Romería Cativa, Futbolín ou cultura Sound System, todo no Apóstolo

Santiago, 23/07/2016 - Onte tivemos moito baile no Toural e na Quintana, bailes dopasado e do presente; hoxe toca o tempo para os máis pequenos en Bonaval pero hai moitas máis cousas, todo na axenda do Apóstolo

ROMARÍA CATIVA 

Durante todo o día no Parque de Bonaval
12.00h Apertura Romaría Cativa: Xogos Xandobela, Espazo do Xogo libre e Obradoiro de Circo con Teatro dos Ghazafelhos.
12.30 h Espectáculo de Circo Con Javi Javichu.
13.00 h Concerto PabloDiaz e a banda do Tic Tac.
14.00 h Xantar no parque.
18.00 h Espectáculo de Circo Javi Javichu.
18.30 h Concerto: Xoán Curiel.
19.30 h Músicas para o peto.
19.30 h Espectáculo de máxia "Martín Camiña"
20.00 h Concerto: As Fadas Magrinhas

11.00 h COMPOSTELA FUTBOLÍN - GRAN MÁSTER DE FUTBOLÍN. 

Terceira edición do Máster de Futbolín. Torneo de primeiro nivel o que sempre acoden as mellores parellas de Galicia.

11:00 h Clasificatorios
16:00 h Eliminatorias

Centro Sociocultural de Vite

11.00 h COMPOSTELA DUB 2016 

Antigo colexio Ramón Cabanillas (Castiñeiriño)
SESIÓN VERMÚ 
13:00 h MrCOOL e FELIPE CASTRO. Praza Peixería Vella

17:00 h XXXVIII TORNEO DA CHAVE FESTAS DO APÓSTOLO (competición).

Alameda
ARTELLANDO NOS RECUNCHOS 
21:00 h DABOAPIPA: Lavandeiras (contos e música). Praza de San Clemente

22:00 h CHARLES BRADLEY & HIS EXTRAORDINAIRES.
Praza da Quintana. Entrada libre

22:30 h Orquestra na Alameda GRUPO LIMÓN

Durante todo o día FESTAS NO BARRIO DE SAN FERNANDO. 

Churrascada popular, sesión vermú, animación infantil, obradoiros e concerto.

Ningún comentario: