Alternativa X Padrón - Denuncia de falta de organización, responsabilidades e respeto e atención ao cidadán

O pasado 17 de novembro a formación política Alternativa por Padrón deu entrada no rexistro do concello a un escrito no que manifestaba a súa inquedanza polo tema da accesibilidade no tocante aos edificios municipais aos que os cidadáns deben acceder para facer trámites habituais. Concretamente expoñíase e consultábase a posibilidade de poder levar a cabo as sesións plenarias noutra instalación (xa que na casa consistorial non existe ascensor e, ao parecer, tampouco posibilidade de instalalo) e tamén sobre a oficina de emprego que está sita no Convento do Carme e á que se accede tras subir varias escaleiras.

En data 15 de xaneiro o Sr Fernández Angueira a quen iba dirixido ese escrito aínda non respondeu ao mesmo e non contento con iso, segue a promover actuacións municipais en instalacións ás que non todos os cidadáns poden acceder.

Non sabemos si se trata de pasotismo político ou de que organizan e promoven as actuacións sen pararse a pensalas pero o certo é que nin decíndolles as cousas, escoitan. A próxima cita? III Exposición da Camelia. Onde? No Convento do Carme. Por desgracia serán moitos os veciños e veciñas que non poderán acceder.

Ningún comentario: