Numax - Programación do 28 de xullo ao 2 de agosto

I'm singin' in the rain...  ♫ ♪ ♫

Do revés, o último filme da Pixar con dirección de Pete Docter e Ronaldo del Carmen chega este mércores 29 a NUMAX, precedido de excelentes críticas desde a súa estrea: «O resultado é un filme tan perfecto na súa abundancia de imaxinación que, de novo, descobre límites novos ao universo da animación e, xa postos, do cartesianismo. Fáganse mirar a glándula pineal. Pode ser moi divertido», di Luis Martínez en El Mundo.
Por outra banda, como podedes deducir polo encabezamento deste boletín, recuperamos o máis popular de entre todos os musicais de Hollywood, aquel que en 1952 asinaran en colaboración Stanley Donen e Gene Kelly co título de Cantando baixo a chuvia. Pouco resta por engadir dun filme que, como afirmaMiguel Marías, «calquera tentativa de disección [crítica] falsearía automaticamente, privándoo do entusiasmo, a alegría, o ímpetu e o dinamismo que o caracteriza, así como o pracer que a súa contemplación proporciona, desa vitalidade contaxiosa que nos leva a baliar polas beirarrúas, saltar sobre os bancos e trepar ao teito dos autobuses, chova ou brille o sol, ao saír do cinema».

Finalmente, lembrade que seguen na carteleira Amy e máis A quimera do ouro durante toda a semana, mentres que o martes 28 proxectaremos por última vezA mirada do silencio.

Do revés
(Pete Docter, Ronaldo Del Carmen, 2015)

Facerse maior pode ser un camiño cheo de obstáculos. Tamén para Riley, que ten que deixar a súa vida no Medio Oeste cando o seu pai consegue un novo traballo en San Francisco. Como todos nós, Riley é guiada polas súas emocións: Alegría, Medo, Noxo e Tristeza. As emocións viven en Cuarteis Xerais, o centro de control dentro da cabeza de Riley, desde onde a axudan e aconsellan ao longo do seu día a día. Riley e as súas emocións procuran adaptarse á súa nova vida en San Francisco, mais o caos se instala nos Cuarteis Xerais. Aínda que Alegría, a emoción principal e máis importante de Riley, procura manter unha actitude positiva, as emocións chocan á hora de decidiren como actuar nunha nova cidade, un novo fogar e unha nova escola.

Cantando baixo a chuvia
(Stanley Donen, Gene Kelly, 1952)

Antes de coñecer a aspirante a actriz Kathy Selden (Debbie Reynolds), o ídolo do cinema mudo Don Lockwood (Gene Kelly) pensaba que o tiña todo: fama, fortuna e éxito. Pero cando a coñece decátase de que ela é o que realmente faltaba na súa vida. Co nacemento do cinema sonoro, Don quere filmar musicais con Kathy, pero entre eles se interpón a raíña do cinema silente, Lina Lamont (Jean Hagen).

Programación

Martes 28 de xullo

12:00 Amy
16:00 A mirada do silencio
18:00 Amy
20:30 A quimera do ouro
22:00 A mirada do silencio [Último pase]
 

Mércores 29 de xullo

12:00 Do revés [Estrea]
16:00 Amy
18:15 A quimera do ouro
19:45 Amy
22:15 Do revés
 

Xoves 30 de xullo

12:00 Do revés
16:00 Amy
18:15 Amy
20:30 Do revés
22:15 A quimera do ouro

Venres 31 de xullo

12:00 A quimera do ouro
16:00 Do revés
17:45 Amy
20:00 Do revés
22:00 Cantando baixo a chuvia [Estrea]
 

Sábado 1 de agosto

12:00 Do revés
16:00 A quimera do ouro
17:30 Amy
20:00 Cantando baixo a chuvia
22:00 Do revés
 

Domingo 2 de agosto

12:00 Cantando baixo a chuvia
16:00 Do revés
18:00 A quimera do ouro
20:00 Do revés
22:00 Amy

Ningún comentario: