O Concello de Ordes abre o prazo para participar no seu circuito cultural e deportivo de cara ao vindeiro trimestre
Bailes en liña e de salón, cursos de informática a todos os niveis, oboradoiros de cosmética natural, prantas medicinais, cociña ou relaxación e musicoterapia son algunhas das opcións que se ofrecenO Concello de Ordes vén de dar a coñecer a apertura do prazo de inscrición para participar nas actividades do circuito deportivo e cultural que se deesnvolverá durante os vindeiros meses de marzo, abril e maio. Os interesados poderán apuntarse no Departamento de Cultura e Deportes dende hoxe luns día 17 ata o 26 de febrero, para o que deberán de aportar unha copia do seu DNI ademais do impreso de solicitude. Os listados cos admitidos daranse a coñecer no taboleiro de anuncios do mesmo Concello a partir do día 28 deste mes.
Nesta quenda ofrecése a oportunidade de participar en bailes de salón, baile en liña para nenos e nenas de 4 a 10 anos e para adultos, obradoiros de cosmética natural, xardinería, prantas medicinais, relaxación e musicoterapia. Tamén se organizarán dous grupos para poder participar nas clases de cociña, ademais das clases de informática para os niveis de iniciación, medio e avanzado.
As clases desenvolveranse na súa maior parte na Casa da Cultura e no local social ubicado na rúa Reconciliación. En todos os casos o horario está pensado en función de poder compatibilizalo e compaxinalo coa vida laboral e familiar.
Tal e como é habitual os matriculados poderán beneficiarse de descontos en función de aspectos relacionados co recoñecemento de minusvalías a lo menos nun 33%, a se teñen cumpridos os 65 nos ou se pertencen a familias numerosas. En calquera caso pódense realizar consultas a través do 981680002 ou ben na páxina web do Concello (www.concellodeordes.com).
Ningún comentario:
Publicar un comentario