A parroquia de Vilamaior celebrou hoxe a festa na honra a Santiago Apostol. Unha cita na que veciños, veciñas e moitos achegados participaron nos distintos eventos e actos programados.
Como marca a tradición a capela do Socorro e as súas inmediacións foron o espazo onde se desenvolveu esta especial xornada, que terá continuidade ao longo de toda a tarde de hoxe con actuacións musicais e otras sorpresas. Tras a misa solemne e a sesión vermú tivo lugar un gran xantar popular no que tamén participou o alcalde de Ordes, Xosé Luis Martínez Sanjurjo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario