Onte deu comezo en Ordes o curso ‘Creación e xestión de microempresas’. Unha convocatoria na que se admitiron un total de 15 alumnos e alumnas que recibirán formación, tanto teórica como práctica, ao longo de 538 horas. Unha vez concluído o curso, xa a finais do mes de novembro, e superadas as probas evaluativas todas e todos terán a posibilidade de obter o certificado de profesionalidade de nivel 3, ademais de optar a prácticas no ámbito empresarial.
Esta iniciativa formativa está englobada dentro dos programas AFD (Accións Formativas para Desempregados), pertencentes á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Para a súa posta en marcha e correcto desenvolvemento contouse coa organización por parte da Oficina de Emprego do Concello de Ordes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario