-A rexedora, que deixa o cargo logo de tomar posesión como senadora, continuará aínda como concelleira. O pleno para elección de novo alcalde decidirase logo da xunta de voceiros convocada previa ao pleno
-Na mesma xunta de voceiros abordaranse varias cuestións relacionadas con datas de celebracions de plenos e mocions.
- Logo do pleno celebraránse tamen comisións informativas para a sesión ordinaria de xullo.
O pleno extaordinario no que se dará conta da renuncia a Alcaldía de Paula Fernández Pena foi convocado para o vindeiro martes día 16, ás 10.30 horas. A dación de conta do escrito de renuncia do cargo de alcaldesa (aínda que seguirá de momento como concelleira do grupo de goberno socialista) figura como punto único na orde do día da sesión. Para a elección de novo alcalde, tense que convocar outro pleno extraordinario, de cuxa data se dará conta na xunta de voceiros.
Co pleno do martes ábrese pois a calendario para o relevo na alcaldía silledense, logo de que Paula Fernández fora designada senadora autonómica polo Parlamento de Galicia.
Na xornada do martes 16 tamén terán lugar a xunta de voceiros e as comisións informativas previas ao pleno ordinario que debe de celebrarse este mes de xullo. A xunta de voceiros abrirá a axenda do martes e nela está previsto abordar distintas consideracións sobre os asuntos a incluir nas sesións ordinarias. Así, e tal e como xa avanzara a propia rexedora no último pleno de maio, está previsto fixar o tratamento de mocións presentadas polos grupos, xa que ata o de agora, pese a que se viñan presentando con antelación se incluían na orde do día como mocións de urxencia. “Queremos cambiar este sistema de abordar as mocións, para que incluso se poidan debatir xa nas comisións informativas. Cremos que é unha decisión lóxica e tamén operativa, porque hai cuestións nas que a urxencia non está xustificada e non podemos debatir por esta vía propostas presentadas un mes antes”, explica Paula Fernández. De feito, nas comisións deste mes xa figuran algunhas mocións presentadas para o pleno ordinario, xa que no último pleno todolos grupos expresaron a sua aceptación a esta proposta.
Na xunta de portavoces tamén se falará do cambio de data da sesión que hai que celebrar este mes, ao coincidir en festivo (o último xoves é 25 de xullo). A proposta do goberno é de convocalo para o martes día 23.
Comisións informativas
Por último, na xornada do martes, están convocadas as comisións informativas para a sesión ordinaria do día 23. Na primeira delas, a Especial de Contas e informativa de Economía, Facenda, Rexime Interior Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural (prevista para as 12.00 horas) os grupos silledenses deberán dictaminar a ordenanza que regulará a Administración Electrónica no Concello de Silleda. Tamén se abordará un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar facturas de anos anteriores e a creación e composición da comisión de investigación para esclarecer os feitos relativos á denuncia presentada pola anterior secretaria pola presunta falsificación da súa firma. O goberno propón a constitución da mesma con acordo plenario ao igual que o resto das comisions municipais, coa diferencia que esta extinguirase no momento que exista resolución. Incluirase tamen a moción do BNG sobre a creación dunha comisión municipal pola desaparición do legado donado pola familia da actriz Marisa Soto.
A segunda das comisións informativas, a de Cultura, Turismo, Educación, Participación Cidadá, Deportes Mocidade e Infancia (12.30 horas) incluirá as seis mocións presentadas polo BNG, que se incluirán no pleno ordinario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario