Plataforma de estafados - Concentración diante de NGB

A Plataforma de Afectados por Preferentes de Compostela CONCENTRARASE o luns 15 de xullo diante da oficina principal de NGB en Santiago para denunciar o fraude que supón o proceso de canxe obrigatorio por accións e a solicitude de liquidez ao FGD.
A Plataforma de afectados por preferentes e subordinadas de Compostela CONCENTRARASE e dará unha ROLDA DE PRENSA diante da Oficina Principal de NovaGalicia Banco en Santiago.

Data e hora: Luns 15 de xullo, ás 13:30 h. Lugar: O.P. de NGB en Santiago (Praza de Galicia).

Con esta nova mobilización, a Plataforma de afectados pola estafa masiva quere denunciar a urxencia e a opacidade do proceso de canxe por accións imposto polo F.R.O.B. das preferentes e subordinadas e as actuacións coactivas por parte de NGB no posterior proceso de compra destas polo F.G.D. (que se iniciou o 17 de xuño e ven de rematar o pasado venres 12 de xuño).

O proceso supón presumiblimente a última fase dunha folla de ruta trazada polo goberno español, a través do FROB, dirixida a que os cidadáns estafados por NGB e despois expoliados polo executivo pola imposición das quitas, contribúan en boa medida ao rescate das entidades financieiras que os estafaron. Todo isto, mediante unha “normativa de excepción”, a Resolución do FROB do 7 de xuño de 2013, como desenvolvemento do RD Lei 6/2013, que é un auténtico traxe a medida para os intereses da banca e dos responsables políticos do goberno do estado.

O obxectivo último desta folla de ruta é impedir que a totalidade dos aforradores e aforradoras recuperen o 100% dos seus aforros.

En vez de dar unha solución política que permita a devolución do 100% do aforro mediante un procedemento extraxudicial e universal, que se podería concretar coa aceptación de todas as solicitudes de arbitraxe presentadas e que este procedemento permanecera aberto, o FROB puxo fin a arbitraxe ao iniciarse o proceso de canxe e liquidez.

O responsable de este atropelo contra os lexítimos intereses dos estafados é o Executivo de Madrid, que facendo uso da maioría absoluta do seu partido nos Congreso dos Diputados, desenvolve unha lexislación de excepción para consumar un fraude institucional mediante a imposición por decreto de quitas e canxes por accións non cotizables de xeito obrigatorio.

DENUNCIAMOS que o proceso tivo uns prazos excesivamente curtos e que supuxo a finalización arbitraxe, que os documentos a asinar polos aforradores afectados son xurídica e tecnicamente complexos, difíciles de entender por non expertos en finanzas e que determinadas cláusulas poderían limitar os dereitos e accións futuras dos afectados.

Ningún comentario: