O PSOE de Prdes reúnese cos bombeiros de Ordes para tasmitirlle o seu total apoio e solidariedade no conflito que manteñen con Veicar
Os socialistas presentarán unha iniciativa no pleno ordinario do 23 de xullo para lograr o respaldo de todos os grupos municipais ás xustas demandas dos bombeiros ordenses
Membros da Agrupación Socialista de Ordes reuníronse esta tarde cos bombeiros de Ordes para poñerse á súa total disposición no conflito que manteñen con Veicar SL, empresa concesionaria dos sete parques comarcais da Coruña. O secretario xeral da Agrupación Socialista ordense, Xesús Pedreira, explica que “transmitímoslles que teñen ao PSOE de Ordes á súa total disposición para o que precisen”.
De feito, os socialistas ordenses presentarán unha iniciativa na vindeira sesión plenaria, prevista para o 23 de xullo, na que pedirán o apoio de todos os grupos municipais ás xustas demandas dos bombeiros de Ordes. Pedreira explica que “ademais do deterioro das condicións laborais que se lles está a impoñer, tamén hai que ter en conta os problemas que se rexistran en materia de formación, o que é especialmente grave”.
Os bombeiros de Ordes, así como os seus compañeiros nos outros seis parques que controla Veicar SL (Arzúa, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo e Ribeira), están a sufrir un duro recorte nos seus dereitos laborais debido a que o convenio colectivo polo que se rexían deixou de ter vixencia polo que, de acordo coa Reforma Laboral aprobada polo Goberno Rajoy, só están amparados polo Estatuto dos Traballadores. Iso supón unha importante baixada nas súas nóminas (de ata o 25%), a perda de pluses como o transporte ou a imposición de novos horarios móbiles e a criterio da empresa que dificultarán a conciliación familiar destes profesionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario