Psoe Ordes - Demanda de melloras na rúa Coruña

Os socialistas piden a retirada dun poste da luz no cruce co instituto e que se complete o aglomerado na rúa, actualmente cheo de fochancas
O PSOE de Ordes pediralle ao Concello varias melloras na rúa Coruña, unha rúa de bastante tránsito xa que está situada á entrada da Vila de Ordes, entre a N-550 nas Casillas e a zona onde están situados o IES Maruxa Mallo e a piscina municipal. Os socialistas pediranlle ao alcalde de Ordes que acometa o aglomerado de parte da rúa Coruña con cargo ao Plan de Obras e Servizos.

“Estamos falando dunha rúa bastante transitada, que dispón de aglomerado en gran parte do seu traxecto pero que conta cun tramo de pouco máis de 30 metros nos que está cheo de fochancas”, explica o voceiro municipal Xesús Pedreira. A maiores, os socialistas ordenses instarán ao Concello de Ordes a acadar un acordo con Gas Natural Fenosa para retirar o poste situado no cruce da rúa Coruña co vial de acceso ao instituto. “É un risco ter aló situado este poste pois está nunha zona onde pode provocar algún accidente, polo que o mellor é retiralo en canto sexa posible”, sinala Pedreira Mirás.

Ningún comentario: