Brión - Encontros coa arte

A figura de Rosalía presidiu o “IX Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia” que se celebraou esta fin de semana en Brión
O alcalde Xosé Luís García inaugurou a exposición “De l´Empordà a Galicia” que poderá visitarse en Brión ata o 18 de xullo

A figura da poetisa Rosalía de Castro foi a principal referencia da novena edición do Encontro coa Arte de Brión, este ano dedicados á relación entre a rexión catalá do Empordá e Galicia. Un encontro no que participan un total de 22 artistas, dez cataláns e doce galegos, que o sábado se achegaron ata a contorna da Igrexa de Bastavales e escoitaron o tañido das famosas campás ás que cantara
a poetisa galega.

Esquivando algún que outro pequeno orballo, a segunda sesión de pintura ao natural desenvolveuse con total normalidade durante algo máis de hora e media. Un tempo no que os artistas compartiron espazo con numerosos veciños e veciñas de Bastavales, que estaban a preparar as alfombras florais para a festa de mañá domingo e aproveitaron para ver o traballo ao vivo destes pintores, fotógrafos e escritores. Unha vez rematada a sesión de pintura, a expedición partiu rumbo a Padrón, onde visitaron a casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón. 

Inauguración exposición
E é que, tal e como asegurou o alcalde de Brión, Xosé Luís García, na recepción aos artistas, “nuestra más insigne poetisa se nos ha colado en estos encuentros casi sin querer”. Así, a expedición coñeceu hoxe Bastavales e a Casa-Museo de Rosalía de Castro, pero na noite de onte venres asistiron á derradeira representación de “A miña pequena Rosalía”, un espectáculo baseado no libro-CD editado por Edicións Xerais de Galicia co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Un concerto que estivo cheo ata os topes e no que os asistentes disfrutaron das extraordinarias voces de Xiana Lastra, Mini, Mero e María Manuela, esta última tamén participante no Encontro coa Arte.

Unha presenza que volveu lembrar  Xosé Luís García durante a inauguración da exposición de pintura “De l´Empordá a Galicia”, que inclúe obras realizadas durante o encontro de artistas galegos e cataláns que tivo lugar na primavera de 2013 en Girona: “Trobada d´Art de l´Empordà a Galícia”. Unha mostra que foi inaugurada este sábado polo alcalde brionés, quen estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde de Castell-Platja d’Aro, Dolors Guirado i Iruela, e polo concelleiro de Cultura, David Prohias i Massaguer.

Xosé Luís García destacou que “no es casualidad que el primer intercambio entre Brión y Castell Platja d'Aro coincidiera con el 150 aniversario de la publicación de Cantares Gallegos, una obra capital no sólo para el Rexurdimento Galego, sino también para la Renaixença catalana. No en vano, Manuel Murguía, cuando hablaba del éxito de los Cantares, decía que más que en otro sitio, en Cataluña. Diríase que es un libro suyo”. Ademais, o alcalde brionés destacou que “si analizamos esas poesías escritas hace 150 años, nos daremos cuenta de que ese aguijón contestatario y social de Rosalía está más presente que nunca. Sus versos sobre la emigración, sobre la situación del idioma y la cultura, sus reivindicaciones de justicia social, sus denuncias de maltrato al pueblo.... todo ello vuelve, por desgracia, a estar hoy plenamente vigentes”. 

Finalmente, Xosé Luís García agradeceu a colaboración das autoridades de Castell-Platja d’Aro e aos artistas participantes porque “con vuestro trabajo y el de muchos más artistas estamos convirtiendo la sala de exposiciones de Brión en el gran referente cultural del Valle de Amaía”. O alcalde brionés deu por inaugurada a exposición citando unhas verbas de Rosalía de Castro a modo de consello para os presentes: “no importa que los sueños sean mentira, ya que al cabo es verdad que es venturoso el que soñando muere, infeliz el que vive sin soñar”.

Ningún comentario: