O Campo de Traballo estivo composto por un grupo de 16 mozo s e mozas entre voluntariado do Concello de Boqueixón e mozos e mozas de procedencias moi diversas: Taiwán, Alemaña, Suiza, Canarias, Ceuta, Valencia, etc...
O traballo de promoción e posta en valor do Pico Sacro materializouse no Campo de Traballo a través de diferentes actividades:
- Elaboración de audiovisuais promocionais do Pico Sacro
- Organización dunha visita guiada ao centro de Interpretación e ao Pico Sacro para participantes doutros Campos de Traballo.
- Realización de Enquisas a Peregrinos do Camiño da Vía da Prata para coñecer a súa percepción do Pico Sacro.
- Elaboración de propostas para a dinamización do Pico Sacro no Camiño de Santiago.
Ademais ao longo do Campo de Traballo, puideron estar en contacto con diferentes axentes sociais que aportaron a súa visión e coñecementos sobre o Pico Sacro e os diferentes recursos patrimoniais existentes en Boqueixón .
Como en todo Campo de traballo, os e as participantes tiveron un espazo para a convivencia e o ocio a través de diversas actividades (kayak, xogos tradicionais, excursións, piscina, obradoiro de cociña internacional, observacións astronómicas no Pico Sacro, Visita a Santiago de Compostela, etc...).
O derradeiro día, tivo lugar un acto de presentación dos diferentes traballos á comunidade, no que se deron a coñecer os resultados finais dos traballos realizados ao longo deste Campo de Traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario