José Fernández, Valentín Lista Gago e Manuel Regueiro Garabal. Como socios de Agega reuníronse co alcalde Antonio Vázquez Santos e Ramiro Vázquez.)

Silleda – este mércores quedará constituida a mesa do comercio

A Mesa Local do Comercio de Silleda quedará constituída o mércores día 30

-Contará con representantes do sector, dos consumidores, e da Administración Local e Autonómica

Silleda, 28 de novembro de 2011. A Mesa Local do Comercio quedará constituída en Silleda pasado mañá mércores, nunha sesión que terá lugar ás 13.00 horas nas sala de xuntas do Concello. Esta entidade, coa que deben de contar todos os municipios galegos -segundo fixa a nova Lei de Comercio Interior de Galicia-, estará presidida pola alcaldesa, Paula Fernández Pena, e integrada por representantes do sector, de colectivos consumidores, e da Administración, tanto local como autonómica.

Así, entre os membros da mesa están a presidenta da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), Fátima Costoya Pérez; a presidenta da asociación provincial da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia (Fuciga), Olga Pereira Penedo; e en representación do Concello, o edil de Industria e Comercio, Klaus Brey, e Alfredo Abeledo, traballador municipal e responsable da Oficina Municipal do Consumidor (OMIC). Pola Administración autonómica o seu representante será o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial. Como secretaria actuará Mónica González, traballadora do Concello.

A Mesa Local do Comercio, convertirase nun órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración e os axentes representativos do sector comercial. Segundo figura na normativa, o órgano reunirase como mínimo unha vez ao ano, correspondendo a súa convocatoria ao Concello. Ademais da constitución da mesa, nesta primeira sesión abordaranse cuestións relacionadas coa campaña de Nadal do comercio e outras cuestións de interese para o sector.

Oroso – o Oroso TM o fronte da primeira división nacional de tenis de mesa

OS OROSÁNS UXÍO REGUEIRO E SILVIA ÁLVAREZ SON OS GALEGOS MELLOR CLASIFICADOS A NIVEL NACIONAL

O Oroso TM vence por 4-2 ao Oviedo, polo que segue invicto e rematará a primeira volta á fronte da Primeira División Nacional

28 de novembro de 2011.- Os alevíns orosáns Uxío Regueiro e Silvia Álvarez son os xogadores galegos mellor clasificados a nivel nacional, segundo se recolle nos rankings oficiais publicados esta semana pola Real Federación Española de Tenis de Mesa e logo da disputa dos Torneos Clasificatorios para os Campionatos de España. Un feito que demostra unha vez máis o gran nivel da canteira orosá.OROSO - SILVIA UXIO OROSO TM

Así, Uxío Regueiro é o terceiro mellor xogador alevín masculino a nivel nacional, a tan só 2 puntos do valenciando Iván Pérez e do balear Mike Padial, segundo e primeiro clasificados respectivamente. Pola súa banda, Silvia Álvarez atópase actualmente na cuarta posición, a tan só un punto da terceira clasificada (a catalá Laura Pibernat) e a catro puntos das dúas primeiras clasificadas, a andaluza Marta Romero (2ª) e a madrileña Mireia Cifuentes (1ª).

Invictos e líderes

Por outra banda, esta fin de semana o primeiro equipo do Oroso TM gañou con comodidade o seu partido de Primeira Nacional co Oviedo MTM por 4-2. Un resultado que mantén invictos aos orosáns e á fronte da clasificación cunha cómoda vantaxe de 4 puntos sobre o segundo clasificado. Deste xeito, a tan só un encontro de finalizar a primeira volta do campionato, os xogadores do Oroso TM proclámanse campións da primeira volta.

Os xóvenes xogadores do Oroso TM, dirixidos por Valeri Malov, volveron amosar a súa calidade e venceron a un potente equipo que, ata hai poucas tempadas, militaba na División de Honra Española e que conta nas súas filas con xogadores de gran nivel como o rumano Zanfirescu ou o campión absoluto de Asturias, Félix González. Só Zanfirescu conseguíu gañar os seus dous puntos no pabillón polideportivo de Sigüeiro, xa que os outros catro puntos caeron do lado dos xogadores orosáns ata o definitivo 4-2.

Teo – cancelase o corte de auga de este martes

CANCÉLASE O CORTE DE AUGA PREVISTO PARA O MARTES 29 EN CACHEIRAS E MONTOUTO

· A avería que provocou a falta de suministro durante toda a xornada de onte facilitou a instalación do contador, evitándose deste xeito o novo corte

28 de novembro de 2011. O Departamento de Infraestructuras do Concello de Teo informa á cidadanía de que queda CANCELADO  o corte de auga previsto para este martes 29 de novembro nas zonas de Cacheiras e Montouto. A avería na traída de auga municipal, que deixou sen servizo a zona este domingo 27 foi aproveitada para realizar os traballos de colocación do contador que se ía realizar mañá martes. 

A avería de onte localizouse á altura de Montouto, preto da rotonda do Eroski. A rotura dunha tubaxe na conducción xeral obrigou a pechar o depósito municipal da Póboa que abastece a Montouto e Cacheiras. As obras de reparación, que comezaron ás 08:00 horas, prolongáronse ata ben entrada a tarde, dada a dificultade de acceder á avería, xa que estaba por debaixo dunha conducción de pluviais e das conduccións dunha empresa de comunicacións. 

O suministro quedou restablecido en torno ás oito da tarde, aínda que os traballos posteriores de purgado provocaron novas molestias ata a noite. O Concello e a empresa concesionaria do servizo lamentan as molestias ocasionadas durante a xornada. 

Os traballos de reparación permitiron sen embargo colocar o contador no depósito da Póboa, que estaba previsto para o martes 29. Esto fai que o corte de auga anunciado para o martes non teña que realizarse. 

Brión – case cen persoas no concerto da banda de música

CASE UN CENTO DE VECIÑOS ASISTIRON AO CONCERTO DE SANTA CECÍA DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE BRIÓN

28 de novembro de 2011.- Preto dun cento de veciños encheron o auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos para asistiren ao “Concerto de Santa Cecía”, que cada ano ofrece Banda Municipal de Música do Concello de Brión na honra á patroa dos músicos. A formación dirixida por Jorge Rey ofreceu unha selección de pezas clásicas mesturada con máis música actual. Unha actuación organizada pola Banda Municipal de Música de Brión en colaboración co Concello de Brión e a Deputación Provincial da Coruña.

Ordes – curso de manipulador de alimentos

Ordes celebra un novo curso de manipulador de alimentos o vindeiro mes de decembro

O prazo para inscribirse xa está aberto na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello

Ordes, 28 de novembro de 2011: Ordes acollerá o vindeiro día 22 de decembro un novo curso de manipulador de alimentos.

Trátase dun curso obrigatorio para todas aquelas persoas que traballen no sector da industria alimentaria como panadeiros, camareiros, cociñeiros, dependentes de conxelados, charcuterías, persoal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, persoal de guarderías, comedores de colexios, persoal de residencia de anciáns, etcétera, e de aí a súa importancia de cara ao mercado laboral.

Todos aqueles que estean interesados en participar poderán recibir máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvmento Local do Concello de Ordes, situada no 1º andar da Casa do Concello ou chamando ao 981680002 e 981680157. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de decembro e as prazas serán limitadas.

O curso terá lugar o 22 de decembro en horario de 16 a 19 horas na aula do primeiro andar da Casa da Cultura de Ordes. Consistirá nunha charla informativa de 3 horas presenciais nas que se tratarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria.

Máis información no Concello.

Fundación Araguaney – Amal express en la facultad de comunicación

Amal organiza una muestra con los cortos ganadores del Concurso Amal Express 2011 en la Facultad de Comunicación

Santiago de Compostela, Martes 29 de Noviembre de 2011. El próximo jueves, 1 de diciembre, el Auditorio de la Facultad de Ciencias da Comunicación de la USC acogerá una muestra de cortometrajes organizada por el Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2011. La asistencia será abierta y gratuita. FUNDACION ARAGUANEY - AMAL EXPRESS EN FACULTADO COMUNICACION

Se proyectarán algunos de los cortometrajes que participaron en el concurso convocado por el festival Amal “Amal Express”. Este año, todos los cortos giraron entorno a un eje temático: “LA REVOLUCIÓN”. Además, la duración máxima sería de 5 minutos. El aspecto determinante fue que los cortos tuvieron que realizarse en menos de 96 horas. Así, desde el lunes 24 de Octubre y hasta 96 horas después, se gestaron todos los cortos que se exhibirán el jueves en la Facultad de Ciencias de la Comunicación.

A las 12,00 del mediodía del jueves día 1 de Diciembre se proyectarán 12 películas, entre las cuales se encuentra el cortometraje ganador: (S)alas de Revolución, de Carlota Mosquera Rodríguez.  En la muestra estarán presentes varios de los participantes de “Amal Express” para presentar sus creaciones y responder a posibles preguntas del público.

Ordes – curso voluntariado

Preto dunha vintena de persoas participaron esta fin de semana no curso sobre voluntariado celebrado en Ordes

Ordes, 28 de novembro de 2011: Preto dunha vintena de veciños e veciñas de Ordes e de toda a comarca participaron esta fin de semana nun curso sobre voluntariado organizado polo Concello en colaboración coa plataforma de Voluntariado Galego da Consellería de Traballo e Benestar, un curso de voluntariado que levou por título “Xestión de proxectos de voluntariado”. ORDES - CURSO VOLUNTARIADO

O obxectivo do curso, celebrado durante a tarde do venres e toda a xornada do sábado, foi dar aos participantes as principais nocións para levar a cabo un proxecto de voluntariado. O curso foi totalmente gratuíto.

Santiago – axenda martes 29 novembro

Martes 29

11.15 h

No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura a Xornada de Negocio Internacional do Banco Sabadell. As 14.00 h, asiste á clausura.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar as bases do concurso do Cartel de Nadal 2011, e da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar a axenda Culturall do mes de decembro.

20.30 h

No Auditorio de Galicia, proxección de 'Best of Reino Unido' dentro de +Curtocircuíto

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Redacción santiagoycomarca – as cinco notas máis vistas da semana

Ordes – tapons “unha sonrisa para Aitana” j.mp/t4WTSf

 

Ames – inauguración do mercadillo j.mp/tcPcx4 

 

Ames – o concello agarda polas propostas dos sindicatos j.mp/rL35MF 

 

Santiago – axenda martes 22 novembro j.mp/sJprXa 

 

Silleda – doación dunha estufa de biomasa para o centro social j.mp/ryAiK5

Silleda – comeza a campaña “un regalo, un sorriso”

O departamento de Servizos Sociais inicia a campaña “Un regalo, un sorriso” para a recollida de xoguetes

Silleda, 26 de novembro de 2011. O Concello de Silleda, a través do departamento de Servizos Sociais, que dirixe a concelleira Dolores García, vén de poñer en marcha un ano máis a campaña de recollida de xoguetes para repartir nas datas de Nadasl. Baixo o lema Un regalo, un sorriso, esta iniciativa pretende apelar á solidariedade dos veciños e veciñas para que os nenos de familias con poucos recursos non queden sen agasallos. Os xogos e xoguetes, que deben de estar en bo estado de conservación, poden deixarse nas instalacións do Centro Social. Tamén se pode chamar ao 986 592037 e avisar para que se vaian a recoller dende o centro.

Dolores García agradece de anteman o esforzo e implicación dos veciños que veñen participando nesta campaña.

Santiago – axenda luns 28 e corte de tráfico

uns 28

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, para presentar o Plan de Prevención de Drogas.

12.30 h.

Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá enROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.30 h

Na rúa Eduardo Pondal (nº4, baixo), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita o Colexio de Avogados.

ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Pexigo de Arriba

Por mor de obras de reparación do pavimento, a rúa do Pexigo de Arriba permanecerá cortada a partir do vindeiro luns, 28 de novembro, e durante un período de tres semanas, no tramo comprendido entre a rúa da Ensinanza e a rúa de Entrepexigos.

Os vehículos deberán acceder durante este tempo pola rúa do Olvido e saír pola ruela do Pisón cara a rúa do Patio de Madres.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Silleda - Paula Fernández Pena formará parte da comisión executiva da Fegamp

Paula Fernández Pena formará parte da comisión executiva da Fegamp

A alcaldesa de Silleda foi tamén a vicepresidenta nunha das ponencias da oitava asamblea da federación celebrada hoxe en Santiago

Silleda, 26 de novembro de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, formará parte da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A rexedora socialista resultou elexida xunto con outros alcaldes galegos na sesión celebrada esta tarde no Pazo de Congresos de Santiago, no marco da oitava asamblea da Fegamp.

Ademais, Paula Fernández exerceu como vicepresidenta nunha dos relatorios que formaron parte da xuntanza, concretamente na de Cohesión e Ordenación Territorial. Baixo o título “Por un novo marco normativo en materia de ordenación do territorio e do urbanismo”, nesta sesión abordaron cuestións relacionadas sobre todo co urbanismo, ademais doutros asuntos coma o o transporte ou o medio ambiente como factor de sostibilidade.

Silleda – os desempregados que creen unha empresa terán bonificacións

Os desempregados de Silleda que decidan crear unha empresa terán bonificacións do 50% nas licenzas de apertura dos seus establecementos

-Esta medida recóllese na nova ordenanza para axilizar a regularización de negocios, que foi aprobada no último pleno

-Outra das medidas para fomentar o emprego pasa pola inclusión dunha cláusula nos pregos de contratación das obras para que as empresas contraten alomenos a un parado/a da bolsa municipal de emprego

Silleda, 26 de novembro de 2011. O goberno municipal de Silleda continúa coa posta en marcha de medidas para contribuir á inserción laboral dos veciños do municipio. Logo da posta en marcha do programa Silleda Emprega, coa creación dunha bolsa municipal para mediar entre empresas e particulares e veciños en situación de desemprego, establecerase unha bonificación na recén aprobada ordenanza para a apertura de establecementos. Esta rebaixa aplicarase a todos aqueles emprendedores que decidan dar o paso e deixar a situación de desemprego dándose de alta no Réxime de Traballadores Autónomos. A bonificación está recollida no artigo 2 da ordenanza fiscal reguladora das taxas, que foron aprobadas por unanimidade no pleno ordinario do pasado xoves. Dito artigo recolle que ás persoas que, procedentes do desemprego se den de alta como autónomos para iniciar a súa actividade económica (acreditando debidamente que estaban no paro), aplicaráselle un desconto do 50% sobre a cuota tributaria da ordenanza.

Esta nova normativa, que vén a axilizar a obtención de permisos para a apertura dos establecementos que non precisen de avaliación ambiental, estabrece unha tarifa básica de 150 euros para negocios cunha superficie de ata 100 metros cadrados, que se vai incrementando segundo as dimensións do local. “Esta fórmula supón tamén un incentivo para todos aqueles que se decidan a converterse en emprendedores”, sinala a alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Paula Fernández Pena.

Ademais desta iniciativa, en colaboración coa Concellería de Emprego, que dirixe Margarita Campos, dende o executivo local silledense tamén se tomaron xa outras medidas para facilitar a inserción laboral no municipio. Así, as bases para a contratación de empresas para todos os concursos de obras municipais van incluir unha cláusula que lles obligará a contratar alomenos a unha persoa que esté inscrita na bolsa municipal de emprego.

Esta medida, en colaboración coa Concellería de Obras e Servizos, que dirixe Manuel Cuíña, xa se puxo en marcha no concurso para a realización dos traballos da traída de auga da parroquia de Cortegada, para os que a empresa adxudicataria, Míguez Xestoso S.L., contratou a un desempregado anotado no programa silledense. Esta clausula obrigará ademais ás empresas a presentar o contrato laboral antes de formalizar a adxudicación da obra co Concello.

Dende o goberno silledense agárdase que estas medidas non supoñan outro “ataque de propiedade intelectual” ao programa do PP que nos últimos días veu criticando a bolsa de emprego e mesmo acusando ao goberno de “plaxio” do programa electoral popular “cando as bolsas municipais levan anos inventadas”. Dende o goberno, a concelleira de Emprego, Margarita Campos considera que o PP silledense “debería de tomar máis en serio iniciativas coma o Silleda Emprega, nuns momentos no que a loita contra o paro debe ser a gran prioridade para todos os partidos sen excepción”.