O pleno do mes de xuño volveu a rexeitar a licitación do ciclo integral da auga por un período de 2 anos a pesares da presión exercida polo goberno amparándose nun informe da Secretaría Xeral do Concello que foi utilizado polo goberno popular para exercer presión, aínda así, dos 21 concelleiros, 18 votaron en contra.
Ante a pasividade do goberno, PxA presentou unha moción para que se firme o convenio entre a Xunta de Galicia Co fin de garantir a alimentación dos menores vulnerables durante as vacacións escolares de verano e que onde o grupo de goberno abstívose.
PxA fixo de voceiro de unha veciña que leva sen ser atendida polo Alcalde dende fai máis de 4 meses e que presentou un escrito por rexistro que non foi contestado e no que pedía unha solución a un grave problema construtivo.
O goberno non dou ningunha explicación con respecto a recente aprobación do plan sectorial empresarial de Galicia que afecta a Ames, en particular ao S-22 Portanxil – Pegariños, con preto de 300 veciños afectados.
O goberno volveu a mostrar a súa incapacidade de xestión así como unha preocupante carencia de diálogo e volveu a levar incluír na orde do día a licitación do ciclo integral da auga nas mesmas condicións que no pleno do mes de maio sen alternativas novas.
No debate o voceiro de PxA Ramón García Argibay volveu a deixar en evidencia ao goberno e solicitou que constase na acta de forma literal a súa exposición baseada en 19 puntos onde se reflectiron as numerables achegas feitas nas diversas comisións informativas celebradas a tal efecto polos membros de Pacto por Ames de forma resumida e cronolóxica. O voceiro de PxA resaltou de forma concisa a coherencia da nosa traxectoria neste tema porque “sempre propuxemos que a licitación tiña que ser a longo prazo porque para os veciños de Ames e a fórmula máis vantaxosa tanto dende o punto de vista económica como dende o punto de vista técnico e funcional”.
O voceiro de PxA quixo resaltar tamén que “fronte a coherencia mostrada dende o inicio do proceso por marzo de 2013 polos concelleiros de PxA, contrasta a incoherencia e o cambio de rumbo mostrado polo resto dos grupos que primeiro votaron a favor dun prego copiado de Cáceres e agora laméntanse da situación creada e incluso cambian de opinión.”
No mesmo sentido, e con respecto ao informe da Secretaría Xeral do Concello, onde se advertía da posibilidade incorrer en responsabilidade civil patrimonial, Ramón García Argibay resaltou que “Os concelleiros de PxA nos reservamos polo momento a cualificación sobre o contido de dito informe, limitándonos a expresar o noso rexeitamento máis enérxico ao contido do mesmo, e reservándonos as posibles accións ao respecto.”
No pleno tamén se debateu a moción presentada por PxA o 16 de xuño para que se firme o convenio entre a Xunta de Galicia e Concello para garantir a alimentación dos menores vulnerables durante as vacacións escolares de verano e que onde o grupo de goberno abstívose. Na iniciativa de PxA solicitouse:
1.- Instar a Xunta de Galicia a firmar un convenio de colaboración a tenor do disposto no Boletín oficial do Parlamento de Galicia nº 303 de 12 de xuño de 2014.
2.- Aproveitando que no concello de Ames vanse a poñer en marcha os chamados servizos lúdicos para a época estival con motivo das vacacións escolares, e co fin de evitar o que sinalamos na exposición de motivos como "vulneración da dignidade da unidade familiar e dos escolares que poidan ser beneficiados", instamos a Xunta de Galicia a adaptar este convenio as especificacións que ten o Concello de Ames nesta programación.
3.- De igual xeito, instar a Xunta de Galicia para que aumente o número de prazas que se destinan no concello de Ames para este servizo de conciliación co obxectivo de poñer fin ao esperpento provocado polo actual equipo de goberno en canto a intención de sortear as prazas debido a que se ofertaron menos prazas das que se demandan, xa que do contrario podería provocar graves desaxustes familiares.
3.- Instar a Xunta de Galicia a cofinanciar estes servizos nunha porcentaxe a estudar, tendo en conta que as competencias en materia de comedores escolares son da comunidade autónoma e tendo en conta tamén, que polo volume de nenos e nenas que hai en Ames, a repercusión económica para a Xunta de Galicia é tremendamente desproporcionada en favor da administración autonómica e en detrimento da administración local.
O voceiro Ramón García Argibay resaltou, en referencia a apertura dos comedores escolares en época estival, que “Pacto por Ames considera que o aprobado no parlamento de Galicia é a todas luces insuficiente porque a "solución" aportada, crea outro problema engadido, a vulneración da dignidade da unidade familiar e dos escolares que poidan ser beneficiados por este servizo ao provocar, coa súa asistencia, un efecto que podería provocar que os pais e nais non levaran aos seus rapaces a este servizo co fin de evitar esta situación de vulnerabilidade da dignidade persoal e familiar, por iso a importancia dos programas lúdicos que se fan no verán como medio de integración discreta.” A moción tivo os votos a favor de todos os grupos excepto do PP que se abstivo.
No apartado de rogos e preguntas, a Concelleira de PxA, María González interesouse por varias zonas do concello reclamándolle ao goberno que de unha vez por todas faga actuacións de mantemento nas zonas de Ponte Maceira e Tapia “encontrándose estas zonas nun estado lamentable, sendo uns dos sitios máis visitados e frecuentados polos veciños tanto de Ames como de fora do noso concello, coa peculiaridade que Ponte Maceira ademais, é zona de paso de peregrinos que van de Compostela a Fisterra e a imaxe que se levan no é a mellor.”
Do mesmo xeito, Emilio Martinez Carballeira volveu a insistir en que o abandono do rural é xeneralizado, “con cunetas e beirarrúas ateigadas de maleza que impiden a circulación das persoas e poden provocar un problema de seguridade” e preguntou tamén pola pérgola que estaba na praza de Chavián en Bertamiráns.
No apartado de rogos e preguntas, Ramón Gª Argibay tamén volveu a preguntar pola recepción parcial da urbanización de Raíces, e por diversas zonas e rúas do Milladoiro que necesitan un arranxo urxente.
Unha mención máis detallada tivo o problema que teñen os veciños con parcelas no polígono de Portanxil-pegariños, afectado polo plan sectorial. O voceiro de PxA solicitou resposta a unha batería de preguntas relativas a situación na que se atopa este sector no que 300 persoas están pagando un IBI elevado debido a cualificación que figura no plan xeral do ano 2001. Ramón Gª Argibay recordou que cando era concelleiro de urbanismo presentárase a Consellería con data 23 de xaneiro de 2012 un “análises de propostas para a delimitación de reservas de solo empresarial do noso concello con referencia ao plan sectorial empresarial e que e que dende a súa aprobación, o goberno do PP no dou ningunha explicación de cal era a situación actual nin se puxo en contacto cos veciños que puideran estar afectados.” Como xa ven sendo habitual, non tivo respostas do equipo de goberno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario