Axenda Martes 16 xullo - Música, exposicións

Santiago
9.30 h No Castelo da Rocha Forte, a concelleira de Urbanismo, María Pardo, asina a acta de replanteo para o inicio das obras.
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o programa das Festas do Apóstolo 2013.

12.00 h No Reitorado, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asina co reitor da USC, Juan Casares, o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Fonseca. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h En Carballal, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participa na primeira xornada de recuperación da carballeira de Tarrío, dentro do programa de voluntariado ambiental. 

19.30 h No Paraninfo da Universidade (facultade de Xeografía e Historia), Mercedes Hernández (soprano) e Fernando Reyes (tiorba e guitarra) homenaxean, no Via Stellae, a Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos da primeira edición de 'Cantares Gallegos'. Coplas, romances, alalás, cantos de pandeiro, de berce, de cego, de romaxe, muiñeiras..: o canto do pobo transfigurado en canto poético.

21.30 h No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en colaboración co Festival Internacional de Percusión, concerto do Grupo Residente de Percusión do FIP, unha homenaxe a compositores que traballaron desde a matriz rítmica. A percusión no Via Stellae.

Actividades 
Santiago - casa das Crechas - Concerto de Leirabuxo

Silleda - Charla sobre sexo na terceira idade

Ordes - Contiños para compartir na biblioteca municipal



Exposicións
Fundación Granell - i "montón" de Antonio CaiñaFundación Granell  - "Azares de Granell en Zinc y papel" 
Santiago - "Detido o pe da lomba" de García Bello +INFO
Santiago - Auditorio de Galicia - 15 contos breves

axúdanos a atopar


Ningún comentario: