USC - Aberta a matricula no centro de linguas modernas

O Centro de Linguas Modernas (CLM) ten xa aberto o prazo de inscrición nos seus cursos semestrais e anuais de idiomas. Quen posúa coñecementos previos da lingua que desexan estudar pero non teñan o nivel asignado deberáninscribirse á vez na proba para coñecer ese nivel de lingua. Esa mesma proba terán tamén que facer as persoas que desexenmatricularse nos cursos de Español como Lingua Estranxeira e cuxa matrícula está xa tamén aberta.

De igual xeito, o estudantado da Universidade de Santiago interesado en acreditar a súa competencia lingüística nos niveis B1 e B2 poden xa tamén formalizar a súa matrícula.

Ningún comentario: