Danza e diversións para saraos, tabernas e palacios
Mércores 17 de xullo ás 19.30h na Igrexa das Ánimas. Entrada libre prevía recollida de invitación no Teatro Principal.
¡Jácara! Danzas e bailes compoñen este paseo polo lecer musical que conformaba as diversións en palacios, saraos e tabernas de diversa índole: salóns, festas privadas, jácaras e todo tipo de manifestación lúdica e festiva na España dos séculos XVII e XVIII.
MANUEL VILAS , experto en arpas antigas dos s. XII a XVIII, naceu en Santiago de Compostela. Manuel ven de colaborar con numerosos grupos de prestixio como Les Musiciens du Louvre, Al Ayre Español etc., e actuou nos máis importantes festivais de Europa. Realizou concertos como solista de música barroca española, americana e italiana en Europa e América. Recentemente foi invitado a representar a España no Festival Mundial de Arpa en Asunción (Paraguai), sendo o primeiro arpista en ofrecer un recital de arpa de dúas ordes neste país.
O programa que ofrecerá Manuel Vilas pretende recrear o mundo das danzas e os entretementos musicais do mundo barroco na España da segunda metade do s. XVII e primeiros anos do s. XVIII, a Igrexa das Ánimas acollerá este concerto de entrada libre, na última semana do festival. A arpa de dúas ordes é copia dunha arpa construída en Barcelona en 1704 por Pere Elías.
Danzas e bailes compoñen este paseo polo lecer musical que conformaba as diversións en palacios, saraos e tabernas de diversa índole: salóns, festas privadas, jácaras e todo tipo de manifestación lúdica e festiva. Estas danzas reflicten o crisol de diversas culturas do mundo ibérico: cataláns, galegos, casteláns, andaluces, criollos, mestizos, portugueses, valencianos etc. En resumo, un paseo musical pola cultura musical española do Século de Ouro de man dun dos instrumentos máis utilizados na súa época, máis característicos e máis persoais: a arpa de dúas ordes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario