LHCb publicada hoxe en NaturePhysics ven a reafirmar os
resultados das medidas exclusivas.
“A medición de LHCb fíxose mediante un só proceso (medida exclusiva), e
parece estar en desacordo con medidas anteriores feitas usando simultaneamente
varios procesos (medidas inclusivas)”, recoñece o profesor Juan Saborido,
responsable do grupo da Universidade de Santiago de Compostela participante en
LHCb. “Se estas discrepancias se acentúan coa análise de máis datos no futuro
estaríamos ante una gran sorpresa”, asegura.
A explicación podería estar nunha propiedade das partículas chamada espín,
que se soe representar como un xiro que realizan sobre se mesmas. O Modelo
Estándar establece que mediante a interacción débil certas partículas como oquark
b utilizado neste estudo se desintegran só cando ‘xiran’cara a esquerda, mentres
que a súa antipartícula (oantiquark b) só o fai cando ‘xira’á dereita.
A medida de LHCbé compatible co Modelo Estándar e confirma que a natureza ten
preferencia polas desintegracións de partículas ‘a esquerdas’. Non obstante, ao
manterse a discrepancia entre os dous tipos de medidas deste parámetro,
exclusivas e inclusivas, “algúns autores propoñen incluír desintegracións a dereitas para explicar
esa diferenza, que aínda non é o suficientemente significativa desde o punto de
vista estaTístico”, explica Abraham Gallas, outro dos investigadores da USC que
participa no experimento.
Más información:“Determinationofthequarkcouplingstrength |Vub|
usingbaryonicdecays”, arXiv:1504.01568v1
[hep-ex]
Enlace aoartigo en NaturePhysics: http://dx.doi.org/10.1038/nphys3415
Contacto: Juan
Saborido.
Responsable grupo LHCb Universidade de Santiago de Compostela.juan.saborido@usc.es // 881 81 41 09 // 629 96 60 03
Ningún comentario:
Publicar un comentario