O ALCALDE TRASLADA AO COMITÉ DE EMPRESA DE URBASER A NECESIDADE DE EVITAR UNHA POSIBLE FOLGA DO LIXO EN SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, trasladou hoxe ao Comité de Empresa de Urbaser a necesidade de evitar unha posible folga do lixo en Santiago que prexudicaría a imaxe da cidade nunhas datas de grande afluencia de turismo como son as festas do Apóstolo.
O encontro tivo lugar esta tarde en Raxoi, nunha reunión convocada para coñecer os motivos da posible convocatoria dunha folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, a partires do día 14.
Con anterioridade, a concelleira delegada, Reyes Leis, xa mantivera unha reunión con representantes da empresa co obxecto de coñecer a opinión de todos os implicados.
O Concello espera que se produza un acordo entre a empresa e traballadores que permita evitar o anuncio de folga, tal e como sucederá en xullo de 2013.
Os contactos entre alcaldía e a empresa concesionaria, cuio contrato remata en 2015, continuarán no día de hoxe

Ningún comentario:
Publicar un comentario