O primeiro lume forestal en San Martiño é unha mostra da lamentable xestión económica do Goberno, que gasta cartos en festas e non ten para servizos contra incendios.
O Bloque Nacionalista Galego lamenta a insensatez do Goberno de Negreira por despilfarrar cartos en festas, antes de ter os servizos básicos e contratar unha cuadrilla contra incendios na época de máis risco.
O voceiro nacionalista, Antonio Ponte, asegura que “o primeiro lume forestal de San Martiño é unha demostración real do perigo ao que está exposta a poboación rural de Negreira, mestres os gobernantes gastaron en bailes e festas, os cartos para contratar servizos contra incendios.”
Antonio Ponte lembra que “os cartos da festa da terceira idade na que se convidou a 700 persoas a xantar de balde, a festa dos 25 anos da radio municipal, as multas do camión do lixo sen Itv e sen seguro, a multa pola construcción da área recreativa da Pena, os convites a xantar aos alcaldes do PP da comarca, cada vez que hai un acto cultural ou deportivo en Negreira… fan un auténtico dineral que sobraría para contratar uns servizos contra incendios forestais, na época de verán.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario