Ordes - Gañadores do I Concurso de Tapas do concello

O Abacco gaña o I Concurso de Tapas Concello de Ordes
A súa tosta de bacallau con gratinado de ali oli, acompañado dunha ensalada de tempada e rematado cun bizcoito de chocolate con salsa foi o máis votado pola veciñanza

O bar Abacco foi o gañador do I Concurso de Tapas Concello de Ordes, grazas a súa deliciosa tosta de bacallau con gratinado de ali oli, a súa ensalada de tempada e a un sabroso bizcoito de chocolate bañado en salsa de chocolate. O segundo posto foi para o bar Doniña que nesta ocasión competiu cunha receita de milfollas de mar e os seus mexillóns estilo Delia. O terceiro posto foi para todo un clásico na hostelería da zona, o Rincón do Pincho, que ofreceu un osobuco de porco ao forno e tripas de porco con patacas. 

Nesta primeira convocatoria participaron un total de 15 establecementos da vila de Ordes, contando cunha gran participación e involucración por parte dos residentes da vila e os seus visitantes, o que vén animar á organización a continuar con esta idea de cara á vindeira tempada.

Non só os establecementos seleccionados recibiron un máis que merecido recoñecemento. Tamén os clientes participantes optaron a varios premios. O primeiro deles consistiu en 200 euros, cea na casa rural Antón Veiras (Poulo), máis un surtido de botellas de licor, e foi parar a mans de Raquel Martín Rodríguez. O segundo premio foi para Cristina Vilariño Merítez, quen acadou 150 euros máis dúas botellas, mentres que o terceiro foi para María del Mar Carneiro e consistiu en 100 euros máis unha botella.

Ningún comentario: