Ames - Envío dos informes da rúa Anxeríz a empresa adxudicataria

O Concello de Ames remitiu á empresa adxudicataria das obras da rúa Anxeriz os informes sobre as análises realizadas no pavimento para poder adoptar solucións aos desperfectos que presenta e aclarar responsabilidades
Pola súa banda, os servizos técnicos do Concello de Ames están avaliando as diferentes posibilidades existentes para tomar medidas coas que atallar o deterioro que presenta a rúa.

O Concello de Ames remitiu á empresa adxudicataria das obras da rúa Anxeriz, no Milladoiro, os informes elaborados a partir da toma de mostras realizada no pavimento da rúa. O Concello trasladoulle os resultados das catas levadas a cabo pola empresa de control de calidade e o informe elaborado polos directores de obra. Ao mesmo tempo, os servizos técnicos do Concello están avaliando as diferentes posibilidades existentes para poder tomar medidas coas que solucionar os desperfectos que presenta a rúa. A finalidade é dar solución ao deterioro do pavimento e ás molestias que ocasiona, así como aclarar responsabilidades.

O obxectivo de todo este proceso posto en marcha polo Concello de Ames é determinar cales foron as causas dosdesperfectos que se produciron no pavimento, e adoptar unha solución para o seu arranxo. A remodelación da rúaAnxeriz rematou no ano 2010 e nestas obras investíronseun total de 1.056.829,38 euros do Fondo Estatal deInversión Local. Pouco tempo despois, comezaron aproducirse os levantamentos do pavimento.

En marzo, técnicos municipais, operarios da empresa quelevou a cabo as obras na rúa Anxeriz, os directores de obrae traballadores dunha empresa de control de calidaderealizaron na rúa a toma de mostras in situ de compoñentesdo pavimento. O obxectivo destes traballos, que requirirono corte ao tráfico da rúa, era analizar a resistencia dosmateriais empregados na obra.

O primeiro dos pasos foi determinar os tres puntos da rúanos que se tomarían as mostras e marcalos. Despois,procedeuse ao levantamento de adoquíns nestas zonaspara que o operario da empresa de control de calidadetomase as mostras de formigón e morteiro queposteriormente se analizarían para determinar a súacalidade e resistencia.

As mostras tomáronse en tres puntos da rúa nos que seobservaban tres aparencias do pavimento distintas. Noprimeiro caso, atopábase roto o zuncho de formigón efundido o pavimento. No segundo caso, estaba fundido ocerco dunha arqueta, mentres que no terceiro atopábasefundido o formigón nunha das zonas de rodadura da rúa. Entodos estes puntos, tomáronse mostras dos diferentescompoñentes do pavimento para realizar probas enlaboratorio. Ademais, supervisáronse outros puntos da rúaindicados por veciños e veciñas.

Esta operación de toma de mostras foi froito das xestiónslevadas a cabo polo Concello de Ames coa dirección deobra e a empresa adxudicataria das obras dereurbanización da rúa Anxeriz, de cara a determinar eatallar as causas que motivan as deficiencias que presentaactualmente o pavimento.

Ningún comentario: