Melide - Non existen fraccionamentos nos contratos do concello

O Concello de Melide nega que existan fracionamentos de contratos tal é como apunta a oposición nacionalista

· O Concello de Melide nega a existencia de contratacións irregulares se ben é certo que existironna época BNG-PSOE e así quedou demostrado coa presunta certificación falsa dunha obra pública e da contratación do Plan E como así o testemuñan os informes técnicos de secretaría e intervención. 

· Existen pequenos contratos como é o servizo de mantemento de extintores, das fotocopiadoras ou dos ascensores que seguen mantendose por tratarse de pequenas contías e pola carga de traballo dos técnicos para sacalos a diante co persoal co que se conta. Nestos casos, faise a pertinente notificación á Deputación provincial para solicitar a unificación de servizos. 

No Concello de Melide non existen contratos fraccionados, se ben é certo que na lexislatura anterior ao cargo do BNG-PSOE existiron contratos fraccionados no caso do Plan E ou certificacións falsas de obra pública de máis de 400.000 € tal e como quedou demostrado nos xulgados. Pequenos contratos como é o caso dos servizos de mantementos de ascensores, extintores ou copiadoras por seren considerados de poucacontía e debido á priorización que estableceu este goberno local están á agarda de seren levados adiante; en todo caso, son contratos que se veñen encadeando da época do bipartito. Pola contra, contratos de grandes contías que se encontraban á chegada do goberno de Ánxeles Vázquez en situación irregular como é o caso da limpeza, da axuda a domicilio e dependencia, da Protección de Datos e Riscos Laborais, entre outros, foron sacados adiante, estando agoradacordo a lei, datos que se poden extraer dos informes técnicos de secretaría e intervención. Lamentamos polo tanto que se vertan irregularidades, xa que toda irregularidade cando se tivo coñecemento, foi denunciada xudicialmente. De feito, a actitude irresponsable do daquel entón goberno bipartito por non existir prevención de riscos laboráis no Concello levou a que este consistorio tivera que facer fronte a máis de 110.000 € por danos e prexuízos a un traballador, ao tempo que actuacións manifestamente irregulares como o investimento de cartos públicos en parcelas privadas como é o caso do aparcamento localizado na Rúa Galicia levaran ter que aboaraos propietarios a contía do peche derrubado. Lembrar asímesmo que a anterior rexedora nacionalista tanto por non ter a pertinente regulación en materia de Riscos Laborais ante a denuncia do traballador afectado así como por falsear presuntamente unha certificación de obra pública pídenlle varios anos de cárcere por ser considerados estos delitos penais. O Concello de Melidequere reiterar que a contratación tanto de obras coma de servizos neste Concello se fai polos medios estrictamente legais e previstos naLei de Contratos do Sector Público, utilizando diversos procesos: tanto negociados, como procedementos abertos como subastas. Actualmente, dos informes de secretaría e intervención se desprende que se mellorou moitísimo con respecto á lexislatura nacionalista. A vontade deste goberno é sacar adiante os contratos de extintores, ascensores ou copiadoras aínda que a carga de traballo dos técnicos obriga moitas das veces a establecer prioridades como se estipulou neste caso. Lamentamos así que o nome de Melide se contamine con este tipo de acusacións tan graves que non teñen nada que ver coa realidade.

BNG Compostela - Acéptase a proposta de incluir o tecido asociativo na defensa do partido xudicial

Acéptase a proposta do BNG de incluír o tecido asociativo da cidade na reclamación de manter o partido xudicial en Santiago

“Se se chega a levar á práctica este proxecto de Gallardón significaría un retroceso de 50 anos en termos xudiciais para Santiago e relegala a unha cidade de segunda”

 En declaracións aos medios de comunicación ao remate da xuntanza dos portavoces dos tres grupos municipais en Raxoi cos representantes dos colexios profesionais de avogados e de procuradores de Santiago, Rubén Cela manifestou que se aceptou a proposta do BNG, que xa presentara con anterioridade, de incluír o tecido asociativo da cidade nesta reclamación de manter o partido xudicial de Santiago de Compostela fronte ao desmantelamento que propón o anteproxecto impulsado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón.

“Coincidimos en que se se chega a levar á práctica este proxecto de Gallardón significaría un retroceso de 50 anos en termos xudiciais para esta cidade e relegala a unha cidade de segunda”, indicou, “hai coincidencia en que é un anteproxecto pésimo para Santiago e para o conxunto do noso país”.

Así, explicou que o único ao que vai contribuír a eliminación dos partidos xudiciais é para “afastar aínda máis o poder xudicial do ámbito cidadán para seguir nesa liña comezada por Gallardón de incluír novas taxas do ámbito xudicial que incorporará unha taxa de desprazamento encuberta” e pola porta de atrás.

Considerou “positivo” que non só haxa un acordo das forzas políticas con representación en Santiago de Compostela, senón que haxa “unha boa interlocución co sector como foi hoxe cos colexios de avogados e de procuradores, pero entendemos que está en xogo buscar unha solución para o conxunto da cidade”.

Así, congratulouse de que se aceptase a proposta que o BNG xa trasladara con anterioridade de incluír o tecido asociativo da cidade para que os colectivos que o desexen subscriban este acordo e para se poida trasladar a Madrid que o conxunto de Santiago está radicalmente en contra deste anteproxecto de lei.

Incidiu, ademais, en que é unha reforma que non vai servir é para aforrar, “só para afastar a cidadanía do dereito á Xustiza e vai contribuír, ademais, a malgastar os cartos públicos investidos na planta xudicial galega”.

Santiago - O alcalde busca un posicionamento de toda a cidade na defensa do partido xudicial

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os decanos dos colexios de Avogados, Evaristo Nogueira, e de Procuradores, José Paz. Na reunión tamén participaron os voceiros dos grupos municipais. Continúan así as xuntanzas con diferentes colectivos da cidade co fin de "buscar un posicionamento unánime da cidade en defensa da demarcación xudicial de Santiago, para así trasladarlla ao Ministerio de Xustiza", indicou o rexedor municipal.

A fórmula apuntada polo alcalde é a de que os diferentes colectivos da cidade poidan sumarse ao acordo plenario do pasado 24 de abril, adoptado por unanimidade dos grupos municipais, no que se insta ao Goberno central a que a nova Lei orgánica do poder xudicial contemple o partido xudicial con tribunal de instancia para Santiago de Compostela, e que siga mantendo, cando menos, os servizos que ten na actualidade. Así llo plantexou aos decanos dos colexios na reunión, celebrada a petición dos mesmos.

No encontro, alcalde e decanos falaron do anteproxecto de Lei do Poder Xudicial, en fase de alegacións. Coincidiron na necesidade de consensuar unha posición común da cidade de Santiago para trasladar ao Ministerio de Xustiza. Nesta liña, Agustín Hernández lembrou que todos están de acordo no mantemento dos partidos xudiciais tal e como están hoxe na actualidade, así como das instalacións xudiciais.

O alcalde agradeceu aos voceiros dos grupos socialista e nacionalista a asistencia á xuntanza e retirou a importancia de buscar "un punto de encontro". "Estou seguro de que existe este fronte común", dixo, citando a adhesión que se busca en empresarios, universidade, colectivos xudiciais e outros axentes económicos, políticos e sociais da cidade.

Colegio de Ingenieros - Oriol Sarmiento nuevo decano de los ingenieros industriales gallegos

Oriol Sarmiento Díez, elegido decano del Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia 
· Denuncia que “si la Ley de Servicios y Colegios Profesionales se aprueba tal y como está redactada, se pondrá en riesgo la seguridad de bienes y personas al eliminar la colegiación obligatoria de los ingenieros industriales que no firmen ni dirijan proyectos”

· Recuerda que “el Gobierno todavía no ha equiparado al nivel de Máster los títulos anteriores a Bolonia, lo que supone graves perjuicios para los ingenieros industriales que quieren trabajar en el exterior e importantes pérdidas económicas para las empresas españolas” 

· Señala que “España y Galicia deben tener muy claro que ya no van a competir nunca por costes y que la mejor política industrial es una apuesta fuerte por la innovación”

El Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG), corporación de derecho público que engloba a casi 1.600 ingenieros industriales que desarrollan su profesión en Galicia, acaba de celebrar elecciones a decano en las que ha sido elegido el ingeniero industrial coruñés Oriol Sarmiento Díez. Un puesto que Oriol Sarmiento asume con un triple objetivo: “por una parte queremos potenciar la defensa de esta profesión y el papel del Colegio como organismo que da a los ciudadanos la garantía de los trabajos realizados por ingenieros industriales; por otra parte queremos mejorar los servicios que se ofrecen a los colegiados potenciando la formación especializada, el acceso al mercado laboral, el emprendimiento y el networking entre nuestros colegiados; y también queremos acercarnos más al entorno social, cultural, económico y político gallego”. 

Oriol Sarmiento es ingeniero industrial y máster en dirección comercial y marketing. En la actualidad trabaja en ELINSA (empresa dedicada a instalaciones eléctricas, mantenimientos y fabricación de cuadros eléctricos y de electrónica de potencia en el sector energético, industrial y naval). Una actividad que compagina con la edición de la revista gallega de energía Dínamo Técnica, fundada en 1999. 

Competencia desigual en el exterior
Una de los desafíos más inmediatos para el nuevo decano del ICOIIG es la equiparación de los títulos españoles de ingeniería anteriores a Bolonia al nivel EQF-7 del Marco Europeo de Cualificaciones (que se corresponde con el actual nivel Máster). En este sentido, los ingenieros industriales gallegos han denunciado en numerosas ocasiones sobre las serias dificultades que encuentran para trabajar en la gran mayoría de los países de la UE debido a los distintos regímenes de reconocimiento puestos en vigor por las organizaciones profesionales de cada país.

“Es necesario que este asunto se resuelva lo antes posible ya que genera una asimetría importante a favor de los profesionales de otros países europeos. No equipara nuestras titulaciones de antes de Bolonia al nivel 7 del Marco Europeo de Cualificaciones, lo que incrementa los problemas de los ingenieros españoles a la hora de trabajar en el exterior y pone en descrédito su valoración”, denuncia Oriol Sarmiento. Una situación que ya están viviendo ingenieros industriales gallegos, que se han ido a trabajar a Alemania y se encuentran con que su formación no es reconocida ni a nivel salarial ni a nivel competencial, siendo valorados como profesionales con una formación mucho menor. “Sólo pedimos ser tratados de igual manera que nuestros homólogos europeos”, resume Oriol Sarmiento.

Para solventar la situación, los ingenieros industriales ya han solicitado al Ministerio de Educación que equiparen los títulos españoles de ingeniería anteriores a Bolonia. “El hecho de que el Gobierno todavía no haya equiparado a máster los títulos anteriores a Bolonia supone graves perjuicios para los ingenieros industriales que quieren trabajar en el exterior y también una desventaja en las licitaciones internacionales que implica importantes pérdidas económicas para las empresas españolas”, señala el decano del ICOIIG. 

Oposición a la LSP
Por otro lado, el decano del Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia recuerda también que el anteproyecto de Ley de Servicios y Colegios Profesionales pone en riesgo la seguridad de bienes y personas al eliminar la colegiación obligatoria para el ejercicio de la profesión de los ingenieros industriales en régimen de dependencia laboral que no firmen ni dirijan proyectos. 

“Hay actividades en las que el ingeniero con dependencia laboral, sin necesidad de firmar proyectos o dirigir obras, incurre en responsabilidades personales que pueden acarrear graves consecuencias para la empresa y para terceros. Esta ley supondrá la desaparición de casi todas las medidas de seguridad que existían en la Ingeniería, tanto desde los Colegios como desde la Administración, por lo que no habrá las mimas garantías para el ciudadano”, denuncia Oriol Sarmiento. En este sentido, el nuevo decano del ICOIIG matiza la diferencia entre un visado y una declaración responsable. “Con la figura de la declaración responsable, todas las medidas de seguridad quedan en manos de una única persona, que nadie garantiza que tenga la calificación requerida ya que la propia Administración no dispone de los medios necesarios. Esto supondrá poner en riesgo la seguridad de los ciudadanos”, advierte el decano del Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia.

Política industrial
Oriol Sarmiento reconoce que “existe en la sociedad un desconocimiento generalizado de las funciones y competencias de los ingenieros industriales. Es algo comprensible ya que trabajamos en muchos sectores diferentes y desempeñamos funciones muy diversas”. Sin embargo, el decano del Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia asegura que “los Ingenieros Industriales somos una magnífica inversión para las empresas. Somos profesionales con mucha capacidad de trabajo, muy solventes técnicamente y muy polivalentes, con la flexibilidad necesaria para realizar diferentes tareas. Por ello animamos a las empresas a que contraten ingenieros, no sólo en el sector industrial, sino también en el sector servicios. Otros países, como Alemania, se han dado cuenta del gran potencial humano que tenemos en Galicia, pero nos gustaría que nuestros compañeros se quedasen en España y generasen riqueza aquí”.

En este sentido, Oriol Sarmiento señala que “España y Galicia deben tener muy claro que ya no van a competir nunca por costes y que la mejor política industrial es la apuesta clara por la innovación. Este es el gran reto que tenemos como país”. Y el sector industrial es el que más necesita de la innovación pero, para que se produzca, es necesario tres elementos: grandes empresas tractoras, un tejido de pymes que aporte productos intermedios de alto valor añadido y un capital humano lo suficientemente preparado. “Es crucial el papel de los ingenieros industriales en la política industrial basada en la innovación que necesita Galicia”, añade el nuevo decano. 

Finalmente, Oriol Sarmiento quiere agradecer y reconocer el trabajo realizado por su predecesor, José Manuel Durán, al frente del Colegio durante los últimos años.

Axenda e tempo do xoves 17 de xullo - Festas, concertos, exposicións

Corte de tráfico 

Por mor dunhas obras de canalización que Unión Fenosa ten que facer na rúa de Amio, esta estará cortada á circulación desde hoxe e durante 20 días. Permitirase o paso aos residentes.

Actividades

Santiago - Programa completo das festas do Apostolo

Santiago - Vía sacra Peregrina Festival

Santiago - vive o verán


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Pacto X Ames - Moción sobre o Camiño de Santiago

Os concelleiros de PxA presentaron unha moción solicitando o acondicionamento dos tramos do Camiño de Santiago Portugués no trazado do Milladoiro e o Camiño de Santiago a Fisterra no tramo Trasmonte - A Ponte Maceira.

Na moción tamén se fai referencia a falta de iniciativas por parte dos Concelleiros de Promoción Económica, Cultura e Patrimonio pola falta de actuacións e programación de actividades sobre os distintos trazados do Camiño de Santiago ao paso por Ames.

Polo Milladoiro discorre un tramo do Camiño Portugués de Santiago,itinerario moi frecuentado polos peregrinos que cruzan a localidade no último tramo antes de chegar a Compostela e que entra a través de Raíces e a Grela, seguindo pola Travesía do Porto. 

O tramo que vai da Grela e continúa pola Travesía do Porto presenta numerosas deficiencias tanto no trazado como na sinalización e seguridade.Este tramo (en parte compartido polo concello de Teo), non contempla un camiño definido no seu percorrido aos marxes da estrada para os peregrinos, sendo este incómodo, inseguro e inapropiado.

Unha vez que os peregrinos cruzan ata o inicio da Travesía do Porto, o trazado empeora considerablemente porque non hai beirarrúas no marxe esquerdo, o chan está cheo de fochas e fochancas e os vehículos estacionados impiden o paso aos peregrinos que teñen que invadir a calzada. Non hai paso de peóns para cruzar a marxe dereita (para cruzar a capela da Madalena por exemplo), e carece de calquera sinalización informativa (salvo o indicador de dirección e quilómetro).

A marxe esquerda é a ruta natural pola que circulan os peregrinos e o percorrido pola Travesía do Porto está lonxe de ser a mellor imaxe que deberíamos proxectar para que o descorrer da ruta fora atractiva e ademais invitara a unha parada no Milladoiro.

Nunha situación similar está o trazado do Camiño de Santiago a Fisterra na parte que vai de Trasmonte cara A Ponte Maceira. Neste caso os peregrinos teñen que ir pola estrada porque carece de senda, beiravía ou camiño diferenciado, provocando en ocasións situacións de inseguridade para as persoas que van camiñando.

Mentres que noutras localidades teñen políticas de dinamización do camiño, esfórzanse en facer agradable a estancia e/ou a ruta e fan esforzos por coidar os trazados polos que discorre o camiño de Santiago, en Ames, e máis concretamente no Milladoiro, nin pola concellería de promoción económica e turismo nin pola concellería de cultura, nin pola de patrimonio se fixo ningunha actuación ao respecto que faga atractivo para os peregrinos o seu paso ou que incluso invite a facer unha parada. 

Mentres que noutros concellos esfórzanse en planificar actividades turísticas, culturais, gastronómicas ou de tempo de lecer para intentar captar a atención dos peregrinos, en Ames estas políticas simplemente non existen.

A moción solicita:

1.- Instar á Xunta de Galicia, e máis en concreto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que poña os medios necesarios, en colaboración con Concello de Ames, para que se arranxe o trazado que discorre pola Travesía do Porto de xeito que se faga unha zona diferenciada pola que poidan transitar os peregrinos.

2.- Instar á Xunta de Galicia, e máis en concreto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que poña os medios necesarios, en colaboración con Concello de Ames, para que se arranxe o trazado que discorre por Trasmonte – Ponte Maceira para que se faga unha zona diferenciada pola que poidan transitar os peregrinos que fan a ruta do Camiño de Santiago a Fisterra con total seguridade.

3.- instar a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que en colaboración co Concello de Teo e Ames, poña os medios necesarios para que o trazado do Camiño Portugués que discorre entre a Grela e a Travesía do Porto, teña un trazado diferenciado para os peregrinos así como a mellora da seguridade dotándoa tamén de pasos de peóns e sinalización axeitada.

4.- Facultar ao alcalde do concello de Ames para que realice todos os trámites necesarios nas xestións inherentes a este tema.



5.- Que a partir da aprobación de esta moción, se informe nos sucesivos plenos ordinarios do estado das xestións relacionadas.

A Baña - Pavimentación de dez localidades do concello

A Baña invertirá 132.000 euros en la pavimentación de vías públicas de diez localidades del Concello

La xunta de goberno local del Concello da Baña dio ayer, 15 de junio, ‘luz verde’ a una inversión de 132.000 euros para la pavimentación de vías públicas en las localidades de Trece, Cotobade, Quinteiro, Edreira, Mundrís, Valiña, A Tarroeira, Corneira, Vilela y A Estivadiña. Las actuaciones en diez localidades del Concello de A Baña fueron adjudicadas a tres empresas. Las obras, incluidas en el programa POS 2014 dependiente de la Deputación da Coruña, comenzarán en las próximas semanas, una vez cumplimentados todos los trámites. Las empresas adjudicatarias aprovecharán los meses de verano para acometer los proyectos y dejarlos listos antes de que comience el invierno.

El pavimento de la vía pública en las localidades de Trece, Cotobade y Quinteiro requerirá una inversión de 40.000 euros. El proyecto, que estará a cargo de la empresa Excavaciones Hermanos Souto, incluye una capa de hormigón y la limpieza de gabias y cunetas. Por su parte, la obra de pavimentación de la vía pública en Edreira, Mundrís, Valiña, A Tarroeira y Corneira estará a cargo de Excavaciones y Obras Públicas Galicia. La inversión será de 48.300 euros e incluye el asfaltado de vías en esas localidades de A Baña. El tercer proyecto, en el que figuran las obras de pavimentación de vías en Vilela y A Estivadiña, será desarrollado por Excavaciones Agra Castro y la inversión sumará 44.000 euros.

Las obras comenzarán en las próximas semanas, tras la formalización de los contratos y la presentación de un plan de seguridad y salud de la obra por parte de las empresas.

Festigal - A edición do 2014 terá zona de acampada

O Festigal 2014 terá zona de acampada
Entregaráselle a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 3 euros, para facilitarlle a estancia en Compostela na véspera do Día da Patria

O Festigal 2014 recupera a zona de acampada para facilitarlles ás mozas e os mozos a estancia na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela, despois de asistiren aos concertos de Nao, Sés, Festicultores e A Quenlla.

As persoas interesadas poden inscribirse co envío dos seus datos nun correo electrónico a info@festigal.com ou no teléfono 981 554 200 (de 09:00 a 14:00 horas).

Para participar na acampada deberán levar cadanseu saco de durmir, colchoneta, toalla e produtos de aseo persoal. Galiza Nova entregaralle a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 3 euros, con copia para o seu rexistro. O lugar de acampada será pavillón polideportivo da USC, situado no campus sur, e estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo.

No propio recinto do Festigal, o 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no espazo de organización para que as persoas que participen na acampada deixen as súas mochilas en horario de 9.30 a 10.30 horas, que poderán ser retiradas de 15:00 a 23:30 horas, para facilitar a asistencia ás máis de 100 actividades programadas neste grande evento cultural que combina música, libros, charlas, concertos e obradoiros.

Touro - Plan de emprego municipal

Touro pone en marcha un plan de empleo municipal financiado al 100% por el propio Concello

El Concello de Touro puso en marcha un plan municipal de empleo financiado al 100% con fondos del propio ayuntamiento. Es la primera vez que el Concello gestionado por Ignacio Codesido impulsa una iniciativa de este tipo. La inversión total ronda los 50.000 euros.

El Concello de Touro ya acometió la selección de personal, que comenzó a trabajar a inicios del mes de julio. El plan municipal de empleo incluye la contratación de tres albañiles oficiales de segunda y de seis peones. Son un total de nueve contratos a media jornada que tendrán una duración de cinco meses. Los trabajadores se dedicarán a la limpieza, mantenimiento y saneamiento de núcleos y accesos a núcleos de población en todas las parroquias del municipio. Estas obras afectan a servicios esenciales del Concello de Touro, tal y como establece el artículo 26.2 de a Ley 7/85 del 2 de abril de Bases de Régimen Local.

El Concello de Touro trata también con este plan de paliar los efectos de la crisis y el impacto que está teniendo el desempleo en el Concello. Esta acción también se complementará con otros programas de incentivo del empleo, aunque financiados por otras administraciones.

BNG A Estrada - Solicitude a facenda sobre os terreos da cidade do moble

OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA PIDE AO MINISTERIO DE FACENDA QUE A EFECTOS CATASTRAIS CONSIDERE OS TERREOS DA CIDADE DO MOBLE DE A ESTRADA COMO RÚSTICOS E NON COMO URBANOS
Davila pón de manifesto que a Cidade do Moble leva parada desde 2011, pero os propietarios de terreos sofren o agravante de que se lles repercute unha carga tributaria que non lle corresponde

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou na Cámara unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na que insta ao Ministerio de Facenda a modificar a cualificación dos terreos situados na Cidade do Moble en A Estrada para que a efectos catastrais sexan considerados solo rústico en lugar de urbano.

Explica Davila que na súa sentenza 2159/2014, de 30 de maio de 2014, o Tribunal Supremo dá a razón aos propietarios de terreos situados na Cidade do Moble por consideralos, a efectos catastrais, terreos de natureza urbana. A deputada do BNG pón de manifesto que “se trata en realidade de terreos rústicos, pero a raíz de seren incluídos no Plan sectorial da Cidade do Moble, consideráronos a efectos catastrais como solo urbano”.

Facenda debe devolver as cantidades cobradas inxustamente

Mais, puntualiza Davila, a Cidade do Moble de A Estrada leva parada desde o 2011, sin que exista previsión da execución como parque empresarial.

A deputada do BNG sinala que as parcelas sin edificar de Monte Liñares teñen actualmente un uso agrícola ou forestal, pero “sofren o agravante de que se lles repercute unha carga tributaria que non lles corresponde”. Sen esquecer que perden todo valor de mercado por estaren inmobilizados por un polígono que lles afecta e está parado.

Subliña que a propia sentenza do Supremo indica que non poden existir valores catastrais por riba do valor de mercado. Por este motivo, os propietarios solicitaron á Dirección Xeral do Catastro a nulidade da cualificación destes terreos como solo de natureza urbana no catastro. De aí que a deputada do BNG inste a Facenda a devolver o IBI correspondente aos exercicios 2012 e 2013 e a paralización do IBI para o 2014.

“Trátase de cantidades inxustamente cobradas, porque non procede gravar unha contribución sobre un uso que non se pode efectuar dado que o polígono está paralizado”. Davila afirma que hai base legal para proceder á revogación dos tributos emitidos en base ao artigo 216 da Lei Xeral Tributaria, que permite en determinadas circunstancias a revogación de tributos emitidos.

Davila insta a Facenda a realizar as modificacións precisas para estabelecer unha armonización das clasificacións catastrais para evitar desaxustes como os descritos.

Ordes - Obras na aldea de Bidueiro

Arrancan as obras en varios viais da aldea de O Bidueiro
Están Incluídas no POS e orzamentadas en 40.000 euros aproximadamente

Os viais da aldea de O Bidueiro, no Concello de Ordes, están a ser intervidos e arrancados por técnicos da empresa SYR-AMG J. Concretamente estanse levando a cabo tarefas na pista principal que transcurre por este núcleo poboacional rural situado preto da vila de Ordes, así como noutros dous ramais situados a ambas marxes e que conducen a zonas de labranza e áreas de monte. As obras concluirán ao longo dos vindeiros días están incluídas dentro do POS e orzamentadas en 40.000 euros aproximadamente.

Deste xeito estase a proceder a realizar traballos de rebacheado en todos estes puntos. No plan de obras tamén está prevista a aplicación dunha capa de asfalto superficial, así como a limpeza e acondicionamento das cunetas. Con esta medida dase resposta a unha solicitude demandada nos últimos tempos polos veciños da zona, contribuíndo así a que poidan realizar cómodamente os tarefas diarias relacionada coa actividade gandeira e agraria proliferante na zona.

Oroso - Participación no certamen Góis / Orosoartes

Un total de 25 artistas galegos expoñen as súas obras no certame internacional Góis/Orosoartes 2014 ata o 31 de xullo
O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, participaron na inauguración do certame

Un total de 25 artistas galegos expoñen da man do Concello de Oroso no prestixioso certame internacional Góis/Orosoartes 2014, que se celebra na localidade portuguesa de Góis ata o vindeiro 31 de xullo. Así mesmo, estes artistas tamén formarán parte da exposición que terá lugar no centro cultural de Sigüeiro entre o 12 de setembro e o 3 de outubro.

Os 25 artistas seleccionados polo xurado do certame para representar ao Concello de Oroso na localidade portuguesa son: Guadalupe García Ferreiro, Mary Carmen Calviño, Fran Lareo, Marina Cocós, Constantino Cuesta Ibáñez, Blanca Arocas Rivera, María José Fiaño Lois, María Esther Rodríguez Noya, Teresa Barrós, Mary Olivares Lara, Xoán Vila, María Del Carmen Rodríguez Garrido, Avelino Castro Fernández, Manuel F. Castro, María Del Carmen Tabeada, Celia Santos, Carmen Torres, Isabel González Andrés, M. Carmen Sampedro López, María Esther Piñan Orujo, Josefa Mariño, Jesús Pereira Ríos “Suly”, Belén Rodríguez Pazo, Marta Lucía Dubra Ríos e Ofelia Ángeles De Bartolomé Battista. A gran maioría dos artistas optaron pola pintura (21), mentres que tres optaron pola escultura e un pola fotografía.

Inauguración
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, participaron esta fin de semana na inauguración do certame Góis/Orosoartes 2014, que este ano cumpriu a súa edición número dezaoito. Un acto protagonizado pola presidenta da Cámara Municipal de Góis, María de Lurdes Oliveira Castanheira, e polo presidente da Asamblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho.

Antonio Leira destaca que “favorecendo a participación de artistas galegos neste prestixioso certame estamos promovendo a nosa cultura máis aló das nosas fronteiras”. Mirás e Leira estiveron acompañados por Ofelia Ángeles de Bartolomé, veciña de Oroso e que actuou como representante dos artistas e do Concello de Oroso. A pintora orosá fixo entrega dunha pintura, que recollía unha vista do centro cultural de Sigüeiro, á presidenta da Cámara Municipal de Góis.

Teo - Peche temporal da piscina da Ramallosa

Péchase o vaso da piscina climatizada da Ramallosa entre o 21 de xullo e o 3 de agosto
Trátase dunha parada técnica rutinaria para facer tarefas de mantemento preventivo 
Durante ese período os abonados poderán usar as instalacións da piscina de Brión para baño libre 

A piscina climatizada da Ramallosa pechará o vaso entre o 21 de xullo e o 3 de agosto para facer traballos de mantemento preventivo. Este peche rutinario só afectará ao vaso xa que o resto das instalacións seguirán funcionando con normalidade no horario habitual. Os abonados poderán seguir usando o ximnasio, as pistas deportivas, salas de actividade, sauna e vestiarios. 

Nos días que vai durar esta parada técnica faranse entre outras cousas o baleirado da piscina, limpeza e desinfección xeral da instalación ademais doutros traballos de mantemento preventivo. 

As persoas con carné de abonado en Teo poderán facer uso das instalacións da piscina climatizada de Brión para baño libre entre o 21 de xullo e o 3 de agosto. Trátase dun intercambio propiciado polo feito de que Aquafit gestión é a empresa concesionaria das destas dúas instalacións municipais. 

O período estival é o momento de menos uso da piscina climatizada polas boas condicións meteorolóxicas. Por este motivo prográmase o peche para esta tempada, momento no que tamén están abertas as piscinas descubertas dos Tilos e Luou. As piscinas municipais descubertas abren ata mediados do mes de setembro. A instalación dos Tilos abre en horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas todos os días de semana. A piscina de Luou funciona neste mesmo horario os sábados, domingos e festivos mentras que de luns a venres só abrirá pola tarde, de 16:00 a 21:00 horas.

A piscina climatizada da Ramallosa comezou a funcionar en abril de 2013 en nun ano roza os 3.000 usuarios reais e máis de 1.200 abonado pagadores. As piscinas de Teo teñen unha páxina de facebook na que informan da oferta de cursos e horarios de actividades PiscinasTeo. O teléfono de contacto é o 981 803 922 e o correo electrónico teo@aquafitgestion.com

Ames - Recepción O Tenente Comandante da Garda Civil

O alcalde de Ames e o inspector da Policía Local de Ames reciben na Casa do Concello ao tenente-comandante da Garda Civil do Milladoiro antes de efectuar o seu traslado ao posto de Boiro

A seguridade viaria segue a ser unha prioridade para a Policía Local de Ames. Deste xeito, o corpo de seguridade amiense imputou durante o mes de xuño e a primeira semana de xullo un total de dez delitos contra a seguridade viaria, a maior parte deles por alcoholemia.

Ademais, tiveron que intervir en cinco casos de furto e detiveron a unha persoa por un delito de ameazas, resistencia e atentado contra os axentes da autoridade, e a outra por non presentarse no xulgado de Santiago de Compostela.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o inspector da Policía Local de Ames, José Antonio Rodríguez, reuníronse co tenente - comandante do posto principal da Garda Civil do Milladoiro, Jorge Rodríguez Serantes, antes de efectuar o seu traslado ao posto da Garda Civil de Boiro. Esta foi unha xuntanza de despedida antes de que o tenente – comandante da Garda Civil deixara o seu posto no cuartel do Milladoiro. Nesta reunión o alcalde de Ames agradeceulle o traballo feito no concello de Ames e desexoulle moito éxito no seu novo cometido. Asemade agradeceulle a posta en marcha de varias iniciativas e campañas en Ames. Ademais, durante as últimas semana a Policía Local de Ames realizou un total de 17 actuacións relacionadas con delitos de furto e contra a seguridade viaria. Durante esta semana o corpo de seguridade amiense está realizando unha campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas entre os condutores que circulan polas vías de Ames.

A seguridade viaria segue a ser unha prioridade para a Policía Local de Ames. Deste xeito, o corpo de seguridade amiense imputou durante o mes de xuño e a primeira semana de xullo un total de dez delitos contra a seguridade viaria, a maior parte deles por alcoholemia. Ademais, tiveron que intervir en cinco casos de furto e detiveron a unha persoa por un delito de ameazas, resistencia e atentado contra os axentes da autoridade, e a outra por nonpresentarse no xulgado de Santiago de Compostela.

O primeiro delito contra a seguridade viaria detectouse o pasado 4 de xuño cando os axentes da Policía Local detiveron na rúa da Madalena, no Milladoiro, a unha persoa que circulaba nun vehículo sen o correspondente permiso de condución. Esta persoa non sacara nunca o permiso de conducir. Un suceso igual ao anterior detectouse o pasado 2 de xullo na avenida de Azcárraga, en Bertamiráns, cando os axentes detectaron que unha persoas queestaba conducindo sen o permiso de condución.

O resto de delitos contra a seguridade viaria son debido a resultados positivos nas probas de alcoholemia. Os primeiros casos datan do pasado 16 de xuño. Os axentes detiveron na avenida da Maía a dous condutores, que presentaban síntomas de conducir baixos os efectos do alcol. Estas persoas, que circulaban en dous vehículos diferentes, negáronse a facer a proba de alcoholemia polo que se se lle imputou un delito contra a seguridade viaria.

A finais do mes pasado, o 29 de xuño, os axentes da Policía Local imputaron dous novos delitos contra a seguridade viaria ao realizarlle a proba de alcol a dous condutores, que circulaban pola rúa Agriños, no Milladoiro. Estas persoas deron uns resultados de 0,93 e 0,99 mg/l. Uns días despois, o pasado 5 e 6 de xullo, volveron a detectarse catro casos de taxas de alcol por encima do permitido. Dous deste delitos contra a seguridade viaria foron detectados na rúa da Madalena, no Milladoiro, cuns resultados de 0,73 e 0,69 mg/l. Na rúa do Bosque, situada na urbanización A Peregrina, detectáronse outros dous casos por taxas de alcol por encima do permitido.Estas persoas deron uns resultados de 0,97 e 0,98 mg/l. 

Seguindo esta liña de traballo, a Policía Local de Ames adheriuse á programación de Campañas e Operacións de Vixilancia e Control para o ano 2014 impulsadas pola Dirección Xeral de Tráfico. Deste xeito, entre o 14 e 20 de xullo estase levando a cabo unha campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas entre os condutores que circulan polas estradas do municipio de Ames.

Delitos por furtos

Por outra banda, os axentes do corpo de seguridade amiense imputaron outros cinco delitos por furtos e intentos de furtos. O primeiro intento de furto produciuse o pasado 1 de xuño no PAC de Bertamiráns. Un día despois, o 2 de xuño, os axentes detiveron a unha persoa por esconder diversos obxectos no seu pantalón cando estaba no interior dun supermercado de Bertamiráns. Outro caso detectouse na avenida de Rosalía de Castro no Milladoiro, cando os membros da Policía Local detectaron o posible roubo dun vehículo a motor por parte de varios individuos que se deron á fuga.

Os dous últimos casos de furto producíronse o pasado 18 de xuño e o 2 de xullo. No primeiro caso detívose a unha persoa que roubou unha carteira do interior dun bolso, que contiña diñeiro e diversa documentación. Finalmente a Policía Local puido recuperar a devandita carteira e instruíu as correspondentes dilixencias contra o presunto ladrón. O segundo caso tivo lugar nas piscinas do Milladoiro, onde se produciu un furto con danos no mobiliario.

Por último, o pasado 1 de xullo detívose a unha persoas por un delito de ameazas, resistencia e atentado contra os axentes da autoridade, e o o 4 de xuño detívose a outra persoa na rúa da Madalena, no Milladoiro, que tiña a orde de presentarse no xulgado de Santiago de Compostela.

Casa das Crechas - Hoxe Bakin Blues Band no Vía Sacra Peregrina Festival

Hoxe actuación de Bakin Blues Band no Via Sacra Peregrina Festival
Bakin Blues Band (blues) - xoves 17 de xullo 19.30h

Continúa na praza da Vía Sacra o Via Sacra Peregrina Festival organizado polos tres locais que dan a este espazo emblemático: Cervantes, Albaroque e Casa das Crechas. Esta programación de xullo está patrocinada pola cervexa artesá compostelá A Peregrina e acolle mañá unha actuación da Bakin Blues Band

Bakin Blues Band comeza a súa andaina como formación de blues no ano 2008. Integrada por catro músicos galegos de reputado prestixio, cunha longa tradición na interpretación de música negra e indubidable presenza en diversas formacións do panorama musical galego desde principios dos noventa.

Desde ese momento, iníciase unha ininterrumpida sucesión de concertos tanto nos circuítos institucionais como en locais privados. Desde as salas e clubs de Santiago de Compostela (Dado Dada Jazz Club, Sala Capitol, Auditorio de Galicia) ata ampliar o seu radio de acción progresivamente ao resto de salas de Galicia e Portugal. A día de hoxe, acolle na súa breve historia actuacións no Festival BluesnoSil (Ourense), Feito a Man (Santiago) e en salas de Madrid como Sala Moe e a sede da Sociedade de Blues de Madrid. Compartiron escenario con Marcos Coll, Xulián Freire, Bonney Fields, Tonky de la Peña, entre outros.

O que inicialmente era un cuarteto converteuse nunha auténtica banda de blues que pode presentar unha formación de septeto: Javier Turnes (Voz, guitarra); David ‘Tato’ Vázquez (guitarra); David Prieto (baixo); Ale Casquero (piano); Schilberto Carvalho (saxo); Rafa Mississippi (armónica); e Pablo Bárez (batería). Entre os músicos que compoñen a banda atopamos a recoñecidos profesores das Escolas de Jazz e Blues de Santiago de Compostela e Madrid.



VÍA SACRA PEREGRINA FESTIVAL - XULLO 2014

VIERNES 18 ÁS 19:30
ALPARGATA DÚO (rumba fusión)

LUNS 21 ÁS 19:30
THE FABULOUS RESACA BROTHERS (blues)

MARTES 29 ÁS 19:30
BAKIN BLUES BAND (blues)

MÉRCORES 30 ÁS 19:30
CANTATA VERNÁCULA (folc)

XOVES 31 ÁS 19:30
TRIO PARAISO CARIBE (latino)

Pazo Faramello - Homenaxe as víctimas de Angrois

O Pazo do Faramello homenaxea as vítimas de Angrois no aniversario do accidente

O vindeiro xoves día 24 de xullo o Pazo do Faramello contará cun novo espazo nas súas instalacións. Será un xardín semipúblico e de acceso gratuíto situado en pleno Camiño de Santiago. O xardín estará dedicado ás vítimas do accidente de Angrois e constará de 79 cercis siliquastrum tamén coñecidas como 'árbores do amor'. A iniciativa partiu do director-xerente do Pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar, e contou coa colaboración da Fundación Juana de Vega.

Cando o proxecto vén de ser aprobado e recibido polo Pazo do Faramello hoxe mércores, xa se están ultimando os preparativos para comezar esta “sentida homenaxe” que o dito Pazo quere render ás vítimas do Alvia accidentado o pasado ano en Angrois. Será “algo sinxelo” en con “grande carga simbólica”, segundo explica Gonzalo Rivero de Aguilar, director-xerente das instalacións. 

O xoves 24, sobre as sete do serán, xusto cando se cumpre un ano da fatídica traxedia ferroviaria, plantarase a primeira das 'árbores do amor' previstas neste novo xardín do Pazo. As demais iranse dispoñendo nos vindeiros días e para tal fin tamén se organizará unha xornada de portas abertas na que o público poderá participar á hora de darlles unha nova ubicación ás restantes árbores.

A iniciativa conta coa colaboración da Fundación Juana de Vega, entidade galega que aboga pola protección e a posta en valor da agricultura e que se mostrou “encantada” e “interesada desde o primeiro momento” en facer parte da mesma, segundo relata Gonzalo Rivero de Aguilar.

Este novo xardín do Pazo será de acceso gratuíto e ten carácter semipúblico, xa que forma parte do terreo do propio Pazo pero, ao mesmo tempo, atópase no paso do Camiño portugués de Santiago. Estará situado na parte máis alta do terreo, “un lugar que convida ao recollemento e que ten unha beleza especial”, conclúe o director-xerente do Faramello.

Axenda e tempo do mércores 16 de xullo - Música, conferencia, exposicións

Santiago - Fundación Araguaney - conferencia sobre Gaza

Santiago - Vía sacra Peregrina Festival

Santiago - vive o verán


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Ames - Os taxistas estréan taxímetros

Os taxistas de Ames estrean taxímetros trala entrada en vigor da Lei do taxi de Galicia

O alcalde de Ames, Santiago Amor, estivo esta mañá cos taxistas do Milladoiro para intercambiar impresións sobre a posta en marcha do servizo de taxímetro nos vehículos que ofrecen este servizo. Previamente, reuniuse cos taxistas de Bertamiráns, para abordar este mesmo tema. Os taxistas de Ames comezaron a empregar o taxímetro onte, 14 de xullo. A utilización do taxímetro é obrigatorio despois de que este luns, 14 de xullo, entrase en vigor a nova lei do taxi de Galicia. Dende este momento haberá un período de transición sobre as tarifas que se están aplicando e as que se aplicarán no momento que se aprobe a ordenanza municipal que regulará este servizo.

Despois de que este luns, 14 de xullo, entrase en vigor a Lei do taxi de Galicia, o colectivo de taxistas de Ames comezaron a empregar o taxímetro, tal e como marca a devandita lei. Para regular as tarifas do ano 2014 e o cobro mediante taxímetro o Concello de Ames está elaborando unha nova ordenanza que será levada ao Pleno nos vindeiros meses para, se procede, ser aprobada pola corporación municipal amiense. Dende este momento ábrese un prazo de transición sobre as tarifas que se están aplicando e as que se aplicarán no momento que se aprobe a ordenanza municipal que regulará este servizo.

Cómpre lembrar que no pasado mes de marzo a nova directiva da asociación de taxistas de Ames, que está formada por Agustín Núñez, que ocupa o cargo de presidente, Andrés Núñez, vicepresidente, Gustavo Castro, secretario, e Santiago Núñez, tesoureiro, presentoulle ao goberno municipal un estudo das tarifas a aplicar durante este ano polo servizo de taxis de Ames. Un dos temas máis importantes que se abordaron nesa xuntanza celebrada no mes de marzo foi a utilización dos taxímetros e as tarifas a aplicar. 


A partir dese momento o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, comezou a traballar na elaboración dunha ordenanza que regulará o servizo de taxis amiense, adaptada ao que establece a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, aprobada en 2013 polo Parlamento de Galicia. Na nova ordenanza regúlanse as tarifas para o ano 2014 e a colocación de taxímetros en todos os vehículos que ofrezan este servizo, así como outras particularidades do servizo.

A proposta desta ordenanza transmitíuselle e foi posta en común coa asociación de taxistas de Ames. Ademais, dentro do proceso de tramitación da devandita ordenanza, déuselle trámite de audiencia enviándolle unha proposta á Dirección Xeral de Mobilidade, ás tres organizacións sindicais máis representativas dentro do sector do taxi de Ames e á Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Na fase de exposición pública interpuxéronse varias alegacións a esta ordenanza que están sendo tramitadas. Despois de varios meses de tramitación o goberno municipal agarda levar esta ordenanza a Pleno o antes posible para que poida ser aprobada, se procede, pola corporación municipal.

Psoe Ordes . Demandade implantación de radioloxía dixital no centro de saude

O PSOE de Ordes pídelle á Consellería de Sanidade a implantación da Radioloxía Dixital no centro de saúde ordense
Os socialistas pedirán tamén a incorporación de dous profesionais para mellorar a atención ao usuario no centro ordense 

O PSOE de Ordes pídelle á Consellería de Sanidade a implantación da Radioloxía Dixital no centro de saúde ordense, un novo servizo que “cambiaría totalmente a forma de xestionar, solicitar ou visualizar as imaxes e os informes radiolóxicos que se xerarían en Ordes”, sinala Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista. Pedreira explica que “coa implantación da Radioloxía Dixital en Ordes axudariamos a desconxestionar o servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ao tempo que reduciriamos os longos tempos de espera aos doentes aló remitidos dende o centro de saúde ordense”.

Pedreira Mirás sinala que “o uso da Radioloxía Dixital evitaría a repetición de estudos radiolóxicos, o que suporía un aforro importante para a Administración e, sobre todo, menos radiación para os usuarios ordenses. É dicir, coa Radioloxía Dixital conseguiríamos unha mellor calidade asistencial e unha maior seguridade para os nosos veciños, ao tempo que reducimos os custos do servizo”. E é que coa Radioloxía Dixital, o persoal sanitario de Urxencias do CHUS poderá traballar mellor e dar unha resposta inmediata aos casos realmente urxentes.

Vantaxes
Ademais, esta Radioloxía Dixital ten dúas importantes vantaxes: non xera residuos contaminantes e non precisa dun facultativo radiolóxico no centro, pois tanto a visualización como o informe poden facerse dende o centro hospitalario de referencia, neste caso o Hospital Clínico Universitario de Santiago. O voceiro municipal socialista lembra que este servizo xa estaba previsto durante a etapa de Emilio Pérez Touriño á fronte da Xunta de Galicia pero que finalmente non puido poñerse en marcha. “Con Touriño, o centro de saúde de Ordes incorporou un fisioterapeuta, un hixienista dental, unha coordinadora de enfermería, persoal administrativo e novas tecnoloxías médicas como retinografía informatizada, esperiometría, telemedicina da pel, nova xestión do Sintrom, implantación da historia clínica informatizada...”, lembra Xesús Pedreira.

Os socialistas ordenses rexistraron hoxe esta moción para o seu debate na sesión plenaria de xullo, na que tamén solicitará a incorporación de dous novos profesionais ao centro de saúde (un médico e unha enfermeira) para mellorar a atención aos pacientes. O número de cartillas de usuarios do centro de saúde ordense supera as 30.000, “polo que a atención aos doentes está sobresaturada e se necesitan máis facultativos”, denuncia Pedreira Mirás.

ANPA O Pino - Continuarán as movilizacións se non hai resposta da Consellería

As nais e pais de O Pino volverán a mobilizarse se non reciben novas da Consellería.

O mércores 9 de xullo celebróuse unha reunión entre membros da ANPA do CPI “Camiño de Santiago”, o alcalde e a concelleira de cultura do concello de O Pino, membros da dirección do CPI, o xefe territorial da Consellería, D. Indalecio Cabana, o xefe de inspección, D. Fermín Álvarez, e o inspector de zona, D. Rodrigo Porral.

En dita reunión confirmóuse que da proposta inicial da administración de desprazar 4 prazas de profesorado definitivas do centro (unha en primaria e tres en secundaria) a praza de primaria e unha das de secundaria (ésta correspondente á asignatura de Lengua Castellana) xa non serán desprazadas, quedando no colexio eses dous mestres. 

Respecto das outras dúas prazas definitivas de secundaria que a Consellería quere desprazar este ano, a administración propuxo o seguinte compromiso:

“Desprázanse 2 profesores con praza definitiva no centro por falta de horario, en concreto un de inglés e un de matemáticas. Ante a solicitude da ANPA pola falta de espacios, a Xefatura Territorial comprométese a estudiar a petición e informala favorablemente á Consellería”. Dito compromiso consistiría, en palabras dos representantes da administración, no envío de dous mestres provisionais para cubrir as prazas dos dous desprazados. “A xefatura territorial tamén se compromete a informar favorablemente as solicitudes de contratos programa que se soliciten dende o Centro”, para poder facer os reforzos que ata o de agora viña facendo a plantilla de mestres asignada ó colexio.

Esta proposta foi recollida pola dirección da ANPA, que á trasladou á asemblea de nais e pais celebrada na mesma tarde do mércores día 9, na que se decidíu pospoñer a toma dunha decisión definitiva ata unha nova asemblea a celebrar o luns 14 de xullo.

Seguidamente, a dirección da ANPA puxo a proposta da administración por escrito e presentóuna por rexistro para a Consellería, ademáis de enviala por correo electrónico á Xefatura Territorial. 

Na asemblea celebrada na tarde do día 14 de xullo, as nais e pais co CPI Camiño de Santiago decidiron que se aceptaría a proposta da administración sempre e cando lles sexa remitida e confirmada por escrito no prazo de dous días, xa que no momento de celebrar a asemblea non se tiña constancia de que a Consellería tivese fallado favorablemente esa proposta.

O colectivo de nais e pais volverá celebrar unha nova asemblea o vindeiro mércores 16 de xullo, ás 20:00 horas, dispostos a retomar as mobilizacións no caso de que administración non lles teña dado antes unha reposta positiva.

Fundación Araguaney - Conferencia sobre Gaza de Mohamed Safa

El hotel Eurostars Araguaney acoge hoy una conferencia sobre Gaza, de la mano del activista palestino Mohamed Safa
El acto se celebrará a las 20:00 horas en el salón de actos 

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas, BDS Galiza, Coordinadora galega pola Paz y la Asociación galaico-árabe JENIN colaboran en la organización hoy miércoles, día 16, de una conferencia- coloquio sobre la situación actual que se vive en la Franja de Gaza, tras los continuos ataques del ejército israelí. Bajo el título “#Gaza”, el activista palestino Mohamed Safa hará un recorrido por el pasado, presente y futuro del conflicto. La charla tendrá lugar en el salón de actos del hotel Eurostars Araguaney de Santiago, a las 20:00 horas. 

Mohamed Safa analizará el conflicto entre palestinos e israelíes desde diversos puntos de vista. Comentará el escenario que se plantea en los medios de comunicación entre Hamas e Israel, una especie de lucha ideológica y religiosa. Según el activista palestino, en realidad la batalla en la Franja de Gaza enfrenta al Estado colonialista de Israel y a un pueblo palestino ocupado.

En otra línea, Mohamed Safa explica que Israel utiliza el derecho legítimo de autodefensa, mientras que los palestinos sufren discriminación y violación de los derechos internacionales al no poder recurrir a la autodefensa. “Debemos exigir la aceptación de la legalidad internacional, que debe ser respectada por todos. No se puede aceptar esta injusticia internacionalmente” –indica–.

Actualmente, Safa observa “menos Palestina y más colonias que antes”. Destaca que se trata de un momento donde la Primavera Árabe no ha conseguido el avance esperado y la posición internacional no toma su responsabilidad y mantiene que la negociación es la solución al conflicto, a pesar de que las resoluciones internacionales no se aplican.

Mohamed Safa asegura que el conflicto alcanzaría su fin si Israel deja de ocupar Palestina. “El sueño del palestino es volver algún día a su territorio” –apunta–.

Mohamed Safa es un oftalmólogo palestino que llegó a España en el año 2000. Se afincó en A Coruña y trabaja en el Hospital comarcal Virxe da Xunqueira de Cee. Es un reconocido activista palestino que fue representante en Galicia entre 1986 y 1992 de la Organización para la Liberación de Palestina (OLP). Ha publicado varios libros sobre la causa palestina como "Palestina tierra de luz y sombra", "Palestina, grito por la libertad" y "Apuntes para una historia palestina".

Ordes - Comeza o DesOrdes creativas 2014

DesOrdes Creativas empeza a encher de cor e arte as fachadas da vila ordense

Ata o próximo domingo día 20 a vila de Ordes acollerá o Festival Internacional de Arte na Rúa DesOrdes Creativas. Unha idea e celebración artística que ten como principal obxetivo a rexeneración urbana, convertendo vellos espazos en desuso ou abandonados en lugares de marcados pola cor. Un xeito co que tamén se pretende combater o feísmo urbán de certas áreas.

Nesta quinta edición participarán artistas ben coñecido sen todo o mundo dentro do ámbito da cultura urbana, como é ocaso de Axel Void, quen será o encargado de pintar unha das paredes do novo Concello. Tamén estarán presentes outros referentes como Aryz, Sekone, Sr. X, Tayone, Minia, Nada e L.E.O.

Ames - Prazo de inscrición para o setembro lúdico

Ata o 2 de agosto estará aberto o prazo para inscribirse no Setembro Lúdico

Para ocupar o tempo de lecer que teñen os nenos e nenas dende o remate da Escola de Verán e o comezo do curso escolar, a concellaría de Educación do Concello de Ames pon en marcha o programa Setembro Lúdico. Esta iniciativa está dirixida aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1, 2, 3, 4, 5, 8e 9 de setembro. O prazo de inscrición ábrese dende hoxe, 15 de xullo, ata o vindeiro 2 de agosto. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro.

Un ano máis, o Concello de Ames oferta unha alternativa para o tempo de lecer dos nenos e nenas amienses, ademais dunha boa oportunidade para conciliar a vida laboral e familiar a través do programa Setembro Lúdico. Este programa está dirixido aos rapaces e rapazas de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria. Os nenos e nenas para os que se solicite o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar acorrespondente solicitude. Ademais, haberá que acreditar a necesidade da conciliación da vida laboral e familiar por parte dos dous proxenitores ou titores. Por último, os solicitantes deberán estar ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello. 

O programa iniciase ás 7:30 h co servizo 'Bos Días' que se desenvolverá ata as 9:00 horas, podendo o usuario/a escoller entre as modalidades con ou sen almorzo. O servizo de almorzo só funcionará ata ás 8:30 horas. Entre as 9:00 e as 14:30 horas desenvolveranse as actividades de lecer e educativas propias do servizo. Estas actividades desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro (nos locais habilitados polo Concello). Os nenos e nenas que non vaian usar o servizo de comedor serán recollidos/as ás 14:30 horas, mentres que os usuarios/as de comedor terán xogo libre e comedor ata as 16:00 horas. 

Prazo de inscrición 
Este martes, 15 de xullo, abriu o prazo de inscrición para participar no programa do Setembro Lúdico. As solicitudes de inscrición poderán presentarse ata o 2 de agosto. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Posteriormente, haberá que entregar esta documentación no Rexistro Xeral da Casa do Concello en Bertamiráns (de luns a sábado), na Oficina Municipal do Milladoiro ou no Rexistro do departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina (de luns a venres). Tanto para a entrega como para a recollida dos papeis, o horario de atención ao público é de 9:00 h a 14:00 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fóra de prazo. 

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org.

Val do Dubra - Continán as obras da EDAR de Portoomouro

Las obras de la EDAR de Portomouro avanzan en los plazos previstos
La nueva infraestructura, que estará lista a finales de septiembre, evitará los vertidos al Dubra y Tambre

Las obras de la nueva estación depuradora de aguas residuales (EDAR) de Portomouro, en Val do Dubra, avanzan en los plazos previstos y estarán listas a finales del próximo mes de septiembre. Ya comenzaron las obras donde estará instalada la estación depuradora, a orillas del río Tambre, muy próxima al núcleo urbano de Portomouro y a la localidad de Xermán. La maquinaria trabaja a buen ritmo y ya se observan avances en el desarrollo de la nueva infraestructura, que servirá para mejorar el saneamiento de las aguas que llegan al río Dubra y al Tambre.

La EDAR de Portomouro requerirá una inversión próxima al millón de euros. Y servirá para mejorar el saneamiento en Val do Dubra mediante la dotación de una nueva red separativa de aguas residuales en los núcleos de Xermán y Portomouro. Ésta servirá para conducir las aguas a la nueva EDAR y evitar vertidos directos a los ríos Dubra y Tambre.

Las mejoras en el sistema de saneamiento incluyen la construcción de la EDAR, que tendrá un caudal medio de 6,83 metros cúbicos/hora y un caudal máximo de 20,48 metros cúbios/hora. Dará servicio a un total de 500 habitantes.

En Portomouro se sustituirán los colectores y pozos existentes por otros de PVC y se suprimirán los puntos de entrada de aguas pluviales, que serán conducidas a su red existente para asegurar una red separativa. Los trabajos iniciados en febrero supondrán la instalación de tres kilómetros de colectores, 93 pozos de registro y 6.400 metros cúbicos de excavación. Mediante los dos nuevos bombeos se recogerán las aguas residuales del colegio de Portomouro vertidas ahora al río Dubra y de las zona sur del núcleo de Portomouro.