BNG Santiago - Demanda de intercesión do alcalde no conflito da empresa de limpeza

O BNG demándalle ao alcalde que interceda para solucionar o conflito laboral da empresa do servizo municipal de limpeza
As reivindicacións do persoal non supoñen un incremento adicional do custe deste servizo para o Concello ao tratárense de manter os seus dereitos laborais

O grupo municipal do BNG de Santiago demándalle ao alcalde que interceda na busca dunha solución ao conflito da empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza co seu persoal porque non pode ser un mero espectador ante un incipiente problema para a cidade.

Para o BNG, cómpre vontade negociadora entre o Goberno municipal, a empresa encargada da recollida de lixo e o seu persoal posto que as reivindicacións, neste caso, non supoñen un incremento adicional do custe deste servizo para o Concello de Santiago ao tratárense de manter os seus dereitos laborais.

Neste sentido, o BNG considera necesario axilizar as negociacións, coa mediación do Goberno local por tratase dun servizo municipal, coa adopción de medidas activas para a pronta resolución positiva do problema suscitado co fin de evitar que o conflito emboque nunha folga á que, en todo caso, teñen dereito a convocar na defensa dos seus dereitos laborais.

Ningún comentario: