CxG Compostela - Xosé María Rodriguez novo referente local

Xosé María Rodríguez: “Desexaba acadar un maior compromiso coa actividade partidaria e coa acción política municipal de Compostela.”
O pasado martes 9, a Agrupación Local de Compromiso por Galicia escolleu, por unanimidade, a Xosé María Rodríguez como novo referente local. Entre os seus compromisos, este compostelán, ligado estreitamente ao mundo do deporte e avogado de profesión, adquire o reto de dar a coñecer á veciñanza o traballo que CxG está a desenvolver no noso concello. A súa inclusión na Executiva Local vén a reforzar a organización local de CxG, asumindo, xunto ao Secretario Local, Modesto Toribio, a tarefa de impulsar e dar visibilidade entre a cidadanía as propostas que Compromiso por Galicia ten para Compostela.

Ningún comentario: