Manuel Ferreiro é Diplomado en Educación Física e Técnico Superior en Actividades Físico-Deportivas. Cambón é un “home da casa”, que sempre estivo ligado a este club e ó
deporte amiense.
Despois de que o pasado sábado se confirmase o ascenso do Bertamiráns FC á Terceira División, o club amiense xa comezou a preparar a próxima temporada. Os primeiros pasos estanse dando para conformar o Staff Técnico que estará liderado polo adestrador Javi Touriño. Deste xeito, Manuel Ferreiro Santiago “Cambón”, incorpórase ó corpo técnico do Bertamiráns FC.
Cambón é un “home da casa”, que sempre estivo ligado a este club amiense. O Bertamiráns FC afronta a vindeira temporada 2013-2014 con moita ilusión xa que supoñerá a súa estrea na Terceira División. Antes de comezar o deseño da plantilla da próxima temporada, o Bertamiráns FC quere pechar o corpo técnico, que estará liderado unha temporada máis polo adestrador Javi Touriño.
Foi o propio Javi Touriño o que se puxo en contacto con Manuel Ferreiro para que se incorporase ó corpo técnico do Bertamiráns FC de cara á vindeira temporada. Así, Cambón reforzará o Staff Técnico do club amiense na súa estrea na Terceira División.
O corpo técnico do Bertamiráns FC que pasará a estar formado por Javi Touriño; Manolo Leví; Pablo Rey; Suso Lago e Manuel Ferreiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario